Pouco a pouco, os fachos de lume vanse acercando, ate estar a uns 500 metros do muro. E alí se quedan parados, como tanteándovos. Son centos deles, milleiros incluso.
- Xuntade valor guerreiros, e aguantade, que non traspasen os muros de Lugh, queda pouco para o amencer. NON PODERÁN CON NÓS!
Ante estas palabras oese un entrechocar de escudos e espadas, a modo de aprobación, e de grito de guerra.
Bueno, posto que os demos vos están tanteando, tirade 1d6 para determinar as vosas iniciativas. Actuades antes cós demos, esta iniciativa e para resolver o orden de actuación entre vos.
En canto as estadísticas que me pedistes, aquí tedes:
Lobo: corpo 3, espirito e mente 2. Pelexa +4 Safar+3 e Pel (armadura) +3 . Atención +3, Rastrexo +4 Intimidar +4 Estratexia +2. Dados de Loita 4, de arcano: 1
Lobishome: O mesmo ca lobo, pero con pelexa +5 e ningún dado en arcano. Podes usar armas en esta forma.
Os que levedes espada: dano = 1d6 +2
Os que levedes escudo: defensa -1 protección +4 e resistencia 6.
Os que levedes armadura, especificaréivos as tiradas cando vos impacten.
Un discurso moi... creativo, non sí? -Digo, mirando aos meus compañeiros cun sorriso irónico.
Xan, esparexe algúns dos barrís por esta zona da muralla. deixa algún preparado para máis tarde-Digo, mentres froto as máns co frío, preparándome para facer que todo esto fique en lume.
Tirada: 2d6
Motivo: iniciativa
Resultado: 7
Conségueme as características do oso no que fico eu se podes máster :3 gracias
tiro 2d6 por Fol de veneno para iniciativa
XD creo que comezo eu
Oso: corpo 7 mente e espírito 2. Pelexa 3 safar 3 pel dura (armadura) 8. Atención 2 rastrexo 4 estratexia 3
Xan colleu un barril e foino baleirando segundo as instrucións de Aldán. Logo volveu ó seu lugar tralas liñas de tiradores, xunto a un rapaz que tremía ante a visión do mer de fachos que tiñan diante. Puxo o escudo as costas e deixou a lanza apoiarse nun ombreiro. Logo sacou un paquetiño do peto e desenvolveuno. Contiña unhas poucas xouvas secas.
- Ven ben o alimento da terra en momentos coma este. – ofreceulle comida ó rapaz, que non parecía disposto para tragar nada.
Miro cun sorriso irónico ao guerreiro e digo:
Ou plantáronse xoubas xunto os grelos ou iso ven do mar-meneo lixeiramente a cabeza e digo: Non quero estropearche a merenda, cómeas tí. Eu teño ganas de sidhe torrado, máis ben.
Unha vez deixo os pipotes para Aldán vou na procura dunha pedra grande para botarlla aos bechos, quizais non mate ningún pero fareille dano. Cando a teño volvo para a muralla colócome diante para estar preparado en canto estean a tiro e comprobo que as apócemas e o látego están listos.
Tirada: 1d6
Motivo: iniciativa
Resultado: 1
Tirada: 1d6
Motivo: iniciativa
Resultado: 4
Eu observo ós inimigos,fromándose diante da muralla..
-Non parecen tan desorganizados coma coubera esperarse, pero nós contamos coas máis variadas formas de defensa -digo ós meus compañeiros- .¡Que o Drú nos acompañe!
Mentras tanto, preparo a miña espada e poño a man as frechas do meu arco..
Tirada: 1d6
Motivo: iniciativa
Resultado: 2
Xa equipado con lanza, armadura de coiro e escudo, Balgadrox tenta de seguir as ordes dun improvisado sarxento para manter algo semellante a unha formación de combate. Mais as pernas lle tremen ao ver o inmigo aproximándose. Parece que os efectos do aguardente comezan a desaparecer. E escoita esa voceciña dentro de si dicíndolle que non debería de estar alí. Mais a sorte está botada, como dixo aquel e agora non hai volta atrás, así que agarrando a lanza coa man dereita e o escudo coa esquerda, agarda o ataque do invasor, tentando alomenos de conservar a dignidade, que xa é bastante.
Tirada: 1d6
Motivo: Iniciativa
Resultado: 4
Desculpa. Feita a tirada.
Balgadrox, fáltache a tirada de iniciativa. Agora vou comer e logo a choiar. A eso das 7 posteovos o seguinte "acontecemento".
Os soldados (se se lles pode chamar así) do Sidhe, abren un oco para dar paso a un terríbel demo montado nun león xigante. E unha especie de humán deformado, de unhas dúas varas e media de altura. A súa montura, o león xigante(unhas tres varas de altura se se pon a duas patas., e de cor negro, e donde se supón que tiña que ter as greñas, nácenlle chamas de lume.
A unha sinal do que parece ser o líder do grupo (o demo montado no león), os soldados avanzan cara a muralla de forma descoordinada. Hay uns que se parecen a homes, pero de cor mais escura e algo mais baixos, coma os ananos das montañas, outros son vermellos e algo maiores cos homes. Estes últimos están en menor número, e van detras dos de cor escura con látegos, como "animando" a que loiten.
Algúns caen antes de chegar os muros a causa das frechas, mais non parece que iso vaia deter o seu avance. pouco a pouco, van chegando ate estar os pés da muralla, pola que empezar a gabear...
Pois ben, turnos de loita. Por iniciativa vades no seguinte orde:
Aldán
Gael
Xan
Blagadrox
Zeltia
Tedes demos a patadas, simplemente específicademe a cor do demo o que lle petades e asumiremos que tedes un cerca. As normas do combate corpo a corpo e con maxia están an sección regras, no obstante, calquer duda, preguntade.
Desculpade os retrasos, un día demasiado lioso.
PD: o lobo loita canda o seu dono, pero as tiradas do lobo fágoas eu, ti soamente rolea as ordes que lle das.
Carafio! eses bechos son a mares!-Digo, mentres gardo o meu arco- Xan, prepara outro deses barriles despois desto!-Digo cando comezo a pronunciar unhas palabras máxicas. Nas miñas máns comeza a prender lume, e nos meus ollos a cegadora luz de mirar cara ó sol recén levantado.
Unha pequena bola de lume comeza a xurdir dunha das miñas máns. Agardando que teña a potencia suficiente a lanzo cara o alcol e a algún deses demos, para que os colla de paso no feitizo.
Tirada: 3d6(+8)
Motivo: 3d arcano + vontade
Resultado: 8(+8)=16
Tirada: 1d6(+6)
Motivo: 1d arcano + saude
Resultado: 4(+6)=10
designo 3 dados para lanzar o feitizo e 1 dado para aguantar :3
Os bechos xa están aquí, antes de que cheguen as murallas dou un ouveo, quizais non intimide pero dame ánimos. Cando vexo o que fai Aldán,- Ten coidado cando lle pidas lume- digo para min. Sen perder máis tempo collo a pedra e lánzoa contra os pequenos demos que veñen en cabeza antes de telos a tempo dunha loita corpo a corpo.
Tirada: 3d6(+5)
Motivo: tiro de pedra
Resultado: 12(+5)=17
Tirada: 1d6(+3)
Motivo: safar
Resultado: 2(+3)=5
En ataque son 3 dados de loita + pelexa (se non é pelexa corrixeme porque non sei que outra cousa tirar XD.
Un dado para safar en defensa
O dano que fai unha pedra non o tirei porque non sei que tirar fai ti a tirada ou dime e tiro eu como queiras
Balgadrox tenta manter a formación na liña de escudos xunto aos seus forzados compañeiros de unidade. As ordes: aguantar a posición para permitir que os arqueiros tomen avantaxe y poidan atacar aos Shide desde lonxe. Mais un grupo de demos de pel verde e aspecto temible achégase ata a súa posición. As lanzas en liña tentan deter o avance das criaturas, que se meten entre elas, tentando atravesar a liña defensiva.
O mozo, non é quen de evitar berrar de auténtico pánico cando unha das criaturas bótase sobre él.
Tirada: 3d6(+5)
Motivo: Ataque demo verde
Resultado: 12(+5)=17
3 dados de ataque, 1 de defensa.
Xan preparou outro barril tal e como lle pedira Aldán. Dende a súa posición na muralla agardaba a que os bechos trataran de superala.
E polo tanto no ataca de momento.
Preparo o meu arco, dende o alto da muralla teño unha boa perspectiva dos inimigos. A súa armadura ten puntos febles, e a eles vou adicar as miñas frechas, alomenos mentras non se acheguen demasiado.. Os meus compañeiros encárganse tamén de cadanseus preparativos.
Saco unha das frechas do carcaj, e a coloco na corda tensa do meu arco longo.
Estiro a corda, chiscando un ollo para facilitar a puntería, e disparo a un dos demos..
Tirada: 3d6(+2)
Motivo: éxito coa frecha?
Resultados: 5(+2)=7, 2(+2)=4, 5(+2)=7
3 dados de ataque,1 de defensa
(é así a tirada?)
Nun primeiro momento da a sensación de que os demos toman a iniciativa do combate, e empezan a gabear rápidamente. Pero vós tampouco sodes moco de pavo, e os guéghel non se deixan amedrentar tan fácilmente, e menos ainda cando están a defender o seu.
Xan tira un primeiro barril de licor (e prepara un segundo) que vai reventar nun dos primeiros demos que estaban a subir, facendo que caia o chan de novo, máis non pareceron prestarlle moita atención ao licor en sí....ate que Aldán murmurando unhas verbas rápidas e raras fai brotar lume das súas mans. Lume que se dirixe hacia un dos demos, deixandoo carbonizado no intre, e uns cantos mais, que foran empapados polo licor, estan ardendo en chamas, rodando polo chan pra librarse delas.
Mentres todo isto pasa, unha poderosa figura ouvea ao voso lado, e collendo una pedra, tiraá cara abaixo, hacia o primeiro demo que ve. A pedra dalle nun ollo, e o acto reflexo de levar a man ó foco de dor faille soltar as pedras as que estaba aferrado, axudándolle a chegar ó chan rápidamente.
Outra das figuras da vosa compañía, a única feminina, tensa o arco, e a frecha sae asubiando, e vaise cravar nun dos demos, a marea que está a subir pola muralla non permite ver exactamente onde se cravou a frecha, ou se o demo morreu, pero ben e certo que caeu o chan...e isa caida non é cousa boa.
Vades aguantando oleada tras oleada, pero son demasiados demos, e ao final acaban abrindo unha brecha na vosa muralla e suben o adarve. Pouco a pouco vanse facendo oco ate que están en corpo a corpo ceca vosa...
Pois ven, nesta primeira ronda, non tiramos dano por que se impactábades pois...como que o demo perdía concentración en agarrarse á muralla. As tiradas que fixestedes están ben feitas (Zeltia, non desglose pra próxima), a partir de agora, sabede que se superades unha dificultade de 10 na tirada acertadeslle o becho (ou polo menos os que están vindo por agora). O dano fágovolo eu pra segunda ronda, pra ensinarvos como é, e na terceira xa o tiraredes vos.
É a hora dos sopapos... A por eles.- Digo mentres comezo a conxurar lentamente.
Un hocico surxe da miña boca, e as miñas máns mudan en garras, namentres o meu corpo colle pel e máis pel.
A miña espalda cúrvase ate que póñome a 4 patas, converténdome nun oso.
boto un fero ruxido e miro con odio aos bechos, antes de arremeter contra eles.
Tirada: 2d6(+6)
Motivo: mudar en oso
Resultado: 8(+6)=14
Tirada: 2d6(+6)
Motivo: folgos
Resultado: 5(+6)=11
Deixarei que vaian eles primeiro se pode ser. Instinto de supervivencia de pj XD
coma non creo que me ataquen neste turno uso 2 de arcano para mudar e 2 para folgos.
hay un erro na tirada, o modificador é oito, ousexa que saco un 16
Os bechos chegan, de súpeto Aldanciño desaparece e hai un oso o meu carón. Carallo co rapaz, penso. Pero gústame o seu estilo. Dando un ouveo encaro os bechos que andan a subir pola muralla e doulle un zarpazo o primeiros que vexo.
Tirada: 3d6(+5)
Motivo: ataque
Resultado: 12(+5)=17
Tirada: 1d6(+3)
Motivo: defensa
Resultado: 6(+3)=9
4 dados 3 de pelexa e un de defensa
Os sidhe chegaron ó adarve. –Demasiado cedo. – pensou Xan – hainos que conter aquí ou arrasarán Lugh a vontade.- Mirou como o rapaz mudaba en oso, as súas habilidades non deixaban de abraialo.
Un grupo de bechos sobrepasara ós defensores a avanzaba cara as súas costas. O cazador volveuse sacando o escudo mentres xiraba, votou un xeonllo a terra e puxo o escudo diante adoptando unha posición defensiva. A lanza describiu un arco descendente e foise apoiar na parte superior do escudo. Con isto Xan pretendía aguantar a carga para logo contraatacar cunha estocada precisa.
Tirada: 3d6(-1)
Motivo: Defensa
Resultado: 10(-1)=9
Tirada: 1d6(+4)
Motivo: Ataque
Resultado: 3(+4)=7
Catro dados. Tres para defensa un para ataque.
Descoñezo o dano da Lanza e se ten algún modificador ó ataque