Partida Rol por web

A espada de MacMorna

Capítulo III: Calma

Cargando editor
03/06/2011, 20:33
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

Xan asentíu ás palabras de Gael -Certo. Eu non pinto nada ahí dentro. Mellor quedo fora e monto garda.- Dito e feito Xan tomou o escudo no brazo esquerdo e a lanza na man dereita. Tratou de taparse un pouco coa capa de pel, apoiouse na parede exterior da palloza e escrutou a escuridade á espera de que cousas terribles xurdan dela.

Cargando editor
05/06/2011, 13:34
Descoñecido

 O home, xa de bo xenio, contéstavos calmadamente.

 

-Veredes, somos dun castro de preto de aquí, bueno, case todos, o Oisína é lusón. Resulta que nos chegou un paxaro cunha mensaxe do rei Mirrado - amósavos o documento en cuestión pra que o leades se queredes - , de que vos axudásemos a cruzar á outra beira destas augas, pois alá vos agarda a vosa misión. Na carta non dí nada máis. Pero o rei Mirrado axudounos moito no pasado, e hemos de devolverlle o favor.

 

O home fai unha pausa.

O lusón faravos de guia, pois coñece as terras polas que vos vades mover - e o dicir isto dalle a palabra ó druida.

Notas de juego

 O documento pon, literalmente:

 

"Espera no antigo castro a un grupo que parte dende Lugh, axúdalles a cruzar as augas do esquencemento e procuralles a alguén que vaia con eles e que coñeza as terras dos lusóns. Teñen un encargo que cumprir para Lugh. Saudos."

Cargando editor
05/06/2011, 13:39
Druida

O home alzou un pouco a cabeza, parécesevos moito o druida que xa virades en Lugh. Pero o ton de voz e completamente distinto.

 

 Se non me equivoco, andades detrás de algo que pertenceu a MacMorna, o traidor....os Oisin, levamos un tempo detrás dese obxeto, e creo que din cunha pista do seu paradeiro. Se non tedes inoconvinte, mañá cedo sairemos en barca de pedra.

Cargando editor
05/06/2011, 16:21
Gael "Penedo" MeicBrido

Gael estaba sorprendido de que as cousas fosen tan apresa. O certo e que espera atoparse con moita máis dificultades para atopar algunha pista sobre a espada. De certo Bren estaba a axudar todo o que podía, e polo que parece iso era moito más do que o xove druída imaxinaba posible. Sentouse nun recuncho que quedaba preto do druida, cara a esquerda da entrada, colleu unha banqueta que estaba tirada colocouna e sentouse mirando o osián. A medida que os seus compañeiros entraban e se facían un sitio Gael foise tranquilizando, esperando a que todos estivesen dentro e estando todos nunha especie de círculo para comezar a falar.

- Polo miña parte non hai problema, e os meus compañeiros falan por eles mesmos, pero penso que todos andamos ansiosos por recupera-la espada e voltar axiña a Lugh. Por outra banda queremos saber como son as terras as que nos diriximos, aínda cun guía estaría ben ter uns coñecementos do lugar o que nos diriximos.

Unha vez rematou de falar mirou cara os seus compañeiros en busca de aprobación e a espera da sua resposta sobre a partida, aínda que non agardaba sorpresas.

Notas de juego

Por certo o plural de Osián é Oisín, dito por tí XD

Cita:

, o traidor....os Osián, levamos un tempo d
Cargando editor
05/06/2011, 17:25
Zeltia MacLain

-Certo, estoy con Gael. Xa que partiremos ao amencer, mellor saber algo do que nos podemos atopar.

Cargando editor
05/06/2011, 18:37
Contacontos

Notas de juego

 Corrixido Gael, se me escapou, e creo que algunha outra vez durante a partida xD.

Cargando editor
06/06/2011, 07:08
Balgadrox "O Mouro"

-¿Barco de pedra?. ¿Iso é posible?. ¿E non iremos para o fondo?.-bromea Balgadrox-O certo é que nesta tarefa calquera axuda será benvida. Coido que ao contrario que os nosos inmigos, non coñecemos estas terras. Isto concédelles sen dúbida unha gran vantaxe. Coa vosa axuda, seremos quen de acadar a espada de McMorna. Estou seguro.

Cargando editor
08/06/2011, 14:16
Druida

 O druida sonríe ante tanta pregunta. Aclara un pouco a voz cun lixeiro carraspeo, e comeza a falar.

 

- Veredes, as terras que antaño foron dominadas polos Lusóns ahora son un conxunto de ruinas de grandes castros e algunhas cidades. Ainda quedan Lusón pola zoa, pero teñen que vivir nun entorno hostil, xa que o Sidhe invadiu por completo aquelas terras xa fai uns anos. Pequenos grupos de resistencia,  por chamalo asó, gracias os cales á Gael-leach ainda non lle pasou nada... pero como vedes, so Sidhe xa están empezando a chegar. Seguramente nos atopemos con criaturas malignas polo camiño, pero fainos moita falla a espada. Non vos preocupedes, eu son Lusón, e teño amistades por alá, coñezo ben o terreo, e se vos sodes bos loitadores, como me dixeron que erades, quizáis volvamos vivos. Ahora comede e descansade, faranos falta.

 

O rematar de falar o druida, volve Antón, o que levara os cabalos e sirvevos unhas cuncas con leite e uns zancos de polo, para que comades se queredes. Logo, indícavos donde podedes dormir, e davos unha manta a cada un.

Notas de juego

 Deixovos un último post a cada un e cambiamos de escea.

Cargando editor
08/06/2011, 16:29
Gael "Penedo" MeicBrido

Gael está derreado despois dun día duro. Está esfameado e a explicación do druída parécelle coherente. Vota unha ollada arredor e percátase de que Xan aínda está fora. Vai sendo hora de que entre. Está calmo e o certo e que tamén está sorprendido de que as cousas vaian tan apresa, tiveron moita sorte. Cando lle dan o cunco de comida da as gracias.

- Gracias teño un burato no estómago de carallo. Mañán partiremos polo que será mellor durmir.
Levántase do sitio e vai cara a porta, abrea un pouco e berra:

- Xan pasa pra dentro!!!!

En canto Xan entra faille un rápido resumo para poñelo o día mentres lle dan a ración de comida e bebida. Volvese sentar e dí:

- Bo proveito a todos e gracias pola vosa axuda, esperemos que poidamos co Sidhe.

Cargando editor
08/06/2011, 16:44
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

Xan entra tralo berrido de Gael. Senta a escoitar o que o Lusón lles contara ós seus compañeiros, mentres papa un anaco de polo e mais unha cunca de leite. Logo recostase nun curruncho coa lanza a un lado e tapado cunha manta de peles. Debaixo da manta a man pasa toda a noite sobre a empuñadura do coitelo, e Xan pasa a noite con un ollo aberto vixiando na escuridade da palloza e pensando. Parece que tras moito camiñar ía ter que voltar ás terras dos lusóns. Non lle facía gracia volver a pisar aquel inferno pero xa non había volta atrás, e se as cousas empeoraran dende a última vez os seus novos amigos precisarán tódala axuda que lles poidan prestar.

Cargando editor
08/06/2011, 17:29
Zeltia MacLain

Comin en silencio, escoitando as historias que contaban. Ao rematar, embrulleime na manta que Anton me ofrecera. O sono non me acompañaba, e quedei esperta largo rato, a caron do lume.

Esperemos que a sorte e os deuses nos sexan propicios nesta aventura!

Cando tal, deiteime a agardar polo sono, e este chegou pracidamente.

Cargando editor
09/06/2011, 12:18
Aldán Mactramar

Sopesando a situación, tento durmir nun recuncho, tras comer y durmir frugalmente, esperando que os sonos sean craros i durmamos longo e tendido.

Cargando editor
10/06/2011, 18:51
Balgadrox "O Mouro"

-Con gusto acepto a invitación, amigo meu.-di Balgadrox en resposta a palabras do druida mentres avanza cara o interior da Baiuca-.Ainda me queda algo de licor de herbas que poderemos compartir.

Xa dentro saca a botella do seu equipaxe e lla tende o outro home, o que levaba a cara pintada en xesto de amizade.

-Anda, bótalle un grolo. Os teño probado mellores, pero baixa ben e quenta o corpo.