Partida Rol por web

A espada de MacMorna

Capítulo I : Un serán de verán

Cargando editor
15/03/2011, 11:01
Zeltia MacLain

Poñome en pe, todo o mundo se vira para min..

- Meu señor, veño de terras lonxanas. Alguns diran que nada me reten aqui, mais eu sinto que tamen debo poñer a miña espada o servicio e a proteccion destas terras e os que as habitan.. Contade tamen comigo, pois!

Cargando editor
15/03/2011, 11:12
Aldán Mactramar

Pode ser unha tolemia....- Digo cunha mirada tristeira e melancólica- Pero temos coñecemento do terreo... Podemos agardar a que veñan, que reventen contra as nosas murallas e terminen escalando entre os seus cadáveres ata que cheguen á cidade e morramos todos... Levanto tímidamente un dedo e anuncio, cunha voz trémula e cun tono estranamente suicida- Ou podemos matar a quen o convocou, deixar que os sidhe se perdan e a choiva e a espada pouco a pouco os murchen ata que só sexa un lonxán recordo desta aciaga noite...

De todas formas, pode que os meus coñecementos axuden nas defensas se debemos quedar eiquí.

Cargando editor
15/03/2011, 14:42
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

Dende logo Xan non tiña intención de morrer alí. Non tiña contra os bechos mais que contra a  xente da luz, pero o seu traballo e matalos, o que os deuses lle depararan antes de naceres. Xa antes se vira en situacións semellantes na terra dos Lusons, e moitos amigos morreran aló. Sabía que as posibilidades de sobrevivir a un ataque así eran poucas e non estaban relacionadas en absoluto coa valentía ou a habilidade para matar.

Rascaba a barba mentres sopesaba as posibilidades, cando o xove druida fixo unha intervención moi lúcida. Xan ficou cara Bren e mailo Oisín esperando unha reacción á suxestión do druida mais novo.

Cargando editor
15/03/2011, 21:42
Rei Mirrado

 O Rei Mirrado cala un rato, sopesando o que lle van dicindo, logo fala un par de cousas con Bren, polo baixo, para finalmente volver falar cara o público.

 

-Meus compañeiros, certo é que nos enfrontamos a un inimigo contra o que temos poucas posibilidades de sobrevivir. mais pouco queda pro amencer, e os Sidhe non poden estar baixo os raios de Lugh. Aguantaremos na cidade, aproveitando as súas defensas até que marchen, e co amencer poderemos elexir se nos quedan posibilidades ou fuxir con tempo. Se fuximos agora, é probable que nos collan en campo aberto, e iso...sería unha masacre. Dentro das murallas temos unha oportunidade.

 

O rei fala con voz firme, creendo cada unha das suas palabras, non vedes dúbida no seu ton de voz, e a verdade e que moita razón non lle falta. Quedarán unhas duas horas ate o amencer, e ben é sabido que as murallas de Lug son case inexpugnabéis.

-Eu vou preparar a defensa do castro, quen me queira axudar que me siga.

 

E con istas verbas, o Rei sae da choupana, pouco a pouco vaise levantando a xente, xa sexa para sair do castro ou para unirse ó Rei Mirrado.

Cargando editor
15/03/2011, 23:09
Gael "Penedo" MeicBrido

Unha vez sae o rei vou tras del na procura de Bren para pedirlle axuda e consello. Miro a Aldán e dígolle

- Ves?, vou falar con Bren quizais nos preste axuda ou polo menos consello, non teño moita experiencia na loita contra o Sidhe e isto éche algo raro de carallo.

Cargando editor
16/03/2011, 00:16
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

Cando o rei saíu da palloza Xan mirou cara Zeltia e Balgadrox – Ben. Parece que o final no vou marchar durmir cedo esta noite. Sería malo para o negocio que un cazador do Sidhe marchase para cama sen eliminar algún becho, e mais nunha noite como esta. –

Ergueuse a modo, probou a súa estabilidade. Ía un pouco achispado pero se soamente se trataba de defender a muralla, como dixera o rei Mirrado, no debería ter problemas. Tentou o coitelo que levaba e acordou que a lanza e mailo escudo deixaraos na choupana onde ía durmir. – Merda, deixei as armas noutra palloza. Compre que has vaia buscar, e tamén roupa de abrigo, que esta friaxe tamén e un arma eficaz. – dixo, antes de encamiñarse cara a entrada.

Cargando editor
16/03/2011, 18:19
Aldán Mactramar

Non sei... Lugh non é inexpugnable...

As pombas voan... Mururo polo vaixo... Co bastón á espalda e co arco nas máns digo:

Se é o frío da noite ao que nos enfrentamos podemos contar ca calor da miña maxia. Os sidhe son cousa moi seria... E hai que acabar con eles...

 

- Tiradas (1)

Tirada: 2d6(+6)
Motivo: coñecemento dos sidhe
Resultado: 9(+6)=15

Notas de juego

Tiro coñecemento dos Sidhe para recordar os diferentes tipos que hai, cales son os que os comandan, por que suelen aparecer,... E ademáis se seguen algún tipo de táctica combativa.

Cargando editor
16/03/2011, 22:25
Contacontos

 Sabes que os Sidhe son de moitos tipos, case tantos como razas da luz. Mais son uns castróns a hora do combate, ainda que poden chegar a xuntarse en grandes exércitos, atacan a baiche boa, sen organización ningunha. Lidéraos normalmente o mais forte, posto que se obtén matando o seu predecesor. Aparecen cando lles peta ou cando necesitan algo, e dicir, que tanto atacan por que necesitan escravos coma por que están aburridos e lles apetece matar a alguén.

Notas de juego

 Por certo, ese +6 de onde sae? que eu recorde so tes un +1 a coñecementos do sidhe.

Cargando editor
17/03/2011, 13:42
Aldán Mactramar

Notas de juego

Ah perdoa :3 collín mente+saber, atributo+habilidad, non sabía cómo facelo XD  e mais vale barrer para a casa

Cargando editor
17/03/2011, 14:12
Contacontos

 Non te preocupes, esta partida e para aprender todos. Vos e eu.

Cargando editor
17/03/2011, 14:31
Bren

Bren, o ver que Gael vai tras el dase a volta e dille:

 Dime meu amigo, que dúbida che ronda pola cabeza? Mais faino deprisa, o tempo apremia nestes intres.

 

Ao virarse, vé como o cazador do Sidhe "Xan" ainda non ten o equilibrio perfecto, e téndelle uns gráns mouros:

 

-Mástica esto unhas cantas veces, axudarache a mellorar.

Cargando editor
17/03/2011, 14:59
Balgadrox "O Mouro"
Sólo para el director

Balgadrox fica de pé, fachendoso e disposto para o que sexa necesario. O desesperado da situación e a inxesta excesiva de licor de herbas están facendo a súa labor.

-Eu desto de organizar non che sei moito, pero penso que se podería mandar un grupo para botar unha ollada e ver o que pasa por alá. Desa forma poderíamos saberíamos o que agardar e seríamos quen de preparar unha defensa mellor. ¿Qué dicides?.

Cargando editor
17/03/2011, 15:22
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

Xan colleu os grans mouros que lle deu Bren en meteunos na boca logo de miralos un instante. – Grazas druída. Vou polas miñas armas. – Dito isto saíu ó exterior percorreu as rúas de Lugh ate chegar á baiuca onde tiña previsto pasala noite. Entrou e recolleu as armas, e o resto das súas cousas e volveu cara a palloza comunitaria.  

Cargando editor
17/03/2011, 16:03
Gael "Penedo" MeicBrido

Vou tras Bren e manteño o paso mentres falo con el :

- Non me dixeches quen eras - dígolle con medio sorriso - pero diso falamos despóis. Tes algún consello ou comanda que darme?, non sei coma imos atallar isto. Non podemos ir tras tódolos bechos, temos que atopar a quen os goberna e derrotalo ou derrotala. Non coñezo demasiado o mundo do Sidhe e preciso consello. Polo que vexo aí anda un cazador pero polo de agora bastante ten con manterse de pé. Dime mestre Bren cal é a tarefa que precisas que fagamos?

Cargando editor
17/03/2011, 16:53
Bren

 Bren, o ver o panorama do pequeno grupo que ainda estaba dentro da choupana (vos) , reparte uns cantos grans mais.

 

-Mascadeos durante un rato, axudaravos.

 

Logo mira o seu amigo Gael:

 

-Nunca preguntaches por quen era, e non vin necesidade de contalo. 

 

Tras botar un sorriso, o seu semblante cambia e ponse serio:

-Non sabemos moi ben como prepararnos contra os sidhe, pero pouco tempo nos queda ata que estén aquí, non da tempo nin a explorar o terreo nin a fuxires case. o único que podemos facer e termar de que non pasen os muros. O amencer iránse, os raios do sol mátaos. Asi que bulide, os guerreiros equipádevos e votade cada o adarve e os que seipades maxia ide preparando ingredintes...cada un que faga o que poda, pero que esté listo, empezanse a ver fachos (antorchas) ao lonxe, temo que son eles.

 

Acto seguido, bota a correr par alcanzar ó rei Mirrado, pois perdeuno de vista ao falares con vos.

Notas de juego

 PD: os que tomedes os grans que Bren vos da, sentiredes un sabor amargo que vos inunda a boca, e vos provoca algunha arcada, pero tras un bo anaco mascando, veredes como volvedes a estar serenos.pouquiño a pouco os efectos do alcohol van desaparecendo, e deixando lugar e ese sabor amargo.

Cargando editor
17/03/2011, 17:10
Zeltia MacLain

Mastigo o gran que o druida me ofrece.Non bebin moita cervexa,pero notome mais despexada..

Collo as miñas cousas,para serguir o rei Mirrado..

- ¡Xan!..¡Apura! Os demais xa van lonxe

Cargando editor
17/03/2011, 19:59
Aldán Mactramar

Será boa idea, pois prepararse-Digo, mentres collo un anaco de tella e debuxo un símbolo no chan...

Por favor, deixade oco, vou ver se estou áxil hoxe...

Comezo a recitar palabras arcanas, mentres uns hilos violetas brotan do estrano debuxo...

- Tiradas (1)

Tirada: 2d6(+1)
Motivo: Ritualismo
Resultados: 2(+1)=3, 1(+1)=2

Notas de juego

Cos meus poderes arcanos tento convocar un lobo de Morrigan, usando ritual...

Non teño moi claro que tiro, supoño que só teño un +1

 Vaia cacufa... xa é a segunda vez que case saco pifia...

Cargando editor
17/03/2011, 20:25
Contacontos

 Non te preocupes, convocas ao lobo sen problema. As tiradas deste tipo só volas obrigo a facer cando estades nunha situación de presión ou é un conxuro moi complexo, se tedes tempo e non vos "molestan" considero que é un éxito automático.

 

Tes o lobo de morrigan, que polo teu nivel de druida, é coma un lobo normal, pero un pouco mais grande e forte.Imaxínate un mastín en tamaño, e coma un humán normal en forza. O que sí, tira 1d6 pra saber cantas horas che dura o lobo.

Cargando editor
17/03/2011, 20:40
Aldán Mactramar
- Tiradas (1)

Tirada: 1d6
Motivo: ¿canto tardará o can en pedir de papar?
Resultado: 3

Notas de juego

Bueno, eu tiro, pero estou usando Ritualismo, é dicir, para que perdure no tempo. ¿non si?

 

Cargando editor
17/03/2011, 21:42
Contacontos

Notas de juego

 Estas a usar "chamada", o de ritual e previo ó uso de calquera habelencia. Que un ritual saia ben dache bonus na tua seguinte acción de hablencia, se sae mal, dache un malus.

 

Supoñamos que dende que o sol saia e ilumine ben Lugh, o teu lobo desaparecerá.