Partida Rol por web

A espada de MacMorna

Capítulo IV: O viaxe

Cargando editor
14/06/2011, 15:08
Contacontos

 Tras compartir unhas verbas e máis viandas, durmides o que queda de noite, para procurar estar descansados o día seguinte. Unha viaxe longa e misteriosa vos espera.

 

Uns conseguides coller o sono antes ca outros, pois preocupacións, agoiros ou vellos recordos rondan a vosa mente. Estades nerviosos, os que mais e os que menos tedes medo, pero estades decididos a facer o que poidades pra acabar co sidhe. Ter medo é normal, e continuar a facer o viaxe neste estado, e o que se coñece como valentía. Poida que algún día un bardo conte como dormistedes nesta cabana antes de acabar co Sidhe...ou poida que non quede ninguén pra contala. 

 

Cada un á sua maneira, vai espertando ante as palabras do druida Lusón, que vos insta a que vos dedes prisa.

 

Logo de tomar uns zancos de polo fríos e beber algo de viño rápidamente, poñedesvos en marcha. Chegades o embarcadoiro da destruida aldea es subides aunha barca...de... de pedra. Para a vosa sorpresa, tense na auga. Os guerreiros que vos acompañaron na cea de onte, quédanse en terra, e con vós só sube o druida.

 

Ante unhas palabras do druida, a barca ponse en marcha, a unha velocidade que non é normal. De feito, algún case cae a auga.

 

Pasado un día e medio de viaxe, ao lonxe divisades terra.

Cargando editor
14/06/2011, 15:14
Druida

O druida fálavos cun semblante serio, case asemella de preocupación.

 

-Estamos chegando... Lusitania, fai unha decada que non veño por estes lares. Sei que non fai falla dicilo, pero hay que andar con moito ollo dende que poñamos o pé en terra. E territorio dos sidhe.

Cargando editor
15/06/2011, 11:57
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

Aquela mañá ergueuse coa sensación de aquel no ía selo mellor día da súa vida. Puxo un pe na barca de pedra coa certeza de que aquela cousa era una rocha na marxe do río mais cando o druida animou a aquela cousa a experiencia foi moi diferente como se a pedra fose mais lixeira que unha folla flotando coa corrente. Intres ollaba moi serio a maleza que crecía na marxe lusa do río. Non tiña vos recordos de aquel lugar e no mais fondo pregaba a Belenos por non ter que internarse moito para atopala espada de MacMorna.

Cargando editor
15/06/2011, 12:27
Gael "Penedo" MeicBrido

A noite de Gael estivo pragada de pesadelos. Formas confusas misturábanse na súa mente facendo que o chegada do amencer fose unha salvación para a súa mente aflixida. O encontro cos sidhe alterouno máis do que admitiría xamais. Ergueuse con sono e fame e despóis dun rápido almorzo foi cos demáis cara a barca de pedra sumido no silencio, coa cabeza tapada e a mirada baixa. Dado que xa estaba afeito a presenciar cousas que semellan imposibles cos seus mestres, incluso algún vello que semellaba non poder nin co seu báculo foi quen de mover unha pedra que nin 10 homes darían movido, sentouse na barca de pedra agardado a chegada a terras hostís.

Sen embargo a velocidade impresionouno tanto que se agarrou por instinto ao borde da barca o que provocou sorrisos entre os seus compañeiros. De súpeto a sua mirada divisou Lusitania e as palabras do seu guía penetráronlle na mente:

Cita:

-Estamos chegando... Lusitania, fai unha década que non veño por estes lares. Sei que non fai falla dicilo, pero hay que andar con moito ollo dende que poñamos o pé en terra. E territorio dos sidhe.

É certo non fai falla dicilo, pero nunca ben mal recordalo pensou mentras botaba a man o seu látego de forma instintiva.

Cargando editor
15/06/2011, 14:02
Aldán Mactramar

Esa noite puiden durmir cun sono claro, sen recordares nada. Un bo sinal.

Sorpréndome moito ante a curiosa embarcación e non podo senón evitar preguntar:

¿Cómo pode moverse esta barca? ¿E cómo é que non afunde? Ten unhas propiedades moi interesantes; podería usarse para facer pontes, ou quizais auténticos castros no auga que se moven...

Miro cara o ceo e o horizonte, e tras obter a respota engado:

¿Que deberemos facer unha vez cheguemos a Lusitania? Ben se sabe que é territorio dos sidhe, pero ao mellor aínda quedan eses lusóns de grandes castelos e agarimosas cancións nesas terras para axudarnos... Se non sempre poderemos facer cumprir a vontade de Mirrado a golpe de ferro.

Cargando editor
15/06/2011, 15:00
Balgadrox "O Mouro"

-Non son coñecedor destas terras-di Balgadrox que parece alporizado polo extrano viaxe nunha barca de pedra cara a lugares descoñecidos-mais ese é un consello que tomo moi en serio en calquera lugar ao que viaxe.

 

Cargando editor
15/06/2011, 15:07
Druida

 O druida vota un sorriso a Aldán.

-Non é a pedra, e a vontade dos que van dentro o que a move. Se saimos desta, explicareivos como facelo sen problema.

A medida que vos acercades, vedes que o que de lonxe parecían penedos somerxidos, son en realidade restos de barcos. De pronto, sentides uns fortes golpes, a barca elévase un pouco. Dous ou tres golpes, e logo...calma.

A uns 200 metros de chegar á costa, cando xa estades empezando a respirar tranquilos por abandoar o mar e pisar terra, inda que sexa hostil, un novo són forte fai que miredes cara ambos marxes da barca de pedra, dende a auga empézanvos a tirar lanzas . Uns tritóns de cor escura saen da auga. Son poucos, pero móvense moi rápido.

 

-Cubrídemos!!!- grita o druida- se chegamos a terra libramos!.

 

Notas de juego

 Se tedes armas de ataque a distancia podedes atacar, se non...cubridevos. En 3 asaltos chegaredes a terra.

Cargando editor
15/06/2011, 15:39
Gael "Penedo" MeicBrido

Aínda tiña nos ollos a vista da terra ao lonxe cando o mundo Gael mudou de súpeto. A barca movíase e atravesaron un lugar de morte e barcos medio sumerxidos. Gael murmurou unha pregaria ao Drú, aquel lugar produciulle arrepíos. Cando semellaba que estaban a punto de chegar uns tritóns comezaron a atacalos con lanzas
Gael pensou en utilizar o látego contra os tritóns pero dada velocidade e distancia a que atacaban era pouco probable darlles e tiña que expoñerse demasiado, ademais non quería perder o látego na auga e decidiu poñerse a cuberto.

Cargando editor
15/06/2011, 17:47
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

-Xa empezamos.- rosmou Xan -Inda non pisamos ese maldito lugar e xa están tentando matarnos.- con un xesto soltou o escudo e maila lanza das costas, botou un xeonllo a terra e quedou agazapado tralo escudo coa punta da lanza saindo por riba. Deixou un pequeno oco para calqueira compañeiro que non atopara un currucho seguro no que meterse.

Cargando editor
16/06/2011, 11:32
Balgadrox "O Mouro"

Balgadros axeonllouse sobre a barca de pedra mentres que ofrecía o escudo o inmigo, tratando de buscar cobertura debaixo del.

-Se che digo a verdade, a acollida é mellor do que agardaba.-di son sorna-.

Cargando editor
07/09/2011, 19:25
Contacontos

Salvando algún que outro golpe, chegades á costa e podedes desembarcar, co medo no corpo, pero sans e salvos. Por se as moscas decidides internarvos uns cantos metros ás carreiras, pero parece os tritóns se frearon a en seco. Cando xa empezades a respirar tranquilos, dádesvos a volta para seguires co voso camiño e vedes unha pequena marabunta de homes,  uns 15 ou vinte que se dirixen correndo cara vos. Todos eles claramente armados para a guerra.

Agora mesmo están a pouco mais de 100 metros.

 

Cargando editor
07/09/2011, 22:23
Balgadrox "O Mouro"

Balgadrox botou a man o escudo que levaba a espalda e agarrando a lanza en posición defensiva, dispúxose a recibir a carga do inmigo.

-¿E a estes tolos qué lles deu?-.

Cargando editor
08/09/2011, 00:40
Gael "Penedo" MeicBrido

Gael mira para os homes que veñen cara eles con cara de asombro, este non é territorio dos Sidhe?, que cona fan estes aquí? Dado que os homes veñen cara eles saca o látego e preguntalle ao druida

- Pensaba que non vivían homes aqui, que isto era territorio Sidhe, que fai aquí esta xente?

Cargando editor
08/09/2011, 00:50
Zeltia MacLain

-Eu diría que éste non é momento para facermos preguntas, xa teremos tempo despois. ¡Veñen, e veñen con ansia!

Desenvaino a miña espada e me preparo para atender tan sorprendente recebemento. Pero por si acaso, tento unha baza de último momento..

-¡¡¡LUSITAAAANOOOSSS!!! -bérrolles, por si acaso- ¡VIMOS EN PAZ, NON QUEREMOS LEAS CON VOS!

O mesmo funciona. Pero por si acaso, mellor preparármonos para a batalla.

Cargando editor
09/09/2011, 12:40
Aldán Mactramar

Presintindo o peligro o xoven feiticeiro comeza a convocar un animal que os poida axudar nesta ocasión, un forte xabaril, coa esperanza de que lles poida axudar no caso de que haxa combate.

- Tiradas (2)

Motivo: elaboración

Tirada: 2d6

Resultado: 7

Motivo: folgos

Tirada: 2d6

Resultado: 8

Cargando editor
09/09/2011, 18:06
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

-¿Que están a facer eses?¿Non estarán a fuxir de algo?- pregunteime ó ver chegar a aqueles homes. Sabía ven que os Guéghal no eran o maior perigo do lugar, pero mais de 20 homes xuntos en terras do sidhe so poden andar buscando liorta. Por se acaso asín a lanza e mailo escudo, non fora que tras aqueles tipos chegase unha oleada maior de bechos.

Cargando editor
09/09/2011, 20:05
Contacontos

Algúns de vos poñédesvos a defensiva, uns por precaución, outros convencidos de que van loitar, e outros como Zeltia, intentan resolver a situación sen loita.

Preto de 20 homes corren cara vos, case todos armados con lanza e escudo, frente a eles, 5 aventureiros e un xabaril...e un pouco mais cara atrás, varios tritóns.

O que parece ser o xefe da comitiva de benvida, bérravos:

- Apartade do medio, a lea non é con vos.

Non frean a carreira e pasan como poden etre vos, pra deterse na praia e lanzar as súas lanzas. Cando pasan a voso carón dádesvos cona que as lanzas non son que paos afiados coa punta quencida ó lume pra endurecela.

As lanzas voan, e os tritóns somerxense, mais parece que conseguiron alcanzar cando menos a un, pois a auga tínguese nunha zona de cor vermello.

Cargando editor
09/09/2011, 20:14
Namta

Tras a tensa escea, o líder daqueles homes achégasevos.

-Perdoade a benvida, estas terras son escuras e difíciles. Son Namta, e estes homes os meus compañeiros guerreiros. Seguideme.

Logo distas curtas palabras, ponse a andar áxilmente, seguido dos guerreiros.

Cargando editor
10/09/2011, 11:46
Gael "Penedo" MeicBrido

Gael queda parvo cando os guerreiros pasan entre eles. Cando os convidan a ir con eles Gael volve gardar o látego e encollendose de hombros dille aos compañeiros:

- Supoño que é un camiño coma outro calquera, e esta xente coñece o lugar, imos??

Mirando arredor e vendo a devastación do lugar alegráse de ter deixado a Ferrote,o seu falcón en Lugh.

Cargando editor
11/09/2011, 19:42
Zeltia MacLain

Quedei tan pampa coma todos..

-Iremos, ¿qué outra cousa podemos facer? ¡Polo menos para saber o que acontece! ¿non?

E mirei aos demáis a ver qué opinaban eles.