Partida Rol por web

A espada de MacMorna

Capítulo V: Polos cornos do Tourishome

Cargando editor
25/10/2011, 22:42

Notas de juego

O achegarte ves claramente que os cornos están "limpos" por que alguén pousou as máns alí, posto que hay marcas apenas visibles dende lonxe da palma dunha man.

Cargando editor
26/10/2011, 18:39
Gael "Penedo" MeicBrido

Penedo segue ós seus amigos en silencio. Non está moi tranquilo nese templo. O certo e que séntese fora de lugar. Pero está decidido a non fallar na tarefa que se lle impuxo. Cando mira cara as estatuas e mira o altar profanado polo Sidhe o seu corazón encóllese de sufrimento

- Xa tardaban en aparecer os problemas. Isto é o que nos agarda a todos se non conseguimos a espada. Lugh pode acabar coma este lugar. Dame noxo, un lugar sagrado profanado deste xeito, rematemos rápido, non quero estar aquí máis que o tempo preciso, a pesar de que non nos están a atacar a visión disto encólleme o corazón.

Cargando editor
28/10/2011, 06:09
Balgadrox "O Mouro"

Balgadrox achegouse á estatua e ficou mirando para ela un intre.

-Curioso concepto da limpeza-dixo con sorna-...e se resulta que...-.

E sen rematar a frase, agarrou os cornos da estatua, como buscando o xeito de movelos.

Cargando editor
28/10/2011, 09:34
Contacontos

Balgadrox achégase ata aunha estatua. Unha estatua que ten o corpo do Drú e a cabeza dun tourishome, totalmente cuberto de cinza excepto os cornos. Tras miralo un rato, agarra fortemente os cornos e tíra deles. Por un momento, Balgadrox asustouse pensando que a cabeza do tourishome, pero só cede un pouco.

Oése un duido de cadeeas e pouco a pouco, a trampela que otros dous compañeeiros detectaron, vaise abrindo...deixando á vista unhas escadas que dan a unha especie de cova soterrada da que proveñen ruidos lonxanos e moi estranos.

Notas de juego

A cova está iluminada por pequenos fachos.

Cargando editor
28/10/2011, 15:00
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

Xan, que ficaba xunto a Balgadrox levantou unha man para responder ao "Mouro" cando este, apenas sen pensar, lanzouse a tocalo corno. -Íache dicir que eses cornos parecían a típica chave agochada das goridas do Sidhe. Pero xa vexo que chegaches a isa conclusión por ti mesmo.-

Logo achegouse a carón dos outros na bocana do novo tunel.

Cargando editor
28/10/2011, 15:09
Aldán Mactramar

Raño a cabeza, sorrindo :Estou un pouco desactualizado, compañeiros. Gracias ao Drú que sodes observadores!

Cargando editor
29/10/2011, 12:05
Gael "Penedo" MeicBrido

Penedo observa ós seus compañeiros, de certo non podería ter mellores compañeiros para esta empresa.

- Algúns dos meus compañeiros dicían que os guerreiros son bestas sen xuízo para outra cousa que non sexa a pelexa. Oxalá estivesen aquí para comprobar o parvos que son. Gracias a vos teremos éxito. Ben feito!!! Agora será mellor que vaimos con tino que eses ruidos non aseguran nada bo.

Cargando editor
30/10/2011, 22:13
Balgadrox "O Mouro"

Balgadrox asentiu ás palabras de Xan.

-Descúlpame compañeiro; xa me decía meu pai que era un chisco impulsivo de máis. Ben, supoño que quen quera que estea dentro terá escoitado esas cadeas do mesmo xeito que as escoitamos nos, así que non temos moito tempo para discurrir. Ou baixamos ou damos volta e eu penso seguir.

E dito isto se dispuxo a baixar pola trampilla, en garda, armado co escudo e a lanza.

Cargando editor
30/10/2011, 23:20

Pouco a pouco, baixades polo hoco que deixou a trampela. O túnel ainda baixa de carallo, unhs 30 metros tranquilamente, logo, andades 5 minutos en línea recta e chegades ate unha encruzillada. 5 son os camiños posibles, moi parecidos entre eles, non hay nada claramente diferenciador... e hay marcas de pisadas por todos eles... recentes.

Notas de juego

Tócavos decidir que facer. Os pasillos, de dereita a esquerda vámolos numerar: 1 o da dereita de todo e 5 o da esquerda de todo.

En caso de que algún non fora a baixar o role e lle fago escea privada ou separada do resto do grupo.

Cargando editor
31/10/2011, 12:01
Aldán Mactramar

Cousa rara...- Digo, rañando na cachola- ¿É o 5 un número simbólico ou algo así? 

O pequeno mactramar xa se axeonllou, tentando identificar aquelas marcas do camiño.

 

- Tiradas (1)

Motivo: rastrexar

Tirada: 2d6

Resultado: 7(+1)=8

Cargando editor
31/10/2011, 14:04

Notas de juego

Aldán, o da numeración é para entendernos nos por que pasillo vamos, non é que na cova haxa números grabados.

Cargando editor
31/10/2011, 18:30
Gael "Penedo" MeicBrido

Penedo olla os 5 camiños, "O Sidhe ten estranos camiños, pero un para cada un de nós e algo arriscado", ponse a buscar haber se atopa algún rastro raro, e extrano.

- Quizáis sexa destes lugares de onde saen os inimigos os que se enfrontan os nosos amigos, por iso hai tantas pegadas recentes. Temos que decidir que facemos.

Xan axeonllase preto de Aldan a buscar tamen algún indicio.

- Tiradas (1)

Motivo: rastrexar

Tirada: 2d6

Resultado: 5(+1)=6, 6(+1)=7

Cargando editor
31/10/2011, 19:12
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

-hhmm. Penso que o noso sino plantouse fronte a nos, meus amigos.- dixo Xan frotando a barba, - Cinco compañeiros, cinco camiños. Certo que mais de un conduce á morte. Mais que opción nos queda, alguén ten que sair de aquí coa espada.-

Asomou cara o segundo dos corredores. Cheirou o aire, escoitou o eco das profundidades e espreitou a escuridade que o esperaba diante. Finalmente volveu a cara canda os outros mentres soltaba o escudo e maila lanza das suas costas -Ademais, cando nos metemos nesta lea sabiamos que as posibilidades de morrer eran ben grandes.- Sorriu ós compañeiros.

Cargando editor
31/10/2011, 19:34
Contacontos

Notas de juego

Con esa pedazo tirada podes averiguar que só hay tres tipos de pisadas distintas, e dicir, hay moitas marcas, pero corresponden a tres individuos só. Con isot dedúcese que eñeen un bule bule da osttia aquí dentro...

Cargando editor
31/10/2011, 19:41
Gael "Penedo" MeicBrido

Penedo queda pensando durante un intre, vótalle unha man a Aldan nas costas e dille:

- Oes, aquí soamentes hay 3 tipos de pegadas, mira, aquí, aquí e aquí. - E sinala 3 pegadas.- Mira son de 3 tamaños diferentes e ésta ten un corte na punta, aquela marca moito na dereita e a terceira arrastra algo o talón. Se son só 3 e que están moi ocupados, vos decidides.

Mira cara os compañeiros como agardando as suas suxerencias.

Cargando editor
31/10/2011, 19:52
Aldán Mactramar

Non creo nesas casualidades, Xan. - Digo, levantando algo de pó coa mao. -Exploremos a primeira das vías rápido. Se encontrásemos algún mecanismo para activar os 5 á vez entón estarei a favor de nos dividir. Pero un templo Sidhe non é lugar para andar só.

Cargando editor
01/11/2011, 02:07
Zeltia MacLain

-Estou con Aldán, mellor non dividirnos. Calquera cousa que nos sobreveña teremos máis posibilidade de vencela todos en conxunto que por separado. Ou alomenos en pequenos grupos, pero non sós. É moi arriscado- fixen unha pausa antes de proseguir.

-O amigo Penedo rastrexou tres pegadas distintas, pertencentes a tres homes. Con eles poderíamos, pero non sabemos cántos máis imos topar.

Cargando editor
01/11/2011, 17:27
Gael "Penedo" MeicBrido

Gael ergueuse e asintiu en silencio as palabras de Zeltia.

-Penso que Zeltia ten razón, aquí hai tres pegadas pero a espada debe estar ben protexida. Ademáis de chegar onda ela hai que voltar con ela. Escollede u camiño para min son todos iguais

Dito isto colleu o látego na man para deixar claro que estaba listo.

Cargando editor
01/11/2011, 19:21
Druida

O druida, que vos seguía en silencio, pareceu inquedarse, e cunha voz con certo ton de mdo dixo:

-Sexa o que sexa, hai que andar, o tempo acábase para Lugh, e se non nos damos presa, seguramente pra nos.

Cargando editor
02/11/2011, 01:35
Zeltia MacLain

-¿Parécevos que sigamos as pegadas? Tal vez nos leven ata a espada, e se non é así, ben podemos retornar ata este punto e tomar outro dos camiños.