Partida Rol por web

A espada de MacMorna

Capítulo VI: Fogar, queimado fogar.

Cargando editor
07/06/2013, 19:47

Abrides os ollos colento despertar dos dormentes e dádesvos conta de que xa estades sobre terra firme. O primeiro que vedes e que estades no chan, todos con feridas, pero vivos. O que peor está e o druida, que está vendado nunha perna e cun brazo en cabestrillo, fáltalle un corno. Vos, os que mais e os que menos tedes feridas, pero case todas leves. Algún vendaxe por aquí e por alá, pero nada mais. Tamén están carón vosa aqueles homes que vos recibiran na caseta do castro abandoado, cando collerades a barca de pedra por primeira vez. Barca que, por raro que pareza, tamén está ahí, a vosa carón.

Tras comprobar que estades todos, mirades hacia o frente e vedes uns muros arrasados, estades ante Lug. Chegastedes á costa cun par de días de antelación á data dada polo druida como límite, o que vos fai preguntarvos que carallo pasou e canto tempo levades adormecidos.

Levantádesvos e dirixidesvos hacia o interior da muralla, e o paisaxe e ainda mais desoldaro, non hay ninguén polas ruas, so cadáveres e mais cadáveres de gaeleanos e gaeleanas. Tamén vos percatades de que hai incendios ainda activos nalgunhas zonas do poboado.

A luz da mañá non consegue escorrentar o temor dos vosos peores pesadelos, que se presentan ante vos como unha evidencia que vos dana onde máis vos doe. A medida que investigades os arredores de Lug atopades centos de cadáveres dos defensores do muro de Lug, que morreron sen oportunidade de defensa. Onde queira que estendades a vosa vista non vedes máis ca muros fendidos, armas rotas e corpos mutilados e degolados por armas claramente demoníacas. Porén, en ningures vedes cadáveres dos escuros inimigos do Side.

Segundo ides avanzando, e tras un bo rato, escoitades uns xemidos procedentes dun carro, un carro de bois envolcado, cos animáis ainda enganchados a el, pero mortos, e con moitos cortes no lombo, cortes que o mesmo tempo presentan queimaduras. Acercádesvos e dádeslle a volta tras moito esforzo, e atopades unha muller en armadura, cunha fea ferida no abdome, e unha perna claramente rota (a rodilla está virada hacia un sentido que de maneira natural non se podería). Ten mais cara de morta que de viva, pero ainda así, segue a embrazar o escudo e ten na man unha espada de antenas.

-A..a...au...auga, por Mórrigan.

Notas de juego

Tirada de menciñeiro dificultade 4, ou atención dificultade 7, o que teñades mais alto.

Cargando editor
07/06/2013, 20:26
Gael "Penedo" MeicBrido

Cando esperta Penedo mira arredor e as bágoas caénlle como chuva. Tardaron de máis. Non se da conta de que Ferrete aparece voando e se pousa no seu hombreiro esquerdo. Segue en silencio aos compañeiros mentres se nega a ver o que outrora era Lugh. Chora en silencio, non pode falar. 

De súpeto escoitan uns xemidos que veñen dun carro e atopan a unha muller, todavía viva.

Notas de juego

Non teño nin atención nin menciñeiro, podo tirar pócemas e facer unha?

Cargando editor
07/06/2013, 20:42

Notas de juego

Non, sintoó, non che serve.

Cargando editor
08/06/2013, 11:55
Gael "Penedo" MeicBrido
Sólo para el director

Vale, por intentalo non quedou

Cargando editor
09/06/2013, 18:28
Zeltia MacLain

Na escuridade comezo a escoitar febles sons, que pouco a pouco esmorecen e á vez se fan máis claros.. Doume conta de que estou volvendo en min, e tento lembrar o que pasou.. Só vexo escuridade.

Obrígome a abrir os ollos, e con dor punxente o vou facendo.. Hai xente laiándose ao meu redor, feridos algúns, outros so tristeiros..

Vexo que Penedo xa tamén espertou, e atopamos ós demáis. Pouco a pouco nos poñemos en marcha, cando os laios da muller nos obrigan a prestarlle auxilio.

-Quere auga.. -digo, con mágoa aterecendo o meu corazón. Busco a miña cantimplora, e ofrézolla á pobre muller, incorporádoa un pouco para que beba, e procurado non ferila inda máis.

- Tiradas (1)

Motivo: atención

Tirada: 2d6

Dificultad: 7+

Resultado: 10(+1)=11 (Exito)

Cargando editor
10/06/2013, 07:29
Balgadrox "O Mouro"

Balgadrox achégase ata a muller botando man do seu pelexo de auga, mais cando chega xa Zeltia lle ten ofrecido, polo que decide tentalo coas feridas da muller. 

-¿Qué sucedeu?-pregúntalle logo de deixala beber-.

- Tiradas (1)

Motivo: Atención

Tirada: 2d6

Dificultad: 7+

Resultado: 8(+2)=10 (Exito)

Cargando editor
11/06/2013, 00:05

Examinando o voso entorno, podedes decir sen medo a equivocarvos, que toda esta loita, tivo lugar fai un día coma moito.

Cargando editor
11/06/2013, 00:07
Muria

Hola, compañeiros, gra-gra-gracias (tuse un par de veces tras beber a auga)

Son Muria guerreira sagrada de Mórrigan. Viñen do castro de Face d´ouro pra axudar os lugóns, pero... non tivemos oportunidade. Chegaron pouco antes do abrente, cun gran balbordo, atacaron a muralla dende todos os lados, rodearonos por completo. O maior deles, que montaba cabalo dun león negro co pelo inzado en lapas de lume golpeou co seu machado no muro. Foi maxia, o muro escachou coma se fose unha capa fina de xeo. Entraron coma ondas de mar na terra, e arrasaron con todo. O meu grupo pechou filas arredor do rei, mais non puidemos facer nada. Unha besta xurdida do mais profundo do Sith, coa pel mais negra que vin e o bafo de lume acabou connosco nun intre. Eu puxenme entre él e o rei, pero deume un golpe e sain voando, choquei con este carro e aquí quedei, pensando morrer como último Guéghal...mais...

Fai unha larga pausa (costalle respirar)

...despois de levar esperta un anaco vin que non era o único sobrevivinte, senón que unha morea de homes e mulleres estaban encadeados ahí, ahí mesmo - dice sinalando un anaco de muro, ainda en pé - sendo levados hacia os outeiros do oeste. Os demos que os levaban dicían que ian ser usados como escravos...

Cargando editor
11/06/2013, 09:21
Gael "Penedo" MeicBrido

Gael escoita en silencio o relato da pobre muller. Está anoxado co que pasou. A sua cara é unha máscara de pedra. 

- Chegamos tarde, sentímolo de verdade. O único que podemos facer e tentar rescatalos escravos e acabar co Sidhe. E iso imos facer. Non sei como, pero imos facelo.

Afastase un pouco da muller e dille os compañeiros:

- Supoño que non imos deixar isto así. Se non atopamos o corpo do rei debemos pensar que foi levado como escravo. E sobre a espada....¿ qué facemos con ela?

Cargando editor
13/06/2013, 16:23
Zeltia MacLain

Quedei abraiada ante as verbas da guerreira. Un monstro demoníaco.. Ía ser dificil acabar con iso.

-Coma dixeches, temos que tentar amañar esta desfeita. Polo que se pode ver, a batalla tivo lugar fai un día, coma moito, así que non nos levan moita ventaxa, de ter secuestrado ao rei. A espada non sei, non sabéndolle dar o uso axeitado, é mellor tela a bo recaudo, non si?

Cargando editor
16/06/2013, 23:30
Balgadrox "O Mouro"

-Isto cada vez vai para mellor. Síntoo...no puidemos facer máis. A verdade é que despois do que pasamos, o último que me gustaría sería ir tras un exército Sith, pero polos deuses que non voi a deixar a esa pobre xente á súa sorte. Moira; se non estás en condiciones de seguir o noso ritmo, deixarémoste comida e auga para un tempo. Debemos seguir camiño.

Cargando editor
18/06/2013, 14:40
Druida

O druida dalle unha apocema a Muria, que ao tomala parece encontrarse mellor, pois levántase sen problema, e as suas feridas mais graves, recompóñense.

-Bueno rapaces, parece que non chegamos a tempo, pero ainda podemos intentar algo. Non sei moi ben como se usa a espada, pero seguro que atoparemos a maneira.

A zona da que fala Muria non dista moito de eiquí, podemos chegar en medio día a pé, dende que cheguemos, ollamos como está o panorama, e decidimos. Xa que non poidemos chegar a tempo pra defender Lugh, compensemos a nosa falta de puntualidad.

Quen ven comigo?

Cargando editor
18/06/2013, 14:43
Muria

Muria levántase, magoada, pero al menos xa non en estado crítico, apoyándose no mástil roto dunha lanza que había por alí, achégase o druida:

-Eu vou.

Cargando editor
18/06/2013, 14:50
Gael "Penedo" MeicBrido

Penedo érguese e axuda a Muria, mentres Ferrete segue no seu hombreiro.

 - Eu vou tamén, pero primeiro quería facer unhas apócemas curativas, se imos loitar contra un exército debemos ir preparados e levar cada un de nós un par delas como mínimo. Se collemos uns cabalos non tardaremos en atopalos, e seguir as suas pegadas dudo moito que sexa un problema.

Cargando editor
19/06/2013, 07:52
Balgadrox "O Mouro"

Balgadros observa abraiado como a pócema fai efecto e Muria levántase sacando forzas de donde parecía que xa non quedaban.

-De acordo,logo-di dirixíndose á rapaza-.Tí guías, pero a modo.-.

 

Cargando editor
20/06/2013, 18:10
Zeltia MacLain

Maravillada, observo a pronta recuperación de Muriel.

-Espero que conserves esa pócema por si a algún de nós tamén lle ven ben! -dígolle ó druída-. Veña, imos logo! Procuremos as cousas que fan falla, e poñámonos en camiño!

Cargando editor
20/06/2013, 18:29
Gael "Penedo" MeicBrido

Penedo ponlle unha man a Zeltia e outra ao Mouro nos hombreiros. A sua mirada seria vai de acordo coa sua voz, que por unha vez non ten nin rastro de festa, soa forte, a voz dun druida:

- Tranquiliños, que imos coma tolos, primeiro debemos prepararnos para a loita, ver se podemos conseguir algúns apoios, e prepararnos, podo facer apócemas, conseguir cabalos, pois supoño que se levan escravos, van a pe, ou como moito levan carros, e dicir, van lentos. Se me deixades facer as apócemas o as conseguimos podemos usalas para nós mesmos ou para os escravos. Tamén sería boa idea poder ter un xeito de loitar contra un exército de Sidhe que o mesmo Lugh non puido parar. Tedes tanta presa por morrer que ides correndo cara o inimigo? Xa perdemos a Xan e a Aldán por andar pintando a mona, eu non sei vos pero quero vir de volta. Non podemos ir cara aló, unha vez que os alcancemos, como imos facer?

Cargando editor
21/06/2013, 12:53
Muria

-Paréceme ben a idea do Druida, pero non podemos demorarnos moito, pois os Side traman algo, e quen sabe o que pasará se lles damos tempo. Hay que atopar os presos, e ver que están a facer con eles. Ao seres poucos, creo que a mellor idea e ir escondidos a observar que é o que fan ou o que queren e actuar en consecuencia. Non queremos ir dereitos á morte, pero se coa miña morte racho os plans dos exendros do Side, con gusto darei oq ue me queda de vida. POR MORRIGAN!!!!

Notas de juego

Facede os preparativos que queirades, pero roleadeos. Tan pronto como poñades os tres o que facedes antes de sair tras dos bechos, se é que saides detras deles, descríbovos o viaxe.

Cargando editor
07/07/2013, 15:56
Gael "Penedo" MeicBrido

Penedo observa a Muria, a pesar de estar case morta non pensa quedar.

- Dacordo, oídeme todos, non son  máis que un papaberzas que algún día pensa converterse nun verdadeiro druida. Pero non hai máis. Eu vou facer apócemas, todas as que poida, imos precisalas nós e os escravos que atopemos. Algún de vos debe buscar cabalos, e a ser posible voluntarios que veñan con nós. Algunha armadura e espada non estaría de máis para poder armar aos escravos que atopemos. E o mellor cabalo para que o rei poida fuxir cara aquí en canto o liberemos. Non se me ven a cabeza nada máis. Pero como dixen, todavía non son un druida,e vos sodes guerreiros e sabedes disto moito más ca mín. Deixoo todo nas vosas máns eu vou facer apócemas curativas.

E Penedo liscou a facer as suas apócemas. Dado que quería facer máis das que tiña preparadas foi cara a botica a buscar herbas.
 

Notas de juego

Quero facer tantas apócemas curativas como poida teño materiais para 5. Vou cara a botica buscar máis. Dime que tiradas teño que facer ou como fago para atopar máis herbas.

Cargando editor
08/07/2013, 08:58
Balgadrox "O Mouro"

-A verdade é que estou fora do meu medio.-recoñece Balgadrox con humildade-Non sei nada da vida no monte. Pasei a miña mocidade de pobo en pobo, conducindo gando co meu pai. Mais tentareis axudar no que poda. ¿Precisas de axuda con eses bebedizos?.-