Partida Rol por web

Crónicas de A Montelada

A tasca do Pelexas

Cargando editor
29/09/2011, 10:19
milady

Sí, +1 ao que dí Moucho :)

Tamén teño que facer a ficha, só busquei a foto.

Cargando editor
09/10/2011, 13:49
Faris

Tres cousiñas:

A- Xa estou de volta

B-Posto que non houbo máis interesados, xogaremos con tres personaxes.

C-Esas fichas, malandríns.

Cargando editor
09/10/2011, 16:48
moucho

Volveches anuncia-la partida????

Cargando editor
09/10/2011, 22:42
Faris

Sí, si que a anunciei.

Cargando editor
10/10/2011, 16:08
milady

Cita:

C-Esas fichas, malandríns.

jejeje... eu xa puxen a historia e a descripción da miña, a ver que tal.

Cargando editor
10/10/2011, 16:23
javierrivera2

A ver se esta noite ou maña saco tempo.

Cargando editor
10/10/2011, 17:30
moucho

Eu teño a ficha, pero non a historia. A ver se saco logo un ratiño para ilo...

Cargando editor
14/10/2011, 12:35
javierrivera2

Ficha e historia listas.

Cargando editor
14/10/2011, 20:19
moucho

Eu tamén o teño listo todo

Cargando editor
14/10/2011, 21:39
Faris

Historias ben, e fichas tamén as dúas que están. Falta a de milady.

De todas maneiras, este fin de semana, a ver se abro a primeira escena.

Cargando editor
15/10/2011, 08:43
milady

Ficha feita! ^_^

Cargando editor
17/10/2011, 23:45
Faris

milady, doulle a miña bendición á túa ficha.

Pois todo listo, e primeira escena aberta.

Cargando editor
27/10/2011, 09:45
moucho

Sinto a demora en postear, pero estou de traballo ata as orellas, fins de semana inclusive... Tratarei de postear máis (ainda que non moi longo), pero non podo prometer demasiado estes días.

Cargando editor
29/10/2011, 18:52
Faris

Non te preocupes, podémolo tomar con calma e asumir de momento ritmo baixo.

No Caderno de Notas do Cronista, engadín a descripción do que é unha figa.

Cargando editor
25/11/2011, 21:20
Faris

Posto que xa fai unhas dúas semanas que puxen a ultima mensaxe e non houbo resposta, gustaríame preguntar se queredes seguir coa partida. Poida que isto non fose o que esperabades, e como dixen no fio no que planteei a proposta, como directora teño moitos defectos, así que ó mellor a partida non vos acaba de convencer.

Se ese é o caso, creo que é mellor que o digades e pido que borren a partida. Non me vou molestar e non vou poñer negativos a ninguén, pero creo que se non queredes continuala, é mellor dicilo e acabar con ela a tela aquí só ocupando espacio.

Cargando editor
25/11/2011, 21:38
javierrivera2

A min a partida apetéceme. O problema das partidas de baixo ritmo e que e fácil pasarse un post, e se non volta a saír en novidades non pensas nela, e a diferencia das de ritmo diario, eu non teño costume de pasar por elas cada día. Se ves que non respondo durante mais dun par de días, escribe algo aquí (aínda que sexa un simple BUMP), para que saia en novidades.

Cargando editor
27/11/2011, 11:30
milady

Pásame igual ca Javier, debéuseme ir das novidades. A ver se agora lle damos unha tiradiña para adiante! :D

Cargando editor
27/11/2011, 12:11
milady

vou parar por agora, máis que nada para que Moucho tamén meta baza se lle convén :) se non, me da que o cura e a mestra seguen lareteando ata o día seguinte ^_^

Cargando editor
27/11/2011, 20:02
Faris

O que ten moucho é que está estresado e ata arriba de traballo, e vai estar así polo menos uns meses, polo que tampouco se pasa a miudo. Voulle dar uns días por se quere poñer algo e despois poño turno.

Cargando editor
07/12/2011, 23:22
Faris

Dúas cousas.

Primeira: Se vos parece, imos facer un parón ata Xaneiro. Sí, xa o sei, primeiro chórovos porque non me escribides e agora fago isto. Pero moucho vai a estar liado ata despois de Navidades, e xogar con só dúas persoas é algo triste, e como de todas maneiras por Navidade moita xente non se pasa por aquí, pareceume que non é mal momento.

Segundo: Para os que sepan algo de lobos, daránse conta de que os lobos reais nunca se comportarían como eu os describo. Os lobos de verdade non soen atacar á xente a non ser que fora un ano malo e estén famentos e sen outras presas. Non porque sexan nobles, bos, considerados nin tadas esas cousas, son animais, non humanos, e non teñen por qué sentir cariño ningún cara os homes. Pero símplemente damos demasiados problemas como presas, somos demasiado grandes, ir moitas veces en grupo e soemos ter acceso a armas, así sexan tan só pedras e paus. Agora ben, os lobos das lendas galegas son criaturas case sobrenaturais: son astutos, fortes, rápidos, crueis e cunha intelixencia case humana, e ademáis cunha incrible voracidade. Isto é especialmente certo para os lobishomes, as persoas coa maldición de converterse en lobos, pero tamén para os lobos normais. Os lobos que aparecen na partida, por tanto, son os lobos dos contos, e non teñen nada que ver cos lobos reais.