Partida Rol por web

Crónicas de A Montelada

A tasca do Pelexas

Cargando editor
08/12/2011, 12:42
milady

A mín paréceme ben, van ser datas algo difíciles estas, en en xaneiro, estando todos, é mellor :)

Cargando editor
08/12/2011, 14:21
moucho

Ola!

En primeiro lugar sinto non ter posteado nas últimas semanas, pero como xa ben vos dixo Faris, de imprevisto atopeime con certo "problemilla" de carácter personal-profesional que require de todo o meu tempo, e cando digo todo é TODO. A cousa chegou ata tal nivel de que non tiñe nin tempo para conectarme. En canto a cando remetarei con isto, non o teño moi claro. Se todo fose ben remataría antes de Nadal, senon a mediados de xaneiro, pero non depende en absoluto de min.

Desculpádeme, pero ó ser algo tan imprevisto e "radical" descolocoume por completo.

 

Cargando editor
08/12/2011, 14:28
milady

Non hai problema, Moucho. Ás veces as cousas supérannos. Espero que todo saia ben, e que ese problema deixe de selo ^_^

Cargando editor
09/12/2011, 09:05
javierrivera2

Eu estarei por aquí todo o mes, dáme igual parar un pouco, pero se hai mensaxes, contestarei (se os vexo, claro).

Cargando editor
31/12/2011, 12:09
milady

FELIZ FUTURO ANO 2012!!! :D

Cargando editor
31/12/2011, 21:19
Faris

¡Feliz 1930! Digooo...2012.

Recordade que volvemos despois de reis, agora que moucho xa se librou dos problemas que tiña, non pensedes que vos librades de min.

Cargando editor
02/01/2012, 22:44
moucho

Feliz Ano Novo!

Cargando editor
08/01/2012, 13:33
Faris

¿Non hai nin unha pedra por aí?.

¿Percepción (o que se usa para a iniciativa) e o mesmo que advertir/notar?

O problema non é que non haxa ningunha pedra, o problema é atopalas. Pedras seguro que hai, pero tí queres unha que non sexa nin moi pequena, para que lle poida facer algo, nin moi grande, para que a poidas lanzar. Se te pos a remexer un pouco na terra, seguro que atopas a patadas, pero tras anos sen ninguén por alí, coa chuvia, os animais e as plantas medrando enriba, a maior parte van estar metidas entre a terra e non van ser moi fáciles de ver polas fieitas e as herbas, e non creo que teñas ganas de poñerte agora a arrancar nas herbas e a excavar na terra. Vamos, iso foi o que pensei. Se fora un río ou a beira dun camiño, nin che facía tirar para atopar pedras. Se tal, tira Advertir/notar con dificultade 18, e se a sacas, atopala. Se non, seguro que atopas unha se te pos a buscar ata o segundo asalto (se a cousa chega ata ahí). E se non, correr ou esconderte, ou confiar nos teus compañeiros, ou deixar que se coman á pobre muller, que parece que prefiren comer só a unha que pelear con tres máis :)

Por certo, que non vos puxen os danos das armas, e iso que vos dixen que tirásedes o dano. Engadino xa.

A Percepción non é o mesmo que advertir/notar. Advertir/notar  é unha habilidade concreta (tí tes 5, que se lle suma á Percepción cando teñas que tirar para ter 15 + a tirada), Percepción é o Atributo básico (tí tes 10)

Cargando editor
19/01/2012, 00:25
Faris

Por se non quedaba claro: seguimos co mesmo orde de iniciativa, así que agora volve a tocarlle a milady. Marisa está ferida, pero tampouco demasiado. Un dos lobos levou un bo golpe e perdeu a quinta parte dos seus puntos de vida, e os outros tres están sen tocar. Decidide se queredes irvos ou quedar a loitar. Ou se cada un fai o que lle parece, que non tedes que facer todos o mesmo.

Cargando editor
05/02/2012, 16:00
Faris

A verdade é que calculei mal o duro que é o RyF, non pensei que vos fixeran tanto dano no tempo que vos levaría escorrentalos. De todas maneiras, tampouco pensedes que vos salvou o traseiro o Director porque sí, a idea nunca foi que lles baterades ata matalos, senon que marcharían cando xa tiveran dabondo de aguantarvos. Aínda que eu pensei que sería porque lle teríades batido unhas cantas veces, o de usar o lume non se me ocorrera. Pero gústame moito cando os xogadores buscan alternativas, en lugar de facelo todo a golpes ou da maneira obvia, e encántame que me sorprendan con cousas que non esperaba :)

Cargando editor
06/02/2012, 19:25
moucho

Non estou moi ducho en RyF, pero sí, teño lido que o sistema de combate pode ser facilmente letal, sobre todo se "explotan" os dados.

Cargando editor
21/03/2012, 19:39
javierrivera2

Aprovecho la ocasión para hacer algo de publicidad descarada de mi próxima partida.

Para ayudar a perdonarme el off-topic (aunque supongo que para esto esta el hilo, aunque la verdad pienso hacer un cutre corta y pega) y subiros el ego, que sepáis que no lo pongo en todas las partidas que juego, solo en las que me gusta como juega la gente ;). Si no podéis/queréis participar y necesitáis decirme porque, no lo hagáis aquí, que ya es bastante abuso del master (a alguno se lo voy a poner en varias partidas), hacerlo en el hilo del foro o en MP.

Notas de juego

Que se note que son vago dabondo para non traducilo ;).

Cargando editor
21/03/2012, 19:49
moucho

Graciñas, pero eu agora mesmo estou copado!

Cargando editor
29/03/2012, 19:33
Faris

Aviso de que estaré out hasta el martes. Os actualizo a la vuelta. Bueno, a vosotros no, a la partida, vosotros podeis ser de la versión que querais (¡chiste, chiste!)

Cargando editor
07/05/2012, 00:06
Faris

O dos mouros usando serpes xigantes como gardianas é común en varias lendas galegas. A veces a serpe é unha serpe xigante sen máis, ou polo menos non se da outra explicación para ela, outras é o tesouro do mouro/a encantado, outros é unha filla do mouro ou a muller a que desexan, que encantan para evitar pretendentes. A forma de desencantalas, cando se trata dun encanto, varía. Pode ser bicalas (mentras tenta matarte, iso é o que se chama estar disposto a todo por amor), ferilas, dicir un conxuro ou outro tipo de probas.

Co do can, que xa veredes do que se trata, tomeime máis liberdades, porque non hai nada exactamente así nas lendas, aínda que hai algunha cousas parecidas.

Xa postos:

Tamén en varias lendas hai lugares encantados nos que existen portas que só se abren a noite de San Xoan. O San Xoan é unha época especialmente máxica, e as fronteiras entre os mundos esvaécense.

En canto ós mortos, ánimas e demais, a diferencia de algúns outros folclores, en Galicia os mortos (en xeral, despois cada quen é cada quen, como cando estaban vivos) non son nin bos nin malos, se non máis ben neutrais. A Santa Compaña, por exemplo, non se dedica a perseguir á xente, aínda que sí pode castigar a todos aqueles que a traten sen o debido respeto. Os mortos nunca se van de todo, e poden permanecer na terra para cumplir con cousas que teñan pendentes (como peregrinar a San Andrés de Teixido, ou cumplir calquera outra promesa que fixeran de vivos), porque hai algunha cousa que lles impida abandonar o lugar no que morreron (como os suicidas, se non se "limpa" o sitio) ou para coidar da familia (moitas supersticións das que se di que dan mala sorte, en realidade son cousas que se supoñía que alonxaba os espíritos dos teus mortes, indicándolles que non eran benvidos cando polo noite viña a coidar de ti, por iso pola noite non se deben bater as portas ou barrer cara afora)

Cargando editor
05/06/2012, 00:20
Faris

A ver, levo algún tempo pensando sobre isto. Un de vos xa me dixo que a partida non lle resulta moi interesante, e a verdade é que non me saíu moi ben, e non sei como darlle máis interese. Como tampouco é cousa de estar aquí a disgusto, hai varias opcións.

-Finalizala xa: Diriavos cales eran as miñas ideas para a partida, así que polo menos non a deixariades sen saber que é o que está a pasar, as opcións que tiñades e o que podería ter pasado.

-Subir o ritmo para acabala canto antes. O mello agora non vos ven moi ben, pero quizais a partir do mes que ven ou así. Agora que non teño que pasar varias tardes á semana na clase ou cos traballos teño máis tempo, así que creo que podería actualizar 2 ou 3 veces á semana.

-¿? Engadiría acabar por chat, pero sei que me ía a ser moi complicado, así que sería a miña ultimísima opción.

Cargando editor
05/06/2012, 00:46
moucho

Eu voto por acabala.

Cargando editor
05/06/2012, 09:23
javierrivera2

Eu non teño problema en continuar, a verdade, será que son fácil de contentar, pero parece interesante. Se queremos acabala tampouco parece tan difícil darlle un final mais ou menos digno en vez de simplemente cortala de golpe.

Cargando editor
05/06/2012, 12:14
milady

Estou con Javierrivera, diría que podíamos darlle un digno final

Cargando editor
05/06/2012, 22:47
Faris

Pois seguimos, e a ver se lle dou un pouco de ritmo a isto.