Inauguro o off-topic dándovos a benvida a todos e desexando non cometer demasiados erros.
Bueno,estamos aquí para pasalo ben,non haberá problema :) teño curiosidade por ver como irá o xogo :)
saúdos! :) eu busqueime un avatar,inda que non sei cal será o meu papel na historia,pero foi para non ter o famoso interrogante por máis tempo
Non pasa nada, según vaiamos empezando coa creación de persoaxes xa buscarás unha que se adecúe. De momento aínda teño moita info que subir, e polo tanto, vos que dixerir xD.
Non hai problema, sempre da choio empezar unha partida, pola miña parte, toma o tempo que necesites. Botaríache unha man, pero non creo que soubese :)
Gracias por aceptarme na partida e saúdos a todos.
Non hai de qué home, mentres haxa sitio...
As grazas a vos por prestarvos tan fácilmente de cobayas -risa malévola-
Xa vos subin unhas cantas cousiñas para que vos vaiades empapándo do básico, o mínimo para saber por onde vos movedes. Ao largo do fin de semana irei posteando a creación de persoaxes máis algunha pincelada sobre como funcionan as regras en crónicas de Gáidil.
Un saudo!
Graciñas meu por deixarme xogar, pensei que chegara tarde para apuntarme. De verdade que teño ganas de comezar a xogar. Namoreime do manual, pero non o teño, así que polo menos podo xogar XD.
Rurilu, puedes buscar el manual en "la casa del libro" online. Aparece como disponible aunque no se yo si fiarme mucho.
Nota informativa, os persoaxes han de ser Ghéghel, é dicir, humáns, pero hécheme totalmente igual que sexa home ou muller.
Cita:
54-Somos do monte,+1 a natureza e +1 a orientación.
55-Éche de de vimbio, +2 a pinchacarneiros
Estes tres non teñen desperdicio.
Sonche cousas que ten o manual, trasncritas tal cal. É hai moitos mais datalles que lle dan ese toque enxebre ao mundo de gáidil.
Sínto non poder entrar estes días, pero xa estou de novo na onda. Eu tiña pensado levar un fillo de montaraz moi neno que anda algo desorientado o probe...
Bueno rapaces, despois de dous días subindo a creación de persoaxes, xa está lista para que comencedes, recoméndovos ler toda a escea antes de facer nada na ficha. Calquera dúbida preguntade na escea que abrin para iso, así mantemos todo mais ordeado. Mentras vos vades cubrindo eu irei subindo as regras. Se todo vai ben, esta semana empezaremos a xogar.
Aproveito para dicir que o ritmo da partida en principio (dende que de comenzo a aventura) é alto, pero só de luns a venres, os fins de semana descansase.
Home, eu en principio podo levalo, pero ao mellor un día falloche polos exámenes ou algo, pero en principio...
Maña comezarei coa ficha. Aproveito para darche a noraboa, pareceme que esta moi ben explicada, veremos despois o ila facendo :) O do ritmo por min non hai problema. Eso si,tamen aproveito para aclarar que si algunha vez escribo sen acentos (como agora mesmo), e porque entro dende o movil, e o teclado don mos inclue. :/
No vos preocupedes, se faltades o "ritmo alto" por motivos xustificados non hay problema. Ademáis, xa dixen que se nalgún momento se nos ven difícil o ritmo alto, poderíase baixar a medio. E grazas polo de que está ben explicado pero esas grazas son para Pablo e Nacho, creadores do xogo, posto que eu me limitei a transcribir e colar algunha liña extra.
PD: teño ganas de comezar.