Partida Rol por web

A espada de MacMorna

Capítulo IV: O viaxe

Cargando editor
23/09/2011, 13:48
Aldán Mactramar

Confiade en min, poderei facelo. - Digo, convencido das miñas palabras.

Cargando editor
24/09/2011, 13:44
Balgadrox "O Mouro"

-Eu penso que se somos quen de facernos coa espada sen nos enfrontar o feiticeiro, tanto mellor. Non me interesa saber máis nada del que onde ten agochada a espada. Pero ten razón Nautam; a viaxe ten sido esgotadora. Sentémonos e comamos algo.

Dito isto, Balgadrox deixa as súas cousas no chan e se deita, máis que sentarse, soltando unha especie de suspiro de pracer cando o seu corpo queda contra o chan.

Cargando editor
26/09/2011, 15:29
Druida

O druida acaricia a súa queixada, pra logo dicir.

-Certo é, non podemos demorarnos moito aquí, o destino de Lugh está nestes días, se nos retrasamos, adéus Lugh. Descansaremos esta noite, pois faranos falta, pero mañá pola mañá partiremos a conseguires a espada.

Logo, mirando a Aldán:

Admiro o teu valor Aldán, pero o certo e que só nos podemos permitir outro día, ou chegaremos tarde para axudar a Lugh. O teu plan de gañar a confianza do feiticeiro levaría semanas... Temos duas opcións, intentar colarnos e roubarlle a espada, ou un ataque frontal. Calquera dos dous e complicado de carallo.

Cargando editor
27/09/2011, 10:51
Gael "Penedo" MeicBrido

Gael anda cavilando. Non lle gusta a idea de atacar de fronte, pero duda moito de que unha infiltración dea resultado. Cando anda perdido nos seus pensamnentos bota unha ollada aos seus comapañeiros. Son cada un do seu pai, incluido a Namta e os seus homes, son un grupo ben diverso.

-Non me gusta a idea de atacar de fronte, infiltrarnos, tampouco, pero algo hai que facer. Quizáis se uns de nos atacamos de fronte mentres outros se entran para buscar a espada poida dar mellores resultados.

Gael bota unha ollada a todos, aínda está sentado no mesmo sitio, colle algo de comida e comeza a comer.

Cargando editor
27/09/2011, 18:20
Zeltia MacLain

Tras escoitar todo o que se dicía, falei:

-Eu diría que calquer ataque frontal está xa previsto e será suicida intentalo, incluso coma maniobra de distracción. Eu apostaría por intentar roubar a espada de modo que non se decaten, e só no caso de que nos pillen, loitar descubertamente.

Séntome de novo no meu lugar.

-Ademáis, convennos que non sepan que a temos nós, co cal é mellor actuar ás agachadas. ¿Non vos parece?

Cargando editor
01/10/2011, 13:48
Namta

Namta quédase pensativo un rato:

-Ben, contado con nós para isa misión. Se queredes, nos faremos balbordo e entraremos cargando pra que se fixen en nos, ao fin e ao cabo, somos bos loitadores e somos un grupo medianamente numeroso. Mentres facemos isto vos infiltrádesvos e roubades a espada. Cando a teñades, saimos todos a fume de carozo pro outro lado do río.

Logo, mentras se mesa o bigote dí:

-Pero aínda queda un problema: ¿cómo volvemos todos cara Lugh? somos moitos pra meternos nesa barcucha.

Di mentras vos sinala a toda a xente da cova. Ten razón, na barquiña que usastes para vir collen 10-12 persoas como moito. Na cova, contándovos a vos, estades arredor de 50 persoas.

Cargando editor
01/10/2011, 16:52
Gael "Penedo" MeicBrido

Gael sente a preocupación de Namta coma sua propia. Cavila un anaco, e mirando cara Namta, di con voz seria:

- É certo que somos moitos para a barca de pedra, pero tamén é certo que podemos comezar o traslado das mulleres,nenos e anciáns. Os guerreiros e nós mesmos quedaremos aquí. Non me parece prudente cruzar o río con tanta xente e os Sidhe detrás de todos nós. Iso ou facemos unha barca meirande. Persoalmente Namta levaría os que non son guerreiros canto antes mellos ao outro lado do río. Sempre e cando os teus amigos estean alí todavía, druida.

A pesar de que non era a súa xente Gael quería sacalos de alí canto antes mellor, xa sufriran dabondo.

Cargando editor
01/10/2011, 22:07
Druida

O druida, que non reparara no problema que Namta lles relatou, cambiou a sua cara para unha máis seria ainda. Escoitou pacientemente a idea de Gael, e logo, pausadamente dixo:

-A barca pode con todo o peso que lle poñamos, o caso e non caer dela. Do outro lado do río, non estarán os amigos cos que nos atopamos ao vires, pero sei de alguén que coidará de que non lles pase nada os que naquela aldea se persoen con isto-di o tempo que saca o salvoconduto de corteza de árbore que tanto ben vos fixera- podemos evacuar agora mesmo os nenos e as mulleres se os nenos ban en brazos das mulleres. En canto ao resto, teremos que facer un bo exercicio de equilibrio.

Cargando editor
02/10/2011, 12:04
Balgadrox "O Mouro"

-Admiro o voso valor.-di Balgadrox tentando de lle dar as súas palabras un certo tono de solemnidade- E dito esto, estou de acordo con plan. A túa xente pode comezar o traslado de nenos, mulleres e anciáns cara o outro lado mentres facemos a incursión. Unha vez alá, poden contactar coa tribu que nos emprestou a barca. É posible que lles poidan emprestar algunha outra embarcación. ¿Qué vos parece?.

Cargando editor
03/10/2011, 19:19
Aldán Mactramar

loable, pero pouco aconsellable.- Digo, nun ton pensativo- Os tritóns están ás portas. Será mellor distraelos namentres nenos e mulleres parten.

Cargando editor
13/10/2011, 11:17
Druida

O druida, levántase e di pra todos:

Decidido queda entón, durante a noite podemos facer incluso dous viaxes se é preciso. Eu mesmo me encargarei de crear unha distracción máxica pra os tritóns. Vos, guerreiros prestadelles uns poucos escudos por se acaso pra que se cubran das lanzas dos tritóns, volverei con todos os que prestedes mañá pola mañán.

Cando o sol saia todas as mulleres nenos e anciáns estarán do outro lado do gran río. Procurade descansar. Mañá faremos dous grupos, un que faga balbordo e outro que se infiltre sixilosamente pra conseguir a espada... e que Cernunos reparta sorte.

Cargando editor
13/10/2011, 14:24
Balgadrox "O Mouro"

Balgadrox asentiu coa cabeza e se dispuxo a montar o campamento.

-Vai ser mellor montar gardas. Non quedo tranquilo estando eses bechos tan preto de nos. Eu farei a primeira se a todos vos parece ben.

Cargando editor
13/10/2011, 19:08
Gael "Penedo" MeicBrido

Penedo estaba contento, polo menos os nenos sairían de alí. No seu interior dalle as gracias ao Drú por ter enviado con eles ao druída. Cando escoita as palabras de Balgadrox asinte:

- Eu fago a segunda, supoño que non haberá problemas - di mirando a Namta - pero quizáis os bechos anden con ganas de leria agora que chegamos nós. Non é de máis ser precavidos, espero que non penses que o facemos por falta de confianza na tua xente. Falo por min pero penso que todos estamos impresionados por saber que fostes quen de vivir aquí, incluso con nenos, estou abraiado.

Cargando editor
13/10/2011, 23:02
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

Xan aceptou de bo grado o acordado polo grupo e mailos lusons. Facer planos nunca fora o del, era mais ben dos que agarraban con forza a lanza e lle plantaba cara ao inimigo, tratando de sair vivo das leas. -Se necesitades algunha garda mais despertádeme.- díxolle ao "mouro" e mais a "penedo". Logo diso revisou a lanza e o coitelo para a loita do día seguinte e acurrucouse nun curruncho a dormir un rato. Polo camiño ao seu curruncho do campamento parou varias veces a darlles ánimos aos lusons. -Perdede conta, lusons, mañá estaredes a salvo e o inimigo vai recibir o seu merecido por unha vez.-

Cargando editor
14/10/2011, 20:34

Despois de planificar durante un rato como sería o transporte de mulleres, nenos e anciáns e mais de decidir as gardas, o Druida saíu con unha pequena partida dos que ian viaar aquela noite, ao cabo dunhas horas, volveu por outro grupo, e así casi ata o amencer, completando os viaxes sen case ningún problema.

As gardas pasan tranquilas, algún ruido estrano ao lonxe que vos fai poñérvos alerta, pero os lusóns vos din que é normal, que eses ruidos saen da garida do feiticeiro, que non hay que preocuparse...de momento.

Pouquiño a pouco, cos primeiros raios do sol, a xente vai espertando. odos espertan e empezan a comer en silencio, saben que o de hoxe será un día duro e que probablemente, pra algúns sexa o último.

Notas de juego

Fin de escea.