Partida Rol por web

A espada de MacMorna

Capítulo I : Un serán de verán

Cargando editor
02/03/2011, 13:55
Aldán Mactramar
Sólo para el director

 

Recupérome rápidamente, tras reaccionar ao ler o nome do lugar. Apoiándome no bastón de Maclib miro aos dous lados, intentando recoñecer algo que poida ter que ver co acontecido na noite pasada.
Por suposto as miñas sospeitas son en vano, pois só hai unha taberna chea de xente e balbordo, totalmente habitual durante a festa de Lugh.

Pásome a mao pola cara, espertándome e lentamente sorrío ao home e máis a súa muller.

Moitas gracias... Non, non sería xusto, cabaleiro. Xa fixo moito por mín, permítame que sexa eu quen vos convide. Preciso coñecer Lugh, e non penso facelo cunha débeda pesando no meu peto -Sorrío e agradézolle o trato ao druida.

¿seríades tan amables de explicarme o porqué desta festividade? -Digo, mentres sigo sosténdome sobre o bastón, co meu arco ás costas.- Síntome un pouco estranxeiro, e nin sequera coñezo as novas de por eiquí, e dame a sensación de que todo o que poida recordar podería serme de utilidade.

Notas de juego

Maniotas XD anque soa fatal XD "dor molesto" e pista

 

 

Cargando editor
02/03/2011, 14:12
Aldán Mactramar

 Pásome a mao pola cara, espertándome e lentamente sorrío ao home e máis a súa muller.

Moitas gracias... Non, non sería xusto, cabaleiro-digo referíndome ao comerciante, tras convidarnos a xantar- . Xa fixo moito por mín, permítame que sexa eu quen vos convide. Preciso coñecer Lugh, e non penso facelo con débedas pesando no meu peto -Sorrío e agradézolle o trato ao druida e mais o comerciante.

¿Seríades tan amables de explicarme o porqué desta festividade? -Digo, mentres sigo sosténdome sobre o bastón, co meu arco ás costas.- Síntome un pouco estranxeiro, e nin sequera coñezo as novas de por eiquí, e dame a sensación de que todo o que poida recordar podería serme de utilidade.

Cargando editor
02/03/2011, 14:13
Contacontos

Notas de juego

 Gael, a partires de agora marca nos teus mensaxes a Aldán, que é o rapaz o que curache.

Cargando editor
02/03/2011, 15:06
Balgadrox "O Mouro"
Sólo para el director

O xove de roupaxes caros achégase onda a barra do local e intenta con escaso éxito atraer a atención do camareiro ao berro de -¡Camareiro, unha cervexa!. Cando finalmente consegue facerce co preciado brebaxe, paga facendo soar os cartos con despreocupación.

Acomodado sobre a barra e con unha pose que semella autoconfianza, dedícase a ollar para a xente do local, coa mirada atenta sobre calquera cosa que lle poida chamar a atención; sexa unha rapaza fermosa e a ser posible accesible, unha mesa de xogo donde botar unhas cartas ou algún lacazán ao que sacarlle unha invitación á próxima cervexa.

Cargando editor
02/03/2011, 15:28
Gael "Penedo" MeicBrido

- Esta é a festa en honra de Lugh, O Ancián, creador do Drú e dos deuses o que nos dá luz calor precisos para que as sementes medren e os cochos engorden. Nestas festas honramos ao Ancián e honramos a vida que hai neste mundo.
- Por certo eu son Gael. E este de aquí é o mestre Bren.

Notas de juego

null

Cargando editor
02/03/2011, 15:49
Aldán Mactramar

Asinto cun movemento de cabeza en forma de saúdo, aos dous, a Gael e a Bren, mentres pregunto:

Alguén envioume a esta taberna, non sei moi ben por qué. Dáme a sensación de que sodes vos a quen eu estou a procurar, ¿non si? ¿Poderiamos falalo nun lugar máis tranquilo?

Cargando editor
02/03/2011, 16:17
Gael "Penedo" MeicBrido

- Por suposto vaiamos fora a falar. Quizá o Drú fixo que os atopáramos, ou o mesmo Ancián quixo este encontro. Ven comigo.

Saimos os tres fora na procura dun lugar tranquilo para falar. Despois dunhas voltas atopamos un lugar tranquilo a carón das cortes dos cabalos da taberna.

- Aquí podemos falar, dinos o que che preocupa. - vótolle unha mirada a Bren e este asinte en silencio.

Cargando editor
02/03/2011, 21:53
Antón

 Despois de disfrutar dunha pouca calma e do sabor dunha boa pinta, a "calma" da baiuca rómpese cando un home, vestido con roupas caras,  entra berrando:

 

-Os druidas van prender a Lumieira ao lado da pena do Home-Serpe. Xa están preparados os madeiros. APURADE!!!!!

 

Ante tal berro, a excitación do local incrementa, todo o mundo se apresura a pagares (e algúns aprobeitan o balbordo pra sair sen pagar) e sae correndo da Baiuca. Se mirades pola ventá, vedes que todo o mundo corre na mesma dirección, deixando as rúas valeiras.

Cargando editor
02/03/2011, 21:59
Antón

 Ao pouco de saires, Antón párase e mira ao lonxe. Nada mais ca uns segundos, e logo berra no medio da rúa:

-Os druidas van prender a Lumieira ao lado da pena do Home-Serpe. Xa están preparados os madeiros. APURADE!!!!!

 

Tras respirar un intre, da a volta e métese na baiuca, e sae correndo. Pouco tarda en seguilo unha estampida de xente, ao parecer, valeirou a baiuca. Todos correndo na mesma dirección, deixando as rúas sen un alma.

 

Ao pasar por diante vosa , pero sen pararse, dícevos:

 

-Se fose vos, non mo perdía, poucas veces se ve isto.

Cargando editor
02/03/2011, 22:31
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

 

Xan mirou curioso como pasaba a xente da rúa, logo mirou a xerra medio chea e con un xesto de pena deixaa enriba da mesa e levantase en dirección ó mostrador. Vai buscando algún facho solto nalgún peto. Chegando ó mostrador pregunta -¿Canto pola cervexa? -

 

Cargando editor
02/03/2011, 22:42
Gael "Penedo" MeicBrido

- Se queres podemos falar agora non se ve a ninguén.

Cargando editor
03/03/2011, 00:10
Taberneiro

 O pousadeiro mira pra xarra e mira pra ti, sen dicirche nada colle a xarra e baleiraa outra vez no barril.

 

-Date por convidado. pero veña, vai saindo que eres dos últimos e quero pechar a baiuca pra ir ata a pena do HOme-Serpe, que logo non collo bó sitio.

 

E tras istas palabras, empuxate levemente en direción a porta da baiuca, co ánimo de apurarte. Parece que todo o mundo quere ver como prenden a lumieira.

 

 

Cargando editor
03/03/2011, 00:02
Zeltia MacLain

Todos botan a correr, e eu non penso perder a causa.. Os druidas sempre son interesantes, e o fin e o cabo, estou aqui para disfrutar do Lugnasad.

Achegome ao taberneiro para pagar a comida e a cervexa, xa hai outro home pagando. E un dos que entrou fai pouco,seguro que tamen vai ver os druidas.

- ¿Sabes onde fica a pena do Home-Serpe? ,preguntolle.- Pensaba ir ver os druidas seguindo a xente,pero marcharon todos tan veloces que coido que so quedamos os forasteiros por aqui.

Cargando editor
03/03/2011, 00:50
Taberneiro

 O taberneiro mira para todos os que quedades na baiuca, duda uns intres, mais logo de resoplar pensando nos cartos que deixa de gañar, sopesa o que é perderse o prender da lumieira:

 

-Veña os que quedades estades convidados, pero liscade da baiuca, quero ir ver a lumieira. Pra chegar á pena do Home-Serpe non tedes mais ca seguir o camiño ata sair do pobo, e logo en dirección a carballeira dos druidas.

Cargando editor
03/03/2011, 07:06
Balgadrox "O Mouro"

Balgadrox, coa esperanza de que sexa un espectáculo digno de ver, apura a súa xarra de cervexa e sae correndo seguindo a multitude.

Cargando editor
03/03/2011, 10:45
Aldán Mactramar

Falemos de camiño á lumieira, pois...

Lentamente pecho os ollos. os abro lentamente e mirando ao druida pregunto:
 

¿Coñeces a un tal Gramael Maclib? No seu último suspiro o único que me puido transmitir era que viñese a esta posada. Parécesme a persoa que él estaba a procurar, pero aínda non sei por qué.

Cargando editor
03/03/2011, 15:10
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

 

Xan sorriu divertido cando o taberneiro trataba de votalo fora. Co mesmo sorriso recibiu a pregunta da xove que trataba de pagar. Escoitou as indicacións do taberneiro.  – ¿A carballeira dos druídas? Coido que sei por onde cae. – dixo cedéndolle educadamente o paso a rapaza. – Son Xan dos Meic Morn do castro Fixón. – e saíu ó exterior da baiuca.

 

Cargando editor
03/03/2011, 16:08
Gael "Penedo" MeicBrido

Comezamos o lento camiño cara a lumieira. Penso no nome que me acaba de dicir pero non teño nin idea de quen pode ser.

- Non coñezo ese nome, pero fálame máis del. Quizáis dea lembrado algo, os nomes son coma o vento, cambian moito.

Cargando editor
03/03/2011, 21:37
Bren

 Pouco a pouco, camiñando lentamente, acercádesvos á lumieira. Cando vos quedades parados, Bren fálavos.

 

-Amigos meus, habedes desculparme, teño que prender unha lumieira.

 

Ante estas palabras, quedádesvos abraiados, pois ista honrra, encender a lumieira, só lle é otorgada o druida de maior "rango" de entre os presentes. E hoxe precisamente, no hay poucos druidas pola zona.

Cargando editor
03/03/2011, 21:48
Contacontos

 Pouco a pouco a xente vai chegando ata a lumieira, que de momento só é un monton de madeiros sen prender. É un día de verán perfecto. 

 

Na zona privilexiada das autoridades está o rei do castro, con dous guerreiros impoñentes, un un pouco mais de gala co outro. A xente murmura sobre quen serán eses dous misteriosos homes que acompañan o monarca. Logo, arredor da lumieira, hay un numeroso grupo de druidas, que parecen estar esperando a alguén. Miran na vosa dirección e vedes como un druida comeza a facerse paso a través da xente ata chegar a lumieira. Lumieira que por certo, terá uns 10 metros de alto, e 5 de diametro. Vamos, que é caralluda.