Coa miña espada abato as lanzas dos inimigos, tentando mantelas o máis lonxe posible, en caso de non quebralas.. O cansancio pola acumulación de batallas ás nosas costas fai mella, mais morrerei denantes que renderme.
A rabia faime notar unha sensación extraña, dame azos, coma cando tentaba transformarme en animal..
Motivo: atención
Tirada: 2d6
Resultado: 6
Motivo: esprito
Tirada: 2d6
Resultado: 10(+4)=14
Pouco a pouco percatádesvos de que estades cerca da costa, pois pasado un rato, percatádesvos de que hay gaivotas pola zona, e istas nunca se alonxan demasiado da terra.
O cansanzo consúmevos, tanto que algúns de vos simplemente desfalecen, e outros notan como o seu corpo vai quedando sen forzas, pouco a pouco. Por moito que intentades mantervos despertos, ao final, caedes e quedades tumbados daquela maneira encima da barca
Pouxo antes de quedarvos dormidos, de que voso corpo vos deixase de responder, e case case cos ollos pechados, alcanzades a ver un grupo de homes na praia. Non os distinguides moi ben, pero van armados. Tedes medo e esperanza á vez. Rezades o que sabedes o Drú por que sexan amigos e deixades de loitar contra ese tremendo cansanzo, que nunca antes esperimentarades.
Fin de escea. A noitiña abro a seguinte.