Partida Rol por web

A espada de MacMorna

Capítulo III: Calma

Cargando editor
16/05/2011, 12:40
Gael "Penedo" MeicBrido

Gael trata de lembrar algo sobre as lendas dos corvos, e de Morrigan ou da espda de McMorna, busca na mente calquera cousa que lles sexa de utilidade, pos as dúbidas dos seus novos compañeiros son xustas.

- Tiradas (1)

Tirada: 2d6(+2)
Motivo: lendas
Resultado: 4(+2)=6

Cargando editor
17/05/2011, 14:11
Contacontos

 A parte do rastro típico de animais da fraga, e algún que outro animal pequeno morto no chán (esquíos, paxariños...etc), polo camiño no que esta o corvo fíxaste en que hai pegadas moi estranas e deformes, quizáis sexan dos sidhe...non, seguro que son deles.

Cargando editor
17/05/2011, 14:13
Contacontos

 Polo que vos sabedes, os corvos son de toda a vida un dos animáis preferidos da deusa Morrigan, deusa da guerra. Nunca oistedes que tivesen algo que ver cos sidhe... pero que nunca o oisedes non significa que sexa certo ou deixe de selo.

Cargando editor
17/05/2011, 14:58
Gael "Penedo" MeicBrido

As palabras de Balgradox fixeron que Gael pensase con moito tino o seguinte que ía dicir, quita a capucha mostrando a cabeza e diríxese os seus novos amigos con voz calma e tranquila, coma cando se lle explica algo a aqueles que non saben:

- Os corvos son os mensaxeiros da guerra, aliméntanse dos cadáveres que quedan no campo de batalla, son os mensaxeiros de Morrigan. Os sidhe veñen organizados, alguén ou algo os dirixe, imaxino que ese algo sabe da espada de MacMorna e non nos deixará ir a por ela. Se imos polo camiño do corvo atoparemos guerra e loitas pero o Drú sabe que temos unha encomenda xusta e necesaria.
-Amigos, non podemos fracasar, se non vos gusta o camiño do corvo por min está ben, escollamos outro, pero non perdamos demasiado tempo pensando que imos facer, o tempo que temos é limitado.

Cargando editor
17/05/2011, 15:09
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

Xan negaba - Estou de acordo - sinalando a Gael - nunca oira de corvos que axudaran ó Sidh, pero he sabido que son os preferidos de Morrigan. Mais quizais estamoslle a dar demasiadas voltas. O mellor so e un corvo, e este so e un camiño como outros. -

Entón faloulle ó seu cabalo - ¿Ti que dis, vello?¿Seguimos onda o corvo o collemos cara outro lado? -. Xesta bufou e moveu a cabeza cara un lado. - Para que preguntarei. Eu voto por seguir onda o corvo, e o cabalo vota por voltar a Lugh a rillar no millo e buscar unha hegua.-

Cargando editor
17/05/2011, 15:43
Aldán Mactramar

Sen dúbida... o corvo é o dios da guerra.-Digo, pacientemente mentres collo un pouco de herba e a boto ao ar, axeonllado.

E é cara onde nos dirixiremos se seguimos este camiño. Os sidhe pasaron por eiquí, non fai moito.

Subindo ao cabalo, cun rápido xesto digo:

E non temos moito tempo. Debemos chegar canto antes, e aproveitar as horas de luz.

Cargando editor
21/05/2011, 12:37
Balgadrox "O Mouro"

Balgadrox escoitaba a conversa con sorindo curiosidade, sen intervir. A súa opinión estaba dada, ainda que sabía que ía a server de ben pouco. Sentado sobre o tronzo dunha árbore derrubada agardou a que os seus compañeiros tomaran a súa decisión, que segundo pensaba, non sería outra que ir por onde estaba o corvo.

Cargando editor
23/05/2011, 15:33
Contacontos

Notas de juego

 A falta de que Zeltia conteste seguimos. Vamos entón polo camiño do corvo, ou por outro?

 

Deixo ate a noite pra contestar e seguimos.

Cargando editor
23/05/2011, 15:38
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

Notas de juego

Voto polo do corvo.

Cargando editor
23/05/2011, 15:38
Aldán Mactramar

Notas de juego

Voto en branco :3

Cargando editor
23/05/2011, 18:09
Zeltia MacLain

Notas de juego

Perdon, non me enterara da votacion..para ben ou para mal, eu digo que por onde esta o corvo

Cargando editor
23/05/2011, 23:05
Gael "Penedo" MeicBrido

Notas de juego

polo corvo

Cargando editor
23/05/2011, 23:07
Contacontos

Por maoiria, decidides ir polo camiño do corvo. Andades raudos e ollando para todos os lados, ben é certo que decidestes ir polo camiño do corvo, mais segue a ser un camiño descoñecido e, que a medida que avanzades, vai dando mais sinais do paso dos sidhe.

De vez en cando ata pensades que vos están a observar dende as árbores da fraga, e algunhas veces parecevos ver polo rabo do ollo algo moverse nas polas mais altas. Pouquiño a pouco vades camiñando ata que saides fora do bosque, e vedes ao lonxe unha pequena aldea costeira. Paerce abandoada e en mal estado, mais oese algún que outro son en esa dirección, e as veces ata vos parece que as vosas costas tamén se oe algo.

Polo visto baixastedes bastante o sur, e só vos quedan duas opcións, volver por onde viñestes, ou baixar cara o descoñecido da aldea. De momento tedes a cobertura do bosque, pero se andades cara a aldea, tedes unha chaira bastante longa onde vos verán a quilómetros en calquer dirección...e a noite está pra caer.

Notas de juego

 Acampades, seguides cara a aldea, dades volta... outra cousa distinta. Que facedes, a rolear!

Cargando editor
23/05/2011, 23:21
Gael "Penedo" MeicBrido

Os son da fraga non lle gustan a Gael, a noite está apunto de chegar e non quere que o colla aquí.

- Non me gusta isto, penso que debemos darnos presa para chegar a aldea a galope, na fraga a emboscada é segura.

Mira cara os compañeiros a ver que din,

Cargando editor
23/05/2011, 23:22
Zeltia MacLain

Observo a paisaxe que nos rodea.

-Inda que a noite se achegue, eu opino non acampar aqui. E unha chaira onde estaremos moi visibles e moi vulnerables, e dame no corpo que xa alguen mais sabe que estamos por aqui..¿Non escoitastedes vos eses ruidos extraños?A aldea non me parece mal agocho.

Cargando editor
23/05/2011, 23:33
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

Xan quedou pampo un segundo. Parecíalle incrible ter chegado tan lonxe cruzando aquela fraga –Chéirame que este lugar non e normal. Dáme nos osos que algunha maxia poderosa actúa nesta fraga.-

Escoitou as palabras de Gael e asentiu –Entendo o que dis, mais esa aldea inda queda lonxe e nese tramo somos moi vulnerables. Non vexo porque non habiamos de acampar aquí. Non lle temo ó sidhe.-

Notas de juego

Mentira, si que lles temo, pero non creo que os seres dese bosque sexan inimigos.

Cargando editor
24/05/2011, 11:20
Aldán Mactramar

É lóxico-Digo, mentres atendo ás miñas beiras, na procura deses seres- O exército sidhe desperdigouse, é normal que haxa deles por eiquí. - Adquiro un ton pensativo, levando o meu bastón á miña mao- Anque poden ser seres do bosque; o dubido. O mellor será ir cara esea aldea, e prepararnos por se os bechos teñen malas ideas. Somos enviados do rei mirrado, e moi feitiños; non se nos pode negar nada.

Cargando editor
24/05/2011, 11:52
Balgadrox "O Mouro"

-Pois eu sí lles temo. Hai Sidhes que ven de noite, son quen de agocharse e andar en silencio e pódennos asaltar sen que sequera nos deamos de conta. Eiquí non temos murallas que nos protexan. Deberíamos facer un esforzo en chegar á aldea. ¿Non vos percatastes de que houbo alguén vixilándonos todo o camiño?.

Balgadrox semellaba intranquilo. Algo extrano para quenes ata agora, o veran sempre despreocupado.

Cargando editor
24/05/2011, 12:30
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

-Esta noite haiche cousas peores co Sidhe.- respondeu Xan con un sorriso, mentres agarraba o seu escudo e preparaba a súa lanza. –Mais, se vos ides sentir mais seguros ó refuxio da aldea, imos logo. Pero estade preparados, non vaia ser que fuxamos do cazador para nos meter na boca do lobo.-

Dito isto espoleou o cabalo e comezouse a mover cara a aldea sen deixar de vixiar a espesura que os rodeaba.

Notas de juego

A maioría decidiu. Imos para a aldea ¿non?

Cargando editor
24/05/2011, 13:47
Contacontos

 Despois de falar un pouco sobre o voso seguinte paso, decidides andara cara a aldea. Cando xa empezades a alonxarvos do bosque (un kilómetro mais menos) oides unha frase nun ton moi alto e clato:

- Amatelgah, irged gark roziont blesode, paelh Guéhel iset vouns.

Cando mirades para atrás, vedes no linde do bosque unha figura rodeada por varios animáis. Ten forma de humán, pero a sua pel e algo máis escura, e ten cornamenta. Medirá uns dous metros e medio, polo que é algo mais alto ca un Guéghel. Leva consigo un arco. Se vos queda mirando, sen moverse do sitio.