Partida Rol por web

Crónicas de A Montelada

A tasca do Pelexas

Cargando editor
03/07/2012, 00:11
Faris

En moitos contos, algúns números teñen unha gran importancia. O número 3 en concreto aparece en moitas partes: as tres parcas, as tres bruxas de Macbeth, tres fillas de un mago, ou dun xigante ou dunha bruxa, tres príncipes que van a correr aventuras. Se vos fixades, en moitos contos hai tres persoas, e a filla pequena é a que salva ó protagonista, ou se namora del, ou o príncipe menor consigue acabar a aventura na que os seus dous irmáns maiores fracasaran. E tamén moitas veces non é ata a terceira vez que se confirma algo ou se sela un pacto que se fai efectivo o prometido.

Cargando editor
03/07/2012, 10:44
milady

Pois tes razón.. sempre me encantou coñecer ese transfondo dos contos, é xenial :) por haber, ata hai tres porquiños e cincenta tiña duas irmás e unha madrastra que lle facían a vida imposible XDD

Cargando editor
05/07/2012, 00:08
Faris

¿Hai algún conxuro aplicable a situación?

Hai certos símbolos que se poden inscribir nas portas, ventas, etc, para que os seres máxicos non poidan pasar por elas (con tiza, tinta, unha navalla...). Os pentagramas úsabanse en Galicia como protección.

Os obxectos sagrados non lle gustan moito ós seres desta natureza (as cruces, auga bendita, bendicións e rezos...)

Debuxar un círculo e meterse dentro del pode protexer de maxia, pero o solo é de pedra, así que terías que pensar como dibuxalo porque unha navalla non vai facer moito, e se non recordo mal, ninguén trouxo tiza nin nada así.

Por certo, os símbolos e o círculo que se trace ten que ser nun só trazo. Isto por curiosidade máis ca nada, pero tamén por se se vos ocorría algo como poñer en círculo anaquiños de cousas ou algo similar

E posto que sabes moito de maxia (puxécheste 5), poderías incluso tentar ter un duelo máxico, transformándote e facendo feitizos de alto nivel para loitar contra él. Pero este tipo de cousas son moi perigosas, e non é raro que o que o intenta acabe morrendo incluso se gaña o "combate".

E se conseguides pelo, sangue ou algo del e podedes conseguir algo de tempo, podedes tentar maldicilo, como vos puxen cando falei dos feitizos en Os Estatutos de A Montelada.

Cargando editor
28/07/2012, 12:17
moucho

Seica Milady está de cumple, felicidades!

Cargando editor
28/07/2012, 13:02
milady

Eeeey, que tarta con ratiños!! :D

Graciñas, Moucho, qué detallote ^_^

Cargando editor
29/07/2012, 20:53
javierrivera2

:)... non existe tarta mellor para Milady.

Cargando editor
30/07/2012, 02:29
milady

si, sendo gata... éche o que hai!! XDD

Cargando editor
31/07/2012, 21:55
moucho

Hola, xente! Venme de dicir Faris que ten problemas con internet. Róganos paciencia.

Chao,

MOUCHO

Cargando editor
02/08/2012, 00:10
Faris

Parece que teño conexión outra vez. Se mañá non volve a desaparecer, mañá actualizo.

Cargando editor
07/08/2012, 11:46
milady

quen quere casar con quen? don cibran con ramona? que me despertei algo espesa XDD

Cargando editor
07/08/2012, 12:12
javierrivera2

O entrar había unha serpe xigante que nos atacou pero golpeou contra unha parede ou algo así.

Don Cibrán quere casar con ela.

Eu tampouco lembraba nada da serpe, tiven que ir para atrás na escena para voltar a léelo ;). Sonche as cousas do ritmo lento...

Cargando editor
13/08/2012, 01:02
Faris

Pois quizais tamén é mellor que volvades a ler a escena 1, na primeira páxina, a mensaxe 4 comenzando polo final, e na segunda páxina, o que tiña que contar o cura do asunto.

Cargando editor
16/08/2012, 00:02
Faris

Esquenciuseme decir que moucho estará fora como una semana, así que mentres tanto, podedes ir pensando como facer para clavarlle un anaco de ferro a unha serpe xigante :) Só unha suxerencia, recordade que ferir a un animal non sempre quere dicir pelexar con él. Non sei se iso vos dará ideas ou non, pero aí o deixo.

Cargando editor
25/09/2012, 22:19
Faris

Creo que me vou a desconectar uns días, cousas de ter sobriñas que che peguen os virus. Volverei en canto o cerebro se poña en marcha outra vez.

Cargando editor
26/09/2012, 07:36
milady

que te mellores!! ;)

Cargando editor
06/10/2012, 21:47
moucho

Ola! Que saibades que Faris probablemente estará out uns días por problemas coa conexión

Cargando editor
07/10/2012, 11:26
milady

Okis, non hai problema, agardamos e xa está :)

saúdos a todos e a ela! :D

Cargando editor
14/10/2012, 14:26
Faris

Aproveitando unha visita para roubar o ordenador e avisar de que sigo sen conexión. Supostamente, o luns arréglano, pero xa nos dixeron "pronto, pronto" un montón de veces, así que tampouco me fío moito.

Cargando editor
29/10/2012, 23:36
Faris

Hoxe por fin parece que está todo arreglado. Inda non sabemos se crelo, despois de todo o que tivemos que aguantar das compañías de teléfono. Un dos técnicos que veu, chegou a mirar a caixa dos empalmes, sen abrila nin nada, nin sequera acercarse a ela, dicir "iso xa se ve que está empatado de humidade, é problema de outro técnico" e largarse. Como tamén resulta sorprendente que despois da visita de algúns dos técnicos as cousas funcionaran aínda peor que cando viñeran. E outras moitas cousas que tivemos que aguantar que dan ganas de empezar a coller as antorchas e empezar a queimar cousas. En fin, que a ver se non hai más problemas.

 

Cargando editor
31/10/2012, 07:51
milady

Chegan a ser desesperantes!! >_<

Agora estou polo mobil, contesto mais tarde cando teña oportunidade.

Pero xenial que esteas de volta!! :D