O druida fala ben- Digo, collendo o camiño marcado por Zeltia- Canto antes comecemos antes hemos chegar.
-De acordo entón. Elixide un camiño, e adiante.-
Que susto me deu o druida. Non acordara que viña con nos. XD
O druida comeza a andar polo camiño do medio e medio. Segue habendo rastro de pisadas e tras faceredes unha pequena curva, vedes unha gran luz o fondo. Seguides andando ata chegar a unha especie de cova bastante ampla e moi ben iluminada por fachos. Esttades nunha especie de grada, e a uns 5 metros de altura sobre o chan.
No medio e medio da cova (e 5metros por debaixo vosa) hay un altar, e enriba del, unha espada. Todo está quedo, nun absoluto silencio.
Un vistazo xeral á cova faivos percatar de que hay como unha serie de gradas dispostas para ver perfectamente a zona central, vos estades na mais baixa de todas, e por enriba vosa tedes outras 3...cada unha co seu "burato na rocha" de acceso, como polo que acabades de entrar vos. A maiores, custo detrás do altar, hay outro burato.
Imaxinádevos unha praza de touros...máis ou menos é a forma da cova na que estades, só que de formas algo máis irregulares.
PD: tirada de atención o que queira e poida.
Gael observa o lugar. Un lugar demasiado esposto para que a espada estea ahí. Ou ben é unha trampa ou hai trampas ocultas para chegar a espada, que por certo dubida moita que sexa a que buscan.
- Isto non me gusta compañeiros, sería demasiada sorte que esa espada sexa a que estamos a procurar. Se baixamos estaremos todos nunha posición moi mala, rodeados por inimigos dende arriba que poden entrar por todas esas portas e estarán máis altos ca nós, además de que pode haber moitas trampas para coller a espada. Andemos con sentidiño. ¿Druida esa parece a espada que estamos a buscar?
-Non pode ser tan doado.-di Balgadrox abraiado- Ou estes diaños non saben o que teñen entre mans, ou é que isto é unha trampa. E penso mais ben no segundo. Será mellor que un se achegue á espada e os outros lle cubran por si hay problemas. Eu mismo podería collela. ¿Qué dicides?.
Perdón polo retraso. Estes día ando algo máis atarefado que habitualmente. Tentarei manter o ritmo o mellor que poida.
O druida queda un rato cavilando.
-Non che me gusta nada isto, pero a espada parece ser a boa. Só hay duas opcións, que nosos amigos realmente distraeran a todo o persoal Side, ou que isto sexa unha trampa. Sexa o que sexa, ha y que facer algo xa. Que dicides?
Pois iso, unha decisión rapaces. Podería facela o druida...pero prefiro que elixades vos para non guiarvos eu.
Penedo mira cara os compañeiros e vendo que a solución esta clara vota un sorriso e di:
- Merda!!, haberá que ir. Vou eu se vos parece e vos cubrídeme, se hai trampas avisádesme e se veñen bechos pois xa miraremos o que facemos.
Dito isto comezou a andar con moito coidado e moi amodo cara a espada.
-Non che hai outra. Con trampa ou sen ela non podemos deixar a oportunidade de coller a espada, mais se seguramente se trata da que estamos a buscar.-
Xan asentíu ó oir as palabras de Penedo. -Vai logo, eu fico atento ós pasaxes de entrada.- Dito e feito comenzou a espreitar os tuneles que desenbocaban na sala, co escudo en alto e a lanza lista para ser lanzada.
-Está ben. Vai tí, se queres-di Balgadrox con indiferencia- nos ficaremos agardando a ver que pasa, por se hai que actuar-.
Penedo baixa ata "a plaza" ve que non hay ningún inimigo, así que colle a espada. Tan pronto como esta abandoa o altar, este comeza a facerse mais baixo, ata desaparecer, deixando un tremendo oco na terra que...da lugar a unhas escaleiras de pedra.
Parece que nada ia pasar cando de repente se oe un muxido tremendo e o son dunhas pisadas que fan retumbar a sala.
Iniciativas rapaces, recórdovos 1d6 máis a habilidade que teñades coa vosa arma.
Dende a tu posición ves que claramente como un tourishome ven as carreiiras subindo as escadas, e non parece contento precisamente.
Previsible... Digo, cun xesto serio mentres as miñas maos comezan a trazar un feitizo de convocación; un corvo ben gordecho.
Motivo: inicitativa+1 por arco composto
Tirada: 2d6
Resultado: 3(+1)=4
Tiro dous de 6 pola miña vantaxe.
- Tourishome!!!!!! Berra Gael nada mais ver o becho. En canto da a volta comeza a correr cara os compañeiros.
Motivo: Iniciativa
Tirada: 1d6
Resultado: 3
tiro iniciativa, pregunta para mudar en lobishome podo facelo mentres corro cara os compañeiros sen soltar a espada ou teño que estar concentrado para lanzar o feitizo???
Pois a verdade e que o manual non pon nada (ou non atopo agora mesmo) o respecto, pero pareceme mais "realista" que non poidas mudar no acto en situacións de apuro. Dende que todos teñades as iniciativas, poña a orde de actuación e declaredes accións especifícoche máis (teño que consultar o manual ben)como sería.
Ficaba quedo, coa mirada na escuridade dos pasadizos cando o altar deixou paso ás escaleiras. -Iso non pinta nada ben.- dixo, xusto antes de que o terrible muxido o interrompera - ¡Oh, merda!-
Motivo: Iniciativa
Tirada: 1d6
Resultado: 2(+4)=6
-Caía de caixón. Ainda me sorprende que nos deixen tempo para reaccionar-di Balgadrox que xa tiña asegurado o escudo e maila lanza-.
Motivo: Iniciativa
Tirada: 1d6
Resultado: 5(+1)=6
-Ninguén dixo que ía ser sinxelo.. -prepareime para o que puidese entrar a por nós, o muxido era terrible.
O chan retumbaba co son das pegadas, miro ós meus compañeiros, e os vexo tamén pendentes do que poida entrar a por nós.
-¡Sexa o que sexa, ven moi enfadado! ¡Que a sorte e os deuses estean do noso lado!
Motivo: iniciativa
Tirada: 1d6
Resultado: 3
O tourishome aparece finalmente polo hoco. Según chega a superficie brama coma un tolo e embate cos cornos por diante contra Gael, que ten a espada na man.
Motivo: Iniciativa tourishome
Tirada: 1d6
Resultado: 6(+4)=10
Motivo: ataque tourishome
Tirada: 6d6
Resultado: 13(+4)=17
Básicamente atacate a ti Gael por seres o primeiro que atopa. Segamos co simil. Estades nunha especie de praza de touros (valga a coincidencia), Gael e o tourishome están no que sería a area, e o resto nas gradas.
Recórdovos que ao empezar o ataque habedes de declararme se usades maxia ou atacades físicamente.
Se usades máxia repartide os vosos dados de arcano entre elaboración e folgos. Se atacades debedes repartir os dados de loita entre ataque e defensa.
Para que aquí non quede un tocho post, remítovos a escea de regras de esta partida.
Por certo, o tourishome sa todos os seus dados de loita en ataque, deixando desprovista a defensa.
Por iniciativa primeiro van O Mouro e Papaxoubas non?
Certo, esquecíame.
Orde de iniciativas:
Tourishome
Balgadrox
Xan
Aldán
Gael
Zeltia.
No obstante, como o ataque vai para tí Gael, podes facer un post de defensa, se e que queres dar dados pra defensa (recomendado) e logo cando sexa o teu turno usas os restantes en ataque ou no que queiras.