Partida Rol por web

Crónicas de A Montelada

A tasca do Pelexas

Cargando editor
31/08/2011, 23:35
Faris

Para os que sintan curiosidade, a foto da portada é de 1930, en Monforte de Lemos. Non é de A Montelada, porque para os que non o adiviñaran xa, A montelada é un lugar ficticio. Se resulta que hai algún lugar chamado así, é pura casualidade.

A maior parte da información sobre folclore e mitoloxía galega está sacada do "Diccionario dos seres míticos galegos", de Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda, da "Guía da Galicia máxica" de Vitor Vaqueiro e das historias que me contaron meus pais, meus avós e outra xente.

Cargando editor
05/09/2011, 21:22
Faris

¡Ola!

Quizais algún se sorprendera ó verse apuntado a unha partida que non coñece. Se vos acordades, fai unhas semanas puxen un sondeo sobre unha partida ambientada na Galicia da preguerra e dixestes que estabades interesados. Tomeime a liberdade de apuntarvos xa á partida, pero se cambiastes de opinión, dicideo e bórrobos sen ningún problema.

A partida comenzará a xogarse en Outubro, aproximadamente, pero pensei que quizais quixésedes ir facendo as vosas personaxes e comentando dúbidas.

Cargando editor
08/09/2011, 03:41
milady

Vaia! Qué agradable sorpresa, certamente ^_^

non porque non me lembrase do post no foro, senon porque non contaba coa partida así de repente :) xenial que estea en marcha! Agora xa é moi tarde, pero mañá xa lle botarei un ollo con máis calma ao que fuches poñendo, e miro qué tipos de persoaxes compren, que o meu non quedara decidido daquela :)

Ten unha pinta estupenda a partida, noraboa! :D

Cargando editor
08/09/2011, 08:58
javierrivera2

Eu tampouco esperaba a partida, pero a verdade e que me segue a apetecer. Sigo a pedirme o crego facha da biblia na dereita e o ciprianillo na esquerda.

Cargando editor
08/09/2011, 20:36
moucho

Hola a todos! Ó final, ¿qué personaxes había dispoñibles?

Cargando editor
09/09/2011, 12:29
Faris

Excepto un cura, porque javierrivera2 xa o pedíu e ter 2 sería demasiado, o que queirades que vos pareza que encaixe. No Caderno de notas do cronista tedes algunhas ideas, pero non se se vos ocurre algo que non esté ahí e vos guste, podedes comentalo.

Cargando editor
09/09/2011, 12:40
moucho

Agora mesmo o caderno está valeiro ou polo menos os post non os vemos.

Cargando editor
09/09/2011, 14:14

Olá a todos.


Peço desculpas pela minha ausência, estive um pouco ocupado com os exames. Acho que já avisei que ia ter uma semana complicada (mas finalmente, já sou livre! :D). Obrigado pelo convite, gostei muito desta ideia e acho que vai ser muito divertido jogar na Galiza.

Notas de juego

Bueno, creo que queda claro que llevaré al portugués. :P Saludos a todos.

Cargando editor
09/09/2011, 15:53
Faris

Agora mesmo o caderno está valeiro ou polo menos os post non os vemos.

Ups. Sí, quería decir que a lista tédela en Os estatutos de A Montelada.

Benvido, Ludicus. Se tes algún problema con algunha cousa do vocabulario, pregunta e respondereiche. Non te cortes, porque eu penso facer o mesmo coas palabras en portugués coas que teña dúbidas XD

Ide pensando unha historia para a vosa personaxe. Pero sen presa, que hai tempo polo de agora.

Adiántovos que xogaremos coa lista de habilidades actuais en RyF, excepto Mecánica, que cambiarei por Coñecementos do Outro Lado (ou algo semellante, aínda non atopei un nome que me gustara de verdade). Será o que "mida" os coñecementos do voso personaxe en cousas fóra do natural, tanto para saber de qué se trata como qué facer ó respecto. Pero xa vos darei os detalles de como facer a ficha.

Cargando editor
09/09/2011, 16:51
moucho

Estou a dudar entre o gaiteiro e mailo tratande de gando...

Cargando editor
09/09/2011, 18:39
milady

Pois eu creo que me quedarei coa mestra, a poder ser.

Saudos a todos! :D

Ludicus, o seu portugues e muito bom! :)

Cargando editor
09/09/2011, 19:17
javierrivera2

Ludicus, o seu portugues e muito bom! :)

Hummm.... non sei se dicir que o seu español e moi bo ;).

O dicir isto no foro:

Pinta genial, la verdad. Sin embargo, no sé hablar gallego. Lo entiendo perfectamente, ya que se asemeja mucho al portugués. Pero creo que metería la pata intentando mezclar portugués y castellano sin ton ni son. :P

eu pensei que Ludicus era portugués. Non sei ben porque, supoño porque e algo que xa lle oín a varios portugueses.

¿Estou equivocado?

Cargando editor
12/09/2011, 22:04

Sim, sou português, mas vivo em Espanha e prácticamente sou espanhol também, haha.

Acho que entenderei tudo o que vocês escrevam, dado que a maioria do vocabulário galego é parecido ao português, tanto nas suas formas mais modernas como arcaicas.

¿Então, a temática vai ser do estilo de Cthulhu ou Kult?

Cargando editor
12/09/2011, 23:08
Faris

Non exactamente. A temática vai ser sobrenatural, pero vai ter máis de aventura que de terror. Non ides a descubrir secretos prohibidos ós humáns que vos vaian volver tolos. Pensa máis ben nos contos tradicionais. Aínda que claro, non sei como son os contos tradicionais en Portugal, pero os de Galicia non sempre acaban ben.

Eu vexo bastante distinto desde o punto de vista de que en Cthulhu ou Kult hai un certo ambiente de "enfrentarse a un mal do que apenas é posible coñecer nada e contra o que non se pode facer nada". Aquí o sobrenatural é cousa do día a día. Só tes que ir a unha aldea galega e seguro que atopas a máis de un que algunha vez se atopou coa Santa Compaña (unha procesión de mortos), moitos terán atopado nas súas terras millo ou ovos (señal de que che están tentando botar unha maldición) ou terán algúnha historia de lobos ou fantasmas que lle pasara a él, a alguén da familia ou a algún amigo. Con ese tipo de cousas, o mellor é protexerse e apartarse delas, pero tampouco é raro nas lendas que alguén o suficiente listo e afouto saia ben parado nun encontro cos seres máxicos.

Cargando editor
20/09/2011, 18:51
Faris

Puxen a lista de habilidades e os puntos que tedes para repartir. Ó final a lista cambieina un pouco sobre o que pensaba facer ó principio, pero creo que para mellor.

Agora mesmo teño outra partida como directora acabándose, e pensaba comenzar a xogar esta en outubro, na segunda ou terceira semana (porque a primeira téñoa ocupada), así que máis ou menos xa sabedes á data para a que tedes que ter as historias. Como xa dixen varias veces, hai bastante tempo, así que podédelo tomar con calma.

Cargando editor
21/09/2011, 00:48
milady

Por mín perfecto, non hai problema :)

Cargando editor
21/09/2011, 08:38
Venifer
Sólo para el director

Notas de juego

No tiene nada que ver con el juego o la partida en sí, pero quería comentar mi asombro de cuánto creo que voy entendiendo de lo que van escribiendo (palabras más, palabras menos, claro). Creo que voy a poder seguirles bastante :)

Y gracias por el VIP, creo que no te lo agradecí antes.

Cargando editor
29/09/2011, 00:27
Faris

Ludicus dixo que iba a deixar Umbria por un tempo, así que quedamos con un xogador menos. ¿Coñecedes a alguén que poidera estar interesado?

Cargando editor
29/09/2011, 08:56
javierrivera2

Pois a verdade e que non.

Cargando editor
29/09/2011, 10:12
moucho

Ó mellor que podes facer, sobre todo agora que a xente volveu de vacacións, é volver anuncia-la partida no foro correspondente. Por certo, a ver se este finde me poño coa ficha.