Partida Rol por web

A espada de MacMorna

Capítulo III: Calma

Cargando editor
09/05/2011, 22:50
Rei Mirrado

 O rei Mirrado, aguantando como malamente podía, dedicouvos unhas verbas:

 

-Partide pois, valentes aliados, partide e volvede denantes dunha semana, e o plazo que nos deu o demo...ou estaremos perdidos. Collede calquer cousa que necesitedes de Lugh antes de marchares, todo o noso e voso.

Notas de juego

 Tirade todos 1d6, se alguén ten atención que lle sume a súa puntuación o resultado final. Dificultade 4.

Cargando editor
09/05/2011, 23:00
Aldán Mactramar

Quen menos precisa menos ten que perder-Digo, asentindo gravemente- Comida e salvocondutos firmados pola vosa persoa, é o unico que precisarei pola miña parte-Digo, mirando cara os meus compañeiros.

¿vos?

- Tiradas (2)

Tirada: 2d6(+1)
Motivo: qué está a pasar?
Dificultad: 4+
Resultado: 11(+1)=12 (Exito)

Tirada: 1d6(+1)
Motivo: qué está a pasar?
Dificultad: 4+
Resultado: 6(+1)=7 (Exito)

Notas de juego

Merda tirei mal... volvo a tirar, anque ese 5 do principio...  XDD recontra, estou de sorte.

Cargando editor
09/05/2011, 23:30
Zeltia MacLain
- Tiradas (1)

Tirada: 1d6(+1)
Motivo: ??
Dificultad: 4+
Resultado: 5(+1)=6 (Exito)

Notas de juego

Feito!

Cargando editor
09/05/2011, 23:24
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

 - ¿Unha semana?, compre que andemos lixeiros pois. – dixo Xan, logo ollou cara Zeltia – Se as lendas dos lugóns son certas as augas do esquecemento están bastante ó sur. – volveuse de novo cara o rei – precisarei auga e comida de viaxe para unha semana o resto corre da miña conta. -

 

- Tiradas (1)

Tirada: 1d6(+1)
Motivo: atención
Dificultad: 4+
Resultado: 6(+1)=7 (Exito)

Cargando editor
09/05/2011, 23:35
Gael "Penedo" MeicBrido

Gael anda pensativo, cando Aldan remata de falar agarda un intre e despois fala:

- Uns cabalos non estarían nada mal poderiamos ir máis rápido, se non todo o mundo sabe montar un carro tamén é util.

Cargando editor
09/05/2011, 23:38
Zeltia MacLain

-É útil,pero moi farragoso para levalo connosco unha semana a terras descoñecidas..Eu tamén diría cabalos, comida e arma para quen non dispoña de algo diso. O suficiente para viaxar lixeiros e cumprir a misión.

Cargando editor
09/05/2011, 23:47
Balgadrox "O Mouro"

Notas de juego

Falta a réplica do druida as miñas palabras, ¿ou debo deducir que non me fixo caso algún?.

Cargando editor
09/05/2011, 23:52
Bren

 Bren, con un rostro que denotaba cansanzo, esboza unha sonrisa ao ver que ainda hay alguén cos efectos da festa:


-Toma bó home, masca esto durante un anaco, aliviarache, pero tarda un pouco en facer efecto. E que a bendición sexa túa, e de todos os teus compañeiros, pois o que vades facer e algo de moito perigo, e de moita gloria se o conseguides.

 

O druida estende a man, e pousa na de Balgadrox unha pequena morea de grans de cor escuro, do tamaño de guisantes, pero con unha forma ovalada.

Notas de juego

 Me esquecera por completo, desculpas.

Cargando editor
10/05/2011, 12:12
Balgadrox "O Mouro"

-Moi agradecido. Pois nada, collereis as miñas pertenzas e co permiso do rei, quedarei coa lanza, escudo e peto de coiro polo que poida acontecer-.Di Balgadrox mentres mira os froitos que lle deu o druida, con certa desconfianza. 

Finalmente, meteu varios graos na boca e gardou o resto no peto mentres foi buscar a bolsa de coiro na que garda as súas escasas pertenzas.

 

- Tiradas (1)

Tirada: 1d6(+2)
Motivo: Atención
Resultado: 2(+2)=4

Notas de juego

EDITO: Feita a tirada. Desculpa. Modifiquei un pouco o texto porque antes contesteis ás presas. Penso que queda mellor así.

Cargando editor
10/05/2011, 15:57
Contacontos

Notas de juego

 Fáltache a tirada.

Cargando editor
10/05/2011, 20:31
Gael "Penedo" MeicBrido

Notas de juego

Recorda que Gael pediu cabalos XD

Cargando editor
15/05/2011, 13:03
Contacontos

Notas de juego

 Todo o que pidades volo condede, así que considerate con cabalos a efectos de narración.

Cargando editor
15/05/2011, 13:05
Contacontos

 Tras un anaco no que vos dedicades a avituallarvos e coller todo o necesario do castro para a viaxe, o curioso grupo que acabades de formar sae do castro en dirección sur. A xente sobe as murallas a despedirvos, mesmo o rei Mirrado subiu (pese a insistencia de Bren a que non o fixera), pois sodes a sua única esperanza. Cheos de orgullo e enchendo o peito vos vades alexando, pouco a pocuo, ata chegares a primeira fraga do camiño.

 

Nada mais chegardes á fraga, hay unha bifurcación de camiños. Todos vos dades conta de que nun deles, ao lonxe, hay un corvo que vos mira. Todos os camiños parecen igual de válidos, hay un que vai a dereita, outro de fronte e outro cara a esquerda (onde está o corvo).

Notas de juego

 A elixir por onde tirar.

Cargando editor
15/05/2011, 13:17
Gael "Penedo" MeicBrido

O aspirante a druída saeu do castro coa moral alta e a boca pechada, durante o camiño ía sumido nos seus pensamentos, pensando no camiño que o levara ata alí, subido no seu cabalo, un cabalo negro completamente, deixábase levar sen ser moi consciente do camiño. Tentaba lembrar algo máis da lenda de Macmora máis non daba. Estaba disposto, levaban comida de viaxe para catro ou cinco días para non ter que parar nin para comer.
Gael esta decidido a cumprir co mandato do rei, a procura da espada é a maior encomenda que lle fixeron na vida e non está disposto a evitala. Mira cara o corvo e di con voz firme:

- Penso que debemos seguir o camiño do corvo, é o mensaxeiro de Morrigan, e agora mesmo estamos en guerra con sidhe, quizais nos mostre o camiño para gañala. ¿Vos que pensades?

Cargando editor
15/05/2011, 14:01
Zeltia MacLain

-Opino igual. Ó non saber unha dirección certa, debemos guiarnos polos sinais. O mensaxeiro de Morrigan parece disposto a mostrarnos o camiño.

A ver qué pensa o resto. Todas parecen boas direccións, o corvo marca a diferencia.

Cargando editor
15/05/2011, 15:24
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

O grupo baixou polas rúas de Lugh, Xan ía a pe tirando das rendas do seu fiel cabalo “Xesta”. Camiñaba a modo, sorríndolle as rapazas, chocando a man ós nenos e saudando as xentes que saíran a despedilos.

Xa no camiño montou a Xesta, que non parecía moi conforme de poñerse ó choio unha vez mais –Imos rapaz, xa tivemos descanso abondo, éche hora de facer algo de exercicio. –

Pasa o rato preguntando a Zeltia sobre a súa terra de orixe e mais compartindo batallas con Balgadrox, cando de súpeto atopáronse fronte a unha encrucillada na fraga.

- Non sei moito de sinais e corvos, pero o que dicides ten sentido. –

Notas de juego

Voto por ir por onde o corvo.

Cargando editor
15/05/2011, 22:28
Balgadrox "O Mouro"

-Os corvos son paxaros de mal agoiro, mais véxovos demasiado dispostos a seguilo coma para levarvos a contraria. Eu non iría por ahí, pero tanto ten. Por onde digades.

Balgadrox non cree nas sinais, mais a do corvo é tan evidente que lle cheira mal.

Cargando editor
15/05/2011, 22:57
Aldán Mactramar

Aldán, un pouco máis desconfiado decide avanzar uns cantos pasos na procura de rastros que haxan podido quedar nos camiños, antes de tomar a súa decisión.

- Tiradas (1)

Tirada: 2d6(+1)
Motivo: rastrexo
Resultado: 7(+1)=8

Cargando editor
16/05/2011, 11:40
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

 A desconfianza de Balgadrox e mais Aldán contaxia a Xan. Como xa dixera el non sabe moito de sinais. Pero de lendas e do Sidhe algo sabe.

Revolveuse na súa sela, inclinándose cara adiante apoiou o cóbado nun xeonllo e rascou a barba. Miraba fixamente ó corvo tratando de espertar lembranzas afundidas nos currunchos da súa memoria.

 

- Tiradas (1)

Tirada: 2d6
Motivo: sobre os corvos
Resultado: 6

Notas de juego

Vamos que tiro por Lendas(+1)  ou Mundo do Sidh(+2) o que sexa mais apropiado para saber a relación que poidan ter os corvos cos nosos inimigos.

Cargando editor
16/05/2011, 11:49
Zeltia MacLain

As dúbidas dos compañeiros son lexítimas. Agardo,pois,polo resultado das súas deliberacións.