Partida Rol por web

Crónicas de A Montelada

Capítulo 2: Vixilia de unha noite de verán

Cargando editor
26/02/2012, 22:22
Marcelino

As feridas de Don Antonia non eran tan malas cmo parecían, e inda que sangraban moito, despois de que Ramiro as lavara ben e lle puxera unhas vendas cun emplasto de herbas, pronto deixaron de molestalo tanto.

Chegaron ó atardecer á torre, co sol desa hora tinguindo de dourado o aire e as árbores. O famoso castelo eran unhas cantas murallas a medio caer, e polo medio das árbores víanse anacos de pedra e lousa, paredes caídas en camiño de ser comida polo bosque.

E enriba dunha destas paredes, sentado desfrutando dos últimos raios do sol do día e tallando unha figuriña de madeira cunha navalla, había un home de cabelo e barba gris, asubiando para sí algunha canción que inventaba sobre a marcha.

A unha beira do castelo, as pedras caídas foran limpadas e postas en moreas. Enriba de cada morea, figuriñas de madeira, unhas novas e outras xa case podres.

-¡Boas!-Saudou o home ó velos- ¿Que?¿De paseo?¿Ou veñen a ver se lle atopan o ouro ó mouro?-Dixo cu sorriso e chiscándolles un ollo.

- Tiradas (3)

Notas de juego

Reconto de puntos de vida, queda a cousa despois das curas (que sí, é con intelixencia)

Antonio Anta: perde só 1 punto

Marisa perde 3

Ramiro: perde só 1 punto

Podédelo apuntar nas vosas fichas.

A imaxe do castelo é do Castelo dos Mouros, en Sintra, Portugal (aínda que aquí só se ve un anaquiño)

http://euandoasvoltas.blogs.sapo.pt/2010/05/

O avatar do PNJ ven do cadro Menipo, de Velazquez

 

Cargando editor
29/02/2012, 08:54
Antonio Anta Gonzalez

- Bos días - resposta educado o crego - Nos mais co ouro buscamos o mouro. - comenta entre risas.

- Perdoe pola broma - engade cando se recompón mentres lle tende a man o vello - Eu son Antonio Anta, a señorita e Marisa Cabanas, e este home e Ramiro Sanromán. - vai mirando para cada un dos seus compañeiros mentres os presenta - Vimos de parte do alcalde a botarlle unha bendición a estes muros. Seica o home ten medo de que ande solto o demo por estas terras ou algo así - Antonio esta moi atento a reacción do vello.

Notas de juego

O que quero e saber se a nosa misión o intranquiliza ou non.

Cargando editor
29/02/2012, 09:42
Ramiro "Xugho" Sanromán

Ramiro asinte educadamente cando é presentado polo padre, ó tempo que, levado pola simple curiosidade, lle bota unha ollada á talla que está facendo o velliño.

Notas de juego

¿Fai falla que tire algo?

Cargando editor
02/03/2012, 16:31
Marisa Cabanas

-¡Bo día teña vostede! -dígolle ao home-. Coma dí don Antonio, para iso viñemos.. e vostede.. ¿seica é de por aquí? Fai unhas figuriñas ben xeitosas -digo, sinalando coa cabeza as súas tallas de madeira.

Cargando editor
04/03/2012, 14:38
Marcelino

O home botouse a rir ó escoitar a resposta do cura, ata que case parecía que se lle iban a saltar as bágoas. Desde logo, moi asustado ou intranquilo non parecía.

-Así que veñen bendicir as pedras. Aaaai, se é que a xente ten unhas cousas. Pero bueno, cada un pasa o tempo como quere. Pois eu son Marcelino, pra servir a Deus e a vostedes. Inda que Deus pouco creo que precise de min, e vostedes espero que non me fagan traballar moito, que xa teño unha idade...Inda que a unha rapaciña guapa, facerlle un favor non é traballo, senón gusto-Dixo o vello, sorríndolle a Marisa con máis broma que galanteo, e sen estreitar a man que lle tendía o cura, inda ocupado en facer o can de madeira coa navalla-Pero se tanto quere saber a señorita do galán que ten diante, non nacín aquí, non, inda que xa ve que viñen acabar aquí. Que por certo, non se ve últimamente moita xente que chegue ata aquí o cumio-comentou pensativo-¿E non será hoxe o San Xoan, ou?

Cargando editor
05/03/2012, 20:39
Ramiro "Xugho" Sanromán

Marcelino parecía falangueiro, o cal por algunha razón tranquilizou a Ramiro, bastante tenso, e non sen razón, desde que se toparen cos lobos.

- Desculpe, señor Marcelino, pero quizais non sexa moi seguro que ande vostede por eiquí . Vimos de ter un desagradable encontro cunha manda de lobos que atacaban a unha das súas veciñas, unha tal Ramona, e mailo cuxo que levaba. E créame, non son tan inofensivos coma o cadelo ese que está a tallar. Houbéronnos papar, case non o contamos.  

Cargando editor
05/03/2012, 21:22
Antonio Anta Gonzalez

Antonio asente as palabras de Ramiro e cando este remata engade:

- Es si, hoxe e o San Juan. O mellor día do ano para andar en cousas de demos ou de alcaldes. - di en ton de broma- E usted... ¿vive por aquí?.

Cargando editor
06/03/2012, 00:18
Marcelino

-Pouca mantenza ían levar os lobos comigo. Outras cousas han ter mellores para votarlle o dente. -mirou ó padre, asentindo coa cabeza, cando lle confirmou o que él pensaba- Xa me parecía a mín que era hoxe, dicíanmo os osos. Ou o que queda deles-Dixo cun medio sorriso-E sobre se vivo aquí-Ancheouse o seu sorriso, como rindo dalgunha broma que só el soubera.-Vivir, o que se di vivir, non vivo por aquí, non. Inda que o fixen fai tempo.

Cargando editor
20/03/2012, 22:50
Marcelino

Marcelino atendeu á súa figuriña sin dicir nada máis mentres eles buscaban un bo sitio para deitarse a pasar a noite e buscaban algo de leña para encender unha cachela. Non tiñan moito frío naquela cálida noite de verán, pero no medio daquelas pedras, agradecíase ter un lume que espantara as tebras.

-Outra máis acabada-dixo o vello, deixando a figura do canciño ó seu lado e limpando e dobrando a navalla ca que lle dera forma, unha navalla que debía ser cando menos tan vella coma el do desgastada que ía a folla. Inda que nin as follas das árbores nin a herba se moveu, unha ráfaga de vento axitou o cabelo e as roupas do home, e moi baixiño, moi baixiño, tanto que parecían que as súas palabras as levase o vento, dixo-Espera, espera. Non é este para ti.

-E digo, eu, se me permiten que eu tamén lles faga algunhas preguntas-oíselle esta vez con toda claridade.-que se o alcalde ese os manda para botarlle unha bendición ás pedras estas será para algo. E logo unha vez que lle boten a bendición esa, ¿qué vai pasar con elas?

 

Cargando editor
21/03/2012, 10:13
Antonio Anta Gonzalez

Antonio encollese de ombros.

- Non sei - comenta - a nos non dixo o porque. Eu supoño que quererá vendelas ou algo parecido.

- ¿Levas feito moitos cans? - pregunta, sen dar mais importancia o alcalde - A verdade e que son unhas tallas ben bonitas. - di mentres saca uns chourizos e algo de pan da saca.

Notas de juego

Por min cea, e despois misa. Claro que penso que non vai ser tan fácil ;).

Cargando editor
21/03/2012, 10:29
Ramiro "Xugho" Sanromán

Ramiro ficou algo sorprendido cando o vello lle falou ó aire, e ía dicir algo xusto cando o cheiriño dos chourizos desviou a súa atención, e sacando as suas propias viandas (un pouco de broa, un cacho de xamón e un pouquiño de viño), dispúxose tamén a dar conta delas, non sen antes ofrecerlle algo educadamente ó velliño e máis a mestra:

--- Señor Marcelino, ¿gusta un pouco? ¿Mestra? ---á vez que se dirixía tamén á mestra--- Padre, perdóneme se non lle ofrezo tamén, máis vexo que está vostede ben surtido, ainda que con gusto lle troco un cachiño de chourizo por algo de xamón.

Cargando editor
21/03/2012, 17:02
Marisa Cabanas

-Moitas gracias, Ramiro..

O certo é que con tódalas emocións esquecera a fame que tiña. Agora o recendo dos chourizos e mailo xamón me facían dar conta de que estaba esfameada.

Notas de juego

Eu levo algo de comer? na ficha non o atopo

Cargando editor
21/03/2012, 19:11
Ramiro "Xugho" Sanromán

--- Padre, creo que a rapariga, con tanta emoción, esqueceu a cea... Hala, que non se diga que non somos educados coas mozas guapas. Teña, mestra, teña, un anaco de broa e outro de xamón, que a min chégame co resto.

Cargando editor
21/03/2012, 19:19
Antonio Anta Gonzalez

O crego corta o pan e o chourizo e os reparte entre os compañeiros, mentres fala de trivialidades sobre o pobo.

- E logo, o alcalde..., ¿ten algo no castelo? - pregunta sen darlle importancia no medio da cea.

Notas de juego

Evidentemente Anton non sacou os chourizos para comelos el só ;).

Cargando editor
22/03/2012, 22:59
Marcelino

-¿Gústalle a figuriña, padre? Pois levo xa feito unhas cantas, sí. Cans, vacas, cabalos, soldados, bonequiñas...Os nenos teñen que ter algunha cousa para xogar, e alguén ten que facer os xoguetes.-Rascou o pescozo por debaixo da barba, pensativo-Pero no me gusta moito eso que din de que inda non saben o que van facer con este sitio. Non sei se o saberán, pero fai tempo aquí morreu ben xente, e se tiveron quen os chorase, quen viñera a buscalos non tiveron. Inda andan por aquí os osos debaixo das paredes. Sen lousa que os cubra, nin cura que lles bote un responso, e ben lonxe que está isto de ser terra consagrada. E imaxine que agora ben o alcalde ese e despois de todo iso, inda lles planta un estercal enriba, ou manda limar todo e os bota cos refugallos, como sen foran as espiñas dunha sardiña. Non me parecería a min moi ben. O alcalde ese aquí non estará, pero digo eu que tamén algunha responsabilidade terán os que lle collen os cartos, ¿non é?- O velliño riuse co seu parlamento, que tampouco parecía home que se tomara as cousas con moita seriedade. Mais por un momento, naquela risa, os dentes marelos do vello lembráronlle ós dos lobos ós tres que alí ceaban.

Cargando editor
23/03/2012, 09:12
Antonio Anta Gonzalez

- Non sabia non, ¿e logo que pasou aquí? - contesta Antonio con cara de preocupado - Non se preocupe polos mortos, que se están ala e queren, hoxe terán funeral, e se e posible enterro.

Cargando editor
26/03/2012, 23:37
Marcelino

-¿E logo non o saben? ¿Non pensarían que estiveron aquí sempre estas pedras caídas? Unha vez había aquí unha torre, e ben bonita que era. Coas beiras das portas e das ventás todas decoradas, e a hedra medrando por riba das paredes.  Tiña aquí o marqués de Aldarán á súa damiña. Que ela críase señora, pero me parece que non tiña o marqués as mesmas ideas da súa valía.-Ríu o vello, seguramente pensando nas promesas e nas mentiras entre homes e mulleres cando é cousa de levar ó outro ó leito- E o caso é que o marqués atopou unha que lle conviña máis, e coa que facer os votos en misa con bispo, unha chea de curas e en catedral grande. E xa se sabe como son as mulleres, non lle gustou moito á que tiña aquí saberse suplantada. O que pasa é que esta en lugar de rachar a roupa e romper a louza, rachou a torre enteira mentres todo o mundo estaba de troula celebrando a voda.-Sinalou coa cabeza cara a parte principal da torre-Alí acabaron a maior parte deles, que estaban a comer nas mesas que puxeran no comedor. Alí-Indicou cun dedo das súas mans morenas o sitio onde se vía os moreas de pedras cos bonequiños de madeira.-Caeron as paredes enriba dos nenos dos criados da casa, que saíran a xogar fora. E outros, estaban na cociña, ou nalgún dos pisos, ou aquí e acolá. Pero marchar vivo non marchou ningún. Xa se encargou deso a doniña.

Cargando editor
27/03/2012, 08:54
Antonio Anta Gonzalez

Antonio queda vaise poñendo pálido mentres Marcelino fala, pouco a pouco os chourizos van entrando mais despacio na sua boca.

- Entón creo que fai boa falla a misa que imos botar - comenta en voz baixa - Toda esa xente, morta de esa maneira... - o crego tocase o peto, como para asegurarse que leva algo. Parece tranquilizarse un pouco cando nota un bulto.

Cargando editor
27/03/2012, 10:01
Ramiro "Xugho" Sanromán

--- É despreciable o que fixo o marqués ó enganar desa maneira á moza, se fose a miña filla teríao colgado dun pino polos coll... ---Ramiro calou cando se deu conta de que o padre e maila mestra estaban tamén alí---, mais coido que o castigo debera ter sido só para el, e non caer tamén sobre esa pobre xente toda... Sen embargo, ¿como tal fixo a moza para tirar coa torre, prendeulle lume logo?

Cargando editor
27/03/2012, 12:46
Marisa Cabanas

Escoitaba en silencio a terrible historia que nos contaba o vello. Era unha lenda terrible, e se era certo que as ánimas necesitaban acougo, non era de estrañar.

-Alédame ter vido entón, se o que necesitan é acougo espiritual. Rezaremos por elas -murmuréi.