Partida Rol por web

A espada de MacMorna

A Baiuca

Cargando editor
23/02/2011, 15:45
Aldán Mactramar

Gracias :) é para non me quedar atrás co da historia, a ficha e tal... Creo que máis ben o meu será un mago, máis que druida.

 

Hum... anque pensándoo mellor, creo que tirarei máis por un explorador, máis ben... non sei, non sei...

Cargando editor
24/02/2011, 16:14
Contacontos

 Bueno rapaces, xa vos subín toda a información que necesitades para rematar a ficha e a info básica para comenzar a aventura. ide terminando as fichas entre hoxe e mañá, e eu vounas corrixindo a medida que as subades. O fin de semana currádevos a historia do voso persoaxe. Non fai falta que sexan 4 folios explicando a vida do persoaxe, pero si unha historia que me permita a min saber o caracter do voso persoaxe e un resumo breve de como chegou a ser quen é. O domingo á noite leo as vosas historias e poñovos un par de detalles mais na ficha en función da historia, e así...todos listos para comenzar o luns.

Cargando editor
25/02/2011, 13:03
Contacontos

 Rematade hoxe as fichas por favor, que así o fin de semana podo facer as correcións con calma e vos tedes todo feito pra ter o fin de semana pra escribir a historia da persoaxe. Se todo vai como citei na frase anterior, Luns comezamos a aventura.

Cargando editor
25/02/2011, 14:12
Zeltia MacLain

A min fátame algo aparte da historia?paréceme que non,pero cando podas bótalle unha ollada por si acaso

Cargando editor
25/02/2011, 14:15
Contacontos

 Zeltia, a maiores da historia, fátache elixir as armas (revisa o apartado notas na tua ficha, debaixo das imaxes, pra saber que tipo as de escoller) e facer unha tirada de 2d6 multiplicado por mente, pra saber con cantos fachos comezas na tua saca.

 

un saudo!

Cargando editor
25/02/2011, 15:20
Zeltia MacLain

fixen a tirada,pero puxen a mente como modificador...ou habia que facer a multiplicacion despois de ter a tirada?
as armas irán nun ratiño,e a historia no finde :)

Cargando editor
25/02/2011, 15:28
Contacontos

 Era o resultado da tirada (3+5=8), pola tua puntuación de mente (8x4=32) así que comezas con 32 fachos. Anótao na ficha.

Cargando editor
25/02/2011, 15:32
Zeltia MacLain

buuufff,ok...nótase que é venres,que estou algo espesa!! XD graciñas outra vez ;)

Cargando editor
25/02/2011, 16:25
Contacontos

 Agora que me acordo, sería bo que os que usades maxia a través dos deuses (veneración) determinasedes a que deus recurrides. Os que sexades guerreiros, normalmente soen adorara a morrigan, deusa da guerra, non obstante, podedes elixir o deus que queirades, ou non elixir ningún. Decir tamén que escoller un deus, non significa que non creades nos demáis, simplemente que tedes un preferido, que de paso, vos coida especialmente. Non é obrigatorio, como digo, pero sería bo a nivel interpretativo.

 

PD: Rematar a ficha inclue poñer foto!!!!

Cargando editor
26/02/2011, 15:35
Aldán Mactramar

Como lle mola a imaxe de xan!! é xenial! ¿de onde sae?

Cargando editor
26/02/2011, 15:58
Contacontos

É o actor Liam Nesson, o que non sei é de que pelicula a sacou. No obstante Liam Nesson ten unha película basada no mundo dos highlanders escoceses da cal se poden sacar imaxes preciosas para a partida (de feito vou buscala na miña mini videoteca). O problema e que no recordo o título da película...

Cargando editor
26/02/2011, 16:02
Aldán Mactramar

Pero se é Qui won yin!!! o mellor mestre jedi da historia!

Cargando editor
26/02/2011, 16:08
Contacontos

 NUnca fun fanático de star wars xD. A película que eu vos dicía era "Rob Roy"

Cargando editor
26/02/2011, 16:26
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

Efectivamente a película de escoceses da que falas é Rob Roy. Mais Rob Roy é do século XVII quizais un pouco avanzado para esta ambientación. A imaxe de Xan e da película Krull.

Se buscas imaxes podes recorrer a “Centurión”, a película do avatar de Zeltia. Os malos son Pictos unha etnia do que agora e escocia ou a do “Rey Arturo” de Clive Owen que coido que tamén saen os pictos. Os saxóns tamén teñen un aspecto bastante “celta” aínda que algo mais civilizado que os pictos (dis que pelexaban en pelotas coma os espartanos de Frank Miller)

Cargando editor
26/02/2011, 16:39
Contacontos

 Pese a ser avanzada, creo que as imaxes do pobo de rob roy cuadran moi ben coas choupanas de Gáidil, e mais as vestimentas do propio Rob Roy. Se por películas nas que saian celtas hay a patadas!!! xD

Cargando editor
26/02/2011, 21:38
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

XDDD seguro que se vas hoxe en día as highlands inda atopas algunha palloza.

Cargando editor
26/02/2011, 22:43
Aldán Mactramar

máster, bótalle unha ollada á miña historia :D

Cargando editor
26/02/2011, 23:01
Contacontos

 A verdade e que me gustou moito, noraboa pola imaxinación.

Cargando editor
26/02/2011, 23:02
Contacontos

 Este mensaxe é so pra ti. Como fruto da tua historia, tes un +1 en mundo do sidhe. E a maiores, cando durmas e haxa seres do Sidh preto, teras pesadelos. E, ás veces, sen máis, esvarecease e veras imaxes. Unha especie de trance.

Cargando editor
27/02/2011, 22:05
Zeltia MacLain

teño a historia,a ver qué tal