A muller e a rapaza miráronse á unha á outra.
-O que queiramos facer non importa. Meu pai elixe quen entra na súa terra, e tamén elixe que sae. Se queredes falar con el, facedeo, mais non creo que queira escoitavos.
Leváronos polos pasillos daquel sitio, que se non souberan que estaban baixo terra ben podía ser o pazo de algún gran señor pola riqueza de todos os mobles e os cadros, ata chegar a unha porta de madeira de carballo de doble folla. Abriuna Ramona, e viron que tras elas había un comedor grande dabondo para celebrar un convite de bodas. E na cabeceira da mesa, lendo o periódico, un home de cabelo looura, vestido de traxe e lendo o periódico.
-Meu Señor...-Dixo Ramona.
O home levantou os ollos do que estaba lendo e mirou ós que apareceran na súa casa.
-Non esperaba ter convidados para a cea.
- Boas noites, son Antonio Anta, servidor do noso señor - di o cura mentres ofrece a man o home - E un pracer coñecelo, me temo que temos que falar de cousas pouco agradables. - engade con dubidas, a pesar de que tenta parecer tranquilo a súa man dereita segue no peto agarrando con forza algo.
-Boas, señor... -dixen tímidamente saudándoo a distancia, seguindo as formas do crego-. Eu son Marisa Cabanas, e sonlle mestra.
Como era costume, calei para que falasen os homes, non estaba ben visto que unha muller metese baza nos asuntos importantes, e querer facelo sempre me trouxo disgustos. Ésta era unha situación delicada, e preferín non meter a pata.
-E Eu son Don Cibrán, señor da terra que pisan. E non é a miña costume terlle deferencia ós que invaden a miña casa. Marcharán polo seu propio pe ou lamentarán o día que se lles ocorreu entrar aquí.
Acababa Ramiro de descubrirse e abría a boca para saudar educadamente cando aquel home de extrana apariencia non fixo senon botalos directamente da súa casa. Sen embargo, curiosamente, aquilo non fixo senon enfurecer a Ramiro por dentro, que apretando con forza o mango do caxato e tentando non amosa-lo seu enfado, ainda con non todo o éxito que quería, lle contestou:
--- Don Cribrán, sepa vostede que non teño por costume entrar en casa allea, pois fomos invitados a baixar eiquí. ¿Como senon me explica que se abrise a terra ante nós para deixarnos entrar?
Eu cría que fixera un post esta tarde... Debinlle dar o botón que non era...
Antonio asente as palabras de Ramiro.
- Así foi, non viñemos aquí por gusto, se non porque temos traballo que facer - comenta o crego - Penso que podería botar unha misa aquí - engade - Este lugar necesita o perdón do señor, e iso non lles vai facer mal ningún, aínda que vostede pertenza os tempos de antes. - Antonio esta nervioso o pronunciar esa invitación.
Pois nada, se non sabes que facer, bota unha misa. Nunca sobran.
Eu permanecín calada, observando. O ambiente era tenso demáis, O Xugho estábase enfadando e constáballe disimulalo. O único que nos faltaba era enfadar máis aínda ao dono do lugar..
Espero que eso non chegue a pasar, senón.. ¡A ver cómo saímos daquí!
-Aquí no hai máis señor ca min, e eu non os invitei a entrar na miña casa. Nin o seu amo nin as súas misas son benvidos aquí.
Antonio palidece ante a blasfemia e tarda un pouco en recompoñer o sorriso.
- Ai enriba hai moitas almas atrapadas, xente que merece ir o outro mundo. Parece que e por algo de aquí embaixo - di con calma, aínda que o ton e menos amistoso ca antes - Deberiamos facer algo por eles, e o deber de toda boa persoa.
Ramiro asinte coa cabeza, coa queixada tensa. Non está a gusto, aquilo non é o seu, pero está convencido de estar a face-lo correcto e o padre parece sabe-lo que fai.
As cousas parecían ir a peor.. Non sabía qué facer para arranxalas. Dábame medo falar e estragalo todo, e rebulíame o sangue ao ter que calar..
Ese home, que disque é o amo disto, non me parece boa xente. Algo oculta, algo malo que non quere que saibamos. Garda segedos escuros que coido que son os que viñemos desvelar..
-Das xentes do mentireiro e perxuro, pouca dor podo ter. E en canto a vostedes, dúas veces xa lles advertín e esta é a terceira. Se non saen polo seu pé, terei que sacalos a rastras.-O home estricou a man e colleu un bastón que había apoiado na mesa, de pesado mango de prata, e dou un paso cara eles.
Motivo: Conxuros e pocemos
Dificultad: 0
Habilidad: 15
Tirada: 2 6 9
Total: 6 +15 = 21 Éxito
¿Hai algún conxuro aplicable a situación?
Algunha contestación a pregunta do padre antes de seguir nós?
Algunha contestación a pregunta do padre antes de seguir nós?
Hai certos símbolos que se poden inscribir nas portas, ventas, etc, para que os seres máxicos non poidan pasar por elas (con tiza, tinta, unha navalla...). Os pentagramas úsabanse en Galicia como protección.
Os obxectos sagrados non lle gustan moito ós seres desta natureza (as cruces, auga bendita, bendicións e rezos...)
Debuxar un círculo e meterse dentro del pode protexer de maxia, pero o solo é de pedra, así que terías que pensar como dibuxalo porque unha navalla non vai facer moito, e se non recordo mal, ninguén trouxo tiza nin nada así.
Por certo, os símbolos e o círculo que se trace ten que ser nun só trazo. Isto por curiosidade máis ca nada, pero tamén por se se vos ocorría algo como poñer en círculo anaquiños de cousas ou algo similar
E posto que sabes moito de maxia (puxécheste 5), poderías incluso tentar ter un duelo máxico, transformándote e facendo feitizos de alto nivel para loitar contra él. Pero este tipo de cousas son moi perigosas, e non é raro que o que o intenta acabe morrendo incluso se gaña o "combate".
E se conseguides pelo, sangue ou algo del e podedes conseguir algo de tempo, podedes tentar maldicilo, como vos puxen cando falei dos feitizos en Os Estatutos de A Montelada.
Ramiro xuzgou que tal vez un cambio de enfoque servise de algo...
--- Meu señor, marcharemos d'eiquí se vostede así o desexa, pois non é esta a nosa casa e mais si a súa. Pero debe tamén saber que non viñemos por vontade propia, senon porque así nolo reclamou o fado ó abrirse a terra ante os nosos pes. ¿Por que foi así? Non viñemos aquí a xuzga-lo que fixo, pois non sabemos ainda ben o que aquí pasou, mais gostariamos de saber como así foi, para que deste xeito llo podamos contar a outras xentes e, tal vez, albiscar o por que aquí estamos...
Boa idea :).
Esto iba por mal camiño.
Maravilloume o ben que o Xugho se expresou. Pareceu acalmar ao dono da casa, co cal pareciamos un pouco máis preto dos nosos obxectivos principais: arranxar as cousas e sair con vida delas.
Cita:
Cunha pedra se pode debuxar noutra, riscando. Dígoo por se pode ser dese modo inda non tendo tiza
O home, ou o que aquel ser fora, pareceu acougar un tanto.
-Daquela pregunten o que queiran e eu responderei ó que desexe. E cando volvan, poderán dicirlle á súa xente ó que lles ocorre ós que lle faltan á lei do seños destas terras.
Cunha pedra se pode debuxar noutra, riscando. Dígoo por se pode ser dese modo inda non tendo tiza
Si, eso valería.