Partida Rol por web

Crónicas de A Montelada

Capítulo 2: Vixilia de unha noite de verán

Cargando editor
04/04/2012, 00:22
Marcelino

O vello negou coa cabeza.

-¿E para que ía precisar lume a señora, cando todo o mundo sabía que era unha moura? Estas era as súas terras antes de que se asentara aquí o marqués. Todo o demais, entregoullas como dote ó que consideraba seu home. Tan só as terras estas conservou como súas, e ergueu a torre nela para que viñera a vela o seu namorado. E nestas terras é onde ela seguía tendo poder para facer e desfacer como quixera. Se ergueu a torre, tamén a tirou cando se cansou dela.-Ergueuse de onde de estaba sentado e achegouse os outros tres, co can de madeira na man-Pois veña esa misa, logo, xa que temos cura e axudantes. E posto que cartos non teño, e non val misa sen que o cura leve a súa paga, aquí lle dou isto polos servizos.-Colleulle a man ó cura e deixou nela o can de madeira, sen facer case do arrepío co que Antonio retirara a man, xa coa figura nela. Tiña o vello as mans frías coma o xeo, a pesar de ser aquel día de calor.

Cargando editor
04/04/2012, 09:19
Antonio Anta Gonzalez

Antonio tenta disimular o desagrado que lle produciu tocar a man do vello cun sorriso.

- Gracias, aprecio moito o regalo - comenta - pero xa pagou o alcalde pola misa, non e necesario. Outra cousa e se me o da de corazón, entón aceptareino a gusto. - mentres fala o crego vai sacando da mochila os aparellos mínimos para dar a misa, unha biblia para as lecturas e pan consagrado gardado con mimo nun pano.

 

Notas de juego

E por min, tras a resposta do vello, podemos empezar a misa, a ser posible dentro das Pedras.

Cargando editor
04/04/2012, 11:21
Marisa Cabanas

O señor cura se dispuña a comezar a misa, e eu quedeime no sitio, piadosamente quieta. Sempre me impoñía moito ver os preparativos de tales cerimonias, supoño que o de haber vivido interna cun colexio de monxas influíu nese respeto case místico polas cousas eclesiásticas.

-Se necesita axuda, padre..-díxenlle nun susurro. E agardei a que todo comezase.

Cargando editor
07/04/2012, 00:15
Director

Dirixíronse os catro ata o que quedaba da planta da torre, e alí, no sitio máis despexado, comezou o padre a preparar as cousas para o servicio de mortos. Era hora xa de darlle descanso as almas que durante tanto tempo esperaran por el.

Abriu don Antonio a Biblia polos pasaxes que iba a ler, inda que pouca falta lle facía, porque ata cos ollos cerrados podería recitalos, e dou comezo á misa para as varias ducias de persoas que alí había. Desde nenos a vellos, homes e mulleres, vestidos co que debía ser roupa de festa, polos adornos que tiñan, aínda que pouco se parecían ás que se levaban nas feiras e romerías ás que foran. Alí estaban, onde ata había non máis ca un segundo non había máis que pedras e terra, que pareciran ter surxido do mesmo aire. Atendían ó cura co semblante serio adecuado o tipo de cerimonia que era, aínda que algún dos nenos rebulían un pouco, con máis ganas de xogar que de estar coas cousas de curas, ata que Marcelino, sentado á beira de Ramiro, lles chiscou un ollo e puxo un dedo diante dos labios para indicarlles que calasen.

Cargando editor
07/04/2012, 14:47
Marisa Cabanas

Non puiden evitar abrir moito os ollos ante o que estaba vendo, mais non dixen un chío. Arrepieime do que acontecía, mais non movín un só músculo.

A friaxe da escena tíñame aterecida.. ¿ou era o medo? Non me atrevía sequera a respirar.

Aquelas caras nos miraban sen vernos, pendentes das palabras de Don Antonio. Non podía deixar de miralas eu a elas. Homes, mulleres e nenos, surxidos nun segundo, fascinantes e arrepiantes á vez..

Cargando editor
08/04/2012, 10:25
Ramiro "Xugho" Sanromán

Ramiro non podía dar creto ós seus ollos, ¿ou seica si? Depois de todo, aquelas terras estaban enfeitizadas, iso quedara ben claro polos relatos duns e mailos outros. Sen embargo, unha cousa era escoitar historias e outra ben distinta estar alí e velo.

Ramiro botou el nombredelpadre e ficou quedo, moi quedo, atento á misa e rezando tratando de non deixarse levar polo medo ---ou pánico máis ben.

Cargando editor
09/04/2012, 09:24
Antonio Anta Gonzalez

As aparicións fanlle dar un respigo a Antonio, pero logo segue dando a misa con calma, coma se nos pasado xa se vira con cousas parecidas.

Cargando editor
11/04/2012, 20:30
Marcelino

Seguiu o padre coa misa, co seu peculiar conxunto de fregueses, mentres que pouco a pouco se ía agochando o sol por detrás das árbores. Chegou ó Pax vobiscum* cando xa o sol se escondera de todo, e a torre estaba iluminada por esa luz dourada do atardecer de verán. Contendo o alento, Marisa, Ramiro e Antonio, esperaron a ver que pasaría con aquelas persoas, unha vez acabada a misa. Mais eles non parecían ter moita presa por marchar. Rindo e falando das súas cousas, a xente foise separando en grupiños, saudándose como se estiveran no adro da igrexa despois da procesión. Inda que non era iso de todo certo. Íanse separando, sí, pero pouco a pouco tamén ían deixando aberto un camiño por diante deles tres, e ata o centro da torre, onde había unha escaleira cara abaixo, perdéndose na escuridade do fondo. ¿Estaba aquelo alí cando chegaran? Non podían recordala, aínda que con tanto cascallo, quén sabía.

Ó ver que non se movían, algúnhas daquela persoas comenzaron a miralos, como se estivesen esperando que fixesen algo.

-Os traballos que se empezan hai que acabalos.-Dixo Marcelino, sinalando a escaleira-¿Non pensarán deixar a cousa a medias?

Notas de juego

*Porque nos anos 30 as misas inda eran e latín. E de costas ós fregueses.

Cargando editor
12/04/2012, 20:00
Antonio Anta Gonzalez

Antonio suspira.

- E por suposto non nos vas dicir que nos espera aí embaixo, verdade? - pregunta o crego resignado, tras un segundo persignase, vota unha pregaria en voz baixa i empeza a andar cara a escaleira. - Creo que eu teño que ir, que sexa o que Dios queira - di mirando os seus compañeiros a medio camiño - pero vos se queredes podedes quedar(*).

Notas de juego

Que duro e o traballo de cura, e logo din que todo e comer e liarse coa criada...

Cargando editor
14/04/2012, 15:38
Ramiro "Xugho" Sanromán

--- Se lle digo a verdade, preferiría quedares eiquí enriba, pero non me parece correcto deixalo ir só ai embaixo. ---logo, volvéndose cara a mestra--- Señorita Cabanas, eu vou baixar co padre, pero creo que sería mellor para vostede que dese volta...

Cargando editor
15/04/2012, 15:54
Marisa Cabanas

-Non, non.. eu quedo con vostedes. Viñemos todos, e todos habemos marchar. Se lles parece, como non sabemos o que hai aló embaixo, pode ir baixando un de nós, con coidado.. ¿parécelles?

Cargando editor
23/04/2012, 23:42
Marcelino

Dando por boa a suxerencia da mestra, comezou Ramiro a baixar polas escaleiras. Moitos minutos descendeu entre as tebras por aquela escaleira en espiral, sen ver indicio de que fora a acabar pronto. Aínda que algo había alí abaixo, pois unha luz que non era a daquel día que remataba, podíase ver polo oco da escaleira . Volveu subir, con poucos folgos, para contar o que vira, ou máis ben o que non vira. Ía levar un tempo baixar de todo, e o que o fixera pouca axuda podía esperar que lle desen os que estaban arriba, se a precisaban.

-A noite de san Xoán é curta-advertiunos Marcelino-E non todas as portas que se abran este día permanecerán abertas cando volva a saír o sol. Pouco tempo teñen para facer o seu traballo.

Cargando editor
24/04/2012, 10:32
Ramiro "Xugho" Sanromán

Ós poucos de escomenzares a baixar pola escaleira, Ramiro puido ver, alá ó fondo, unha luz que brilaba. Aquilo púxolle os pelos de punta igualiño ca un gato diante dun can. Pareuse, mirou para "rriba", para baixo outra vez, e decidiu volver sobre os seus pasos. Ramiro non era home cobarde, pero aquilo saíase do pactado co alcalde, e dende logo alá embaixo el non iría só. 

--- Padre, señorita Cabanas, ai hailles unha escaleira que baixa en voltas en máis voltas ata o fondo da terra, e algo brilla alí embaixo. Isto non me gusta, padre, non sei se será boa idea seguires, pero se vostede decide baixar eu irei con vostede, mais primeiro habería que acende-lo candil, o camiño e longo, e podemos tropezar ou resbalar e caeres se non vemos por onde pisamos.

Notas de juego

Si, que baizar habemos baixar, pero eso non quita que o home non estea polo labor inicialmente, e menos por unhas moedas...

Cargando editor
24/04/2012, 10:52
Antonio Anta Gonzalez

- Ramiro, hai que terlles medo pero estas cousas non se poden deixar as medias - di o crego mentres move a cabeza - Non se trata xa das moedas do alcalde, pero o que fagamos ou non hoxe terá paga, se non nesta vida na outra. Estas cousas non se poden deixar as medias. - repite mais para el mesmo que para os demais.

Sen mais pausa prende o candil e continua a baixar.

Cargando editor
01/05/2012, 22:31
Ramiro "Xugho" Sanromán

Ramiro fixo o propio co seu candil, e adentrouse nas profundidades seguindo ó padre de preto, listo para botarlle a man se pasaba algo.

Notas de juego

ups... pensei que xa posteara

Cargando editor
02/05/2012, 23:49
Director

Baixaron cos seus candís acesos, por aquelas escaleiras que descendían e descendían. Metros e máis metros, os minutos pasaban un tras outro, e a luz íase acercando de vagariño. Pero íase acercando. Non sabían xa canto tempo pasara cando chegaron abaixo, a un ancho pasillo de pedra, iluminado por grandes lámpadas nas que as velas ardían cunha luz cálida.

Os lados había varias portas de madeira maciza, de boa calidade. E no fondo víase aberta unha habitación con un gran asento de madeira, que case parecía un trono. Máis non deran máis que uns pasos cara ela, movidos pola curiosidade, cando, como do mesmo aire, un enorme can apareceu ante eles, bloqueándolles o paso. Fero aspecto tiña, e non pouco os asustou o seu tamaño. Inda que pouco lles durou o susto do can, cando viron outra cousa que máis motivos lles dou para ter medo. Por detrás da porta que se vía o fondo, viron deslizarse o corpo dunha serpe, tan grande como ningún cristián vira nunca. Cunha cabeza que podería papar medio home dun bocado, e acabar co outro medio á hora da seguinte comida.

Notas de juego

Asumo que baixades os tres.

Cargando editor
03/05/2012, 09:36
Antonio Anta Gonzalez

Antonio saca con coidado a biblia da sotana, e collea con forza, coma se fora o seu escudo mentras mira as criaturas:

- ¿Quen sodes?, ¿que queredes de nos? - pregunta intentando aparentar unha calma que non posúe.

- Tiradas (1)

Notas de juego

Fixen unha tirada oculta de lendas por se hai algún simbolismo en todo isto que me perda.

Cargando editor
03/05/2012, 10:09
Marisa Cabanas

Cando vin aquela serpe xigantesca os ollos abríronseme coma platos, non o puiden evitar. Tentei disimular o medo, pero era cousa imposible. Pechei os ollos e fixen canto puiden para seguir descendendo, inda que mentalmente me puxen a rezar canto sabía.

¿Cómo rematei enleada nunha aventura así?

A cabeciña dábame voltas, esperaba non ter que me enfrentar a semellante becho, ou non sabía se sairía correndo..

Cargando editor
05/05/2012, 20:06
Ramiro "Xugho" Sanromán

Lobos, case serpes xigantes... o día viñera completiño, diso non cabía dúbida ningunha. Non sen pouco medo, Ramiro deu un paso ó frente co candil diante súa namentres botaba ó padre cara atrás despaciño pero de firme co mango do caxato, interpoñéndose así entre o can e mais os seus acompañantes. Procurou non facer movementos bruscos que incitasen ó cadelo, xa dabondo tivera cos seus curmáns os lobos.

- Tiradas (1)

Notas de juego

Boto tamén tirada de lendas.

Cargando editor
06/05/2012, 23:04
Ramona

Lendas oíran de que as veces os mouros usaban como gardiáns das cousas que máis valoraban serpes xigantes como a que tiñan diante. Máis unha cousa era ter oído delas e outra velas a poucos metros. E se ben algunhas veces esas serpes non eran serpes reais, senon obxetos ou xente encantada, non sempre a maneira de desencantalas era a mesma, ou fácil de facer.

A serpe viunos e levantou a cabeza, movéndoa dun lado a outro sen apartar a vista deles. Recuaron pouquiño a pouco, con coidado de non espantala, pero de repente a serpe, cunha velocidade que non se crería en unha besta de semellante tamaño, impulsou o seu corpo cara adiante coa forza dun ariete...para ser detida cun forte golpe ó chegar á porta por unha invisible barreira. Retrocedeu a serpe, probablemente irritada por non poder alcanzalos, aínda que sen deixar de miralos.

Aínda estaban recurando o alento cando soou unha voz detrás deles.

-¿Qué fan aquí? Teñen que marchar agora mesmo, se o Señor sabe que hai aquí xente non escaparán vivos.