Partida Rol por web

Crónicas de A Montelada

Capítulo 2: Vixilia de unha noite de verán

Cargando editor
19/07/2012, 00:47
Ramiro "Xugho" Sanromán

--- Meu señor, o primeiro que as xentes quererán saber é o título que ostenta o verdadeiro dono destas terras, pois todos cremos que ese é o señor alcalde. O segundo que nos preguntarán é cal é a natureza da afrenta da que foi obxecto.

Cargando editor
23/07/2012, 23:46
Don Cibrán

Don Cibrán, que así se chamara a sí mesmo, non pareceu moi contento cando oíu dicir que o alcalde era o dono desas terras.

-Miña nai era a señora e dona de estas terras, desde antes que ningún cristiano viñera poñer aquí o seu pe. Dela eran todas as terras ó sur do río. Todas as demais foron dadas como prenda de amor e dote cando ela e meu pai intercambiaron os votos, mais as terras onde se construíu a torre, esas soas non foron entregadas, e aquí construiuse o que tiña que ser o lugar onde eles os dous podían vivir xuntos. Se pregunta que afrenta se fixo, foi a rotura dunha promesa. Miña nai namorouse do meu pai, o marqués de Aldarán, e el prometeulle tomala como a súa muller. Ela doulle as terras e todo o que el lle pediu. Mais unha vez que tivo o que quixo, o marqués dixo que non eran validos os votos feitos fora dunha igrexa, e con muller que non era bautizada, e o que unha vez dixera esquenceuno e tomou outra muller. As promesas que miña nai fixera, feitas estaban, e os da miña sangue non esquencemos. O marqués tivo as súas terras e as súas aldeas, mais en estas de aquí nunca máis a ninguén se lle permitiu vivir. E das promesas que o marqués esquenceu, esas tamén foron lembradas por ela, e tivo o marqués motivos para lamentar non manter a súa palabra. As terras nas que estamos, co tempo, pasaron as miñas mans, e nin o marqués nin home ningún ten dereito a plantear reclamación ningunha sobre elas.

Cargando editor
24/07/2012, 09:03
Antonio Anta Gonzalez

Antonio move a cabeza.

- Entendo, seguro que o problema das terras pódese arranxar - comenta, mentres mantén a man no peto, agarrando con forza a súa biblia - Pero o que nos preocupa son as animas de aí enriba. Hai ducias de persoas atrapadas entre este mundo e o outro. De algunha forma non as deixas partir, e iso non esta ben. A morte debe seguir o seu curso.

Cargando editor
24/07/2012, 22:03
Marisa Cabanas

-¿Qué lle fixo esa xente, don Cibrán? Só queren descansar en paz.. Meréceno. Xa bastante sufriron na vida coma para sufrir así na morte. Déixeos marchar, señor.. Déixeos ir -dixen, profundamente conmovida pola dramática historia que se ía desentramando.

Cargando editor
25/07/2012, 23:58
Don Cibrán

-¿E por qué debería facer algo pola xente do perxuro? Os mesmos que celebraban como a miña nai era esquencida, repudiada e insultada.

Cargando editor
26/07/2012, 00:14
Antonio Anta Gonzalez

- Porque todos os castigos teñen unha duración - contesta o crego - Esa xente xa sufriu de abondo polo que fixo. Agora e tempo de deixar que o rio siga o seu curso e as súas animas pasen. Xa xeran xulgadas por quen lle compete - engade en voz mais dubidosa - Ti tamén vas ser xulgado no futuro coma todos, estando a xustiza xa servida, e mellor levar na conciencia un acto de piedade que un de crueldade.

Cargando editor
26/07/2012, 00:31
Ramiro "Xugho" Sanromán

Ramiro asintiu para sí. Non lle faltaba razón ó señor Don Cibrán, mais as palabras do cura non lle andaban atrás.

Cargando editor
02/08/2012, 23:52
Don Cibrán

-¿E quen me vai xuzgar? ¿O alcalde ese no nome  do que vides? ¿Ou o home de madeira diante do que vos axeonllades nas vosas igrexas?-riu Don Cibrán-¿Teño eu que ser misericordioso cando me mandan a xente a invadir a miña casa, cando aínda os homes do pobo tentan entrar na miña terra de cando en cando con pico e palas para atopar os meus tesouros? ¿Porque teño eu que darvos o que me pedides? Os da vosa caste non fan outra cousa que reclamar e nin o que me foi deixado respetaron. Xa me terían roubado todo se lles tivera deixado.

Cargando editor
03/08/2012, 08:39
Antonio Anta Gonzalez

A cara de Antonio ponse pálida ante a blasfemia de Don Cibran, a duras penas pode conterse.

- Pode que non creas en Deus, pero sabes que hai forzas neste mundo superiores a ti, e tarde ou cede todos debemos render contas. - colle con forza a biblia e encomendase o señor - Pode que ese día para ti sexa hoxe, o que e xusto tense que facer, pídote outra vez, non no meu nome, se non no do creador do universo enteiro que os deixes libres.

Notas de juego

Bueno, se non entra en razóns so queda o enfrontamento máxico. Se segue cabezón, sacarei a biblia, o ciprianillo e a por el. Como diría Antonio, será o que Deus queira.

Cargando editor
03/08/2012, 10:44
Marisa Cabanas

Este home era testán a máis non poder. Moito suplicamos e razoamos, pero non atende a maquinación algunha.. Non entendía eu cómo podía ser así.

-Don Cibrán, déixeos ir.. Hai mulleres, hai nenos.. Tal vez se pidera chegar a un acordo co alcalde, de deixalos tranquilos, de non excavar aquí..

Cargando editor
03/08/2012, 14:09
Ramiro "Xugho" Sanromán

--- Pense tamén na súa muller e maila súa filla. ¿Acaso son elas felices aquí encerradas sen poder ir a ningures?

Cargando editor
06/08/2012, 00:07
Director

Notas de juego

Tirade etiqueta, dificultade 15

Cargando editor
06/08/2012, 00:29
Ramiro "Xugho" Sanromán
- Tiradas (1)
Cargando editor
06/08/2012, 09:57
Marisa Cabanas
- Tiradas (1)
Cargando editor
06/08/2012, 10:33
Antonio Anta Gonzalez
- Tiradas (1)

Notas de juego

Non sei se eu teño que tirar etiqueta. Diría que non ten moito sentido tras o último que dixen, pero... mais vale tirar de mais que ter a partida esperando por ti ;).

Cargando editor
07/08/2012, 00:06
Don Cibrán

-Se con tanta pasión mo pedides, estou dispostos a darvos unha oportunidade. Non hai nada que se consiga a cambio de nada. O marqués inxuriou a miña nai negando a súa voda. É xusto pois que a que ocupou o sitio da miña nai repare o dano converténdose na miña muller. Se podedes facer iso, dareivos o que me pedides. A miña nai castigouna convertendoa na gardiana dos tesouros deste lugar, na serpe que vistes cando entrastes.-dirixiu unha mirada cara a Ramona e a súa filla.-porque agora xa sei que fostes vos quen causastes o barullo de antes. Se desfacedes o feitizo e acepta quedar como a miña muller, teredes o que queredes.  E se non, mentres o dano non sexa compensado, non haberá perdón nin compasión.

Cargando editor
07/08/2012, 09:19
Antonio Anta Gonzalez

- Un matrimonio sen amor e unha cadea, non unha bendición - comenta Antonio, algo mais calmado - ¿Estas seguro de que e iso o que queres?. Vai ser tanto castigo para ti coma para ela... se e co desexas falaremos con ela, pero eu non vou a obrigar a muller ningunha a casar contra a súa vontade. - engade cun ton mais de reto.

- Tiradas (1)

Notas de juego

Tiro Lendas e Tradicions, a ver se sei algo das serpes xigantes que antes foron mulleres.

Cargando editor
08/08/2012, 22:19
Ramiro "Xugho" Sanromán

--- Certo é o que o padre di, meu señor, mais, padre ---revirándose cara este--- a decisión deberá tomala ela. Sen embargo, meu señor ---volvéndose de novo cara Don Cibrán---, qué será entón da señora Ramona e mais da súa filla? 

Cargando editor
13/08/2012, 00:35
Don Cibrán

-Miña filla é miña filla, case ou non case, pero eu son seu pai e son eu quen decido o que fago, non ela. En canto a Ramona, ela só é unha criada, nada ten que ver neste asunto. Para que a serpe volva a ser muller, teredes que usar ferro para ferila ata facer correr o seu sangue. Se queredes facelo, ide xa, e se non vos chega o valor, marchade da miña casa, non teño máis tempo que perder convosco.

Notas de juego

As lendas xigantes aparecen en moitas lendas galegas, asociadas ós mouros e como gardianas e protectoras das súas terras e dos seus tesouros. E estes tesouros tamén podían incluir as súas fillas ou as súas amantes. As veces as serpes aparecen como gardiáns protexendo ás fillas dos mouros de pretendentes que non son do agrado do pai, protexendo as súas mulleres ou amantes, ou aquellas mulleres que desexan e que roubaron. Pero outras veces, son as propias mulleres as que son transformadas en estes monstros, e aqueles que as queren salvar non so teñen que enfrentarse a posibilidade da morte entre os seus aneis ou polo seu veleno, senon que tamén precisan de romper o encanto que as converteu en serpes. Isto pódese facer averiguando a condición para rompelo (bicala, clavarlle un coitelo no corazón...) ou que alguén con poder suficiente rompa o conxuro (dificultade 25 en conxuros).

Cargando editor
13/08/2012, 08:54
Antonio Anta Gonzalez

- Ben, nese caso imos a intentalo - comenta Antonio mentras se da a volta. - Que sexa o que Dios queira. - en canto esta dando as costas a Don Cibrán o crego persignase e aperta inda con mais forza a biblia do seu peto.

Notas de juego

En resumo: estamos ben fodidos. A violencia non e exactamente o noso, e unha dificultade 25 en conxuros, a dado medio, teño un 1% de sacala.

Se ninguén ten outra idea, intentareino, que Antonio ten demasiada fe como para acovardarse. Pero e o momento da idea xenial.