Pois terei pesadelos relacionados, coma loitas internas miñas entre os deuses e os Sidh. Pode dárlle bo xogo!
Máster, xa rematei a ficha, bótalle unha ollada.
Puxen só un dado en combate, porque a miña idea é safar e tornarme oso.
Tes un erro nas habelencias. Os que contan como "puntos gratuitos de habelencia" permitenche gastar 1 punto e subir 1 punto de habelencia. Pero os puntos de balde, ou de experiencia como ti puxeche, terías que gastar 2 para subir un punto en habelencia. Polo cal, pasacheste en un punto nas habelencias. Polo demáis está todo perfecto.
fíxate que puxen mente 5, a min os datos cádrame.
Eu penso coma Aldán, dixechesme que tiña 2 habelencias de mais e a min cadrabanme as contas, pero quiteinas de todos os xeitos, podes explicar como as calculas ti?? Un dos dous as calcula mal XD
Tiñades razón vos os dous, algo se me escapou ao sumar eu. Creo que foi os puntos que veñen dados pola caste. Lamento as molestias. Xa dixen que esta ia ser unha partida de erros seguramente xD.
Un saudo!
hum!! esiximos paus de billarda +3 en compensación!
Debésnos unhas pintas de cervexa. E un bo xabarín asado.
(Sonche medio Obelix que lle imos facer XD)
As tiradas da ficha durante o xogo fanse en tiradas ou na escea??
Outra pregunta, as herbas que preciso para as pócemas de curación recolloas na fraga non? Ou teño que mercalas?
As tiradas que mande durante o xogo, faise no mesmo post que narredes. O de tiradas da ficha só era pra facer as tiradas de creación de persoaxe.
A que te refires co de que cousas preparamos para a batalla?estratexias de combate?
Eu non mudei a forma, de loitar fareino coma persoa,en principio. Podo mudar despois,non si?
Se tes a habelencia, si, podes mudar despois, pero será mais difícil. Preparativos refírome a cousas como onde vos situades, que armas portades, se collestes algunha bebida ou roupa, o que sexa. Por exemplo se houbese algún tirador podería preparar un facho e aceite pra prenderlles lume as frechas...ese tipo de cousas.
Ah,ok,pois xa maña miro o necesario para completar ises datos :)
Qué cores dos demos? Perdinme algunha explicación? :(
Pura descripción, hay uns demos duns cores e outros doutra. Mañá posteo o resultado do primeiro "encontronazo".
se non ando errado 2d6 + atención
Pregunta como fago para convertirme en lobishome
Sempre que pida unha tirada de habelencia tiranse 2d6 e sumaselle a puntuación da habelencia.
E pra convertirte en lobishome, sempre e cando non estéas nunha situación de apuro (véxase un combate, unha persecución, facendo equilibrios nunha corda a 20 metros de altura...) doucho como gratuito, te convertes e punto.
E senón 2d6 + habelencia? ou teño que facer algunha outra tirada?