Partida Rol por web

A espada de MacMorna

Dúbidas

Cargando editor
23/02/2011, 21:53
Contacontos

 Outra cousa, xa sei que me estou retrasando a subir o "como usar a maxia", pero e que hay un apartado que se me resiste, e non acabo de entender o funcionamento de todo. Logo sumaselle o chollo, que cando chego á noite e cando menos entendo xD. Intentarei telo listo mañá o mediodía.

 

Un saudo e desculpas!

Cargando editor
23/02/2011, 22:57
Zeltia MacLain

polo que a min respecta,estalo facendo xenial.

Xa pillei o das habilidades,tentei poñelas á tarde,pero non me saía ben a opción de editar o xa escrito na ficha,saía todo descuadrado.Vou ver se xa me sale mellor.

A historia,inda non a teño perfilada de todo,por iso non a puxen.

Cargando editor
23/02/2011, 23:02
Gael "Penedo" MeicBrido

Eu penso o mesmo a partida vai a modo pero non se para e da gusto poder facer unha ficha con calma cando non coñece-lo sistema.
Polo de agora non teño máis que alabanzas XD

Cargando editor
24/02/2011, 00:31
Contacontos

 Grazas pois xD.

 

Agora preocupádevos das fichas, a historia tendes todo o fin de semana para facela. O luns reviso todo e dou os regaliños (pra ven e pra mal) segundo o que poñades na vosa historia. 

Cargando editor
24/02/2011, 00:33
Gael "Penedo" MeicBrido

Regaliños???? Eu quero unha play3 e unha bici. XD

Cargando editor
24/02/2011, 00:47
Contacontos

 Tocouche un pau pra xogar á billarda, o outro pau, outro día xD.

Cargando editor
24/02/2011, 12:10
Zeltia MacLain
Sólo para el director

xa escollín habilidades e unha habelencia cos 16 puntos de balde que me dixeches,pero non sei como vai o das armas.teño bonus por ser guerreira,co cal entendo que levo dúas armas,e logo un +1 a unha arma por ser ártabra.cómo debería reflexar iso na ficha?

BONUS EN HABILIDADES POR SER GUERREIRA
Arma (calquera) +2, arma (outra) +1
BONIFICACIÓNS POR SER ÁRTABRA:
+1 a un arma

Cargando editor
24/02/2011, 12:21
Contacontos

 Moi sinxelo Zeltia, as armas son unha habilidade, escolles duas armas en "tenda", e polas na ficha como se fosen unha habilidade "arma(espada)" por exemplo, e logo ese +1 que tes gratuito, sumasllo a tua preferida. Se queres volver a modificar as habilidades pra ter mas puntuación con algunha arma, estás a tempo.

 

PD: revisei a tua ficha e ainda tes 13 puntos de balde a repartir. Cando lle asignes un punto a algunha habilidade, pono ao lado, por exmplo, se das un punto a gabear pon "gabear+1" se lle das dous pon "gabear +2" e así con todas has habilidades que "compres". Subir un punto unha habilidade costa un punto de balde, subir unha habelencia 2 puntos de balde. 

 

Por certo, se vas facer unha guerreira, aconsellariache que a puntuación de corpo fose algo mais alta.

Cargando editor
24/02/2011, 12:52
Zeltia MacLain

ok,xa está,a ver agora.Sinto o choio que che estou dando!Se ves que che é máis fácil,cambia o che che pareza que estea mal,se non dame un toque e xa o fago eu.Graciñas pola paciencia!

Cargando editor
24/02/2011, 14:07
Contacontos

 Non te preocupes, todos somos novos niste xogo, e eu son o máster, estou pro que estou xD.

Cargando editor
24/02/2011, 14:10
Contacontos

 Acabo de revisarche a ficha, faltábanche os bonus de arma por sumar, xa o fixen eu. A tua persoaxe polo que vexo é unha especie de exploradora-guerreira. No obstante, deberás explicar ben na historia da persoaxe o que poida mudar de forma. Súboche dentro dun anaco o teu equipo inicial.

Cargando editor
24/02/2011, 14:12
Zeltia MacLain

Gracias por facelo tí xa,aforráchesme moitos quebradeiros de cabeza XD inda teño hilvanada a historia,por eso inda non puxen moitos datos.Decanteime dese modo porque ví que os compañeiros turraban moito mola maxia,e era para ter máis variedade de persoaxes..Xa cando teña máis clara a historia súboa a ver que tal :)

Cargando editor
24/02/2011, 20:31
Aldán Mactramar

máster, con 4 de mente cantos puntos de balde teño? Por certo, ¿que puntuación aconsellas para transformarse nun oso? Sumándolle 2 de oisín + 2 de habelencias en mudar en oso, por exemplo, e expecializándome en pelexa con garras en "arma grande" podería loitar de forma eficiente, non si?

Cargando editor
24/02/2011, 23:31
Contacontos

Vamos por partes, Aldán.

-Con 4 de mente tes 14 puntos de balde. 

-Non te podo aconsellar por dous motivos:

1- nunca dirixín este xogo, polo tanto descoñezo que casos se poden dar para mudar en oso.

2- a dificultade dependerá do contexto no que elixas mudar, non e o mesmo mudar cando estás nunha emboscada, que mudar cando estás de paseo.

-Á hora de loitar dende que mudas, adquires as características dese animal, polo que non te poderías aproveitar do bonus de ningún arma. Ao mesmo tempo, loitar con garras non entra dentro de ningunha habilidade ou habelencia, e as "garras" non están catalogadas como armas, pese a que fagan dano. Non obstante, pelexar en forma de oso é moi eficiente.

Cargando editor
25/02/2011, 14:13
Aldán Mactramar

Anda, pois creo que oso irame ven, logo.

¿e sobre os dados de ánima? ¿aplícanse tirando oso? ¿tiraría os arcanos ou os físicos?

Cargando editor
25/02/2011, 14:26
Contacontos

 O oso ten a sua propia división de dados. Cambia a ficha por completo durante uns intres.

Cargando editor
25/02/2011, 14:35
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

Rematada definitivamente a ficha. Elixín a especialidade de lanza para armas e Druídas en contactos.

De armas elixín Lanza e mais coitelo. Faltaría poñer as características das armas e mais do escudo, así como a da armadura. Pero iso non sei como va.

Unha dúbidas sobre maxia, supoño que tendo somentes 1 dado de arcano teño que elixir se utilizalo para elaboración ou folgos ¿non?. ¿Como se usa a habilidade de arcanismo?¿pódese morrer lanzando un feitizo?

A ver se hoxe subo a historia.

Cargando editor
25/02/2011, 15:18
Contacontos

 Tendo un só dado en arcano unha das partes do lanzamento de maxia terase que usar só sumando as bonificacións a maxia (é dicir, habelencias arcanismo ou veneración mais o rango de habelencia) o cal te limita moito, pois se non tes unha suma de habilidade+habelencia que supere a dificultade será dificl sair ileso de lanzar o feitizo ou simplemente lanzalo.

Seguramente o que che pase cada vez que uses a maxia e que teñas que usar o dado de arcano para superar a elaboración e conseguir o efecto desexado, pero non poidas superar a tirada de folgos e te canse moito usar maxia, resultando perxudicial para a saude. Podelo interpretar coma que teu persoaxe non naceu para a maxia, mais el e cabezón e loitou hasta saber usala, mais o seu corpo sofre, pois ao fin e o cabo, non naceu pra maxia. Visto be, dalle un toque "Único" ao teu persoaxe.

 

O de morrer lanzando feitizos non pode pasar, pois chega un punto no que se desmaia o lanzador e non pode seguir restando saude polos lanzamentos. Nembargantes, o que pode pasar, é que te desmaies en mal sitio e alguén te remate...(inconsciente non podes ofrecer resistencia)

Cargando editor
25/02/2011, 16:11
Aldán Mactramar

máster, ficha terminada.

Para que te fagas unha idea, tiña pensado ser un neno que foi sometido a estrañas probas dun feiticeiro tolo que fai que o pobre Aldán teña unha odiosa conexión cos Sidh. Xa o concretarei na historia.

A idea é poñer 4 en maxia e 1 en combate, porque vou ser principalmente mago. o 1 é para safar máis que para outra cousa, porque cando torno oso teño outros datos.

¿que opinas?

Poderíasme dicir algún exemplo de chamada Sidh, non sí? non quero demos de dous metros, máis ben cans ou lobos ou donicelas "infernais", ou cousas así. Bueno, xa o irei explicando na historia (espero que non desentoe moito)

Cargando editor
25/02/2011, 16:19
Contacontos

 Invocar a alguén do Sidh estaría mal visto, pois os Guéghel loitan contra el, non con el. De feito, non sería estrano que se volveran contra tí os guéghel que vexan que invocas algo do Sidh. Non obstante se os quixeses invocar, serían unha especie de "demos", non poderías invocar un lobo infernal por dicilo así, se non mais ben cousas coma un ogro, un esqueleto...etc. Mentres que se invocas criaturas dos deuses pois poderías invocar animais que sexan os iconos dalgún deus (o lobo ou o corvo xigante de morrigan , deusa da guerra, por exemplo).

 

Que o de invocar Sidh estea mal visto non impide que poidas ter unha conexión odiosa con eles (por exemplo que presintas cando están cerca ou cousas así). De feito se a historia tira por ahí, dame que vas ter unhos cantos regaliños (bos e malos) da miña parte. Gústame a idea, de verdade.