Partida Rol por web

Crónicas de A Montelada

Capítulo 2: Vixilia de unha noite de verán

Cargando editor
20/08/2012, 23:18
Ramiro "Xugho" Sanromán

--- Sé so precisamos que sangue, coido que se pode facer sen poñernos en perigo nin facerlle demasiado dano a ela... Padre, nunca lanzou pedras cunga fonda cando era neno? Eu si, mais perdín un pouco de maña cos anos e mailos lustros ---sorriu tristemente---. Se tivesemos unha corda ou unha cinta... ---mirou ó seu redor--- Señorita Cabanas, a súa chaqueta non será desas que ten un cinturonciño de tea, verdade?

 

Cargando editor
20/08/2012, 23:30
Ramona

-Se precisan cordas ou cintas, por iso non se preocupen. Cordas teño eu onde gardo as ferramentas, e cintas tamén me podo facer con elas.-Interviu Ramona

Notas de juego

Sé so precisamos que sangue

Ferila con algo que sexa de ferro

Cargando editor
20/08/2012, 23:38
Ramiro "Xugho" Sanromán

--- Traia, traia.

Co que Ramona lle trouxo ---unha cordiña e unhas cintas--- fixo rápidamente, con axuda da navalla, unha especie de fonda, mais en lugar dunha pedra o que fixo foi engancha-la navalla.

--- Coido que con isto podo intentar lanzarlle a navalla e clavarlla na cola, mais só terei un tiro.

Notas de juego

Qué tiro?

Cargando editor
21/08/2012, 00:15
Director

Ramona e máis a súa filla leváronos a entrada da habitación onde estaba a serpe, e o can* seguiunos de cerca. A serpe estaba durmida cando chegaban polo pasillo, máis de seguido que notou que viña xente despertou vixiante.

-Non pode sair desa habitación, pero o único que pode entrar sen que Isabel tente matalo é o Señor-esplicou Ramona, mentres detrás dela o can empezaba a ladrarlle á xigantesca besta.

Notas de juego

Recordatorio

* Un can que encontrastes de repente cando chegastes abaixo e que nin Ramona nin a súa filla recoñeceron, ó mesmo tempo, desapareceu a figura de madeira dun can que lle regalara a Don Antonio o espírito (pois agora xa supoñedes que en realidade era unha das persoas que alí morrera) de Marcelino.

Podedes tentar desencantala (xa sabedes o que tendes que tirar, os que sepades algo diso), e se iso non funciona ou queredes xa probar directamente o outro método, tirade armas a distancia. De todas maneiras, credes que as escamas son bastante duras, e con algo como unha navalla, que ten unha folla fina, teríades que darlle nun ollo ou na boca. Supoño que vos acercades canto podedes.

Cargando editor
21/08/2012, 10:35
Antonio Anta Gonzalez

Antonio asente ante a idea de Marcelino.

- E unha boa idea, pero xa que neste lado da porta estamos a salvo, vou tentalo o xeito tradicional - o crego saca unha biblia e unha cruz do peto, preséntalle os obxectos a serpe e empeza a recitar un exorcismo.

Pronto Antonio esta totalmente mollado en sudor mentres segue a recitar nunha especie de latín éstrano frases que probablemente non están na biblia. O cabo duns segundos cae o chan de xeonllos.

- Non podo - di con dificultade para respirar - Teremos que tentalo o teu xeito.

- Tiradas (1)

Notas de juego

Habia que probar, inda que era complicado.

Supoño que o can pode axudar no caso de ter que combater.

Cargando editor
21/08/2012, 11:37
Ramiro "Xugho" Sanromán

Cando Ramiro mirou máis de cerca a serpe deuse de conta que tal vez a súa idea non fose a mellor.

--- Hmmm.... ten a pel dura coma o coiro, vexo dificil que o que eu pensaba funcione... ¿Qué lle dan de comer a este animal, Ramona?

Cargando editor
21/08/2012, 14:32
Ramona

-Unha ovella ou media vaca, unha vez por semana ¿Por qué?

Cargando editor
21/08/2012, 16:37
Ramiro "Xugho" Sanromán

--- ¿E se lle metemo-la folla do coitelo no medio da carne? Pero ben atravesado, para que non o chegue a tragar. Desta forma ferirá o ceo da boca e sangrará.

Cargando editor
23/08/2012, 22:59
Director

Tira un dado de 10, e intenta sacar 6 ou máis.

Cargando editor
24/08/2012, 19:07
Ramiro "Xugho" Sanromán
- Tiradas (1)

Notas de juego

Arghhh!

Cargando editor
28/08/2012, 00:21
Director

Probaron co sistema que ideara Ramiro. Ramona trouxo a carne e meteron nela a navalla, mais fora porque non a colocaran ben e se soltara ou porque o bicho era máis duro do que pensaron, se feriron a serpe, non foi suficiente.

Cargando editor
28/08/2012, 01:26
Marisa Cabanas

Moito noxo me daba a serpe, mais tentei sobrepoñerme a iso..

-E oian, ¿por qué non tentamos distraela, e que algún a corte co coitelo, ou mesmo simplemente lanzarllo? Con boa puntería, poderíamos facela sangrar, ¿nonsi?

Notas de juego

Perdón pola tardanza, as vacacións.. >_<

Cargando editor
28/08/2012, 08:52
Antonio Anta Gonzalez

Antonio dubida...

- Non creo que conseguiramos nada lanzando o coitelo - comenta o crego con tristeza, meneando a cabeza - Creo que non temos mais solución que atacala todos a vez, con un pouco de sorte vaise cebar nun e mentres os outros poderán facerlle unha ferida - ponse pálido o falar polas implicacións das súas palabras - Eu son o mais vello, e o señor xa me concedeu unha vida longa e boa - di cun sorriso forzado - Eu serei a distracción. Cando me ataque tentade ferila.

Antonio busca un pao o máis longo posible, sopesalo e golpea o aire con el dúas veces, saca a biblia do seu peto, dalle un bico, volve a gardala, suspira e comeza a entrar na habitación da serpe.

Notas de juego

Pois se non queda outra solución haberá que facelo polo método D&D ;)

Se aguanto un par de turnos, son dos turnos que tedes para ferila.

Cargando editor
28/08/2012, 23:51
Director

Antes de que o párroco se metera na habitación o can comezou a correr e púxose diante del, interpoñendo o seu corpo entre o home e os dentes da besta. Ladrando e botándolle mordisco, comezou a acosar á serpe como se fora unha vaca que non quixera unirse ó rebaño, pero a pesar de que máis de unha vez consegui chantar os dentes na pel daquel monstro, pouco máis pareceu que fixera aparte de anoxala, ata que a besta, xa farta daquela molestia, se botou enriba del, clavándolle os dentes cheos de veleno ata que deixou de moverse e tragándoo despois du bocado. Mais a cea foi pouco do seu gusto. Antes de desaparecer pola súa gorxa, algúns dos que estaban alí alcanzou a ver como parecía que o can parecía tranformarse de animal de carne e oso en madeira, e ó pouco a serpe comezaba a retorcerse como se estivera agonizando.

Notas de juego

A serpe agora está moi ocupada afogando como para atacar. Isto non significa que non sexa perigoso acercarse a ela, porque é un bicho xigante retorcéndose sen control polo chan. Só significa que non vai atacar. Pero se vos acercades sen coidado inda podedes recibir un bo golpe.

Cargando editor
29/08/2012, 08:42
Antonio Anta Gonzalez

Antonio sorrí, un pouco mais calmado e con menos medo.

- Gracias Marcelino, gracias señor - di en voz alta mentres entra na habitación persignándose e disposto a tentar ferir a serpe xigante coa súa navalla. - Vamos rapaces e agora ou nunca.

Notas de juego

Pois a por ela... ti dirás que tiramos.

Cargando editor
29/08/2012, 10:42
Ramiro "Xugho" Sanromán

--- Señora Ramona, señora Ramona!, Rápido, un coitelo, pois a miña navalla está xa no bandullo do bicho!

Cargando editor
03/09/2012, 23:42
Director

Ramona marchou correndo e volveu cunhas fouces e unhas forcadas, e deiuxou que Ramiro collera o que quixera. Dentro da habitación, o monstro seguía axitándose dun lado a outro.

Notas de juego

Vou supoñer que o bicho é tan grande que non costa moito acoitelalo...sempre e cando esquivedes os latigazos do corpo da serpe, podedes facelo. Non fai falta que tiredes iniciativa, podedes actuar todos á vez. Tirade vos mesmos, os que entren o "ataque" da serpe para ver se vos da (10+1o3, contra a vosa defensa)

Cargando editor
04/09/2012, 09:02
Antonio Anta Gonzalez

Notas de juego

¿E como vai a defensa?

Cargando editor
04/09/2012, 20:51
Director

Tédelo en Os estatutos de A Montelada

Defensa: Destreza + Armas CC/Pelea + 5

Cargando editor
05/09/2012, 11:45
Marisa Cabanas

Don Antonio e o Xugho arrepuxéronselle á serpe, moi bravos.

Eu collín os artiluxios que Ramona traía, e dinllos a toda presa.

-¡Eiquí teñen, collan o que precisen!

Notas de juego

Eu non teño nin atributo de pelea nin armas CC... ésto de ser muller naqueles anos érache una gaita :/ co que mola Lara Croft dando leña XDD

Mellor non tiro inda, a ver cómo lle vai a eles.