Partida Rol por web

Crónicas de A Montelada

Capítulo 2: Vixilia de unha noite de verán

Cargando editor
05/09/2012, 12:34
Antonio Anta Gonzalez

Antonio coa navalla na esquerda e a biblia na dereita lanzase todo o rápido que pode contra a besta. Por desgracia, e demasiado vello e lento como para ter a mais mínima posibilidade.

- Tiradas (1)

Notas de juego

Eu tampouco sei pelexar, polo tanto teño un 12, o que ven a dicir que as posibilidades da serpe de darme don do 99%.

Como era de esperar, fallo miserablemente ;).

Cargando editor
05/09/2012, 21:22
Ramiro "Xugho" Sanromán

Ramiro colleu a forcada, para así manter unha certa distancia da serpe. Agarrouna fortemente coas dúas más, sopesándoa como se iso lle fose ser dalgunha utilidade, mais ó facelo sentiuse algo máis calmo.

--- Manda truco, se me chegan a dicir o outro día que ia estar diante dunha serpe xigante nun palacio debaixo da terra... Hei, bicho, hei! Arreda do padre e ben por min! Métete con alguén que se sepa defender e non cun pobre cura vello!

Ramiro fixo por aparta-lo bicho do cura no posible, mais moverse nunha habitación coma aquela, coa serpe axitándose dun lado para outro, non era cousa sinxela.

- Tiradas (1)
Cargando editor
12/09/2012, 13:50
Director

Don Antonio on se apartou a tempo e a cabeza da serpe, como un xigantesco martelo, foi contra el e lanzouno contra a parede como se dun boneco se tratara. Pero Ramiro era máis novo e máis forte, e máis acostumado a estas cousas, correndo por entre os lazos do corpo do animal, avalanzouse sobre ela e clavou con todas as súas forzas a forca na súa carne. Non ben lle dou tempo a quitala cando a serpe xa non estaba alí. E no chan, sentada mirando ó vacío, unha fermosa muller, de pelo negro como as plumas dun corvo, mirando sen ver o que tiña diante.

- Tiradas (1)

Notas de juego

O_O Cando o dado explota, explota de verdade. Antonio recibe 13 puntos de dano.

Por certo, Marisa non terá Pelexa, pero ten tanta Destreza que en realidade ten a defensa máis alta dos tres.

Cargando editor
12/09/2012, 19:29
Marisa Cabanas

Todo pasou tan rápido que non deu tempo a asimilar o que acontecera. Unha muller apareceu no canto da serpe, que se mostraba moi confusa e aturdida.

-Don Antonio, Ramiro, ¿están ben? -dixenlles, con preocupación, mirando cara eles mentras sacaba a miña chaqueta para cubrir un pouco á núa muller.

Notas de juego

Arredemo! non che sabía eu iso ^_^

Cargando editor
12/09/2012, 19:36
Antonio Anta Gonzalez

Antonio levantase como pode, cunha man nas costas e xesto de dor.

- Non se preocupen, creo que desta vou saír - comenta mentres busca rapidamente a biblia que levaba na man polo chan. Cando a atopa vota un suspiro e recollela. Tras iso mira a señora e sorrí.

- Bos dias, eu son Antonio, os meus compañeiros son Marisa e Ramiro, e un pracer coñecela - di mentres acerca a súa man a muller que antes foi serpe, o apartala do golpe das costas fai un xesto de dor - Temos que falar - sentencia.

Cargando editor
12/09/2012, 21:45
Ramiro "Xugho" Sanromán

--- Padre, padre, está vostede ben? ---Dirixiuse rápidamente onda o cura que, para a tranquilidade de Ramiro, comenzaba a erguerse---. Meu deus, padre, cando vin como o bicho o arroxaba contra a parede pensei que desta non saía vostede...

Foi entón cando Ramiro reparou na rapaza, que Marisa cubría nese momento. Ramiro calou entonces, pois sabía que agora era cousa do padre falar.

Cargando editor
17/09/2012, 23:51
Dona Isabel

A muller ignorounos e dirixiuse o trono que presidía a estancia, pois mal se lle podía chamar silla a semellante moble, enorme e cheo de tallas. Cun xemido deixouse caer de xeonllos diante del, abrazando entre temblores os coxíns que nel había.

-¿Están mortos?¿A bruxa maila súa casta?-Dixo

Cargando editor
18/09/2012, 08:48
Antonio Anta Gonzalez

Antonio segue a dona Isabel ata o trono.

- Non, a bruxa esta morta, pero a súa caste segue viva. - comenta tanteando o térreno o cura - En realidade, case todo o mundo segue aquí. As animas de todos os presentes na voda están atrapadas. - di pensando que e mellor ir logo a asunto - So ti podes liberalas, pero iso suporá un sacrificio. - deixa caer o crego esperando unha reacción.

Cargando editor
21/09/2012, 00:05
Director

-¿Non fixen xa sacrificio dabondo que inda se me pide máis? ¿Que é o que queres de min?

Cargando editor
21/09/2012, 09:00
Antonio Anta Gonzalez

- Los caminos del señor son inescrutables. - di o crego - Si, aínda te quedan moitos sacrificios que facer, pero tranquila que algún día terán recompensa. O que se fixo mal ten que repararse, ti casaches con que estaba prometida a outra, agora pídote que cases co fillo da que avergoñaches. - deixa un tempo para que a pobre Isabel asuma a noticia - Non so esta en xogo a túa alma, tamén a de toda a xente que quedou atrapada na voda.

Cargando editor
22/09/2012, 01:05
Marisa Cabanas

-Pénseo ben -interviñen-. É un sacrificio, pero pense que é para salvar un montón de almas sen descanso.

Cargando editor
22/09/2012, 17:30
Ramiro "Xugho" Sanromán

Ramiro asintiu coa cabeza, mais non dixo nada. No fondo aquilo non lle parecía de todo correcto. A pobre rapariga nada fixera, e xa bastante penara.

Cargando editor
03/10/2012, 23:43
Dona Isabel

-Eu non lle roubei home a muller ningunha, porque aquela non era muller, por máis que tivera a forma. E non fixen eu ningunha promesa, senon meu home, sen que eu soupera nunca nada ata que me matou os fillos e me encerrou aquí. A pel dos meus nenos, usouna para o trono do seu fillo, e eu convertinme nunha besta ó seu servizo. ¿E agora pretenden que case co enxendro desa bruxa?

Notas de juego

Tirade etiqueta se intentades convencela

Cargando editor
04/10/2012, 10:22
Antonio Anta Gonzalez

- Si - contesta o cura sen mais - E un sacrificio, un grande sacrificio que salvara moitas almas do purgatorio no que viven, incluída a dos teus fillos. - Antonio fai énfase nesa parte - Non hai moito que poida dicir para facela mais sinxelo de levar, excepto que teñas fe, o bo dios ate recompensar. No outro mundo moita xente falará ben de ti.

A voz do crego e de tristeza e resignación.

- Sinto non poder pintalo mellor.

- Tiradas (1)
Cargando editor
04/10/2012, 22:54
Ramiro "Xugho" Sanromán

Ramiro seguía bufando para os seus adentros, tratando de que non se lle notase demasiado a carraxe. Non, aquilo non era correcto, e ninguén lle faría cambiar de parecer. Nembargantes, o padre fíxolles caer na conta d'algo do que non se percataran, e era o futuro dos seus fillos, a alma dos seus fillos... Aquilo fixo que Ramiro dese un pequeno respingo, poisque nai non o daría todo polos seus fillos... Iso non faría que o destino da rapaza fose máis xusto, mais que podía facer el? Nada, nin por ela nin polos fillos... 

Cargando editor
06/10/2012, 10:54
Marisa Cabanas

-E un sacrificio, pero só vostede pode facelo, dona Isabel. Moitas ánimas agardan a redención, tamén as dos seus meniños.. Pénseo ben..

Oxalá entrase en razón..

- Tiradas (1)
Cargando editor
29/10/2012, 23:35
Dona Isabel

A muller apretou os puños, bágoas de rabia corréndolle pola cara.

-Máis preferiría estar morta. Pero seica agora, como entón, non podo escoller. Casarei con esa besta, se é que se lle pode chamar casamento á unión con semellante ser.

Cargando editor
30/10/2012, 09:58
Antonio Anta Gonzalez

Antonio persignase e con un suspiro di.

- Dios la bendiga. E vostede unha boa persoa dona Isabel, o noso señor non esquecera isto - e cun sorriso engade - Eu tampouco vou a esquecelo, nin o farán todas as animas que salva, nin deixarei que esta aldea esqueza o seu sacrificio. - con pesar volvese a buscar a don Cibran e dille - Dona Isabel acepta, cumpre a túa palabra e libera a xente que tes presa.

Cargando editor
31/10/2012, 08:09
Marisa Cabanas

Estremecéuseme o corazón ante o sacrificio que tiña lugar ante os meus ollos.

Qué terrible!!

Non puiden falar, nin evitar que unha bágoa silente recorrese a miña meixela, pensando no triste destino de Dona Isabel.

Cargando editor
31/10/2012, 10:29
Ramiro "Xugho" Sanromán

Ramiro permaneceu quedo, sen facer sequera un aceno. Non, aquilo non era xusto, aquilo non estaba ben... Mais, que outra saida había? Ningunha...