Partida Rol por web

Crónicas de A Montelada

Capítulo 2: Vixilia de unha noite de verán

Cargando editor
07/05/2012, 12:12
Antonio Anta Gonzalez

O cura mira sorprendido a paisana.

- Ramona!!! - comenta - ¿Que fai vostede por aquí?. Nos vimos botarlle unha bendición a isto, xa botamos unha misa enriba, e agora non podemos deixar as cousas a medias, non sei se entendes. - Antonio fala con calma, resignado o seu sino, como se o feito xa non tivera marcha atras.

Cargando editor
09/05/2012, 23:14
Director
Sólo para el director
- Tiradas (3)
Cargando editor
10/05/2012, 05:52
Marisa Cabanas

Sorprendinme tamén pola inesperada aparición da mulleriña, coa que non contábamos ningún de nos. As aúas palabras intrigaronme.

-De qué Señor fala, Ramona? Quén non nos deixará escapar vivos?

Esperaba que non se referise a Deus, non parecía iso.

Todo isto xa rozaba a tolemia máis absoluta.

Cargando editor
13/05/2012, 23:39
Ramona

Ramona abríu unha das portas e agarrounos polos brazos, como se nin sequera os oíra, ou polo menos agarrou polos brazos ós que tiña máis cerca. Medio tirando deles, medio a empurróns, urxíunos para que entrara na habitación.

-Métanse aquí antes de que chegue. E collan ó can. ¡Que non ladre, por Deus!

A habitación era o dormitorio dunha señorita. Non había dúbida diso, posto que a señorita en cuestión estaba nese momento sentada na súa cama lendo nun libro. E non sen pouca sorpresa viu á xente á que Ramona pretendía facer entrar, é a aquel extraño can, que sen un chío, os seguira ata alí. Un can ben parecido á figura que lles dera Marcelino, tanto que Antonio levou a man ó bolsillo para comparalos, antes de darse conta de que xa non estaba alí.

Cargando editor
14/05/2012, 00:00
Ana

A rapaza, de cabelo longo e negro, era feitiña como unha boneca. Vestida cun vestido de veludo vermello, e ben se vía que fino, e cun colar de xemas do mesmo color, a pel branca e non queimada polo sol, e as mans finas de non traballar, semellaba unha señorita de boa casa, e non ningunha campesiña acostumada a levar as vacas ó campo, a plantar na horta ou segar nos prados. E sin embargo, ó primeiro que dixo ó ver a Ramona foi:

-¿Qué ocorre, miña madre? ¿Quen é esa xente?

Cargando editor
14/05/2012, 00:07
Ramona

-Agora non teño tempo para explicarcho. Gárdaos na túa habitación, Aniña, antes de que chegue o teu pai.

Cargando editor
17/05/2012, 20:49
Ramiro "Xugho" Sanromán

Antes de que se dera conta, Ramona tirou de Ramiro con tal forza que estivo a punto de cáerselle o candil, poi se lle soltou entre os dedos. Estaba xa a medio camiño do chan e cando nun acto reflexo baixou de novo a man coma un lóstrego o puido collelo de novo, á vez que empezaba a balancearse adiante e atrás mentras rechinaba ó metal da asa ó rozar e luces e sombras bailaban nas paredes.

Sen saber como, Ramiro atopouse de súpeto ante unha fermosa rapariga, que a xuzgar polas verbas que intercambiou coa Ramona, debía de seres a fila desta...

--- Boas noites, señorira ---saludou Ramiro educadamente mais en voz baixiña---. Perdoe vostede, mais cando nos demos conta súa señora nai xa nos metera aquí dentro. Espero que nos desculpe.

Tras unha pequena pausa, Ramiro virou de novo a cabeza cara a rapaza.

--- E mais señorita, ¿qué fai vostede aquí embaixo, logo viven aquí?

Cargando editor
18/05/2012, 06:09
Marisa Cabanas

A rápida reacción de Ramona deixoume parva. Non contaba con iso, e, antes de me dar conta xa estaba diante da rapaza, que nos miraba de fite en fite, tan estrañada de vernos coma nós a ela.

O señor Ramiro xa se explicou por nós, e agardei as súas respostas, se é que as tiña.

Mimadriña, cómo nos hemos de ver, pensei para mín..

Cargando editor
18/05/2012, 23:36
Antonio Anta Gonzalez

Antonio deixase levar dun lado a outro, e tenta achegarse o can para darlle mimos, en canto parece que o can baise calmando, o crego levanta a vista e sorrí a moza.

- Bos días nena - di cando logra recuperar unha postura digna - E logo, ¿ti de quen es?. ¿Quen e ese pai tan terrible?

Cargando editor
21/05/2012, 23:51
Ana

-O meu pai é o señor de estas terras. ¿E logo non o sabían?-Dixo a rapaza, non sen sorpresa por semellante ignorancia, e extendendo a man para fregarlle a cabeza ó can. Para retirala de contado, cando tras ulila, ó can lle ensinou os dentes, cun ruído que máis semellaba de lobo que de bicho domesticado. Máis calmouse de seguido cando a rapaza deu un paso cara atrás, e xa amansado, fóise deitar no chan ós pes deles tres.

Fora, no pasillo, escoitaronse os sons duns pasos e a punta de un bastón ó tocar no solo. Tac, tac, tac, tac.

-¿Qué é semellante balbordo, Ramona?-Oíuse a través da porta, a voz de un home coidada e ben educada, e do que se notaba que estaba acostumado a mandar.

-Isabeliña, meu señor. Hoxe atacáronme uns lobos mentres pastaba nas vacas, e vese que debiu ulir o seu olor na miña roupa, porque se me quixo botar enriba.-Contestoulle Ramona, a voz, treméndolle un pouco

Houbo un silencio a continuación. Quizais o home non estaba convencido. Quizais quería ver o que ocorría. Pero finalmente, volveuse a escoitar falar.

-Xa sabes que non quero que te achegues alí. Que non volva a pasar.- E de novo o son do bastón, comezando a alonxarse.

Cargando editor
05/06/2012, 00:07
Ramona

Volveu Ramona a entrar cando xa os pasos do home non se oían, e con cara de susto e sen dicir nada, foi sentarse na cama da rapaza, e alí estivo ata que recuperou un pouco a traquilidade.

-¿E quén son esta xente, miña madre?-Preguntoulle a rapaza cando xa a viu máis calmada.

-Son xente dos de riba, Aniña. ¿Acórdaste que che falei do pobo de onde viña?

-¿E a qué viñeron?

-Ai, miña filla, iso me gustaría saber a min tamén.-Dixo Ramona, mirándoos en busca de algunha resposta.

Cargando editor
05/06/2012, 09:19
Antonio Anta Gonzalez

- Viñemos bota unha misa para axudar as animas de ala enriba - comenta Antonio mentres, dentro do peto aperta con forza a súa cruz - Parece que elas xe se liberaron, pero querían que baixaramos, supoño que para axudar a alguén de aquí.  Non temos moito tempo, pero polo visto as cousas non están ben. ¿Fuches ti quen matou a toda esa morea de xente?. - pregunta Antonio sen rodeos a rapaza.

Cargando editor
05/06/2012, 22:48
Ana

-¿Eu? Non, ¿tantos anos lles parece que teño?-Dixo cun sorriso, e mirándoos con non pouca curiosidade, e bastante interés.-Quen derrubou o castelo foi a miña avoa. Foi o castigo ó seu home por faltar á súa palabra. Pero ela xa non está. Desapareceu cando o meu pai se fixo home. E é el agora quen ten o poder sobre estas terras, como o herdeiro lexítimo.

Cargando editor
05/06/2012, 23:34
Ramiro "Xugho" Sanromán

A resposta da rapaza non fixo senon aumenta-la sorpresa de Ramiro. Aquelo estábase volvendo cada vez máis estrano e a suor comezaba a darlle comechón na caluga...

--- Pero, pero... miña nena, ¿e logo cantos anos tes? Porque iso foi... moito antes de que o avó do meu avó tivera nacido. Non é, padre? Señorita Cabanas, vostede é muller estudada, a min non me saen as contas, estou no certo, non é?... Ou meu Deus...

Ramiro tivo que sentar na esquiniña da cama, pois por un momento a presión puido con él.

Cargando editor
06/06/2012, 00:57
Marisa Cabanas

-Non, non saen as contas.. Neniña, é imposible que poidas ter os anos que dis..
Eu estaba xa que non sabía qué pensar.. Todo isto estábase desmadrando moito. Viñemos xa por algo estrano, pero agora todo parecía inda máis enleado.

Cargando editor
06/06/2012, 09:05
Antonio Anta Gonzalez

- O tempo non pasa igual en todo-los lados - comenta Antonio os seus amigos, logo volvese a nena e a Ramona - Penso que temos que falar co teu pai, supoño que iso vai ser perigoso, pero coa axuda do señor sairemos ben de isto. - a pesar do decidido que parece na súa voz notase o medo.

Cargando editor
10/06/2012, 00:40
Ana

O sorriso transformouse en risa coas caras e as exclamacións daquelas tres persoas do mundo de riba.

-Eu só teño 20 anos. Meu pai é quen é, pero miña nai é coma vos, e non todos vivimos o mesmo.- A súa man pousouse no ombro de Ramona, e por un momento dedicoulle unha mirada tristera á muller. Mirou ó cura con certa curiosidade, mezclada con preocupación-Mais non lle gustan moito a meu pai as visitas. Botou ata agora a todos os que se acercaron ata aquí. E se non fora hoxe o día que é, nen sequera un pé nas súas terras teriades podido poñer sen que se dera conta e vos tivera castigado.

Cargando editor
11/06/2012, 00:01
Marisa Cabanas

-Mais.. -atrevínme a preguntar-.. ¿qué día é hoxe? ¿É algunha data especial?

Seguía confusa, pero a rapariga inspirábame tenrura. Alí encerrada, agochada, sen ver mundo.. Ninguén merecía algo así, por moito que a quixesen protexer.

Cargando editor
11/06/2012, 00:06
Ramiro "Xugho" Sanromán

--- Élle a Noite de San xoan, señorita Cabanas, a noite máis máxica do ano... Algo de sentido ten, si, si que ten... Mire padre ---continuo Ramiro á vez que se erguía---, isto élle máis do seu ca do meu, pero algo haberá que facer, isto non pode seguires así. Dime, neniña ---dirixíndose á fermosa rapaza---, ti e máis túa nai sodes felices vivindo aquí, soas, sen ninguén a quen acudirdes? Porque eu non o creo.

Cargando editor
11/06/2012, 09:04
Antonio Anta Gonzalez

Antonio asente.

- Creo que debemos falar co pai. - comenta mentres espera a reposta da rapariga.