Partida Rol por web

A espada de MacMorna

Capítulo I : Un serán de verán

Cargando editor
08/03/2011, 20:33
Balgadrox "O Mouro"
Sólo para el director

-¡Pola festa, sen dúbida!-contesta mentres lle tende a man cun sonriso-O meu nome é Balgadrox.

Cargando editor
09/03/2011, 00:35
Gael "Penedo" MeicBrido

- Imos aló Aldán, todos nos queremos saber que está pasando, imos ver se Bren nos día algo con xeito, pero esta friaxe non che me gusta nada.

Ollo cara o que di chamarse Xan e vendo que xa non precisaba máis alcohol dígolle:

- Oes podes compartir algo diso? Teño os osos coma o xeo e algo de calor sempre ven ben.

Cargando editor
09/03/2011, 00:24
Rei Mirrado

 De camiño á choupana central xuntádesvos un curioso grupo de descoñecidos. A medida que avanzades, vedes no chan esquíos e pequenos paxaros mortos polo frío. E a verdade e que vai unha friaxe de moito carallo. Xa pouco quentan as lumieiras que hay prendidas por todo o castro. O vento sopra forte en dirección norte.

Mentras vos ides cara a choupana, vedes algúns grupos de xente que marchan de Lugh nos seus carros, pero aínda así, moita xente queda.

Apurando os pasos cada vez mais, entrades na choupana central. Non vos fixarades nela antes por mor do bule bule da festa, pero ahora que o pobo esta menos festeiro, a verdade e que é unha choupana de dimensións xigantescas. Poderíase decir que un castro pequeno collería dentro dela.

Nada mais abrires a porta, vedes que un montón de xente está esperando as palabras do rei. Hay homes de todolos castes habidos e por haber, tamén algúns son medio homes medio besta, coma os tourishomes, e outros que valen por dous homes coma os piornais. Un ruxe ruxe de fondo invada a estancia, pois todo o mundo comenta co veciño polo baixo a súa tese sobre o que pasa. 

Nunha tarima central, está o rei, xunto cuns cantos guerreiros formidables os que os lugareños chaman fianna. Logo está un druida, o que algúns coñecedes como Bren, que non se separa do rei en ningún intre, e pra completar este estrano grupo, un par de homes que teñen un gran torques de ouro no pescozo, tan grande como o do mismo rei Mirrado. Dos que levan o torques, un viste finas telas e un traxe luxoso, mentres que o outro leva roupa sinxela e estragada, coma se viiñese de moi lonxe. Logo de debatires entre eles un bo anaco, bren, o druida, fai un xesto e sae correndo en dirección sur (de onde provén o vento), e o rei adiántase coa intención de falar cara o público alí congregado. Faise o silencio:

 

-Compañeiros, os druidas dín que o vento ten unha voz descoñecida, unha voz malvada que ate de agora non oían.- a xente empeza a murmurar ao oir esta noticia, e o rei tuse en alto para frear o ruxe ruxe e seguir  a falar- Eu non podo dicirvos nada claro, pero ben é certo que isto cheira moi mal, e por iso enviei a Bren, o druida, a investigar os camiños do sur, non ha tardar en volver.

 

O rei da a volta dando o descurso por rematado. Séntase no seu trono de carballo e espera, por se a xente lle quere facer preguntas, mais parece que naide se atreve por temor a que a resposta non lles guste. Non pola forma, senon polo contido. O rei Mirrado vai pasando a mirada por toda a choupana, ata que detén os ollos en vos...

Cargando editor
09/03/2011, 09:54
Aldán Mactramar

Cun estraño rumor na cabeza, e agoirando que isto non vai acabar ben alzo o meu bastón e digo, cunha voz tatexante que difícilmente pode ser escoitada na choupana...

Enm... Meu rei... digo... ehm.. Señor... Mirrado. Non dubido de que... o... ehm... druida Bren sexa unha persoa hábil e capaz... ehnm... Pero, o que eu lle queiro dicir... Señor... é que gustaríame acompañalo,  meu pai... foi un tramanco e sei seguir rastros, e non... non quero esperar nesta choupana a que ocorran as cousas... xa sabe... Non quero ser un corvo de mal agoiro, maxestade, pero... esa néboa só pode ser cousa de sidhe, case de seguro, e xa se sabe... cos sidhe máis vale 4 ollos que 2...

Cargando editor
09/03/2011, 11:22
Gael "Penedo" MeicBrido

Despois das palabras de Aldán quedo mudo de asombro e vergoña, Bren é amigo meu tamén e quero acompañalo. A miña voz non é tan potente coma a que debería ter un druida mais tampouco é unha voz que trema coma unha vara verde no vento.

- Meu señor Mirrado eu tamén quero acompañar o mestre Bren, son un simple Amdaur mais Bren é mestre e gustaríame acompañalo para aprender e para axudalo no que el me pida. Coma o druida que agardo ser algún día estou a disposición do que ordee señor.

Cargando editor
09/03/2011, 12:43
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

Tendeulle a botella ó home barbudo con un aceno de afirmación. Logo cruzou os brazos e apoiando as costas na parede escoitou as palabras do rei, e logo as de Aldán e mais Gael.

- Vaia. Sonche uns gichos moi votados para adiante estes dous. Sospeitan do Sidhe e inda así queren ir a investigar. Pregúntome se estiveron algunha vez cara a cara con un becho. –

Mirou para o rei Mirrado coa curiosidade de saber que lles ia respostar.

Cargando editor
09/03/2011, 13:43
Zeltia MacLain

Escoitei tamén as propostas dos compañeiros con interese.Prestábame unha aventura coma esa,non son moi de quedar agardando resultados alleos..Se se organizaba unha partida para ir co druída,eu tamén participaría,se teño oprtunidade.¡Non me arredra nada que as miñas armas poidan combater!

Cargando editor
09/03/2011, 15:19
Rei Mirrado

 O rei olléavos, e bota un sorriso.

 

- Vai ser difícil que o sigades a menos que estedes a altura das suas habelencias. Non é que desprece a axuda, non me malinterpretedes. toda axuda será benvida, pero coido que Bren estará de volta antes do que vos levaría a vos chegar ate a carballeira de afora do castro.

 

O rei Bren fai unha pausa e érguese do seu trono.

 

-Mais parecedes homes valentes e bravos, a vosa axuda non nos virá mal tralo informe de Bren. Veredes, ben é certo que non sei nada, pero isto chéirame mal, recórdame a cousas que me contaba meu avó, unha lenda. Cousas que falaban dun inimigo antigo que vivía no outro mundo, eque atacaba os guéghel baixo o amparo da noite, un inimigo que tamén falaba a través do vento... cunha voz cruel. Pero falo só de oidas, o mellor e esperar a Bren.

 

 

Cargando editor
09/03/2011, 15:25
Bren

Pouco a pouco a xente vaise animando a facer preguntas "¿qué inimigo é ese da lenda?", "¿creedes que será cousa de inimigos guéghel ou dos Sidhe?"..., e niste ambiente pasan uns 15 minutos antes de que Bren entre pola porta, seguido dun home encarrapuchado vestido de blanco, pero mais alto ca bren e con formas uniformes por baixo da carrapucha. Algúns murmuran a palabra "oisín".

 

-Rei Mirrado, atopeino - dice facendo un sinal cara o descoñecido.

Cargando editor
09/03/2011, 15:36
Aldán Mactramar

Oisin... un home das fragas... Disque pódense converter en animais, con facilidade... Pero é raro que haxa saido dela para achegarse a Lugh. 

Mantéñome lonxe, agardando as palabras do rei. Non me da moi boa espiña a situación...

Cargando editor
09/03/2011, 15:38
Druida

 O home que entrou con Bren, desencarrapuchase, e todos vedes unha cabeza de cervo. Evidentemente o que tedes diante é un Oisín, un druida das fragas, un home-cervo. Ao quitar a carrapucha, pronuncia unhas palabras que non entendedes, pero soan solemnes. Bren e os demáis druidas, xunto co rei Mirrado, asinten as palabras.

 

-Atlagh! Uital´mnbonga tuil´brailha lagh ang baddagh!!!

Cargando editor
09/03/2011, 15:43
Druida

 Vos entendedes perfectamente o que di o estrano. É o idioma druidico, reservado a druidas e algúns homes de posición alta, como reis ou grandes sabios. DI:

 

-Demos!! Centos deles, na chaira de Tuil, e veñen cara Lugh!!!!

Cargando editor
09/03/2011, 15:58
Aldán Mactramar

Alzando a miña temerosa voz contéstolle no idioma druídico, tentando alzar a voz:

 

AJhk... Ajhk... Chske tui'nalgruk brumsk?

Cargando editor
09/03/2011, 16:00
Aldán Mactramar

Alzando a miña temerosa voz contéstolle no idioma druídico, tentando alzar a voz:

¿quen... quen... comanda a esas criaturas, druida?

Cargando editor
09/03/2011, 20:00
Balgadrox "O Mouro"

-¡Contade pois conmigo tamén, oh gran Rei Mirrado!-di Balgadrox deixándose levar pola bebida-.¡Ímoslle dar o seu merecido, así sexa o último que faga nesta vida!.

Cargando editor
09/03/2011, 20:33
Aldán Mactramar

Miro cuns ollos tristeiros ao home que está preto de min, e  dígolle nun tono nefasto...

É probable que o sexa, compañeiro. Con eses bechos hai que ir un paso por diante aínda na máis fonda escuridade. Aínda así, admiro o teu... ímpetu.

Cargando editor
10/03/2011, 00:33
Gael "Penedo" MeicBrido

Un home das fragas. A cousa é grave. Miro para os presentes pregúntándome se entre todos lle podemos facer fronte a escuridade que nos vai vir. A pregunta que vou votar esvaécese cando sae a mesma pola boca de Aldán.

Sabedor de que non todo o mundo entende as palabras do druida comento en voz alta:

- Se os demos se achegan polo sur debemos atopar a quen lles faga fronte. Precisamos de druidas e cazadores do sidhe, ésta é unha ofensiva grande. Se non veñen todos cara aquí poden facer moito dano nas terras dos arredores. Deberíamos dar aviso para que as xentes estean preparadas e fuxan ou se preparen para a loita. Meu rei hai algún xeito de convocar axuda de forma rápida?

Cargando editor
14/03/2011, 23:30
Rei Mirrado

 O rei levántase, facéndovos un xesto como de que ten en conta o que lle estades dicindo, para que vai falar antes de dar respostas:

 

-Homes e mulleres, de Lugh e de toda Gáidil. Pros que non entederades o druidico, ven cara aquí un exército de demos do sidhe - oense murmullos de desesperación - O meu amigo Oisín calcula que estarán eiquí antes do amencer. Os que queirades loitar o noso carón seredes ben recibidos, e os que non queirades ou poidades, marchade canto antes, pois non podemos garantizar a seguridade de todos. Dos que queden, moitos morrerán eiquí, pero eu non penso deixar o castro sen loitar!!!

 

-Se alguén quere dicir algo, que o diga agora, é o momento. E os que queirades marchar, facédeo agora.

 

Vedes como pouco a pouco, algúns van saindo da choupana da reunión. Mais ainda queda un bó número de xente.

 

-Contestando a unha pregunta de antes: non hay maneira de convocar moita axuda, mais ca os que estamos aquí e a xente dos castros vencellados á cidade de Lugh. Pois non temos nin medio día de tempo. Hay que prepararse axiña.

Cargando editor
15/03/2011, 00:21
Gael "Penedo" MeicBrido

Cando a xente sae o meu falcón Ferrete entra voando e póusase no meu ombreiro. O medo faime un nó na gorxa, pero dou falado
- Meu señor, eu quedo, estou disposto a dar a miña vida para derrotar a eses malnacidos, que o Drú me axude a facelo,

Cargando editor
15/03/2011, 00:47
Balgadrox "O Mouro"
Sólo para el director

-¡¡¡Eu tamén quedo!!!...¡¡¡Malpocados Shide!!!, ¡¡¡Que o demo os leve a todos consigo!!!.-berra Balgadrox, eufórico polos efectos do alcohol-. E quen lisque, é que non ten o que hay que ter.