Partida Rol por web

A espada de MacMorna

Capítulo I : Un serán de verán

Cargando editor
20/02/2011, 22:24
Antón

Pouco despois de despertares, ábrese unha cortina do carromato que te leva. Un home asómase e berra:

 

Muller, ven aquí, o rapaz espertou, trae augamel, axiña!

 

Logo ecárase a ti e diche:

Que tal estás rapaz? atopámoste no medio do monte, como morto.

 

Despois diso, quédase á expectativa da tua resposta.

Cargando editor
28/02/2011, 19:16
Contacontos

Xa fai unha temporada que xurache xuntar cartos en vez de gastalos, pra enorgullecer ó teu pai, mais istos días vaise celebrar o Luganasad, unha das festas mais importantes do ano, por non decir a mais importante. Celébrase a entrada dunha nova estación, e celñebrase o bó obtido da anterior. Un pouco de troula non fai mal a naide, e con ese fin fai uns días que te encamiñache hacia Lug.

 

Agora, estás ante a cidade dos muros de azabache, a punto de entrar pola porta grande da cidade. Todo e troula nada mais entrar, e os teus pasos, cansos de andar, lévante ate a entrada a baiuca mais cerca á porta "O bardo xavaril".

 

E alí estás ti, enfrente da baiuca.

Cargando editor
28/02/2011, 19:19
Aldán Mactramar

Que... onde... pero... A dor de cabeza era demasiado intensa coma para  puidese recompoñerme. Deixeime deitar no carro, coa cabeza esmagada polo cansancio cando o efusivo personaxe saúda, movendo a cortina.

Lentamente me recompoño, aínda coa vista anubrada e torpe, ata que recordo o acontecido a noite pasada. Un terrible lóstrego con dor de agulla atravesou cruel o meu cránio, e a única resposta que puido obter o home foron xemidos curtos e inconexos causados polas mortales feridas da maxia.

Non... non me fagas...falar agora... Agradézocho moito... -Consigo decir, antes de caer nun estado de semi inconsciencia.

Cargando editor
28/02/2011, 19:36
Bren

 Fai xa meses que deixache la tua comunidade, mais agora atópaste na compaña doutro Druida, que se ofreceu coma teu tutor-guía nas terras de Lug. Encontrachelo nunha baiuca, e pouco tardástedes en facer boas migas. Compartides unha visión do mundo moi similar.Chámase Bren.

 

Meu bon alumno, mira aló diante, aquelo son os muros de azabache da cidade de Lug, Hoxe á noite empezan as festas do Lugnasad, o cambio de estación. Logo da festa cada un á de seguir o seu xamiño, pois todo o que podía ensinarche xa o sabes. Coido que disfrutar das festas da cidade é unha boa despedida, e a miña última lección: coida de non esquencerte dos Guéghel, de quen son, e de que traballamos pra que eles entendan a natureza e a respeten.

 

E con istas sabias palabras, voltastes a camiñar, reducindo os escasos metros que vos quedaban ate entrar na cidade de Lug.

Cargando editor
28/02/2011, 19:41
Contacontos

 Xa fai moito que non descansas, dende que te fixeches cazador do Sidhe, moitos son os que reclaman dos teus servizos. Este don de saber ben como matar bechos, tamén se converteu nunha maldición, pois parece ser que alá donde vas, sempre xorden problemas co Sidhe.

Hoxe á noite celébranse as festas do Lugnasad, na cidade de Lug, e ti, non quixeche perdelas, así que te atopas baiuca "O Bardo Xavaril", disfrutando unha boa cervexa, e do descanso e o lecer dunha cidade en festas.

Cargando editor
28/02/2011, 19:44
Contacontos

 Fai xa moito tempo que partiche da tua casa, en búsqueda de aventura, e foron moitas as que encontrache. Ir para alí e para aló sen rumbo, disfrutando do que xurde. Xa fai moito que non descansas. Ata hoxe.

Hoxe á noite celébranse as festas do Lugnasad, na cidade de Lug, e ti, non quixeche perdelas, así que te atopas baiuca "O Bardo Xavaril", disfrutando unha boa cervexa, e do descanso e o lecer dunha cidade en festas.

Cargando editor
28/02/2011, 19:47
Balgadrox "O Mouro"
Sólo para el director

Amedrentado polo tamaño da cidade, cheo de calexas que se cruzan e de xentes que van de eiquí para alí, achégome ata a porta da Baiuca. Busco na miña faltriqueira e conto os poucos fachos que me quedan. Entrar nunha baiuca é perigoso se o que quero é aforrar, mais sabedor de que non teño moitas opcións, me dispoño a entrar matinando nesa cervexa que non beberei.

 

Cargando editor
28/02/2011, 20:12
Zeltia MacLain
Sólo para el director

A cervexa deslízase refrescante pola miña gorxa,mentras vexo ós aldeáns danzando e rindo,felices na súa celebración.

Eu mantéñome aparte,coma espectadora,pois non deixo de ser unha estrana,e somentes quero descansar e recuperar forzas neste bo ambente,cheo de risos contaxiosos.

Algúns parroquianos comezan a cantar,e pronto se lles unen máis.Escóitoos en silencio,mentras degusto o meu anaco de xavaril asado,e disfruto coa hipnótica visión do lume da lareira..

Cargando editor
28/02/2011, 22:01
Gael "Penedo" MeicBrido
Sólo para el director

Cústame moito despedirme do vello. é un vello druida que leva tempo recorrendo os camiños.Teño moito que aprender, e el moito que ensinar. Cando nos adentramos en Lug os meus recordos voltan á fraga. Mentres o meu falcón Ferrete sobrevoa as nosas cabezas penso en . cambiou a miña vida dende que saín a percorrer mundo

Cando estamos as portas de Lug miro cara o mestre, este sonríe e entramos na cidade para a nosa derradeira velada xuntos,

Cargando editor
01/03/2011, 14:49
Xan "Papaxoubas" Meic Morn
Sólo para el director

Case tres meses fora do fogar é moito tempo.  Partira acudindo ó chamado dun amigo druída para facerse cargo dun becho nas chairas do leste. Ó parecer un trasno estaba a baleirar unha aldea. Pero ó final resultara ser un moinante que andaba tras dun tesouro nos terreos . Puxérase en camiño de volta cando ó pasar por Lug coincidiu co Lugnasad e pensou en aproveitar a viaxe, e mais descansar un pouco o corpo xa que estaba.

Apura  a pinta de cervexa e levanta a xarra - ¡Outra! – votou unha ollada ó lugar e ós paisanos que se atopaban por alí.

Cargando editor
01/03/2011, 16:31
Antón

Según entrades na cidade, vedes un home ao lado dun carro. É un bó carro polo que deduces que é dun mercader rico. Cando pasades ao lado do home, este fálavos aos dous.

 

-Ei vos, disculpade a miña brusquedade pero é un asunto "urxente". Sodes Druidas non si?

Cargando editor
01/03/2011, 23:48
Gael "Penedo" MeicBrido
Sólo para el director

Claramente o home precisa axuda. Polo seu aspecto non parece albergar malas intencións.

- Bo home eu todavía son un simple amdaur, mais o meu amigo é un druida. Contanos o teu problema.

Cargando editor
02/03/2011, 00:26
Antón

O home faivos un xesto pra que miredes dentro do carromato e sinálabos un rapaz que parece ir durmindo. terá uns vinte e poucos anos.

 Veredes, atopeime con un mozo medio morto na mitade do camiño, a unha tarde dista cidade. Collino na carreta e trouxeno ate aquí, despertou fai un anaco, deille un pouco de auga pero volveu caer inconsciente. Vecesitamos axuda, por favor.

Notas de juego

 Realmente o rapaz non parece moi mal, a simple vista xurarías que pode ser unha insolación ou esvaecemento por cansanzo. Tira 1d6 pra botarlle un vistazo e examinalo. Dificultade sinxela (2 ou mais pra acertar)

Cargando editor
02/03/2011, 12:22
Gael "Penedo" MeicBrido
Sólo para el director

Bótolle unha ollada o rapaz non parece nada serio.

- Non te fagas mala sangue, non é nada grave, soamente os rigores do camiño - digo cun sorriso
- Dalle isto e porase ben nun intre.

Doulle unha pócema para curalo.

- Tiradas (1)

Tirada: 1d6
Motivo: examen médico
Dificultad: 2+
Resultado: 5 (Exito)

Cargando editor
02/03/2011, 13:07
Antón

 Pouco a pouco, tras beber a apócema o rapaz vaise espertando, pero de momento non profire palabra.

 

-Grazas, pensei que morrío no meu carro, e non sei que me daba se pasase iso. Como mostra de gratitude convidote a xantar a ti e mais ó teu compañeiro, na baiuca do "bardo Xavaril". Veña é por aquí.

Notas de juego

 O que lle pasa ao rapaz e que seguramente botou camiñando moito tempo seguido e sen beber e ten algo de deshidratación. Déchelle unha boa cantidade de auga con azucre, pra que se recuperara un pouco e non tivera tantas agujetas (non sei como se di en galego). Así que non gastaches apócema ningunha.

Cargando editor
02/03/2011, 13:09
Antón

 Sentes coma un líquido che vaixa pola gorxa. Un líquido que che devolve as forzas, e te fai espertar pouco a pouco. Abres os ollos e ves ao home que te espertara un pouco antes e mais a unha cara nova, sostendo un vial, que posiblemente contiña os líquido que acabas de beber. Leva unha túnica completamente amarela.

 

Vamos rapaz, por fin espertas, estes druidas votáronnos unha man. Vamos comer algo, hay unha pousada aquí cerca, e a ti faiche falta repoñer folgos, e un bó asado e unha pinta creo que che virán be. Convido eu, hoxe é un bó día.

 

E evidentemente debe ser, hay un bule bule tremendo polas ruas, débense estar a preparar para una festa, e unha grande. Antes de entrar na baiuca reparas nun par de detalles. A cidade ten unhas murallas de cor azabache, e mais reparas no nome da baiuca "O Bardo Xavaril"....

Notas de juego

 Ainda que te notas canso, estás plenamente consciente, e podeste mover coa sensazón de agujetas (non sei como se di en galego)

Cargando editor
02/03/2011, 13:39
Gael "Penedo" MeicBrido
Sólo para el director

- Gracias despois da longa viaxe sempre se agradece unha pouca cervexa.

Seguimos o noso novo amigo.

Notas de juego

agujetas = maniotas creo XD

Cargando editor
02/03/2011, 13:40
Contacontos

 Grazas!

Cargando editor
02/03/2011, 13:48
Contacontos

 Un novo grupo entra na Baiuca. Un home vello de túnica branca, seguido dun home novo de túnica amarela (pola cor distingues a un druida e o seu aprendiz), e logo un home con roupas caras e un mozo con cara de estar moi canso.

Cargando editor
02/03/2011, 13:51
Contacontos

 O balbordo da taberna contaxiavos, a ledicia rebosa por cada lado o que mirades. E é que o Lugnasad non é unha simple festa, quizáis vos, por ser a primeira vez que estadas aquí non esteades moi o tanto. O que si sabedes e que é a festo de verán, a festa de Lugh, o avó de todos. E notase.

Toda a cidade en un bule bule de xente prepando fouegiras pra noite, mesas para os banquetes...e mil cousas mais.

Dentro da baiuca oense rumores sobre que o rei do castro vai traer importantes compañías pra que honren a festa, e que virán moitos druidas, que poucas veces se achegan as cidades.