Partida Rol por web

A espada de MacMorna

Capítulo I : Un serán de verán

Cargando editor
03/03/2011, 22:19
Bren

O druida que se abriu paso chegando en último lugar, ponse ao lado do rei, por diante del. 

 

Queridos amigos, Benvido a Lugh, a cidade dos muros de azabache. Esta foi a cidade que me viu nacer, e fai moitos veráns que non viña por aquí. Doulle as grazas o rei Mirrado, por concederme esta honrra. Esperemos que esta festa contente os deuses, e nos den boa sorte pra os días que se aveciñan. Sen mais dilacións, prenderei a lumieira.

 

A acto seguido, o Druida Bren, collé un leño ardendo que lle da o mesmo rei Mirrado, e tírao aos pes da lumieira xigante, que comeza a arder rápidamente.

 

- Que comece a festa- berra Mirrado-

Cargando editor
03/03/2011, 23:08
Gael "Penedo" MeicBrido

Cando Bren nos di que vai prender a fogueira quedo branco coma a neve. Un mestre druida tomando unhas cuncas de cervexa cun ninguén coma min. Incrible. Disfruto da cerimonia na honra a Lugh e cando o rei berrea un " Que comece a festa" todos damos un aturuxo e de seguida comeza a correr a cervexa e o viño. Fágolle sinais o meu novo amigo para que se achegue.

- Agora sí que podemos falar, non creo que ninguén nos preste a menor atención aínda que corramos espidos e cos pelos ardendo - digo cun sorriso.

Cargando editor
03/03/2011, 23:33
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

 

Xan acompañou ó home barbudo e mais a moza de aspecto feroz ata a lumierira. Camiñaba amodo e sempre cun sorriso que case o facía parecer un aparvado. Polo camiño comentoulle ó barbudo que procedía das costas do sur inda que viaxaba moito e non lle costaba disimular o seu falar. Tamén lle falou do seu clan e as lendas sobre a súa remota procedencia alén das praderías de Lir.

Entón chegaron ó seu destino. Xan nunca vira unha lumieira tan grande, e iso que o facho de Fixón alcanzaba a cotío os catro metros de altura. Quedou pampo un rato ollando como o lume trepaba cara o ceo de Lugh.

 

Cargando editor
03/03/2011, 23:41
Aldán Mactramar

Esbozo un sorriso mentres acompaño o "que comece a festa" cun movemento do bastón.

Pois o dito, Gael. Gramael Maclib indicoume esta posada antes de morrer, e penso que a persoa que me salvou a vida, xusto nesa taberna, podería ter moito que ver.

Cargando editor
04/03/2011, 00:09
Balgadrox "O Mouro"
Sólo para el director

-Bueno, ¿e agora que ven?-dille Balgadrox á persoa que teña máis próxima mentres non perde ollo do que pasa-.

 

Cargando editor
04/03/2011, 01:06
Zeltia MacLain

Fun con Xan e o home barbudo cara alá,despois de me presentar como Zeltia,da tribo dos Ártabros,e de constatar de novo que a miña xente é descoñecida por estes lares.

A lumieira xa prendeu,e arde con forza,quentándonos a todos o corpo e o espírito..

Cargando editor
07/03/2011, 13:17
Contacontos

 Dende que se prendeu a lumieira, outras mais pequenas a seguiron por toda a cidade. Xentes chegadas de todas partes disfrutan da festa, bebendo cervexa e viño, bailando e cantando. Os bardos están a facer un bó traballo, pois non hay rincón de Lug no que non soe a música.

Hay tantos postos de comida e bebida polas rúas, que ainda que un home de bo estómago se dedicase so a papar tapas e beber viño, levaríalle mais dunha semana percorrer todos os postos.

 

Neste marco tan animado, a paisaxe non pode ser mais variopinta. Hay homes chegados de todas as partes da Gael-leach, trasancos de torso espido e pintados de cor branco, chairegos que van nos seus impresiontantes carros tirados por castróns xigantes...mesmo algún tourisome e algún piornal. Lug está ate arriba de xente.

 

Tas mais ou menos unha hora de ledicia sen parar, empeza a vir un aire frio, que empeza a desanimar á xente. O principio é unha brisa lixeira, pero tras uns intres, e xase coma unha xeada do peor inverno. A xente vólvese pras choupanas, e os que non as teñen, van cara as baiucas.

 

O rei mirrado, xunto co Druida Bren, e unhs cantos soldados descoñecidos, quedan ao redor da lumieira grande, falando sobre o tema. Algúns achéganse a preguntar ó grupo do rei, e o rei pon mala cara e fala unpouco con eles, pero dende tan lonxe non conseguides acertar a oir o que din.

Cargando editor
07/03/2011, 13:49
Aldán Mactramar

Disfruto das lumieiras saltando e papando, pois xa levaba fame de fai uns días, e precisaba liberar os meus osos.

Aínda agardando a miña resposta noto un aire frío na caluga. Ao principio non me preocupa moito, pero é estraño que en pleno verán veña un frio tan pouco... natural.

Boto unha ollada aos ceos na procura de nubes, e tento de comprobar se iste anómalo acontecemento ten unha orixe máxica.

- Tiradas (1)

Tirada: 2d6(+9)
Motivo: ¿que carallo é a friaxe esta?
Resultados: 1(+9)=10, 2(+9)=11

Notas de juego

5 de mente+4 de arcanismo

eu probo XD

un 12 XD non debo de desglosar a próxima vez.

 

Cargando editor
07/03/2011, 14:07
Contacontos

Notas de juego

 Iste frío non é cousa natural. Algo ou alguén anda detrás del.

Cargando editor
07/03/2011, 14:20
Gael "Penedo" MeicBrido

Esta brisa non é natural, eche un mal augurio. Debo consultar a Bren, quizáis saiba algo do asunto. Fai frío e comezo a agradecer o estár preto da lumieira.

- Aldán vou xunta Bren ven se queres ou agarda aquí, non penso demorarme moito.
dito isto comezo a camiñar sen agardar unha resposta.

Ábrome paso ata onde está Bren cos soldados. O rei está con unha garda persoal.Non parecen moi tranquilos e están a protexer ao rei, non quero que pensen que son unha ameaza polo tanto primeiro falo con el.

- Boa noite bo home, que o Drú te protexa. Son un amdaur amigo de Bren e querería falar con el, podo achegarme?

Cargando editor
07/03/2011, 15:58
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

Un arrepío percorreu a Xan. No ía abrigado para o inverno e sen dúbida a temperatura baixara moito. Era mellor buscar unha baiuca onde tomar unha chiquita para quentarse. Mirou ás persoas que acompañara ata a lumieira. – Eu, retírome, que mañá deixo Lug e non me convén coller un resfrío. ¿Apetécelle a alguén tomar a última taza nalgunha baiuca? -

Notas de juego

Estou un pouco confundido con quen estamos xuntos e quen pode oír a quen. Parecérame que Zeltia, Gael e mais eu nos coñeceramos na baiuca e foramos xuntos ata a lumieira. Mais nos sei se Aldán ía con Gael.

Cargando editor
07/03/2011, 19:14
Contacontos

Notas de juego

 Estades todos na mesma zoa, ainda que non esteades xuntos, oidesvos, se nalgún momento vos separades mais, xa corrixo eu os destinatarios, non te preocupes.

Cargando editor
07/03/2011, 20:14
Zeltia MacLain

Sí,vai un frío pouco normal..Non me dera conta,xa que estou acostumada a peores climas,pero nesta época resulta inquedante o viruxe que ven por rachas.. Poucos parecían darse conta ó principio,pero xa pouca xente queda preto da lumieira.Un cazador achégase ó druida a pescudar a causa,e achégome a escoitar a resposta..

-Irei nuns intres,Xan.Quero coñecer a resposta do druida a este frío,se é que a hai.Parece cousa de meigas..

Cargando editor
07/03/2011, 21:20
Rei Mirrado

Pouco a pouco, os que quedan fora, vanse achegando ao Rei do castro pra preguntarlle acerca do que está a pasar. A garda, que é escasa, non pode conter a todo o mundo, e o rei Mirrado decide tomar a iniciativa.

 

-Queridos lugóns e invitadas á festa do Lughnasad, ben é certo que iste frío nos sorprende a todos, a min coma todos. Quero dárvos resposta, pero este non é o xeito. Estades todos convocados á Choupana comunitaria pra falar quedamente sobre o tema. Creo que podo darvos respostas a todos.

 

Tras dicir isto, faille unha sinal a Bren, e este asinte. Seguidamente, dirixense todos hacia a citada choupana.

Cargando editor
07/03/2011, 21:31
Zeltia MacLain

-¡Imos alá,pois!

Todos comezan a andar cara a aldea,e unha vez alí,á mentada choupana.Estña no centro da vila,de aspecto rexio e distinguido.Os que non caben no interior asómanse polas fiestras,curiosos.

Un silencio de expectación recorre ós presentes..

Cargando editor
07/03/2011, 23:06
Balgadrox "O Mouro"

Balgadrox bailou, comeu e bebeu hata o límite razonable para calquera que queira ser capaz de voltar a cama polo seu propio pé. As palabras do rei colléronno sentado nun banco, desde o cal atendía con curiosidade ás súas palabras, chuchando dunha botella de oruxo para combater o frío.

O convite do rei, pareceulle ben. "Alomenos alí se estará máis quente que na rúa, con viruxe que vai".

Lenvantarse foi algo que lle costou máis do que esperaba. Tal foi a sorpresa, que estivo a punto de caer de cu, mais foi que de aguantarse de pe e comezar a andar cara o lugar acordado para a reunión.

-Toma amigo, paréceme que me vai chegando por hoxe-di tendendo a botella medio chea á primeira persoa que lle cadra diante-.

Cargando editor
08/03/2011, 15:10
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

O tipo que ficaba nun banco enfronte del ergueuse  e tendeulle unha botella medio chea, parecía oruxo. No lle fixo ascos, ó mellor lle servía para combater a friaxe.

- Belenos cho pague chairego. – Colleu logo a botella, sacoulle o tapón coa boca e tras cuspilo a un lado botou u grolo largo. – ¡aahhh, boa beberaxe. Quenta os osos!  -

Oíu a convida que fixo o rei Mirrado e pareceulle interesante pasarse pola palloza comunitaria. Quizabes habería algún traballo detrás de todo aquello.

Cargando editor
08/03/2011, 15:33
Aldán Mactramar

Camiño cara a choupana comunitaria, sen evitar facer acenos de noxo ante o pestilente olor a alcol mal destilado e guerreiro sen lavar.

Imos, Gael, parece que o rei sabe máis do que parece, e penso solucionar esto... Nunca me fixo ben a friaxe.

Cargando editor
08/03/2011, 16:04
Balgadrox "O Mouro"

-Vaia, ¿seica ves onda a choupana?-di Balgadros dirixíndose ao extrano que aceptou a botella, na percura de algo de conversa e vendo que vai na mesma dirección ca él-Non pareces de equí. ¿É a primeira vez que ves as festas?.

Cargando editor
08/03/2011, 16:47
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

Deulle outro grolo ó oruxo antes de responderlle ó chairego. – Son das costas de Fixón, fronte as illas dos siaceos. Estaba por aquí de paso e nunca estivera no Lughnasad, inda que non e a primeira vez que piso Lug. ¿E ti, tes negocio en Lug ou viñeches pola festa? –

Xan mantivo unha conversa animada co outro home mentres daba conta do licor e camiñaban cara a palloza comunal trala comitiva do rei.

Chegados a palloza esperou a súa quenda para entrar.  Buscou un lugar onde sentar preto da peculiar guerreira que coñecera esa noite e fíxolle un sitio tamén ó outro home. – Por certo, chámome Xan dos Meic Morn. – díxolle ó chairego.

O licor subíralle e precisaba de estar sentado un rato.