Partida Rol por web

A espada de MacMorna

Capítulo VII: A chave da liberdade.

Cargando editor
23/09/2013, 17:04
Balgadrox "O Mouro"

-¡Agh!-

O sangue percorre a cara de Balgadrox, que da un paso cara atrás tirando forte da lanza, que sae desgarrando carne. Xa otra vez en garda, disponse a atacar de novo.

-Vas pagar por iso, demo noxento. 

- Tiradas (2)

Motivo: Ataque

Tirada: 4d6

Resultado: 16(+1)=17

Motivo: Dano

Tirada: 1d6

Resultado: 1(+2)=3

Notas de juego

Pensaba que eran os dados de ánima. A miñas desculpas. 

Cargando editor
25/09/2013, 21:48

A néboa parecía empezar a disiparse un pouco, pero non en demasía. Zeltia intentou atacar de novo ao demo que máis preto tiña, sen ter claro se era o que lle había atacado anteriormente ou outro distinto, maila sua espada non deu con inimigo. A inercia fixoa virar sobre si mesma, xusto a tempo pra ver coma unha man se cernía rápidamente sobre ela, dándolle un golpe tremendo na parte superior das costelas, tirándoa o chan cunha intensa dor.

Mentres tanto, balgadrox seguía ameazante coa sua lanza, atento a todo o que poidera moverse diante del. Nun momento dado, alcanza a ver un torso e unhas patas e carga con saña, con tanta saña que traspasa dun lado a outro o corpo do demo. Ao acercarse máis a el, dase conta de que lle falta unha man. E de que o golpe que lle acaba de propinar é mortal, máis o peso do demo e significativo, e o cadáver deste precipitase sobre Balgadrox, que coa lanza atorada, pouco pode facer e queda cunha perna atrapada debaixo do inerte corpo do side.

Mentres tanto, Muria pelexa con ferocidade, ou iso parece polos sons que emite, cerca dos seus compañeiros de armas, máis de repente un grito de dor desgarra o aire, e logo, nada...

- Tiradas (6)

Tirada oculta

Motivo: demos ataque

Tirada: 4d6

Resultado: 12

Tirada oculta

Motivo: demos ataque

Tirada: 4d6

Resultado: 13

Tirada oculta

Motivo: demos dano

Tirada: 2d6

Resultado: 8

Tirada oculta

Motivo: demos dano

Tirada: 2d6

Resultado: 5

Tirada oculta

Motivo: demos dano

Tirada: 2d6

Resultado: 7

Tirada oculta

Motivo: demos dano

Tirada: 2d6

Resultado: 6

Notas de juego

Zeltia 2 puntos de dano (3/6)

Balgadrox* sigue igual (5/7) pero está atrapado. Faime tiradas de corpo (4d6) ata que superes 18. Cada duas tiradas costanche un turno, tan pronto como superes 18 libraste do peso.

Polo de momento sabedes que un dos demos esta morto. Cantos caeron e cantos quedan e algo que non sabedes.

Tanto Zeltia como Balgadrox, tiradas de atención. Ocultas, por favor.

*Balgadrox, recorda que as tiradas para o dano e o ataque, mentres non saiades da néboa, han de ser ocultas.

Cargando editor
25/09/2013, 22:01

Mentres lles das as chaves aos presos e os axudas a liberarse das cadeas que os reteñen, avísalos dos cabalos que van hacia a vosa posición. Cada vez se oen mais cerca, de feito xa comezas a ver unha coluta de polvo na lexanía, máis pouco tardaran en chegar.

Tras intentar localizar ao rei de novo, daste conta de que entre tanta xente que está arremoliñada pra liberarse da suas cadeas é imposible localizalo, máis algo che di que alí está.

De repente un grito de dor inimaxinable chega da zona de onde botaches a túa néboa. É unha voz de muller.

Notas de juego

Se te subes ata arriba da mina, poderás ter visión completa do que se achega no seguinte turno. Calculas que tardaran al menos 2 ou 3 turnos en chegar á vosa posición.

Sen embargo se quedas na mina, non verás nada ate que os teñades encima, pero os presos liberaránse máis rápido, digamos que contigo liberanse a un ritmo de 1,5 e sen ti a un ritmo de 1.

A decisión é tua.

Cargando editor
25/09/2013, 22:20
Gael "Penedo" MeicBrido
Sólo para el director

O berro da muller encolle o corazón do druida. Teme pola vida dos seus amigos, teme pola sua propia vida. Pero non está alí para ter medo, senón para salvar o rei. 

Penedo queda na mina mentres axuda ós presos a liberarse, a cada un que libera pregúntalle polo rei.

Cargando editor
26/09/2013, 18:57
Zeltia MacLain

-Aaaahhh.. -remexinme no chan despois da brutal caída que me provocou a demo. Non había tempo para lamentos, inda que o daño foi intenso, e me deixou aparvada un anaco, costándome ata respirar e mesmo recobrar o alento

- Tiradas (1)

Tirada oculta

Motivo: atencion

Tirada: 3d6

Resultado: 9(+1)=10

Cargando editor
29/09/2013, 06:27
Balgadrox "O Mouro"

Balgadrox tenta inútilmente de escorregarse de debaixo do demo que o ten atrapado co seu enorme corpo. Todo o que pode facer é empurrar e patear, pero non serve da nada. Sinte o bafo da morte preto...pois na súa situación, é blanco fácil para calquera que se achegue o suficiente.

- Tiradas (4)

Motivo: Corpo

Tirada: 4d6

Resultado: 15

Motivo: Corpo

Tirada: 4d6

Resultado: 16

Motivo: Atención

Tirada: 2d6

Resultado: 6(+2)=8

Tirada oculta

Motivo: Atención

Tirada: 2d6

Resultado: 9(+2)=11

Notas de juego

Do primeiro turno non vai a ser. :-(

Síntoo, esquecinme de marcar a tirada de atención oculta. Se che parece, a repito e ignoras a que saiu como pública.

Cargando editor
30/09/2013, 23:27

Nun momento de inteso dor pra ambos, pois Balgadrox estaba sepultado baixo un pesado cadáver, e Zeltia cunha magulladura bastante grande, xa non oides o druida falar, nin a Muria pelexar, máis chégavos o son do galopar dunha boa morea de cabalos, bastante cerca, en dirección oposta a por onde vos chegastedes.

A néboa empeza a ser menos densa, pero ainda costa ver.

Notas de juego

Zeltia, tes un turno pra atacar, Balgadrox, podes volver a intentar zafarte do cadáver.

Cargando editor
30/09/2013, 23:32

Mentres te viras e reviras intentando zafarte, ves como Zeltia, que está mirando hacia o fronte con cara de dor, ten un demo xusto detrás, a escasos pasos de ela.

Cargando editor
30/09/2013, 23:34

Os homes e mulleres que vas liberando, danche animadamente as grazas, e ao tempo van axudando a outros presos. Máis cando lles preguntas polo rei, a maioria deles esquivante, cunha mirada de culpa e medo, pero un par deles sinalanche unha zona da mina, alonxada de onde estás.

Non habías reparado en aquelo, máis cando che sinalan, daste conta de que hay unha zona bastante grande da terra que é de cor branca. Unindo pezas, temes o peor: unha fosa tapada con cal.

Os cascos dos cabalos xa están case na vosa posición. De feito, xa divisas dende onde estas unha voluta de pó enorme, que seguramente levantan os cascos dos cabalos o seu paso.

Notas de juego

Nota: A mina é a ceo aberto, ten algo de profundidade, é como se estiveras dentro dunha pota, os teus compañeiros están arriba.

Cargando editor
01/10/2013, 13:23
Gael "Penedo" MeicBrido
Sólo para el director

Cando lle sinalan onde pode estar o rei o corazón do druida da un brinco. Pero non hai tempo para chorar, segue axudando ós que pode ata que se da conta de que os cabalos están a chegar cando mira a nube de pó que van levantando. Dase conta de que ten que saír de alí se non quere facerlle compaña ó rei.

- Imos alo! veñen cabalos hai que facerlles fronte!

E sube cara o comezo da mina, de xeito que non queda nunha posición baixa. Mentras sube colle unhas cadeas dos presos

 

Notas de juego

"Non habías reparado" en galego non hai tempos compostos...

Collo unhas cadeas dos presos para usalas coma látegos ou lanzalas ós xinetes que veñen.

Cargando editor
02/10/2013, 19:09
Zeltia MacLain

Os cabalos desconcértanme, pero non hai tempo para parar a pensar, o combate está endiañado, non hai modo de parar. A pesar da dor, tento moverme o máis áxilmente posible, e dañar o que poida. Tento dar os maiores mandobles posibles tentando ser certeira, e sen pararme apenas a observar se acerto. O cansanzo está ahí, pero non me permito pensar nel.. Quero rematar ós diaños xa!

- Tiradas (2)

Motivo: ataque

Tirada: 3d6

Resultado: 12(+3)=15

Motivo: ataque

Tirada: 2d6

Resultado: 4(+1)=5

Notas de juego

perdón, a segunda tirada non era de ataque, era de safar. Que me esquecín de cámbialo *_*

Cargando editor
07/10/2013, 06:00
Balgadrox "O Mouro"

Balgadrox segue tentando ceibarse con escaso éxito, mentres ve como se achega o fin. Zeltia non parece que teña moitas posibilidades soa e ferida. E o resto...¿qué foi do resto?. 

Pensou na súa terra, nos seus pais...en todo que deixaría tras de sí. Realmente non era para tanto. Tería un fin acorde co que se merecía; patalexando coma un neno, sen poder facer nada por ceibarse de debaixo dun demo morto.

- Tiradas (2)

Motivo: Liberarse

Tirada: 4d6

Resultado: 14

Motivo: Liberarse

Tirada: 4d6

Resultado: 16

Cargando editor
07/10/2013, 12:58

Zeltia intenta recompoñerse do golpe que a tirou o chan. Levántase como pode, é cunha furia cega carga contra o demo que ten diante, pese a atinar no branco, apenas consegue facerlle unha ferida superficial, pois este conseguíu protexerse en parte tras un pequeno escudo.

Xusto cando ía soltar outro golpe, viu polo rabo do ollo como outro diaño se lle achegaba polas costas. Pese a que intentou esquivalo, non lle deu tempo, e iste atravesouna de lado a lado por un hombreiro cunha lanza enferruxada. A dor era atroz, e o peor de todo e que a tiñan atrapada.

Con ela e Balgadrox sen poder moverse, Muria e o druida en paradeiro descoñecido e Penedo desaparecido...a cousa non pintaba moi ben.

A néboa iase disipando, xa se veía bastante ben, de feito, a parte de escoitar os cascos dos cabalos, xa conseguíades ver a voluta de pó que estes xeneraban, moi preto vosa.

- Tiradas (5)

Tirada oculta

Motivo: ataque

Tirada: 3d6

Resultado: 7

Tirada oculta

Motivo: ataque

Tirada: 3d6

Resultado: 5

Tirada oculta

Motivo: dano

Tirada: 1d6

Resultado: 1(+1)=2

Tirada oculta

Motivo: dano

Tirada: 1d6

Resultado: 1(+1)=2

Tirada oculta

Motivo: dano zeltia

Tirada: 1d6

Resultado: 1(+1)=2

Notas de juego

Balgadrox, último turno pra intentar zafarte. Zeltia, tes a mesma oportuniade que Balgadrox, tira por corpo, e intenta "descravarte", tes que superar no teu caso unha tirada máis sinxela, de 12, pero faraste 1 punto de dano, tanto se o consegues coma se non.

Zeltia recibe 3 puntos de dano (0/6) (tranquila, non estás morta)

Balgadrox segue igual (5/7)

Pese a que xa no último turno as vosas tiradas foron públicas, recordarvos que coa néboa eran ocultas. Agora, ao disiparse esta, xa podedes publicalas de novo públicas. Tamén foi esta a última tandada de tiradas ocultas miñas.

Necesito tiradas de atención ambos, canto máis saquedes, máis cousas vos desvelo.

Cargando editor
07/10/2013, 13:10

Ao coller as cadeas e berrar, varios dos presos imítante e suben contigo.

Chegades arriba xusto a tempo pra recibir os xinetes máis pronto reparas en que son xinetes gehel. Levan símbolos un tranto estranos pra estas terras, pero non son símbolos do sidhe nen nada que se lles asemexe. O primeiro dos xinetes leva unha armadura de bronce completa, que polo que ti sabes, so xente de moi alta posición pode chegar a levar....de feito...de feito...de feito ese home víchelo en Lugh, xunto ó rei Mirrado. Chamáronlle " o breixán", pero non recordas o nome.

Pasan o voso carón sen practicamente mirarmos e van encamiñados hacia donde fai uns intres a tua néboa non deixaba ver nada. Pasa un bon anaco ata que remantan de pasar. Son centos deles!

Notas de juego

Tirada de atención pra ver o que está pasando entre os restos da tua néboa máxica e o polvo que levantan os xinetes.

Dificultade 12.

Cargando editor
07/10/2013, 13:27
Gael "Penedo" MeicBrido
Sólo para el director
- Tiradas (1)

Motivo: atencion

Tirada: 2d6

Dificultad: 12+

Resultado: 9(+3)=12 (Exito)

Cargando editor
07/10/2013, 13:29

Cando te das conta de que os xinetes non supoñen perigo, fíxaste donde estivo fai uns intres a tua néboa. Balgadrox está no chan, sepultado baixo o cadáver dun demo. Un demo atravesou de lado a lado, pola parte superior do seu corpo a Zeltia, a cal parece estar intentando librarse de tan atrapadura, mais parece que é un xesto de resistencia á morte, máis que dunha verdadeira zafada. A uns poucos metros de Zeltia, hay un corpo inerte, parece o de Muria, eo Druida...do druida nada ves.

Tamén ves cadáveres de demos no chan, polo menos 3, contnado o que está aprisionando a Balgadrox..

Ainda hai uns cantos demos en condicións de loitar, que parecían totalmente desorientados, máis agora que ven os cabalos e os seus xinetes, parecen máis preocupados de ver por onde han de fuxir que de plantar cara a naide.

Cargando editor
07/10/2013, 13:54
Gael "Penedo" MeicBrido
Sólo para el director

Cando Penedo ve a Zeltia loitando corre as catro patas oubeando  e coas fauces abertas cara ela coa esperanza de que o demo a solte e o chegar lanzase sobre o demo cravando as garras nel e trabándolle no pescozo.

- Tiradas (3)

Motivo: loita

Tirada: 4d6

Resultado: 17

Motivo: loita

Tirada: 4d6

Resultado: 12

Motivo: dano

Tirada: 2d6

Resultado: 7(-1)=6

Notas de juego

ignora a 2ª tirada de loita XD

Cargando editor
09/10/2013, 20:34
Zeltia MacLain

Istes diaños non se renden xamáis.. mais eu tampouco.., pensei, a pesar da intensa dor que me paralizaba o corpo por rachas. Non era momento de parar agora, así morrese no intento..

- Tiradas (1)

Motivo: atención

Tirada: 2d6

Resultado: 4(+1)=5

Cargando editor
13/10/2013, 17:23
Balgadrox "O Mouro"

Balgadrox segue a tentar ceibarse do noxento corpo do demo que fica sobre él. E finalmente consegue escorrerse e roda polo chan ceibándose da súa presa inerte. Coa lanza na man vai na axuda de Zeltia lanzando o seu ataque contra o demo que a acertara. 

- Tiradas (3)

Motivo: Corpo

Tirada: 4d6

Dificultad: 18+

Resultado: 5, 5, 6, 5

Motivo: Ataque

Tirada: 4d6

Resultado: 5(+1)=6, 4(+1)=5, 1(+1)=2, 3(+1)=4

Motivo: Atencion

Tirada: 2d6

Resultado: 7(+1)=8

Notas de juego

Que desastre. A tirada de ataque en realidade é un 14. Non sei se atino, nen se me da tempo a facer o ataque. Que decida o director de xogo. 

 

Cargando editor
15/10/2013, 19:22

Zeltia estaba empezando a fraquear en forzas, por máis que o intentaba non lograba zafarse da lanza que a atravesaba. Empezaba a marearse, notaba como as forzas abandoaban o seu corpo. Nun estado de penumbra, na que non sabía se estaba sonando ou estaba desperta viu un lobo xigante á cabeza dunha carga de cabalería, como se a mesma Mórrigan estivese alí, pra liberala de aquela dor, de aquel sufrimento e levala consigo por tan heroica loita.

Logo sentiu un forte impacto, e logo, logo escuridade. Sobre un fondo negro aparecían imaxes que logo se fundían no espesor de aquela escuridade. A cara de seus pais, a sua casa, o seu pobo natal, as suas primeiras andanzas...os mellores momentos da sua vida.

Ata que o fina apareceuselle a imaxe dun corvo enorme, negro coma a noite, que se vai cambiando co rostro dunha muller que non coñeces, unha muller ataviada de guerreira e fermosa, moi fermosa, ata o punto de que te chega a atraer. Oes un susurro

"Ainda non é o momento"

E logo, de novo, escuridade.

Notas de juego

Cambiamos de escena.