Pois iso, que calque dúbida que teñades, mellor por aquí, así os post da partida serán exclusivos para a aventura e será máis "bonito de ler", os de creación de persoaxes estarán máis organizados para a consulta rápida, sen post de dúbidas polo medio, e o de regras tanto do mesmo, quedará para consulta rápida e organizada.
Un saúdo!
Tiro eiquí o d6 para as características, vale?
PD: Dame un seis, deusa da sorte!!
HAI!!! DEUS EXISTE!! que potra por favor!!!
Coma aínda non teño a historia tiro para apoiarme nalgun trasfondo divertido que poda sair:
Ahí vai, tiro duas e logo escollo :D
Quédome coa segunda
64-Fol de veleno, ten moi mal xenio, gaña +1d6 as tiradas de iniciativa
Teño unhas dúbidas, a ver se mas podes solventar...
Eu quero que Rufiño teña algúns coñecementos de druidas, un pouco de pócemas e "mudar", principalmente... ¿Que habilidades precisaría para iso? púxenlle espírito 4 porque entendo que é o usado para contactar cos deuses e demáis... Índa teño que votarlle outra ollada :D
Marcho a comer logho, máis tarde bótolle unha ollada máis pausada e concreto detalles.
Deica!
Tirada: 1d6
Motivo: características( de seguro que é un 6)
Resultado: 6
Tirada: 2d6
Motivo: a este venlle de familia...
Resultados: 3, 4
Tirada: 2d6
Motivo: a este venlle de familia...
Resultados: 6, 4
Amáis outra dúbida! eu con "mudar" nivel 2 ¿Que podo facer?
O sistema das apócemas e de mudar non é por niveis, mais que nada, cada punto que teñas en apócemas ou en mudar é un bonificador para a tirada de dificultade. Non é o mesmo mudar os rasgos faciais para convertirte noutro humán, que mudar a forma para convertereste nun oso pardo. En canto as apócemas, a dificultade irá relacionada coa potencia da mesma, e á hora de repartir os puntos en apócemas has de dividir apócemas en varios grupos e especificar os seus efectos. Por exemplo, asigno 4 puntos a apócemas (curación) e 4 puntos a apócemas (atractivo).
De todas maneiras, teño que revisar mais a fondo o tema da maxia. Ti completa o resto da ficha sen repartir os puntos de balde, e hoxe a noitiña o volver do traballo xa che posteo todo o relativo á maxia(agora non me da tempo a mais).
Un saudo!
fixen así por enriba a ficha,para ver qué tal,e vexo me me liei un pouco no das habilidades.a ver se me podes botar ahí unha man :) non sei cantas teño qe escoller,nin cómo poñelas.fixen a ficha na pestaña de notas,en principio
Aldán, o de escoller mente ou espírito depende de como uses a maxia. O teu druida chapou do seu tutor, ou dun libro os ingredientes dos untos e mais os ritos de transformación? Entón usa mente. Rezalle ous deuses e ponse en contacto con eles para que lle otorguen os seus poderes? Entón usa espírito. Así de sinxelo, escollas o que escollas, acordate de levar a interpretación de acorde a iso.
En canto á maneira de subir puntos as habelencias (no teu caso estás interesado en apócemas e en mudar), cada punto que queiras subir dunha habelencia, costarache 2 puntos de balde. E dicir, poñerse en mudar 2, serían 4 puntos de balde.
En canto a que se fai con cada nivel, simplemente obter ventaxa. Ter unha habelencia a nivel 2, otorga un +2 as tiradas desa habelencia, vaia, como as habilidades. Recórdoche que en apócemas has de específicar que tipo de apócemas sabes (curación, veleno, carraxe...), e en mudar especificar a que mudas (home-cervo, home-corvo, imitar caras...) e que cada un destes subgrupos hay que subilo por separado, por exemplo, gasto 4 puntos de balde en poñer pócemas(curación) a 1 e pócemas(veleno) a 1. Se non tes como mínimo 1 punto nun subgrupo, non saberás facer esa pócema ou mudarte a ese animal.
Non sei se me expliquei ben, pero calquer dúbida que quede, volve preguntar que pra iso estamos.
PD: se mudas a un animal, mudas tal cal é ese animal (non podes mudar a denociña xigante xD)
Perdoa pola tardanza, pero onte cheguei moi canso do traballo e según cheguei deiteime.
Bueno Zeltia, estiven a revisar a tua ficha e puxenche un par de guias. A ver, tal e como tes feito agora, tes 16 puntos de balde a gastar entre características, habilidades e habelencias como ti queiras. A maiores, tes un +1 na habelencia (non habiliade) que ti queiras.
Consulta a lista de habilidades e habelencias que puxen na sección crear a persoaxe, e reparte os teus puntos de acorde con isto:
subir un punto unha habilidade costa: 1 punto de balde
subir un punto unha habelencia costa: 2 puntos de balde
subir un punto unha característica costa: 5 puntos de balde
Ningunha das tres cousas (habilidade, habelencia ou característica) pode sumar maís de 5 puntos.
Espero che sirva de axuda isto, calquer dúbida, sigue preguntando que pra iso estamos.
Master revisa a miña tamén, por favor.
Edito: Fáltame as especialidades. Espero a que poñas os tipos de armas e a escribir o meu trasfondo para o contacto.
Escríobovos dende o traballo, hoxe ando algo liado, mais maña pola maña libro e subo o que me queda pendente das regras e reviso todas as fichas.
Un saudo!
A miña está rematada. Cando queiras / poidas votalle un ollo
Estiven a revisar as fichas de todos, e a cousa vai así:
-Aldán, o que tes feito está ben, agora quédache gastar os puntos de balde (14 no teu caso) e repartir os dados de ánima entre loita e arcano (1 en cada como mínimo e 5 como máximo)
-Balgadrox, debiche sumar mal, aínda che quedan 2 puntos de balde a gastar, e tamén tes que repartir os puntos de ánima entre loita e arcano (1 en cada como mínimo e 5 como máximo)
-Gael, debiche sumar mal tamén, excedichete en 2 puntos de balde, así que restaos como mellor queiras. Tamén tes que sumar as bonificacións da caste (+1 a arcanismo e +1 a ler (runas). Recórdoche tamén que nas habelencias de apócemas, mudar, convocar e encantar, as de crear subgrupos,. (apócemas de curación, de veleno..., mudar en home-cervo, en home lobo... convocar raios, convocar choivas...encantar arma, encantar talismán... isto todo son exemplos, ti crea os que queiras). Cada subgrupo e coma se fose unha habelencia por separado, é dicir, non subes de nivel "apócemas" senón que subes "apócema(curación)" ou "encantar(talismán)". Polo tanto terías que distribuir como ti vexas conveninente.
-Xan , ti tes todo ok. Súboche á ficha o teu equipo inicial, o que che toca por caste e profesión. Se notas algo en falta e está xustificado para co teu persoaxe, só pídemo, e podemos negocialo.
-Zeltia, Fáltache repartir os puntos de balde entre habilidades e habelencias, e máis repartir os dados de ánima entre loita e arcano (1 en cada como mínimo e 5 como máximo)
Calquer duda seguide preguntando, que pra iso estou. Un saudo!
Cita:
Grazas polo aviso. Non está de mais ter algún puntiño de máis por ahí.
Cita:
Certo. Vai ser Loita 4/Arcano 1. A maxia como que non lle vai moito a Balgadrox
ando un pouco perdida co das habilidades e os puntos de balde.escollo as habilidades que me conveñan,e despois..?non o teño claro.
Zeltia, ti, se non me equivoco, tes 12 puntos de balde. Pois ben, bótalle unha ollada á lista de habilidades que puxen, e compra as que queiras. Cada punto que poñas nunha habilidade, gasta un punto de balde, e así hasta que teñas os puntos de balde gastados. Logo, a todo iso, súmalle as bonificacións por guerreira e por ártabra, que xa che especifiquei na ficha.
¿As especialidades de armas son as categorías que puxeches na tenda (pequenas, medianas, grandes, a distancia)? ¿ou son mais precisas de tipo espadas, lanzas, etc.?
A especialidade de arma son os nomes en si, espada, lanza, porra de tourishome.....
PD: aprobeito este post para recordarbos que o que me contedes na vosa historia de persoaxe, pode influir, e influirá ao largo da historia, así como pode proporcionarvos bonus e malus ou algún obxeto extra.
hoxe á noite ou mañá ei terminar a ficha :P vou ben de tempo, non sí?
Si si, realmente esta semana era mais ben para "empaparnos" da cultura da gael-leach e mais pra facer as fichas. prefiro facer as couas con calma pero ben, que non apurarnos todos e que logo saia unha trapallada. Se tiverades un máster experienciado igual vos houbese resultado máis sinxelo, pero bueno, e o que hay xD, as primeiras veces sempre son as peores.
Xenial Gael, xa o tes rematado, agora che subo o equipo á tua ficha.
Por certo, detalle para os que levedes persoaxes con maxia. É simplemente unha suxerencia para a interpretación, se tedes de habilidade arcanismo e mais puntos en mente ca en espírito, o voso persoaxe tira mais hacia mago ou feiticeiro(chapón da maxia por dicilo así), mentres que se usades a habilidade veneración e tedes mais puntos en espírito ca en mente, o voso persoaxe tira mais hacia druida ou sacerdote (invoca a maxia rezandolle os deuses). O dito, isto é mais ca nada para a interpretación.