Partida Rol por web

A espada de MacMorna

Capítulo III: Calma

Cargando editor
29/05/2011, 09:58
Balgadrox "O Mouro"

-¿Qué aspecto teñen?.¿Semellan labregos?. ¿Viches que levasen armas ou as tivesen preto?.

Cargando editor
29/05/2011, 10:28
Zeltia MacLain
Sólo para el director

Notas de juego

Vin algo diso, ou improviso eu? :)

Cargando editor
29/05/2011, 12:44
Contacontos

Notas de juego

 Son todos homes fortes, como os que podería haber en calquer castro. Estaban tapados por mantas, máis ver non viche ningunha arma, o que non significa que non as teñan.

Cargando editor
29/05/2011, 13:34
Zeltia MacLain

-Non se ve ben, está moi escuro dentro. Parecéronme homes fortes, castrexos. Están tapados, e non vin arma ningunha, mais pode que as teñan..

Cargando editor
29/05/2011, 14:17
Aldán Mactramar

Ou a presión nos pode, ou semellamos uns tolos. -Digo, seguro da situación.

Penso que deberíamos bater na porta e falar.

Cargando editor
29/05/2011, 16:27
Gael "Penedo" MeicBrido

Gael pensa que non hai perigo, pero parécelle moi extraño que en toda a aldea non haxa ninguén e que durman todos xuntos na mesma choupana. Pero só hai unha forma de resolver as dúbidas:
-Estou dacordo con Aldán.

Cargando editor
29/05/2011, 21:39
Zeltia MacLain

-Eu tamen. Non foi malo cerciorarse, pero tampouco podemos presupor que todos os que nos rodean son inimigos nosos. Xa se vera de que lado estan.

Seguiamos falando con susurros. Os de dentro nin se enteraran da nosa presencia. Dende logo se estan de guardia ou pendentes de algo, ian apañados!

Cargando editor
29/05/2011, 22:00
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

-Collede uns fachos e prendedeos.- dixo xan coa cara seria -Se son hostís hanse arrepentir. O mellor e non entrarmos todos. Podemos rodear a choupana e chamalos pra que saian a modiño.-

Cargando editor
29/05/2011, 22:59
Balgadrox "O Mouro"

-Home, non creo que sexa moi aconsellable achegarse cos fachos acendidos á casa, se queremos ter unha resposta amigable. Veña, petemos a ver que acontece.

Dito isto, Balgadrox dirixiuse cara a porta e petou co puño nela.

Cargando editor
01/06/2011, 23:15
Descoñecido

 Un home con cara de mal xenio, a cara pintada e as legañas pegadas aos parpados, abre a porta de forma brusca.

 

-Que carallo queredes!! - dice nun ton que denota que non está de bon humor.

Cargando editor
02/06/2011, 03:03
Balgadrox "O Mouro"

-Acouga, amigo. Non vos desexamos mal ningún. ¿Poderías explicarnos que pasuou por eiquí?. Semella que houbo loita recente.

Cargando editor
02/06/2011, 13:13
Aldán Mactramar

Vimos dende Lugh, home, no nome do Rei Mirrado, así que se és un servo leal demostra os teus respetos- Digo nun ton tranquilo, quizáis demasiado.

-Seguimos a pista da nosa misión ata esta aldea e precisamos descanso; os bosques non son seguros.

Cargando editor
02/06/2011, 14:14
Descoñecido

 Ante as palabras de Aldán parece que o home cambia de cara, poñéndose un pouco mais solemne, ainda que a súa voz soa a desconfiado:

 

-E como sei eu que non mentides?-dice pechando un pouco a porta, desconfiando.

Cargando editor
02/06/2011, 14:41
Aldán Mactramar

O rei entregounos a súa venia nesta carta, aquí podes ver o selo real. - Digo, mostrando o selo.

Se viñésemos con malas intencións haberíamos tentado aproveitar as sombras e os trucos propios dos ladróns e os asasinos, mais as nosas roupas e as nosas intencións aválanos.

Desmonto do cabalo e engado:

Só será unha noite, se os deuses queren. Debemos partir ao albor.

Notas de juego

Pedinlle ao rei unha carta co seu selo dando a entender que nós actuabamos no seu nome, Dou por feito que o teño.

Cargando editor
02/06/2011, 15:08
Descoñecido

 Ao ver o salvoconduto o home pon unha sonrisa na sua cara, mira un momento cara adentro e berra:

 

- Ei, druida, chegaron os que estabas a esperar, rapaces, en pé que tócanos faena, Antón, faite cargo dos cabalos.- logo mira cara vos- Sendo así, podedes pasar, estábamos agardándovos.

 

Un home duns 24-25 anos sae con cara de sono e os ollos a medio abrir, e pedíndovos permiso colle as rendas dos vosos cabalos e axúdavos a desmontar, levando os cabalos a un lugar que non veces.

Notas de juego

 O que tedes é o salvoconduto que vos deu o druida, aquel nunha coda de árbore. Se non queredes dar os cabalos a Antón decídemo, e rectifico o post.

 

Se entrades vedes 3 homes espreguizándose e un 4º con unha pequena cornamenta na cabeza, que está acendendo un facho para alumar a cabaña. Xunto co que está na porta, e o que levou os cabalos, fan un total de 6.

Cargando editor
02/06/2011, 15:44
Gael "Penedo" MeicBrido

Gael presencia toda a escena cos homes da choupana en silencio. A verdade é que para el foi unha sorpresa atoparse semellante grupo todos metidos nunha choupana a durmir coma osos no inverno. Sen embargo contan coa bendición de Cernunnos e dubida moito que se atopen en perigo inminente. Dalle as rendas do cabalo o que parece chamarse Antón. Volve colocar o látego no cinto. Con ton amable diríxese ao home que lles saleu a dala benvida na porta:

- Parece ser que os nosos pasos son vixiados e guiados polo Drú. Estamos algo cansos despois de estar todo o día a cabalo e non nos viña nada mal unha pouca cervexa e algo de comer, o lado dunha fogueira, así podédesnos contar ti e o teu druída que facedes aquí e como nos podedes axudar na nosa procura.

Cargando editor
02/06/2011, 23:06
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

-Mais che vale coidar ven do cabalo rapaz.- espetoulle ó tal Antón antes de darlle as rendas de Xesta. A Xan non lle gustaban nadiña aqueles cinco jichos alí metidos nunha choupana no medio dun castro deserto e a esperar por eles. Inda que deixara a lanza e mailo escudo ás costas todavía tiña a man dereita sobre o coitelo e non baixaba a garda nin lle quitaba ollo ó tipo que os recibira na porta.

Cargando editor
02/06/2011, 23:32
Zeltia MacLain

Entregueille as rendas do cabalo a Antón, e sentindo xa franca curiosidade polo que os habitantes da choupana nos dirían, dirixinme tamén cara o interior, sen desarmarme máis que o imprescindible.

Cargando editor
03/06/2011, 15:05
Aldán Mactramar

Gracias. - Digo, cun amable sorriso mentres baixo do cabalo e entrégolle as rendas.

Agradeceremos gustosos a vosa hospitalidade, pero deberiades ter alguén vixiando; foi algo imprudente.

Xírome cara os meus compañeiros e no meu habitual ton conciliador engado:

Mañá teremos que estar frescos; bebede o que queirades, pero non serei eu quen saque o voso cabalo do río.

Cargando editor
03/06/2011, 17:10
Gael "Penedo" MeicBrido

Gael mira a Xan cando Aldán remata de falar e di:

- Lembrade todos que o Sidhe anda tras nosa, convén estar dispostos para a loita en calquera intre.

O recordatorio vai dirixido a Xan pero todos se dan por aludidos, Gael incluído, non están de festa, e o tempo apreta.

Dito isto entra na choupana. O ambiente está cargado e apesta a suor, comida e cervexa. Non vai frío dentro e semella que todos estaban a durmir ser ter vixías fora, o que lle sorprendeu moito, ou eran aliados do Sidhe ou Cernunnos estábaos a protexer. Vai votando unha ollada e conta a cinco homes e o que lles abriu a porta, un deles parece un druida, Gael ponse diante del e preséntaos a todos a medida que os vai sinalando:

- Son Gael o Amdaur, e estes son os meus compañeiros, Aldán, Zeltia, Balgadrox e Xan. Parece ser que andades a agardar por nós. ¿Quén sodes vós e como é que nos esperades?