Partida Rol por web

A espada de MacMorna

Capítulo III: Calma

Cargando editor
25/04/2011, 22:41
Contacontos

  Acá e acolá hay un montón de xente preparando piras comúns para os ritos funerarios dos Guéghel mortos. Os que poden manterse de pe, axudan a carretar os feridos cara as choupanas donde os druidas os atenden. Algúns cativos, dos poucos que quedaron no castro, corren de acá para alá axudando como poden: levan auga os sedentos, vendas os druidas, recollen as armas que quedaron ciscadas...Nada se sabe do rei mirrado, que está nunha choupana, con Bren, e a porta franqueada por dous fortes guerreiros que impiden o paso a calquera que se achegue. 

 

E pouco a pouco a mañá pasa...

 

Notas de juego

 Deixovos ate mañá por se queredes aproveitar pra facer algo en concreto.

Cargando editor
25/04/2011, 22:50
Balgadrox "O Mouro"

Nin festa, nin combate, nin nada no que Balgadrox poida ser de axuda. Naquel caos, sentíase inútil. E a verdade e que tampouco era alguén o que traballar lle resultase unha forma de ocupar o tempo. Ademáis a batalla había sido dura e o alcohol pesáballe no corpo. Non é que fora insensible ante a dor que veía o seu redor, mais non se sentía capaz de facer nada útil, así que buscou un lugar afastado daquel xentío e botouse a durmir.

Cargando editor
26/04/2011, 12:37
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

A xente pasaba de aquí para alá atarefada. Xan meteu a cabeza nun barreño con auga que utilizaban para abrevar ós cabalos, logo limpou as mans de sangue. Cun sorriso colleu a botella de auga que lle tendeu unha rapaciña e botou un par de grolos e logo afanouse en arrincar o arma que o Sidhe lle deixara no escudo. Sacouna dun tirón e deulla a un neno que pasaba cargado de armas en dirección a algures.

Veu marchar a Balgadrox e acordouse dos outros que coñecera aquela noite. Comezou a deambular polo castro na súa procura.

Cargando editor
26/04/2011, 14:02
Gael "Penedo" MeicBrido

Gael xa estaba algo mellor, polo menos dábase mantido en pe. Dado que sabía algo foi botar unha man para axudar cos feridos e púxose a facer apócemas cos materiais que había polo castro despois de mandar a un par de rapaces que lle foran a buscar as herbas que precisaba, a medida que as ían traendo ia facendo as apócemas e dándollas a aqueles que coidaban aos feridos.

Cargando editor
28/04/2011, 16:08
Rei Mirrado

 Tras pasar unha boa parte do día, sae da sua choupana o rei Mirrado, fortemente ferido, con feridas ainda sangrantes.

Bren vai detrás del reñendo nel, pois non debería facer esforzos coas suas feridas.

Tras observar o panorama, e quedarse un rato en silencio (mentres cada vez mais xente se congregaba o seu redor) o rei Mirrado fala:

 

Meus bos amigos, moitas grazas pola vosa axuda, ben e certo que moitos morreron aquí, e moitos máis que morreran... pero non podemos deixar pasar os Sidhe. Mentras estiven sendo atendido, recordei unha lenda que me contaba meu avó, dunha espada enmeigallada. Non recordo moi ben toda a historia, pero seica foi a espada dun home chamado MacMorna. Pode que sexa unha tolemia, pero quizáis con ela poidésemos vencer aso sidhe...

 

E nise momento, interrumpindo as palabras do rei, un corvo, tres veces mais granda ca calquera dos que houbesedes visto hasta de agora, soltou un graznido atronador, deu un par de voltas arredor do rei... outro graznido, e logo marchou en dirección hacia o rio Miño.

Cargando editor
28/04/2011, 16:15
Contacontos

polas vosas ensinanzas, sabedes que o corvo xigante, é unha especie de icono da deusa Morrigan, deusa da guerra.

Cargando editor
28/04/2011, 16:55
Gael "Penedo" MeicBrido

Gael está a axudar aos feridos, non ten moita maña limpando feridas, colocando osos e cosendo, pero fai boas apócemas e é iso o que está a facer coas herbas que lle traen os rapaces cando o rei sae da choupana. A loita tratouno mal, sangra moito e coxea un pouco, tras del Bren ségueo con cara de canseira e xenreira pois o rei debería estar deitado. A pesar de todo Mirrado conserva un porte impresionante, e fai lembrar a todos que a pesar das feridas segue sendo o rei, asemella que ningún sidhe poderá con el. Cando comeza o seu discurso faise un silencio respectuoso e case reverencial, incluso a natureza calou para escoitar o que o rei vai dicir. As súas palabras van calando firmemente no ánimo da xente, facendo que a esperanza volte aos corazóns daqueles que a perderan despois da carnicería que fora a noite. Aínda non rematara o seu descurso cando un mensaxeiro dos deuses o interrompe, un gran corvo de Morrigan nos da a súa bendición para a guerra que estamos a punto de comezar, unha guerra que imos rematar a pesar de que non fomos nós quen a dou comezado.

Despois da interrupción do corvo fíxose un silencio total, Gael sentindo os ánimos vacilantes da xente decide levantar a moral e berra con todos os folgos que lle quedan:

- Debemos ir a procura desa espada meu señor, Morrigan está con nós, ela levaranos ata a espada, atoparémola e derrotaremos a eses bechos noxentos, quizais sexan demos, pero nós ensinarémoslles o que é o verdadeiro inferno.

Cargando editor
28/04/2011, 19:34
Aldán Mactramar

Estiven botando unha man aos feridos, xunto con Gael, cando escoito intrigado as palabras do rei. 

Ese home non che é fácil de matar... Esperemos que teña unha forte razón para seguires vivo, porque senón os espíritos o levarán.

Escoito as palabras de Gael cun sorriso, certamente irónico:

O mellor o que desexa morrigan é máis guerra... Anque dende logo esa é a nosa única pista. Pola miña parte eu partirtei de inmediato.

Troco en silencio uns momentos, tentando recordar algo desa lenda...

- Tiradas (2)

Tirada: 2d6(+1)
Motivo: estudo/gáidil
Resultado: 4(+1)=5

Tirada: 2d6(+4)
Motivo: arcanismo
Resultado: 12(+4)=16

Notas de juego

Tiro mundo de Gáidil ou estudo, o que tí máis conveñas.

Ademáis tiro arcanismo para determinar que clase de feitizo podería acabar tan rápidamente cos sidhe.

lol!! crítico en arcanismo :3 vaia chorra!

Cargando editor
28/04/2011, 20:11
Gael "Penedo" MeicBrido
- Tiradas (1)

Tirada: 2d6(+2)
Motivo: macmorna
Resultados: 1(+2)=3, 2(+2)=4

Notas de juego

Tiro lendas para ver se me lembro de algo sobre a espada:

Tirei mal pero da o mesmo 1 +2 = 3 +2 = 5

Cargando editor
28/04/2011, 22:35
Zeltia MacLain

Escoito en silencio as verbas dos que falan, e sopeso as opcions, a vez que boto unha man os bravos guerreiros menos afortunados ca min no combate. Rompo o silencio:

- A espada de MacMorna.. So coñezo dela o que acaba de contar o Rei Mirrado, mais coido que debemos ter en conta esa idea. As lendas soen agochar algo de verdade nelas, e se esta espada nos axuda contra o Sidhe, penso coma Gael e Aldan que debemos tentar atopala, e usala para evitar mais derramamentos de sangue humana, coma o desta noite. Esta xente non pode aguantar moitas acometidas mais.

Miro o meu redor, onde so se ven corpos feridos,, e xente laiandose na sua dor..

Cargando editor
29/04/2011, 18:03
Balgadrox "O Mouro"

O ruido causado polo xentío esperta a Balgadrox e con el, a súa resaca. Logo de meter a cabeza nunha fonte para espavilar, comezou a camiñar erráticamente polas rúas ata que veu ao lonxe un grupo de xente. Cando se achegou, o rei estaba a falar.

 

Cita:

...recordei unha lenda que me contaba meu avó, dunha espada enmeigallada. Non recordo moi ben toda a historia, pero seica foi a espada dun home chamado MacMorna. Pode que sexa unha tolemia, pero quizáis con ela poidésemos vencer aso sidhe...

 

soriu cando veu a Xan e achegouse onda él.

-¿Qué?, ¿como vai a cousa?.-preguntoulle.

Cargando editor
02/05/2011, 23:22
Contacontos

Notas de juego

 Soache o nome de Macmorna, pero mais nada.

Cargando editor
02/05/2011, 23:26
Contacontos

 Sabes que Mac Morna foi un Guéghel moi forte, un heróe de heróes...ata que un día atacou o fogar de Breogán capitaneando unha forza...de sidhes. Dende aquela e chamado MacMorna o traidor.

Mais este peculiar guerreiro, tiña unha espada máxica, que polo que conta a lenda, partía a pedra como un coitelo a manteiga, e se parte pedra....imaxiínate o que lle fará a algo de carne e oso.

No obstante, pouco se sabe del e da espada, pois dende aquel suceso no que fora chamado traidor... os poucos que viviron a historia, nunca quixeron falar moito dela.

Cargando editor
02/05/2011, 23:28
Bren

 Cando o Rei cala, e tras as palabras dalgúns dos presentes, o druida Bren comeza a falar:

Veredes, a espada de MacMorna o traidor e certamente unha das poucas saídas que temos a unha morte seguro e a que arrasen esta cidade, máis niguén salvo os deuses saben exactamente onde se atopa. Di a lenda que cara o sur, aló onde as terras se xuntan co auga do esquencemento. 

O druida fai unha pausa no seu discurso, mentres mira directamente a Gael.

Ti meu ben querido amigo, ti e os teus novos amigos sodes un grupo ben curioso, pero abofé que vos desenvolvedes ben contra os Sidhe. Podemos prescindir dun pequeno grupo - dice o mesmo tempo que saca unha coda de carballo cuns símbolos moi raros- tomade, isto é un salvoconduto para viaxar fácilmente por Gael-Leach. As xentes de ben recoñecerán estos símbolos e axudaránvos na vosa tarefa. Saide pois, en busca da espada de MacMorna.

Cargando editor
03/05/2011, 00:22
Gael "Penedo" MeicBrido

Gael recolle a coda e gárdaa na túnica. Esta canso mais han de marchar deseguido. Polo que decide apurar:

- Os que veñan que recollan as usas cousas e volten aquí todo o rápido que lle dean as pernas. Marchamos en canto esteamos todos listos

Diríxese a Bren

- Non hai nada máis que nos poidas dicir da lenda?, o certo é que non a lembro demasiado ben, quizais sexa a canseira, non podo pensar con claridade despois de estar tanto tempo loitando coma lobishome.

Cargando editor
03/05/2011, 09:23
Aldán Mactramar

Acercándome ao druida digo:
Sempre listo. Non son o mellor candidato para usares unha espada, pero ben sei loitar, e poderei axudar.

Cargando editor
03/05/2011, 11:44
Balgadrox "O Mouro"

O chairego escoitara a medias historia do Druída, mentres tentaba de serenarse.

-"A Espada de McMorna"-soaba ben. Quizais o seu destino non era facerse rico, mais si o de converterse nun heroe. De ser así, quizais o seu pai estaría satisfeito. Pasada a festa, tampoco é que tivera outra cousa mellor na que empregar o seu tempo.

...pero o primeiro, sería ceibarse da resaca, así que foi onda o druída.

-Venerado druída; desde logo que estou disposto a ir a procura desa espada se delo depende a vosa supervivencia, mais polo ben da nosa encomenda, prégolle que me dea algo para combater este mal que me aflixe. Con iso e maila bendición de Bel como pago, doume por satisfeito.

Cargando editor
03/05/2011, 11:59
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

Chegou ó lugar no momento en que o Rei Mirrado saía da súa choupana. Abofé que aquel becho batera ben nel, inda sendo o Rei un guerreiro de importancia.

Veu chegar a Balgadrox e saudouno coa man. – Un becho estivo a punto de fenderme o escudo, mais creo que inda aguantará algunhas batallas mais.- Sinalou cara o rei e mais Bren – Mira, parece que van dicir algo. –

Sentou a recobrar enerxías mentres escoitaba atentamente as palabras do Rei, de Bren e dos outros. Nunca oíra falar da espada de McMorna, nembargantes si que oira das augas do esquecemento cando andibera polas terras dos Lusóns, ¿sería posible que foran aquel o lugar ó que se refería Bren que quizais estaba mais ó norte do que el pensara?

Dirixiuse ó grupo - Podedes contar coa miña lanza e coa miña vida se ides emprender esta viaxe. Non ei deixar que o Sidhe lle arrebate o seu castro a esta xente mentres me quede un folgo que gastar, a honra do meu pobo obriga. –

Notas de juego

Tomeime a liberdade de pensar que Xan oíra falar do auga do esquecemento (supoño que se refire a un equivalente de Gaidil ó río Limia) pois el estivera en terras de lusóns e ten +1 en lendas. Se prefires que faga unha tirada ou hai posibilidade de saber algo mais do lugar a través dunha tirada dimo.

Cargando editor
03/05/2011, 13:23
Contacontos

 Sen problemas Xan, e sí, é unha referencia o río Limia. Non é que veña nas crónicas de Gáidil, é unha licenza miña xD.

Cargando editor
03/05/2011, 23:01
Zeltia MacLain

- Tamen comigo podedes contar. Estiven por esas terras, e algo coñezo delas. Precisamos informacion do que buscaremos, mais vexo que ansias non nos han faltar! -