Partida Rol por web

A espada de MacMorna

Capítulo IV: O viaxe

Cargando editor
11/09/2011, 20:59
Balgadrox "O Mouro"

-Eu son Balgadrox.-Di o chairego amosando o seu mellor sorriso-Desculpe se desconfiei das vosas intencións ao veros correr canda min coas lanzas por diante. Alégrome de que tan só fora un mal entendido. E ben, dicídeme Namta, ¿cara onde nos levades?. Semella que estiverades agardando a nosa chegada-.

Cargando editor
11/09/2011, 22:34
Namta

Mentres vades camiñando por un paisaxe bastante desolado (arbores queimadas, pouco pasto, camiños enfangados...), Namta vaise presentando ao tempo que contesta as vosas preguntas.

-Perdoade que non haxe mellor presentación, estas son terras perigosas e non nos convén estar de leria. E normal que desconfiarades, pero se non atacamos rápido eses bechos do auga...escapan.

Fai unha pequena pausa

-Non e que vos estiveramos esperando, e que vos vimos chegar de lexos. Nos viñemos fai anos buscando vingarnos dos Side, todos nos somos lusóns. Eses cascos de madeira que veriades ao chegar, eran as nosas embarcacións, - pon un xesto triste, mesmo vos parece que case lle cae unha bágoa- cando viñemos eramos case un cento, pero eses tritóns afogaron á maioria... Agora, apurade o paso, vamos cara o noso refuxio, alí poderemos falar con calma.

E sen máis faladuría, empeza a andar máis rápido, a media carreira. Os seus homes imitano.

Notas de juego

Esperarei ata que posteen os que faltan e logo chegaremos ao refuxio.

Cargando editor
13/09/2011, 11:36
Aldán Mactramar

Aldan mactramar - Digo, presentándome a min mesmo. 

escoito as palabras dos compañeiros en silencio, meditando sobre o dito, e non podo evitar engadir:

-Aceptaremos gustosos a súa axuda, pois os nosos pasos nos levan eiquí polo mesmo motivo que as vosas lanzas están afiadas. Pero esperemos a chegar ao refuxio para falar de novas.

Cargando editor
13/09/2011, 23:12
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

-Eu son Xan Meic Morn, cazador de bechos. E un honor lusón.- seguíu ós outros pois aquel lugar semellaba calquera cousa menos seguro, e xa era hora que reposasen fronte a unha fogata con un cacho de queixo e de pan na boca.

Cargando editor
14/09/2011, 13:20
Zeltia MacLain

- Eu son Zeltia, das terras dos Ártabros -engadín eu.-Coma dicides, mellor falarmos ó acocho das ameazas.

Seguimos camiñando cara ó seu refuxio.

Cargando editor
14/09/2011, 14:21
Gael "Penedo" MeicBrido

Gael ollou para os homes de Namta, e sorprendeuse de que puideran vivir naquel lugar. Deben de ser duros coma o ferro
- Eu son Gael, Namta a vosa hospitalidade será ben recibida, nos tamén temos problemas, falaremos con calma cando cheguemos ao noso destino.

Cargando editor
14/09/2011, 23:43
Namta

Tras unha media hora de camiñar, chegades ao refuxio, que non é mais ca unha cova protexida por trampas. o voso guía, Namta, vaivos indicando por onde debedes de pisar para non facer saltar ningunha trampa, e vos, coidadosos, facedeslle caso.

Tedes que avanzar un anaco as escuras, pero pronto empezades a ver luz de fachos. Á cova non é moi grande, pero si longa. Cando chegades ao voso destino, atopades outras 20 persoas mais ou menos, entre mulleres, homes e nenos.

Según chegades, os vosos acompañantes sentanse nunhas mantas no chao, facendo un amplo círculo e deixando un oco no que parece que queren que vos sentedes. Ofrecenvos algo de comida e bebida, que non é de moita calidade, pero menos da unha pedra.

Tras acomodarvos, Namta comeza a falar, nun ton tristeiro:

- Como vos dixen, todos nos somos Lusóns. Fai anos os Side votaronnos das nosas terras, naquel gran ataque do que ainda falan os libros, e nos, tras xuntar un pequeno exército, navigamos cara aquí coa intención de facer segura a praia e mais unha fonte de suministros pra que un exército meirande chegase sen problemas. Pero non contabamos cos malditos tritóns, foderonnos a case todos, e tamén os que viñeron despois nosa...ata que a xente deixou de vir o veer que ninguén regresaba. Fai dous anos do último barco.

Pouco sabemos da zoa, salvo que está repleta de Side na terra e de tritóns no mar. Hay algún edificio en ruinas, pero en zonas controladas polo Side, nos, dedicamonos a sobrevivir e foderlles algunha patrulla de vez en cando.

Logo de contarvos a sua tráxica historia por enrriba, alza a cara e divos:

-E decídeme, cal e a vosa historia.

Cargando editor
16/09/2011, 22:32
Balgadrox "O Mouro"

-Pois semella que estamos do mesmo bando. Hai ben pouco que viaxamos xuntos. Coñecímonos hai uns días, de troula nun pobo que está non moi lonxe de eiquí. Mais estando de festa, a cidade foi atacada polos Shide. Rexeitamos o ataque, mais temos a sospeita de que pronto voltarán ó ataque con reforzos. Vimos a esta illa porque nos dixeron que eiquí poderíamos atopar...axuda para combater aos Shide.

Cargando editor
20/09/2011, 17:53
Namta

Namta pon un xesto moi sombrío.

-Así empezou a invasión da Lusitania, unha vez que xunta demos pra enfrentarse a unha cidade, non paran...

En canto o tema da axuda, podedes contar connosco, pero temos un problema, sempre que intentamos volver a Gael-leach, esos cabróns dos tritóns afúndennos o barco.

Cargando editor
20/09/2011, 17:55
Druida

O druida que vos acompañaba, que hasta de agora estivera calado, tuse para aclarar a voz, e ponse a falar.

- Veredes meus amigos, provimos de Lugh, a cidade amurallada. o ataque que vos comentan meus compañeiros de viaxe foi liderado por un dos señores do Side, así que a cousa parece ir moi enserio. Vimos en busca da espada de MacMorna, que ten fama de ter un poder moi grande contra o Side. 

E en canto o do barco pra volver, volveremos na mesma barca de pedra que viñemos, non a poderán afundir.

Cargando editor
20/09/2011, 17:58
Namta

Namta abre os ollos como platos ao escoitar ó druida.

- A espada do mesmo MacMorna!!!! 

A xente empeza a falar polo baixiño, e tras un bo rato, Namta ponse un pocuo mais serio.

- O certo é que sabemos onde se atopa, pero...ir aló e unha tolemi... un suicidio.

Cargando editor
21/09/2011, 00:51
Zeltia MacLain

Estrañoume esa actitude tan sorprendida e acobardada, algunha razón habería para comportárense así..

-¿Cómo é iso? ¿Seica está moi inaccesible, ou hai perigos polo camiño?

Cargando editor
21/09/2011, 11:34
Gael "Penedo" MeicBrido

Gael estivera calado, observando as caras dos homes mentres iban falando, sopesando se debían contarlles a verdade ou se polo contrario era mellor calar. O druida que os acompañaba desfixo os seus pensamentos cando lles contou toda a verdade.

-Namta, non son que para dicir o que debedes facer, non pasei o tempo que vos pasastes aquí. Pero hai algo que sei seguro. Os vosos nenos non sobrevivirán aquí. E vos tampouco. Os Sidhe van arrasar Lugh se non facemos nada. Vos estades aquí, e polo de agora resistides coma heroes. Pero o tempo pasa, os anos pasan vos facedelles vellos e os vosos fillos medran. ¿Queredes que vivan toda a vida aquí?, penso que non. Poida ser que ir a buscar a espada de McMorna sexa un suicidio, unha tolemia. Pero co pouco tempo que levo aquí sei que non quero vivir nestas condicións o que me resta de vida, e non querería que os meus fillos vivisen así. Axudádenos e voltaremos todos o lugar onde debemos estar, unha vez que os Sidhe sexan derrotados podedes contar coa miña axuda se queredes voltar aquí a loitar ocntra eles, e incluso lle podemos pedir axuda o rei Mirrado, quizáis coma recompensa por salvar Lugh os axude unha vez que teña a espada.

O certo é que Gael non ssabe se o rei os axudará pero o resto sí é certo. Cando mira aos nenos que hai alí unha profunda dor no seu corazón aparece. Non pode imaxinar o que supón non coñecer outra vida agás esta.

Cargando editor
21/09/2011, 15:49
Balgadrox "O Mouro"

-Tolemia ías dicir, e dicías ben. Xa que as tolemias son propias de tolos e de tolos temos bastante.

Cargando editor
21/09/2011, 17:18
Aldán Mactramar

O pequeno feiticeiro escoita cun misterioso sorriso na esquina a conversa, e non pode evitar engadir:

Non partimos para conseguir a espada de MacMorna, senón que hemos voltar con ela.

Cargando editor
21/09/2011, 17:27
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

Xan asentíu ó dito por Gael e mailo pequeno Aldán. - Cando nos metemos nesta lea sabiamos que ía ser unha tarefa perigosa. Ti amosanos onde atopar a espada e nos faremos o resto. E non temas, o Druida podebos sacar na sua barca máxica mentres nos vamos a polo ferro.-. Ó mesmo tempo Xan pensaba que dividir a atención dos bechos en duas frontes poderíalles reportar algunha vantaxe que os librase dunha morte segura.

Cargando editor
22/09/2011, 14:24
Namta

O voso anfitrión quédase pensativo un bó rato, sopesando cada unha das vosas palabras. Pasado un rato, mándamos agardar, e fai un pequeno corro cos seús, alonxado de vos. Tras unha media hora de espera. o Home volve xunto a vos, cun sonriso na cara que non consegue ocultar o medo que lle corre polas veas, e ao mesmo tempo, a ilusión e a esperanza nos ollos.

- Está decidido, axúdareivos pois, as vosa palabras fixéronme cavilar, e ben é certo que eu podo vivir así, pero non lle desexo este negro futuro as próxima xeracións, temos que loitar por deixarlles una herdanza digna.

Dito esto, volvese sentar cara a vos, e ponse a facer unhos debuxos con sangue dunha rata que andaba por alí e cun pao.

- Veredes, a espada de MacMorna, está nesta zona ruinosa. Antes había un templo, pero agora habítao un servo do Side, un feiticeiro. Moito peor caos Side normal contra os que nos vimos loitando. Igual non saímos vivos, pero...vamós aló.Prepáradevos, descansade e comede ben hoxe, mañá loitaremos

Cargando editor
22/09/2011, 15:31
Aldán Mactramar

Tuso lixeiramente e engado ao dito polo xefe- Quizáis é un plan un tanto... burdo. Se conseguísemos antes algunha información do feiticeiro... Poderíamos buscar algún punto fraco, ou alomenos coñecer as súas virtudes para poder bloquealas. Collendo outro pau do chan comezo a debuxar o meu plan- Teño coñecementos dos sidhe e as súas costumes, así e como de maxia e feitizos varios. Podería intentar convencelo das miñas intencións de unirme a él, entregándolle unha información falsa a cambio dos seus saberes. Apostados nese lugar poderíamos solventar calquera comprobación que realizase para demostrar a autenticidade das miñas verbas, e mediante invocaciós podería transmitiros informes mediante esquíos ata que descubrise algún dato novo. Cunha luz nos ollos e cegado polo plan remato: Poderíamos conseguir incluso algunha distracción para aproveitar as habilidades dos compañeiros e subrepticiamente entrar nas ruínas para collelo en camisón.

¿Que opinades?

Cargando editor
22/09/2011, 22:34
Namta

Namta soríe pesaroso.

Podería ser, pero ese home garda ben a súa casa, non está só. Pra empezar, ten de becho gardián da casa un tourishome...

Cargando editor
23/09/2011, 10:43
Gael "Penedo" MeicBrido

Gael escoitou pesaroso o plan de Namta e as palabras de Aldán, sorprendido pola valentía do rapaz.

-Aldán, ten en conta que non podemos demorarnos moito aquí. Non creo que en tan pouco tempo o feiticeiro confíe en ti, normalmente esta xente é desconfiada, non si?. Pero iso deberías sabelo ti mellor ca min. Pero no caso do tourishome...., deberíamos saber aló menos a que nos imos enfrontar, que defensas ten o condenado. E se ti estás dentro e podes facer que as pase putas mentres nós entramos para rematar con el pois mellor.

O certo é que a Gael non lle gusta nin o plan de Namta nin o plan de Aldán pero non se lle ocurría ningún mellor, non é un guerreiro, e non está afeito a guerra.