Partida Rol por web

Crónicas de A Montelada

Capítulo 1: Unha invitación e unha proposta

Cargando editor
31/10/2011, 22:36
Don Román

¡BAM!¡BAM!¡BAM!

O alcalde batera coa man na mesa con tanta forza, que inda os do fondo que non estaban atendendo á conversa levantaron a cabeza a ver que era o que pasaba.

-Xa está ben de tanta leria. Morra o conto dunha vez. Mañá o Padre vaise ocupar do asunto e xa non hai máis fillo da moura. ¿Non é así Padre? E os que non vaian a ir, que atendan ás súas cousas.

A xente pareceu un pouco decepcionada de non poder seguir detallando os usos e costumes de tal veciño, pero aparte diso, ninguén máis apareceu disposto a acompañalos.

-¿Ninguén quere gañar un soldo por un día de traballo?-repetiu a proposta o alcade. Pero a única resposta foi o silencio.- Pois daquela vai ser o Padre e mais ti-díxolle ó tratante de gando que se interesara polo traballo-E mais a   Señorita-Engadiu de mala gana- O soldo, despois do traballo, que non che vou pagar por non facer nada. Mañá ás sete onda o cruceiro da igrexa. O rapaz vai ir buscalos alí e dicirlles onde é.

Notas de juego

Se queredes facer algo máis aquí, dicideo, se non, pasamos ó día seguinte. E a todo isto ¿qué ides levar con vos?

Cargando editor
01/11/2011, 01:59
Marisa Cabanas

Notas de juego

dis obxetos para a viaxe?

Cargando editor
01/11/2011, 13:22
Ramiro "Xugho" Sanromán

Notas de juego

Dado que non esperamos atopar nada raro, eu levarei o mínimo. Aparte do posto:

* carteira (cartos, documentación)
* cadeiña cunha cruz ó cuello
* un alliño
* zurrón de viaxe
* caxato
* reloxo de peto
* navalla (grandiña, para protexerse de indesexables)
* chisqueiro
* picadura de tabaco
* papel de fumar
* candil (prestado de alguén)
* uns poucos fósforos para o candil
* pano
* un pouco de unto nunha latiña (usábase para afastarlle as moscas dos ollos ó gando)
* un peite

Cargando editor
01/11/2011, 13:48
Director

Notas de juego

dis obxetos para a viaxe?

Sí. Xugho xa dixo o que levaba (o allo, por certo, serve para protexerse das meigas, por se de onde sodes vos non teñen os mesmos costumes, e antes había moita xente que sempre ía con un dente de allo no bolsillo. Engadoo no Caderno de notas do cronista) e supono que aquí o Pater levará a biblia e o Ciprianillo, un rosario auga bendita e un hisopo, pero non sei se algo máis. E poño eu que levades unhas mantas a algo de comer, que se supón que ides pasar alí a noite e volver pola mañá. Máis que nada é para saber con que contades se é que pasa algo (por suposto que non vai pasar. É un sitio normal, cunhas cantas ruinas vellas, e só porque ós da vila lle guste contar historias, non significa que haxa que facer caso deses contos de vellas, ¿verdade?

Non podedes levar un burro cargado con cousas, pero podedes levar calquera cousa que vos pareza razoable. Se que redes levar algo máis extraño, teríamos que ver se o podedes levar ou se tedes que conseguilo dalgunha maneira.

Por certo, a lista de Ramiro paréceme ben.

Cargando editor
02/11/2011, 01:40
Marisa Cabanas

Notas de juego

Eu levarei:

* carteira (cartos, documentación)
* cadeíña cunha cruz ó pescozo
* bolsiño de viaxe
* pano
* un peite
* un caderno para notas e debuxos, cun lápis
* blusa, chaqueta, pantalóns e botas
* unha lupa e uns prismáticos (regalo do meu pai pola miña afección a observar animais)
* unha navalliña mediana

Cargando editor
02/11/2011, 09:50
Antonio Anta Gonzalez

Antonio asente as palabras do alcalde.

- Ben, maña mesmo iremos a ver que hai ou non nesas pedras. - o ton do crego e de resolución e seguridade.

Notas de juego

  • Sotana e roupas de cura
  • Carteira (cartos, documentación)
  • Navalla (das grandes)
  • Biblia e ciprianillo pequenos
  • Pan e chourizos
  • Rosario
  • Tabaco de liar cos complementos necesarios.

E evidentemente, intento conseguir auga bendita na igrexa do pobo, e xa postos aproveito para falar co cura da parroquia, que algo saberá de todo isto.

Cargando editor
04/11/2011, 21:31
Don Miguel

O cura da vila, como dixera Don Román, xa ía algo maior, aínda que desde logo non parecía ter ningún problema de saúde. Cando Antonio lle contou a petición que le fixera o alcalde, sacudíu a cabeza con desaprobación e fíxoos entrar na sacristía , onde sentados a unha vella mesiña de madeira, fíxolles repetir a historia con todo detalle, mentres tomaban un café con galletas que a criada lles trouxo desde a súa casa, ó lado da igrexa.

-¿Así que non estou para esas cousas? Non sei se pensa que estou acabado ou é que xa se cansou de oírme dicirlle que deixara as cousas tranquilas. Pois agora vaise a fartar de oírme, porque vou ter unhas cantas cousas que dicirlle a próxima vez que o vexa. -Botouse un pouco cara atrás na silla e estudiou as persoas que tiña diante.-Bueno, sexa, xa que van ir ata alí, supoño que será mellor que coñezan do que se trata.

Subiu unhas escaleiriñas de madeira nun lateral da sacristía e ó pouco tempo volveu baixar con un vello libro nas mans. Estaba encadernado en coiro, e tiña na cubertas manchas escuras de humidade ou varolo.

-A torre de Pedrasvellas, según se conta, foi construida polo último marqués de Aldarán hai 600 anos. Pero a cousa é que, según a historia, estas terras non eran do marqués. Polo visto, todo o que hoxe son as aldeas para aquí do río das Lavandeiras, desde A Montelada ata Valderois, viña a ser terra de ninguén. Ningués vivía aquí, e todos os que tentaron establecerse na zona acabaron escaldados. O caso é que o marqués conseguíu polos seus servizos que lle concederan esas terras. E según contan, entrou un día  nos montes que antes había aquí para inspeccionar as novas terras, co seu cabalo branco e uns cantos dos seus homes. E non volveron ata 10 días despois, e daquela o marqués ía acompañado dunha muller que ninguén coñecía.

O cura parou un momento para ver qué impresión producía a historia, antes de seguir.

-A Montelada foi a primera aldea que se estableceu nas novas terras, e o marqués fixo construir unha torre nos montes que están para aló do río. Polo visto, antes había alí un castro, e as pedras do castro usáronse para levantar a nova torre. A torre construíuse en menos de dous meses, e hai quen di que non todo foi por mans humáns. O marqués viña por aquí de cando en cando, e cando non estaba os seus criados coidaban a torre. E estableceu nela a muller coa que saíra destes montes, talmente como se fora unha señora.

As cousas foron así máis ou menos durante un par de anos. Pero despois o marqués marchou durante varios meses e volveu para Galicia con unha prometida coa que casou pouco despois. O día da súa boda, todas as aldeas do seu señorío tiveron festa e as campás das súas igrexas tocaron a boda á hora en que os noivos debían estar entrando para casar na catedral de Santiago...E tamén en ese momento, derrumbouse a torre das Pedrasvellas. Morreron todos os que estaban dentro: criado, homes do marqués, xente que invitaran a tomar uns viños para celebrar...E desde aquel momento ninguén máis puido volver a poñer alí un pe, nin os cadáveres poideron sacar, inda deben estar os pobres osos alí pudríndose entre as pedras.

Notas de juego

Para non ter que abrir unha escea aparte, e non vos aburrades os outros moito, vou supoñer que acompañades amablemente a Don Antonio ata a igrexa.

Por certo, o cura da foto, resulta ser un tío de Paco Vázquez, o ex-alcalde da Coruña.

Cargando editor
07/11/2011, 08:53
Antonio Anta Gonzalez

Antonio escoita en silencio o relato do cura.

- Don Miguel - pregunta con voz de cura, de forma pausada - usted que pensa ¿iso son paparruchadas e lendas, ou e que hai verdade detrás de todo?.

Cargando editor
08/11/2011, 23:41
Don Miguel

O cura quedouse pensando un momento antes de contestar.

-Aquí cando a alguén se lle perde unha ovella nos pastos onda o río, é o fillo da moura, se a vaca deixa de dar leite, é o fillo da moura, e ó mellor a ovella aparece comida polos lobos, e a vaca xa é máis vella ca min. Fai dous anos cando non aparecia a filla do ferreiro, tamén dicían que fora o mouro, é o final resulta que estaba na Coruña, e co neno dun rapaz da cidade na barriga. De todo o que se di non se pode facer caso. Pero tamén pasaron algunhas cousas que non son tan fáciles de desbotar. Fará...deixenme pensar...bautizáralle o neno ese ano, e o Pedriño vai xapara 6, así que máis ou menos ese tempo fai que Manuel da Capela e mais outros tres quixeron ir a torre. E sonche todos homes ben fortes, e iban con picos e palas, porque querían ver de atopar o ouro do mouro. Ó día seguinte atopáranos río abaixo, medio afogados, coas roupas rachadas e cubertos de sangue que parecían un Ecce homo. Diríase que os arrastraran por canta silva e toxo hai na comarca. pero eles non lembraban nada.-Don Miguel tomou un sorbiño de café, e preceu perderse inda máis nos seus recordos.-E tamén me acordo de Ramona, unha nena que estaba acollida na casa de Dios Perdone María de Castiñeiras. Perdeuse fai 30 anos, cando foi pastar as vacas pola beira do río. Un dos nenos que andaba tamén por alí dixo que a última vez que a vira marchaba a buscar un cucho que se metera pola ponte que dá ás Pedrasvellas.

Cargando editor
09/11/2011, 00:24
Marisa Cabanas

Estivera moi atenta ás palabras do vello cura.

-Se me permite a opinión, eu tamén diría que hai máis de lenda que de realidade nestas anécdotas. Supoño que todas terían a súa explicación racional, se houberan podido dar con ela. Inda así, o inexplicable ronda por todas partes. Pero hai que pensar primeiro con sentidiño, antes de pensar que foron "os mouros" os culpables das desgracias..

Cargando editor
09/11/2011, 01:28
Ramiro "Xugho" Sanromán

Ramiro seguía calado, deixando falar ós demais. Non era a primeira vez que escoitaba historias coma aquelas ---moito tiña andado e escoitado naqueles anos todos--- e sempre as desbotara. Non é que el fose especialmente incrédulo, pero de onde el era nunca lle prestaran especial atención a aquelas cousas, eran historias, nada mais. Nembargantes, ires bota-la noite alí, despois de escoita-lo que dixera o señor cura, érache outro cantar...

 

Cargando editor
09/11/2011, 08:57
Antonio Anta Gonzalez

Antonio asente coa cabeza.

- Entendo. Teremos que ter coidado, non sexa o demo o que ande nesas pedras. - comenta con calma - ¿E logo como andamos de bautizos por aqui?, na miña parroquia temos algún neno que non se bautiza - menea a cabeza - Rojos do carallo, non saben o mal que lle fan os fillos...

Notas de juego

Se non hai mais preguntas, Antonio continuara falando de política, relixión, e cotilleos varios un rato con Don Miguel.

Cargando editor
11/11/2011, 22:02
Director

Despois de asegurarlle que alí o único roxo que había era Ramón o Xastre, e que xa se encargara a muller de levar os fillos a bautizar cando él non estaba na casa, comentar se os catecismos novos eran mellor que os que había antes ou non e que Don Miguel lles ensinara a súa horta e lles dera unhas cantas peras para que as levaran (pequeniñas, pero non hai unhas máis doces por aquí, desfanse na boca), despediuse deles. Non sen antes facerlle unha última advertencia.

-O primeiro cura que estivo aquí, deixou escrito un diario. Faleille del ó alcalde cando me veu preguntar. Dicía que na noite de San Xoan podíase ver na torre unhas escaleiras que baixaban, pero que ninguén sabía ata onde ían e que a muller que o conde deixara na torre prohibira a todos poñer un pé nas escaleiras. Non sei se será bo ou malo que vaian mañá, pero seguro que o alcalde fixo como él pensou que máis lle conviña.

E dándolles a súa bendición, deixounos marchar para que foran durmir, festexar ou os plans que tiveran para ese día.

Cargando editor
11/11/2011, 22:18
Xosé Couto

O criado do alcalde chegou xa antes da hora á que quedaran, e estabaos esperando cun carro de bois para levalos ata a torre da que tanto lles falaran pero que nunca viran. Levounos polo camiño ata os herbales da beira do río, e alí fixoos baixar, porque o carro xa non podía ir máis lonxe. Xa facía días que non chovía e o río iba baixiño, polo que non encheron moito os zapatos de terra. Pero tiveron que apartar de cousas peores. Unhas cantas das vacas que estaban alí miráronos sen moito interese mentres eles se metían polas herbas, despacio, mirando ben cara abaixo e tendo que apartar ou dar algún salto de vez en cando para non pisar as bostas que había espalladas todo pola herba.

Unha ponte de pedra cruzaba o río dun lado a outro, aínda que tampouco era que fora un río moi grande, e se a ún non lle importaba mollar as pernas, incluso se a ponte non estivera, poderíase cruzar dun lado a outro sen que a auga chegara máis arriba dos xeonllos. A ponte, sen embargo, ainda que se vía firme e nada máis que algo cuberta polo musgo e os liques, se algunha vez estivera nun camiño, o camiño fai tempo que o tragaran as herbas. Polo lado onde eles estaban, non había máis que herbales, separados de tanto en tanto por unhas pedras facendo de marcos, algunha fila de árbores de ribeira ou algúns buxos. Polo outro lado, as árbores que estaban máis cerca do río eran máis delgadas e estaban máis separadas entre sí, pero a medida que se subía pola costa, notabase que as árbores llevaban alí anos sen que as tocara serra nin machado ningún, con troncos tan grosos que farían falta varios homes para abrazalos. Non había moitas silvas nin toxos, senon sobre todo fieitas, algunhas herbas e moitas follas mortas e a medio desfacer. As copas das árbores eran tan espesas que agora no verán, incluso no mediodía, camiñabase baixo elas no clarooscuro da luz que se filtraba por entre as follas.

-Se non precisan nada máis, as terras do fillo da mour...do alcalde, quero dicir, están ó outro lado da ponte. A torre está no cumio. Se fan un pouco de pantalla coa man e mira cara arriba, pode ver que sae algo unha das paredes por riba das árbores.-Doulles unha cesta cunhas mantas e algo de comida e mirounos como non sabendo que facer.-Señorita Cabanas, se quere volver comigo para Montelada, non creo que os señores llo tomen a mal

Cargando editor
25/11/2011, 21:36
Antonio Anta Gonzalez

Antonio mira para a torre a modo, e suspira.

- Ben, imos ver que aí ala enriba - comenta mentres se pon en marcha.

Cargando editor
27/11/2011, 11:22
Marisa Cabanas

-¡Non, graciñas, Xosé! Pero xa sabes que me gustan moito estas cousas, vou ver que hai por aquí -dixenlle cun sorriso.

Antes de que desaparecese co carro, lembreime de algo e berreille suavemente:

-..¡Ei, Xosé! ¡E non esquezas traerme as contas que che puxen á escola! Nada de excusas esta vez, ¿eh?

Xa falando cos meus compañeiros, expliqueilles:

-Díxome fai tempo se lle aprendía a sumar, e agora teño que andar detrás del para que traballe..¡Que paciencia hai que ter ás veces! -reparei no cura, que miraba ó lonxe- Don Antonio, ¿ve vostede algo?

Cargando editor
27/11/2011, 11:35
Antonio Anta Gonzalez

Antonio sorrí ante a pregunta de Marisa.

- Non miña filla, non, os meus anos xa non vexo nin os misales. - di mentres empeza a andar - Temos camiño por diante, será mellor ir indo.

Cargando editor
27/11/2011, 11:41
Marisa Cabanas

-Certo, certo. Ademáis se queremos aproveitar o día non podemos perdelo aquí falando. ¡Imos, pois!

Púxenme a andar a carón de Don Antonio. O señor Ramiro botou a camiñar tamén.

-Menos mal que trouxen botas e pantalóns -dixen, vendo os lamazais que tiñamos que pisar-. Don Ramón, ¿a vostede non lle molesta a sotana para camiñar por aquí?

Cargando editor
27/11/2011, 11:54
Antonio Anta Gonzalez

- Claro que si, miña filla, claro. Pero caos axuda de Dios vaise levando - di cun sorriso.- Es ben falangueira, a verdade eu esperaba ir con compañeiros calados, co medo detrás. No canto diso imos chegar a alí entre risas. Se hai algo malo nesa torre, vai desesperar con nos. E se non e un sitio ben bonito para merendar e votar unha misa. - o cura fala entre risas.

Cargando editor
27/11/2011, 12:04
Marisa Cabanas

-Home, Don Antonio, ¿unha misa para dous? -boteime a rir coa idea-. Creo que me decanto máis pola idea da merenda e de disfrutar o día no campo. ¡A ver que nos atopamos ó chegar! Entre nós, me da que hai moito de superstición nestas xentes do pobo. ¡A saber que pasa alí realmente!

Seguimos camiñando, cada vez máis preto do obxectivo.