Partida Rol por web

A espada de MacMorna

Capítulo III: Calma

Cargando editor
24/05/2011, 14:00
Contacontos

Notas de juego

 Traducción, pois é druidico o que fala:

 

-Amigos, partide cara o horizonte coa miña bendición, pois os Guéghel depende de vos.

 

Tirade lendas.

Cargando editor
24/05/2011, 14:19
Gael "Penedo" MeicBrido
- Tiradas (1)

Tirada: 2d6(+2)
Motivo: lendas
Resultado: 6(+2)=8

Notas de juego

Tirando lendas ...

Cargando editor
24/05/2011, 14:28
Contacontos

Notas de juego

 Sabes de sobra que ese tipo é cernunnos, o xefe dos druidas "silvestres", chamados Oisín ou Osián, dependendo da zoa. Como aquel que vistedes en Lugh. Din que é o vixiante das fragas, que as manten limpas de todo mal, e que sempre axuda a aqueles que coidan da natureza igual ca el, ou que son dignos de pasar polas suas fragas. De igual maneira, pode chegar a prohibir o paso ppolas fragas se non se é digno.

Cargando editor
24/05/2011, 14:34
Gael "Penedo" MeicBrido

Gael vírase para ver a Cernunnos, xefe dos Osián tras oi-las súas palabras pregúntalle no mesmo idioma que el emprgou:

- Pódesnos axudar? Andamos a procura da espada de MacMorna.

Os demais alonxáronse algo pero Aldán está o seu carón.

Cargando editor
24/05/2011, 14:42
Aldán Mactramar

Aldan mactramar agradece as túas verbas, Osián- Digo, cun xesto respectuoso- A Fraga remata, pero non os perigos, e ben sabemos que vos sodes homes de grandes saberes. ¿Que nos aconsellas, máis aló do horizonte?

Notas de juego

non teño lendas, creo que paso de tirar.

Cargando editor
24/05/2011, 14:48
Contacontos

 Tras cercionarse de que o grupo entendeu as súas palabras a través dos dous druidas que van nel, aquel a quen Aldán chamou Osián dase a volta e vaise por onde chegou.

 

Diante vosa, ainda a uns cantos centos de metros (200-300), unha pequena aldea con 6 casas e unha empalizada. Unha das casas, a que debeu ser noutro tempo a mellor de todas, está parcialmente derruida, mentres que as outras, pese a estar enteiras, están en mal estado. Todas parecen abandoadas, e a empalizada é intermitente, coma se ó vento lle dese por levar unhas partes e deixar outras.

Cargando editor
24/05/2011, 15:09
Gael "Penedo" MeicBrido

Diríxome cara os demáis pois agás Aldán non entenderon as palabras de Cernunnos,

- Ese era Cernunnos o Astado, dounos a súa bendición para seguir cara o horizonte, penso que estamos no o camiño, démonos presa para chegar a aldea.

Dixo isto espolou o seu cabalo.

Cargando editor
26/05/2011, 23:45
Balgadrox "O Mouro"

-¿Cernunnos?. Vaia, qué extrano. Semella que esta viaxe vai ser sorprendente en moitos aspectos.-Di Balgadrox mentres fica ollando cara atrás-.Tan só as palabras de Gäel conseguen facelo reaccionar. Vendo que o seu compañeiro reemprende a marcha, decide seguilo.

- Tiradas (1)

Tirada: 2d6(+1)
Motivo: Lendas
Resultados: 1(+1)=2, 4(+1)=5

Notas de juego

Trabuqueime ao desglosar a tirada. Ven sendo un 6.

Cargando editor
27/05/2011, 00:03
Contacontos

Notas de juego

 Cernunnos, o xefe dos druidas "silvestres", chamados Oisín ou Osián, dependendo da zoa. Como aquel que vistedes en Lugh. Din que é o vixiante das fragas, que as manten limpas de todo mal, e que sempre axuda a aqueles que coidan da natureza igual ca el, ou que son dignos de pasar polas suas fragas. De igual maneira, pode chegar a prohibir o paso ppolas fragas se non se é digno.

Cargando editor
27/05/2011, 01:04
Zeltia MacLain

Póñome en marcha eu tamén, tralos meus compañeiros, cara a aldea.

Vou pensando no recente encontro que tivemos.

Pois sí que era un ser extraño..

Vou atenta a calquera outro sinal que poida enturbiar o noso camiño cara as casas onde decidimos acampar.

Cargando editor
27/05/2011, 22:40
Contacontos

 Pouco a pouco vos vades acercando ate a aldea. Canto máis preto estades, máis ruinosa parece. Ten duas casas e mais unha especie de almacén a un lado, e tres casas ao outro, cun pequeno balado de paus intermitente. O dito, todas están en malas condicións, pero a máis grande delas, xa está parcialmente derruida. Máis agora que entrades na aldea, vedes un pouco mais lonxe, unha cabana de madeira da que saen ruidos de homes e mulleres. Non saberíades dicir se son murmullos ou ronquidos.

Notas de juego

 Calquera cousa que queirades saber da aldea, ou facer nela, adiante.

Cargando editor
27/05/2011, 22:55
Gael "Penedo" MeicBrido

Cando chegan a alde Gael apercebe algo raro no ambiente pero non sabe o qué. Non hai vixías, a empalizada está a caír. Estas choupanas parecen estar mortas en espírito. Uns arrepíos percorren as costas do futuro druida.
A aldea semella abandoada pero están seguros de que todavía hai xente alí por oense voces cando están no que parece o centro da aldea, Gael para o cabalo e bota un vistazo arredor.

Notas de juego

Hai signos de loita recente???
Cadáveres?
Sangue?
Rastros do sidhe?
Algo raro?

Cargando editor
27/05/2011, 23:26
Contacontos

Notas de juego

 Nin signos de loita, nin cadáveres, nin sangue...nada raro.

 

Unha aldea en ruinas, na ue se oen voces dentro dunha casa. Fora diso, todo aparenta normal.

Cargando editor
28/05/2011, 11:01
Balgadrox "O Mouro"

Balgadrox fai sinais coas mans aos seus compañeiros propoñendo que vaian botar unha ollada discretamente onda a casa que semella habitada.

Cargando editor
28/05/2011, 11:34
Gael "Penedo" MeicBrido

Gael asinte a Balgadrox e colle o látego na man dereita (a súa man boa) para estar preparado para a loita. Baixa do cabalo e átao a un poste, mentres non deixa de botar miradas arredor.

Cargando editor
28/05/2011, 15:11
Zeltia MacLain

As agachadas imos achegandonos a choupana. As voces oense cada vez mais claramente, pero sen chegar a escoitar ben o que din. Onde a porta da choupana hai unha fiestra, pola que me asomo con coidado.

Hai oscuridade, e os ollos tardan en acostumarse. Cando por fin podo ver algo, vexo......

Notas de juego

Que e o que vexo? :)

Cargando editor
28/05/2011, 16:28
Contacontos

Notas de juego

 Zeltia, se te asomas á fiestra, tira 2d6.

Cargando editor
28/05/2011, 18:38
Zeltia MacLain
- Tiradas (1)

Tirada: 2d6
Motivo: vexo,vexo..
Resultado: 8

Cargando editor
28/05/2011, 22:39
Contacontos

Notas de juego

 Ves 6 persoas durmindo, os ruidos non eran mais que os ronquidos e as palabras en sonos de algún dos adormecidos.

Cargando editor
28/05/2011, 22:48
Zeltia MacLain

Volto paseniño onda os demáis..

-Hai persoas dentro- digo sen alzar a voz-. Son seis, e están profundamente durmidas. Falan en soños, e iso é o que se oe... ¡Iso, e mailos ronquidos!

Non podo evitar sorrir ante o cómico da situación.