Partida Rol por web

A espada de MacMorna

Capítulo II: Inimigo as portas

Cargando editor
23/03/2011, 14:01
Contacontos

 Pouco a pouco, os fachos de lume vanse acercando, ate estar a uns 500 metros do muro. E alí se quedan parados, como tanteándovos. Son centos deles, milleiros incluso.

 

- Xuntade valor guerreiros, e aguantade, que non traspasen os muros de Lugh, queda pouco para o amencer. NON PODERÁN CON NÓS!

 

Ante estas palabras oese un entrechocar de escudos e espadas, a modo de aprobación, e de grito de guerra.

Notas de juego

 Bueno, posto que os demos vos están tanteando, tirade 1d6 para determinar as vosas iniciativas. Actuades antes cós demos, esta iniciativa e para resolver o orden de actuación entre vos.

 

En canto as estadísticas que me pedistes, aquí tedes:

 

Lobo: corpo 3, espirito e mente 2. Pelexa +4 Safar+3 e Pel (armadura) +3 . Atención +3, Rastrexo +4 Intimidar +4 Estratexia +2.  Dados de Loita 4, de arcano: 1

Lobishome: O mesmo ca lobo, pero con pelexa +5 e ningún dado en arcano. Podes usar armas en esta forma.

Os que levedes espada: dano = 1d6 +2

Os que levedes escudo:  defensa -1 protección +4 e resistencia 6. 

Os que levedes armadura, especificaréivos as tiradas cando vos impacten.

Cargando editor
23/03/2011, 14:43
Aldán Mactramar

Un discurso moi... creativo, non sí? -Digo, mirando aos meus compañeiros cun sorriso irónico.

Xan, esparexe algúns dos barrís por esta zona da muralla. deixa algún preparado para máis tarde-Digo, mentres froto as máns co frío, preparándome para facer que todo esto fique en lume.

- Tiradas (1)

Tirada: 2d6
Motivo: iniciativa
Resultado: 7

Notas de juego

Conségueme as características do oso no que fico eu se podes máster :3 gracias

tiro 2d6 por Fol de veneno para iniciativa

XD creo que comezo eu

Cargando editor
23/03/2011, 14:53
Contacontos

Notas de juego

 Oso: corpo 7 mente e espírito 2. Pelexa 3  safar 3 pel dura (armadura) 8. Atención 2 rastrexo 4 estratexia 3

Cargando editor
23/03/2011, 15:31
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

Xan colleu un barril e foino baleirando segundo as instrucións de Aldán. Logo volveu ó seu lugar tralas liñas de tiradores, xunto a un rapaz que tremía ante a visión do mer de fachos que tiñan diante. Puxo o escudo as costas e deixou a lanza apoiarse nun ombreiro.  Logo sacou un paquetiño do peto e desenvolveuno. Contiña unhas poucas xouvas secas.

- Ven ben o alimento da terra en momentos coma este. – ofreceulle comida ó rapaz, que non parecía disposto para tragar nada.

Cargando editor
23/03/2011, 15:57
Aldán Mactramar

Miro cun sorriso irónico ao guerreiro e digo:

Ou plantáronse xoubas xunto os grelos ou iso ven do mar-meneo lixeiramente a cabeza e digo: Non quero estropearche a merenda, cómeas tí. Eu teño ganas de sidhe torrado, máis ben.

Cargando editor
23/03/2011, 17:40
Gael "Penedo" MeicBrido

Unha vez deixo os pipotes para Aldán vou na procura dunha pedra grande para botarlla aos bechos, quizais non mate ningún pero fareille dano. Cando a teño volvo para a muralla colócome diante para estar preparado en canto estean a tiro e comprobo que as apócemas e o látego están listos.

- Tiradas (1)

Tirada: 1d6
Motivo: iniciativa
Resultado: 1

Cargando editor
23/03/2011, 18:03
Xan "Papaxoubas" Meic Morn
- Tiradas (1)

Tirada: 1d6
Motivo: iniciativa
Resultado: 4

Cargando editor
23/03/2011, 19:53
Zeltia MacLain

Eu observo ós inimigos,fromándose diante da muralla..

-Non parecen tan desorganizados coma coubera esperarse, pero nós contamos coas máis variadas formas de defensa -digo ós meus compañeiros- .¡Que o Drú nos acompañe!

Mentras tanto, preparo a miña espada e poño a man as frechas do meu arco..

- Tiradas (1)

Tirada: 1d6
Motivo: iniciativa
Resultado: 2

Cargando editor
23/03/2011, 20:59
Balgadrox "O Mouro"

Xa equipado con lanza, armadura de coiro e escudo, Balgadrox tenta de seguir as ordes dun improvisado sarxento para manter algo semellante a unha formación de combate. Mais as pernas lle tremen ao ver o inmigo aproximándose. Parece que os efectos do aguardente comezan a desaparecer. E escoita esa voceciña dentro de si dicíndolle que non debería de estar alí. Mais a sorte está botada, como dixo aquel e agora non hai volta atrás, así que agarrando a lanza coa man dereita e o escudo coa esquerda, agarda o ataque do invasor, tentando alomenos de conservar a dignidade, que xa é bastante.

 

- Tiradas (1)

Tirada: 1d6
Motivo: Iniciativa
Resultado: 4

Notas de juego

Desculpa. Feita a tirada.

Cargando editor
24/03/2011, 13:07
Contacontos

 Balgadrox, fáltache a tirada de iniciativa. Agora vou comer e logo a choiar.  A eso das 7 posteovos o seguinte "acontecemento". 

Cargando editor
24/03/2011, 23:25
Contacontos

Os soldados (se se lles pode chamar así) do Sidhe, abren un oco para dar paso a un terríbel demo montado nun león xigante. E unha especie de humán deformado, de unhas dúas varas e media de altura. A súa montura, o león xigante(unhas tres varas de altura se se pon a duas patas., e de cor negro, e donde se supón que tiña que ter as greñas, nácenlle chamas de lume. 

A unha sinal do que parece ser o líder do grupo (o demo montado no león), os soldados avanzan cara a muralla de forma descoordinada. Hay uns que se parecen a homes, pero de cor mais escura e algo mais baixos, coma os ananos das montañas, outros son vermellos e algo maiores cos homes. Estes últimos están en menor número, e van detras dos de cor escura con látegos, como "animando" a que loiten.

Algúns caen antes de chegar os muros a causa das frechas, mais non parece que iso vaia deter o seu avance. pouco a pouco, van chegando ate estar os pés da muralla, pola que empezar a gabear...

Notas de juego

 Pois ben, turnos de loita. Por iniciativa vades no seguinte orde:

Aldán

Gael

Xan

Blagadrox

Zeltia

 

Tedes demos a patadas, simplemente específicademe a cor do demo o que lle petades e asumiremos que tedes un cerca. As normas do combate corpo a corpo e con maxia están an sección regras, no obstante, calquer duda, preguntade.

 

 

Desculpade os retrasos, un día demasiado lioso.

 

PD: o lobo loita canda o seu dono, pero as tiradas do lobo fágoas eu, ti soamente rolea as ordes que lle das.

Cargando editor
25/03/2011, 08:28
Aldán Mactramar

Carafio! eses bechos son a mares!-Digo, mentres gardo o meu arco- Xan, prepara outro deses barriles despois desto!-Digo cando comezo a pronunciar unhas palabras máxicas. Nas miñas máns comeza a prender lume, e nos meus ollos a cegadora luz de mirar cara ó sol recén levantado.

Unha pequena bola de lume comeza a xurdir dunha das miñas máns. Agardando que teña a potencia suficiente a lanzo cara o alcol e a algún deses demos, para que os colla de paso no feitizo.

 

- Tiradas (2)

Tirada: 3d6(+8)
Motivo: 3d arcano + vontade
Resultado: 8(+8)=16

Tirada: 1d6(+6)
Motivo: 1d arcano + saude
Resultado: 4(+6)=10

Notas de juego

designo 3 dados para lanzar o feitizo e 1 dado para aguantar :3

Cargando editor
25/03/2011, 12:22
Gael "Penedo" MeicBrido

Os bechos xa están aquí, antes de que cheguen as murallas dou un ouveo, quizais non intimide pero dame ánimos. Cando vexo o que fai Aldán,- Ten coidado cando lle pidas lume- digo para min. Sen perder máis tempo collo a pedra e lánzoa contra os pequenos demos que veñen en cabeza antes de telos a tempo dunha loita corpo a corpo.

- Tiradas (2)

Tirada: 3d6(+5)
Motivo: tiro de pedra
Resultado: 12(+5)=17

Tirada: 1d6(+3)
Motivo: safar
Resultado: 2(+3)=5

Notas de juego

En ataque son 3 dados de loita + pelexa (se non é pelexa corrixeme porque non sei que outra cousa tirar XD.
Un dado para safar en defensa
O dano que fai unha pedra non o tirei porque non sei que tirar fai ti a tirada ou dime e tiro eu como queiras

Cargando editor
28/03/2011, 21:24
Balgadrox "O Mouro"

Balgadrox tenta manter a formación na liña de escudos xunto aos seus forzados compañeiros de unidade. As ordes: aguantar a posición para permitir que os arqueiros tomen avantaxe y poidan atacar aos Shide desde lonxe. Mais un grupo de demos de pel verde e aspecto temible achégase ata a súa posición. As lanzas en liña tentan deter o avance das criaturas, que se meten entre elas, tentando atravesar a liña defensiva.

O mozo, non é quen de evitar berrar de auténtico pánico cando unha das criaturas bótase sobre él.

- Tiradas (1)

Tirada: 3d6(+5)
Motivo: Ataque demo verde
Resultado: 12(+5)=17

Notas de juego

3 dados de ataque, 1 de defensa.

Cargando editor
28/03/2011, 21:31
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

Xan preparou outro barril tal e como lle pedira Aldán. Dende a súa posición na muralla agardaba a que os bechos trataran de superala.

Notas de juego

E polo tanto no ataca de momento.

Cargando editor
28/03/2011, 21:48
Zeltia MacLain

Preparo o meu arco, dende o alto da muralla teño unha boa perspectiva dos inimigos. A súa armadura ten puntos febles, e a eles vou adicar as miñas frechas, alomenos mentras non se acheguen demasiado.. Os meus compañeiros encárganse tamén de cadanseus preparativos.

Saco unha das frechas do carcaj, e a coloco na corda tensa do meu arco longo.

Estiro a corda, chiscando un ollo para facilitar a puntería, e disparo a un dos demos..

- Tiradas (1)

Tirada: 3d6(+2)
Motivo: éxito coa frecha?
Resultados: 5(+2)=7, 2(+2)=4, 5(+2)=7

Notas de juego

3 dados de ataque,1 de defensa

(é así a tirada?)

Cargando editor
29/03/2011, 18:49
Contacontos

 Nun primeiro momento da a sensación de que os demos toman a iniciativa do combate, e empezan a gabear rápidamente. Pero vós tampouco sodes moco de pavo, e os guéghel non se deixan amedrentar tan fácilmente, e menos ainda cando están a defender o seu.

 

Xan tira un primeiro barril de licor (e prepara un segundo) que vai reventar nun dos primeiros demos que estaban a subir, facendo que caia o chan de novo, máis non pareceron prestarlle moita atención ao licor en sí....ate que Aldán murmurando unhas verbas rápidas e raras fai brotar lume das súas mans. Lume que se dirixe hacia un dos demos, deixandoo carbonizado no intre, e uns cantos mais, que foran empapados polo licor, estan ardendo en chamas, rodando polo chan pra librarse delas.

Mentres todo isto pasa, unha poderosa figura ouvea ao voso lado, e collendo una pedra, tiraá cara abaixo, hacia o primeiro demo que ve. A pedra dalle nun ollo, e o acto reflexo de levar a man ó foco de dor faille soltar as pedras as que estaba aferrado, axudándolle a chegar ó chan rápidamente.

Outra das figuras da vosa compañía, a única feminina, tensa o arco, e a frecha sae asubiando, e vaise cravar nun dos demos, a marea que está a subir pola muralla non permite ver exactamente onde se cravou a frecha, ou se o demo morreu, pero ben e certo que caeu o chan...e isa caida non é cousa boa.

Vades aguantando oleada tras oleada, pero son demasiados demos, e ao final acaban abrindo unha brecha na vosa muralla e suben o adarve. Pouco a pouco vanse facendo oco ate que están en corpo a corpo ceca vosa...

Notas de juego

 Pois ven, nesta primeira ronda, non tiramos dano por que se impactábades pois...como que o demo perdía concentración en agarrarse á muralla. As tiradas que fixestedes están ben feitas (Zeltia, non desglose pra próxima), a partir de agora, sabede que se superades unha dificultade de 10 na tirada acertadeslle o becho (ou polo menos os que están vindo por agora). O dano fágovolo eu pra segunda ronda, pra ensinarvos como é, e na terceira xa o tiraredes vos.

Cargando editor
30/03/2011, 22:29
Aldán Mactramar

É a hora dos sopapos... A por eles.- Digo mentres comezo a conxurar lentamente.

Un hocico surxe da miña boca, e as miñas máns mudan en garras, namentres o meu corpo colle pel e máis pel.

A miña espalda cúrvase ate que póñome a 4 patas, converténdome nun oso.

boto un fero ruxido e miro con odio aos bechos, antes de arremeter contra eles.

 

- Tiradas (2)

Tirada: 2d6(+6)
Motivo: mudar en oso
Resultado: 8(+6)=14

Tirada: 2d6(+6)
Motivo: folgos
Resultado: 5(+6)=11

Notas de juego

Deixarei que vaian eles primeiro se pode ser. Instinto de supervivencia de pj XD

coma non creo que me ataquen neste turno uso 2 de arcano para mudar e 2 para folgos.

hay un erro na tirada, o modificador é oito, ousexa que saco un 16

 

Cargando editor
30/03/2011, 23:19
Gael "Penedo" MeicBrido

Os bechos chegan, de súpeto Aldanciño desaparece e hai un oso o meu carón. Carallo co rapaz, penso. Pero gústame o seu estilo. Dando un ouveo encaro os bechos que andan a subir pola muralla e doulle un zarpazo o primeiros que vexo.

- Tiradas (2)

Tirada: 3d6(+5)
Motivo: ataque
Resultado: 12(+5)=17

Tirada: 1d6(+3)
Motivo: defensa
Resultado: 6(+3)=9

Notas de juego

4 dados 3 de pelexa e un de defensa

Cargando editor
31/03/2011, 13:22
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

 

Os sidhe chegaron ó adarve. –Demasiado cedo. – pensou Xan – hainos que conter aquí ou arrasarán Lugh a vontade.- Mirou como o rapaz mudaba en oso, as súas habilidades non deixaban de abraialo.

Un grupo de bechos sobrepasara ós defensores a avanzaba cara as súas costas. O cazador volveuse sacando o escudo mentres xiraba, votou un xeonllo a terra e puxo o escudo diante adoptando unha posición defensiva. A lanza describiu un arco descendente  e foise apoiar na parte superior do escudo. Con isto Xan pretendía aguantar a carga para logo contraatacar cunha estocada precisa.

 

- Tiradas (2)

Tirada: 3d6(-1)
Motivo: Defensa
Resultado: 10(-1)=9

Tirada: 1d6(+4)
Motivo: Ataque
Resultado: 3(+4)=7

Notas de juego

Catro dados. Tres para defensa un para ataque.

Descoñezo o dano da Lanza e se ten algún modificador ó ataque