Partida Rol por web

Crónicas de A Montelada

O caderno de notas do cronista

Cargando editor
01/09/2011, 00:03
Director

Allo: Levar un dente de allo serve para protexerse das meigas, envidias e males de ollo. Moita xente levaba un dente de allo no bolsillo ou no bolso sempre consigo. Tamén hai xente que leva un no coche ou o deixa noutros sitios nos que pase tempo cando non está na casa. Os mellores son as "allas" un dentes de allo redondiños, cando a cabeza de allos só ten un dente.

Ciprianillo: Libro de conxuros usado polas xentes de sabedoría máxica: meigas, curas e outros. Dise que serve para desencantar tesouros, chamar ou espantar ós demos, facer amuletos e outras artes. Tamén se pode subir polo aire con eles, pero hai que saber desler o conxuro empregado ou non se pode volver a baixar. Cando se deslé un conxuro ten o efecto contrario que cando se le. Os exemplares do libro con máis poder son os máis antigos, e os encadernados en pergamiño máis que os que están encadernados en outro material ou mál encadernados.

Corvos: Animal de mal agoiro. Velo cantar sobre unha casa ou cantarlle a unha persoa é un aviso de morte.

Curas: Os curas, polo seu contacto co sagrado, teñen un grande poder máxico. Por iso son capaces de enfrentarse a meigas e demos e tamén teñen un grande poder sobre o trebón e os seres que os causan: nubeiros, tronantes...O libro onde están os seus conxuros, é o Ciprianillo, Libro de San Cibrán ou Salterio de San Cibrán, que tamén se chama libro de Ler  e Desler porque convén ter as dúas habilidades (tanto ler coma desler) para poder utilizalo.

Figa: Amuleto protector contra meigallos e seres malignos, en forma de puño cerrado, co polgar entre o índice e o corazón. Especial fama tiña as de acibeche feitas en Santiago.

Mariños/as: Seres semellantes a homes e mulleres, que viven na auga e teñen os pes e as mans tortas e escamas ou espiñas na pel. Soense considerar amigos dos humanos e algúns pescadores consideran que velos sinala unha boa pesca.

Mouros: Raza de seres máxicos que adoitan vivir baixo terra e son responsables da construcción de monumentos de pedra como os castros e as mámoas. A maioría foron expulsados tempo atrás aínda que deixaron grandes riquezas detrás e hai quen dí que algún día voltarán por elas. Sen embargo, en moitos sitios aínda se di que se escoitan os seus teares baixo a terra ou foron vistos coidando do seu gando.

Noite de San Xoán: A noite de San Xoán é a noite na que as fronteiras entre o noso mundo e o dos seres máxicos son máis finas. Por iso é a noite no que estes teñen máis poder, e hai que ter un especial coidado e protexerse deles. Tamén hai moitos conxuros que só poden ser feitos en esa noite, ou que teñen máis poder se se realizan durante a noite de San Xoán.

Sereas: Mulleres fermosas de cintura para arriba e con cola de peixe, engaiolan ós mariñeiros coa súa voz e arrástronos ó mar, onde os afogan.

 

Cargando editor
11/09/2011, 20:57
Director

O papel das mulleres en Galicia: Durante o principio do século XX as mulleres tiñan en Galicia máis liberdade da que tiñan en outras partes de España. Galicia foi tradicionalmente unha terra de emigrantes: á Castela á sega, a outras provincias españolas, ás Américas e na segunda metade do século XX, á Europa. Pero eran os homes os que marchaban, mentres que as mulleres quedaban a coidar dos fillos e da casa. Acostumadas a ter que depender de sí mesmas para sacar as cousas adiante, e tomar as decisións na casa, tiña unha liberdade e unha autoridade que non en todas as outras provincias españolas tiñan. Isto non quere dicir que foran iguais que os homes. Seguía habendo tarefas de homes e de mulleres, o home era o cabeza de familia e quen traía o sustento principal e a muller coidaba da casa, e se ben o home podía ir polas noites á taberna, non estaba ben visto que unha muller quixera pasar tempo nunha. No casa, o home era a autoridade. Claro que, como en todas partes, non sempre era o home quen mandaba na casa.

Por outra parte, tamén tiñan algo máis de liberdade sexual. Non era tan raro que unha muller tivera un fillo de solteira e non por iso era despreciada polos demais e incluso ás veces, unha muller que non casaba buscaba ter un fillo para ter quen a coidase de vella. Desde logo, non era ben visto que unha muller se vira con moitos homes, pero tampouco importaba tanto que chegase virxe ó matrimonio.

A relixión: Certo profesor de filosofía do meu instituto dicía que os galegos eramos politeístas que sustituiramos os deuses polos santos. A frase pódese pensar que é axeitada ou non pero o que sí é certo en que en moitas vilas o patrón ou os santos principais da vila chegaba a ter máis importancia que outras festividades como a pascua ou a navidade, e que en moitos lugares aínda hai tradicións que algúns relacionan con cultos precristianos, como pedras milagreiras, o engalanamento de árbores especiais ou a existencia de fontes sagradas.

Por outra parte, o cura, representante da relixión e figura de autoridade, que regulaba os casamentos, bautizos e enterros, tamén era considerado como un ser con poderes especiais, encargado de protexes casas gando e xentes dos demos, meigas e trasnos, interceder para que houbera bo tempo e interceder para sandar ás persoas. Isto non quere dicir que todos os curas foran especialmente devotos. O sacerdocio era unha profesión que permitía comer quente todos os días sen ter que romper o lombo sachando nas leiras, e hai moitas cancións e contos sobre as andanzas dos curas coas criadas ou coas feligresas máis "devotas".

Por tanto, nas vilas rurais galegas, a relixión estaba bastante mezclada con crenzas superticiosas.