Partida Rol por web

Crónicas de A Montelada

Capítulo 1: Unha invitación e unha proposta

Cargando editor
30/11/2011, 22:20
Director

Camiñando e falando, os tres foron achegándose pouco a pouco a onde debía estar a torre. Había unha boa costa, e normalmente non sería fácil facer a subida co sol de eses días, pero a sombra das árbores protexíaos do calor, e incluso resultaba un paseo agradable. Inda atoparon un carreiriño por onde estaba a herba pisada e podían camiñar mellor, seguramente un camiño deixado por algúns dos animais que andivesen por alí.

Pero precisamente porque aquelo máis parecía unha excursión polo campo que un asunto de tanto perigo como lles dixeran, sorprendeunos máis cando empezaron a oír os berros.

-¡Fora, Fora! ¡Marchade!-A voz soaba cara a esquerda, aínda que non moi preto, e as árbores non deixaban ver á muller que berraba.- ¡Deixadeo!

Camiñaron algo cara onde soaba a voz, e aínda sen ver nada do que ocoría, esta vez oíron tamén os gruñidos de algún animal.

Cargando editor
01/12/2011, 09:23
Antonio Anta Gonzalez

- Ola!!!, Buenos días!!! - berra o cura cara a voz de muller. - ¿Necesitan axuda?

Notas de juego

A educación ante todo, incluso ante a sorpresa ;).

Cargando editor
01/12/2011, 10:38
Marisa Cabanas

Quedei pampa cos berros inesperados, calando de golpe. Parecía algo serio.

Agardei pola resposta ao sacerdote sen falar, pero pocuco a pocuco funme achegando cara onde pensaba que procedían os berros, o máis sixilosamente que puiden.

Cargando editor
07/12/2011, 20:39
Director

Ante o chamado de Don Antonio, case de inmediato, case de inmediato oíuse de novo a voz da muller.

-¡Axuda!¡Aquí!

Guiados pola dirección na que se escoitaban os berros, os tres foron achegándose a onde debía estar a muller que pedía socorro. Ata que por fin poideron vela. Unha muller dun corenta anos, cunha pola seca nas mans. Detrás súa había un cucho, muxindo aterrado. E ó redor, catro grandes formas grises. Catro lobos, movendose silandeiros unhas veces, outras gruñíndolle para distraela mentres un dos seus compañeiros tentaba acercarse polo lado que ela non vixiaba. Mantíñanse apartados da pola coa que ela tentaba mantelos lonxe, pero ían trazando círculos ó redor da muller e o cucho, de forma que ela non puidera vixialos a todos ó mesmo tempo. De vez en cando, algún deles arriscaba un intento de mordisco, chegando ás veces incluso a rozarlle a pel cos seus dentes, pero sen que por agora chegaran a facerlle dano. Case como se estiveran xogando con ela. Pero cada vez eran máis atrevidos, e parecía que o xogo ía rematar logo.

Cargando editor
08/12/2011, 14:13
Ramiro "Xugho" Sanromán

Ramiro reaccionou pronta e ruidosamente:

--- Eh!!!!, eh!!!! Bruaaaaagh!!!! Fora de aquí malas bestas!!!!! ---berraba á vez que avanzaba de vagar cara eles golpexando o chan ruidosamente co seu caxato---. Rapariga, padre, ---dirixíndose ós seus compañeiros---, collan unha pola ou algo e préndanlle lume co petróleo!!! Eh!!!! Bruaaaaagh!!!!

Cargando editor
09/12/2011, 09:01
Antonio Anta Gonzalez

Antonio mira o chan buscando pedras grandes para tirarlles os lobos.

- Fora, fora - berra entre pedrada e pedrada.

Notas de juego

¿Son lobos ou cans asilvestrados?. ¿Podo tirar por Advertir/Notar para sabelo ou e necesario unha habilidade mais especifica?. ¿E normal que ataquen pola día?.

Cargando editor
09/12/2011, 20:31
Director

Notas de juego

¿Son lobos ou cans asilvestrados?. ¿Podo tirar por Advertir/Notar para sabelo ou e necesario unha habilidade mais especifica?. ¿E normal que ataquen pola día?.

Son lobos, estades cerca dabondo para sabelo. (Que é certo que en ocasións téñense confundido ataques de cans asilvestrados con ataques de lobos porque a xente ten confundido uns cos outros, pero estes non son cans). E sí, aínda que os lobos cando máis cazan é ó amencer e ó atardecer, están activos todo o día. Pero recoñezo que non mirara moito o ciclo de actividade dos lobos antes de poñer a escea.

Cargando editor
10/12/2011, 08:57
Marisa Cabanas

Bsquei por pedras, pero máis necesitabamos un gran pau para facelos fuxir. Necesitabamos algún xa, un resistente dabondo.

- Tiradas (1)

Notas de juego

puxen a habilidade de supervivencia, xa me dirás se é correctoou repito a tirada

Cargando editor
08/01/2012, 00:08
Director

Os lobos viráronse ó escoitar os berros, quizais sorprendidos por ver que máis xente chegaba a meterse nos seus asuntos. Un par deles apartaronse un pouco da muller e encaráronse cos tres recén chegados, ensinándolles os dentes, grandes e marelos. Os outros dous seguiron ameazando a muller, aínda que con menos ganas que antes. O que antes era unha presa fácil, podía non selo tanto se tiñan que pelexar por ela con estes homes que chegaban.

- Tiradas (1)

Notas de juego

Tirade supervivencia se a tedes, para tentar atopar algo ou facervos cunha arma rápidamente, a dificultade 15, que é a "por defecto" en RyF. Se non atopades nada, pois teredes que usar as navallas que levades, ou facer outra cousa.

Milady atopa un pau (xa que a suma de Intelixencia+tirada +supervivencia si suman máis de 15)

Tiro polo pater, para axilizar a cousa. Fracaso. Así que don Antonio terá que usar a navalla ou facer outra cousa.

Para facelo máis rápido, tirade xa iniciativa, ataque e dano (se os atacades), e despois xa tiro eu polos lobos.

Cargando editor
08/01/2012, 12:25
Antonio Anta Gonzalez

Notas de juego

¿Non hai nin unha pedra por aí?.

¿Percepción (o que se usa para a iniciativa) e o mesmo que advertir/notar?

Cargando editor
08/01/2012, 18:35
Ramiro "Xugho" Sanromán

(editado) Ramiro cravou os talóns na terra, á espera do ataque dos lobos.

- Tiradas (1)

Notas de juego

Prefiro que movan eles peza, pero fago tirada igualmente de iniciativa:

Cargando editor
08/01/2012, 19:44
Marisa Cabanas

Co pau que atopei, resistente dabondo, tento con moito coidado defender á muller, facendo que os lobos o vexan, mentres me movo lentamente, sen movementos bruscos, deixándolles comprender que ese pau os ferirá se atacan..

Non sei como fun capaz de tal cousa! Foi tal o reflexo, que agora xa non me podía botar atrás.

Alomenos gañariamos algo de tempo namentres os demáis buscaban algo tamén para a defensa, ou preparaban o ataque.

-Fagan algo! -dixen entre dentes-.. Estes lobos non van a agardar moito máis..

Cargando editor
09/01/2012, 09:01
Antonio Anta Gonzalez

Antonio quedase parado mentres mira alternativamente o chan e os lobos buscando unha pedra, de pronto fixase nunha co tamaño axeitado, da un pequeno paso para collela e preparase para lanzarlla os lobos.

- Tiradas (2)

Notas de juego

A min non me mires que son un cura de 50 anos. Se esperas que me poña a pelexar cos lobos...

E dende o punto de vista de regras, non teño nada en pelexar. Co que penaliza o rápido e fácil este non ter a habilidade (coller o dado menor), e mais fácil que se morran os lobos porque lles caia un 747 encima (si nos anos 30) que os mate eu.

Cargando editor
11/01/2012, 22:06
Director

O movemento da mestra no foi do agrado daquelas bestas, e se antes advertiran, agora que alguén se pretendía interpoñer entre eles e a súa presa, estaban dispostos a defender a súa comida. Os dous que estaban máis cerca botáronse enriba de Marisa, dispostos a botala de alí ou engadila ó menú. E máis atrás, os outros dous cada vez parecían máis nerviosos.

- Tiradas (4)

Notas de juego

A iniciativa de Antonio é 21 (destreza+Percepción máis a tirada), co cal, primeiro vai Marisa, e logo todos os demais ó mesmo tempo, excepto a muller, que vai ó fnal. Hai catro lobos, pero só tirei para dous porque son os que atacan, polo de agora.

Cargando editor
12/01/2012, 00:17
Marisa Cabanas
Sólo para el director

Notas de juego

Teño que tirar iniciativa?

Cargando editor
12/01/2012, 15:39
Director

Notas de juego

Non, xa tirei eu por tí e vas primeira, así que tes os suficientes reflexos para reaccionar e facer algo antes de que te pillen.  Tira ataque e dano, en todo caso, a non ser que te botes a correr ou fagas outra cousa.

Cargando editor
12/01/2012, 23:11
Marisa Cabanas
- Tiradas (2)
Cargando editor
15/01/2012, 00:01
Ramiro "Xugho" Sanromán

Ó veres que dous dos lobos se abalanzaban sobre a mestra, Ramiro lanzouse hacia eles para defendela óorixinal  grito de guerra de "Arrrrggggghhhh!!!!!"

- Tiradas (2)
Cargando editor
15/01/2012, 16:00
Director

A mestra era valente, pero a súa valentía iba a pagala co seu sangue. Os lobos foron máis rápidos ca ela e o pau co que se fixera só bateu no aire. Marisa conseguiu apartar a un dos lobos, facendo que se alonxase dela para evitar o golpe, pero non puido librarse dos dous. Un deles moveuse cara o seu outro costado e clavou os dentes no seu brazo, esgazando pel e facendo saír o sangue, antes de que Ramiro chegara na súa axuda.

O lobo soltouna e saltou cara atrás esquivando o caxato do tratante de gando

- Tiradas (3)

Notas de juego

Por certo, as estadísticas dos lobos, uso as que veñen no manual. Se tedes curiosidade, tedes que superar unha defensa de 16 para facerlles dano. Excepto no caso de Antonio, que o que ten que superar é a dificultade de armas a distancia:

A dificultade será menor canto máis se achegue o párroco:

A menos de 5 m, dificultade 10. A máis de 5 e ata 10, dificultade 15, etc.

Claro, canto máis se achegue máis fácil será darlles, pero tamén máis cerca queda dos lobos e dos seus dentes, que poden tomala con él.

Cargando editor
15/01/2012, 18:30
Ramiro "Xugho" Sanromán

Bo foi que estaba alí Ramiro para librar á mestra do lobo. Pero a quen se lle conta de botarse así?, ai, estas señoritas da cidade...! Ven o lobo e pensan que é un can... E isto era só o principio, se a cousa xa era dabondo compricada, tornábase peor a cada intre. Un caxato non era a mellor arma para defenderse de catro bestas coma aquelas, ainda cando fose nas mans dalguén coma Ramiro, acostumado a usalo para manexa-los animais (de catro e dúas patas, estes últimos os peores).

--- Padre ---berrou de novo Ramiro---, deixese de andrómenas e faga algo, "que se nos papan"!

 

Notas de juego

Xa que nos van papar, polo menos un pouquiño de humor, non? Os comentarios sobre a mestra serían os esperables por alguén coma Ramiro naqueles tempos. Espero que Milady non mo tome a mal ;)