-Ben, coido que tamén os daríades de conta de que o Tourisome desexaba máis que nada morrer -Di Balgadrox asentindo coa cabeza ante as palabras de Xan- O que non consigo entender é como puxeron a tal criatura protexendo a espada e non a alguén de máis confianza, pero a verdade é que non acostumo a pensar nestas cousas máis do necesario. Tomo a vida como me ven e intento disfrutar de ela da mellor forma que se me ocurra. Será mellor que lisquemos de eiquí e nos reunamos con Nautam.
Motivo: Atención
Tirada: 1d6
Resultado: 6(+2)=8
Distingues un torques no pescozo do tourishome, pero é un torques pouco común. Non te fixaras antes por que é do mesmo cor ca pel do tourishome: negro.
E por certo, é "Namta" xD
Gael segue sufrindo e achégase ao Tourishome.
-Sería doado de matar pero case me leva por diante. É mellor que descanse en paz. Pero é certo que a espada non estaba moi protexida. nin conxuros, nin nada, espero que saír de aquí sexa igual de sinxelo.
O druida, tras escoitar todas as vosas apreciacións acercase ao tourishome. Agachase e quedase mirando pro torques.
-É un artefacto de control...malditos sidhe, aproveitanse ata das criaturas mais nobles.
Logo, tirando dende a nuca do pobre moribundo, sácalle o torques.
-Rompede iso a golpes por favor. E ti Gael, achégate acó, parece que rompiche unha costela.
Cando Gael se achega, vedes como o druida pon a man sobre o peito de Gael, e tamén sobre o peito do tourishome, mentras musita unhas palabras. As mans do druida tremen durante uns intres.
Bueno que facedes, volvedes por onde viñéchedes, por onde apareceu o tourishome, por outra das portas que había na cámara...
A, e desculpas de novo pola tardanza, tiven a miña avoa ingresada e entre ir e vir ao hospital estaba canso coma pa postear. Onte déronlle o alta, e xa teño máis tempo.
Sintes como unha calidez che invade o corpo, e doe, doe moito, pero só durante un intre. Levas a man a costela, parece que volveu o seu sitio.
Tirada oculta
Motivo: oculta
Tirada: 1d6
Resultado: 6
recuperas 6 puntos de saúde. Quedas así:
Puntos de vida 6/8
Gael respira profundamente para comprobar que está mellor:
- Ummmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm fuuuuuuuuuuuuuuuuuu!!!! (son de inspirar expirar) Moito mellor dende logo, gracias mestre
Gael palpouse o lugar do impacto agradecido porque agora só sentia unha dor xorda, no lugar do lacerante sufrimento de fai un pouco, pode respirar e loitar perfectamente agora.
Mirando cara o tourishome ponlle unha mán no peito e di case nun susurro
-Sentimos moito ter chegado a isto, o Sidhe sufrirán por isto. Que o drú te guie na tu a viaxe nobre criatura. Todo o mal que nos causache xa está esquecidos
Gael desvia a mirada e encarase con seus compañeiros:
- Ben se ningún quere a espada gardareina eu. No que dixo o druida penso que é mellor saír por onde viñemos en lugar de facer una ruta descoñecida que non sabemos se nos leva fora ou nos mete na boca do lobo. É unha opinión pero non penso que esta pobre besta estivese ceibe. Pero teño pouca experiencia na loita contra o Sidhe, Xan, qué pensas que é mellor?
-Estamos de acordo, logo. Veña, liscando, antes de que as cousas se poñan peor. - Di Balgadrox que dito isto, comeza a camiñar lixeiro cara o punto de encontro con Namta.
Logo das palabras do druida Xan ollou con tristura o corpo sen vida do enorme guerreiro. Normalmente non lle compracía quitar unha vida, pero agora se atopaba a medio camiño entre os remorsos de ter matado a un ser inocente e o alivio de que o fin este quedara libre dos seus captores. Logo sopuido sentir desexos de vinganza contra os bechos que escravizaran ó tourishome, durante un intre espreitou o burato do quexurdir a criatura. Mas acordou de sguido tras escoitar as palabras de Gael, tiñan unha misión aló adentro, e era moito o que estaba en xogo. A vinganza tería que esperar. -Estou de acordo con Gael. Nonvexo a necesidade de se arriscar agora por un camiño descoñecido.-
-Certo, voltemos por onde viñemos! E non perdamos máis tempo. Se demoramos, pode que nos topemos con algunha outra sorpresa no noso camiño!
Non deixaba de espreitar as sombras, desconfiada, por si acaso esas sopresas decidían comezar xa.
Parecía que algunha estraña curiosidade pulaba no interior do xoven feiticeiro por seguir, pero os seus compañeiros xa o decidiran, e o sentido común non deixaba lugar a dúbidas.
-Marchemos. E rápido.- Cun xesto enérxico, Aldán decídese a marchar. De súpeto xírase e engade-Gael. Deixa que leve eu a espada. Ao transformarme nun animal, os obxectos que levo enriba van nesa forma. De haber problemas podo mudar nun corvo ou nunha gaivota, e voar ata Lugh coa espada.
Gael seguiu a Aldan cando este comezou a camiñar, cando lle pediu a espada respirou con alivio:
- Gracias, aquí a tes- dixo entregándolla, - estou ferido e non quero que se perda pola miña culpa. Se ves que estamos en apretos fuxe con ela cara Lugh o máis rápido que poidas, se chegas.... agradecería que coidaras ao meu falcón, Ferrete é un bo amigo e doeume moito deixalo atrás.
Despois de revisar que todos estiverades ben, saístedes de novo cara a entrada do refuxio Sidhe. O camiño e tranquilo ata que chegades átrampilla.
Ao sairedes á entrada de aquel templo corrompido, oides son de loita e vedes ao lexos como os vosos amigos pelexan ferozmente contra unhs seres completamente deformes. Hay baixas en ambos bandos, non está claro quen sairá vencedor.
Podedes sair por patas ou metervos na loita...ou calquera outra cousa que se vos ocurra.
Será mellor irse, coñecían o risco. -Aldán parecía seguro das súas palabras-A nosa prioridade é entregar a espada, e temos un ferido connosco.
-Certo, mellor marchemos e cumpamos a misión. Moita xente depende disto.
-Ben, pois menos falar e en marcha.-espétalles Balgadrox mentres comeza a camiñar evitando a loita.
- Estou de acordo con vos, primeiro poñamos a espada a salvo, despois voltaremos a axuda-los. Non me gusta deixalos así, a pesar de todo gustaríame avisalos para que liscasen en canto puidesen. Non quero deixalos tirados despois de toda a axuda que nos deron.
Gael esta ferido e canso pero non quere deixar atrás a ninguén.
-Non me gusta deixar ós amigos metidos nunha lea así, mais estou de acordo con vos. Aseguremonos de que a espada estea de camiño a Lug e xa voltaremos a axustaras contas cos sidhe.-
Tomada a decisión de deixar os lusóns encargándose dos sidhe, ou ós sidhe encargándose dos lusóns (non está moi claro) comezadas a trotar cara a zona onde deberíades tomar a barca. Xa está empezando a escurecer, esto debería axudarvos a que non vos visen nin lusóns in side. No obstante, nun momento dado, un lusón que sae voando cara atrás dun forte golpe, repara en vos. Cunha sonrisa mezcla de ledicia e tristura do que sbe que vai morrer. Carga con renovadas enerxías mentres berra:
-Agora lusóns, con forzas, agora lusóns, que o obxetivo case está logrado, so necesitan un pouco mais de tempo!!!
Parece que as noticias que levan as verbas deste lusón, con sangue de verdadeiro guerreiro, soben a moral do pequeno grupo de ataque, que ataca con renovadas forza, e pese a seguir perdendo homes...parecen tomar ventaxa contra os Side.
Nesta estampa os deixades, pois o voso obxetivo e chegar canto antes a Lugh, coa espada do traidor MacMorna.
Nada mais chegades ao borde do auga o druida murmura unhas palabras e a barca de pedra aparece da nada.
Motivo: Atención side /atención lusóns
Tirada: 2d6
Dificultad: 4+
Resultado: 2, 6
Exitos: 1
-Rápido, non temos moito tempo, subide!
Todo o mundo tiradas de atención.
Motivo: atencion
Tirada: 2d6
Resultado: 6, 4
Perdón pola tardanza