Partida Rol por web

A espada de MacMorna

Capítulo V: Polos cornos do Tourishome

Cargando editor
14/10/2011, 20:43
Namta

O líder dos lusóns, Namta, decide rachar o silencio reinante:

-Meu pobo - di mirando cara a súa xente- meus bos amigos - dice mirando cara a vos - non estedes tan pesarosos. Certo é que hoxe non espera unha dura proba, e que o que temos diante atemorízanos a todos, a min o primeiro, pero recordade por qué o facemos, non o facemos por nós, nen sequera por recuperar a nosa patria, perdida tempo atrás, senón para escorrentar eses merdallentos do Side, devolverlle o que é seu ó Drú, que tanto nos deu e tan pouco lle demostramos e máis pra que nosos fillos poidan vivir nun mundo pacífico. Por todo iso, debemos asegurarnos de que o druida e seus amigos atopen a espada de MacMorna e volvan con ela a Lugh. Vamos a polo feiticeiro. Vamos, en nome do Drú!!!

E dito esto, empeza a golpear a sa falcata contra o escudo, cousa que é secundada polos seus homes, que parecen borrar os seus medos, e estar máis convencidos da sua causa.

Cargando editor
15/10/2011, 09:00
Zeltia MacLain

Escpito en silencio a arenga de Namta aos seus homes, e a resposta deles, tan apaixoada.. Parecen dispostos e decididos, e iso é o que nos compre.

-Ben, a cousa está decidida -digo aos meus compañeiros-. A pola espada de MacMorna!

Cargando editor
17/10/2011, 04:36
Balgadrox "O Mouro"

O discurso de Nautam colleu a Balgadrox durmindo. A súa voz despertouno, mais quedouse un ratiño máis a medio durmir mentres escoitaba as súas palabras. O bater das armas dos seus homes contra os escudos, fíxolle perder toda esperanza de durmir un pouco máis, así que levantouse, pasou a mano pola cabeza, tentando de por orde nas súas gedellas, ainda que sen moito entusiasmo e achegouse alí onde estaba o rebumbio, mentres mordisqueaba un anaco de pan duro.

-¡Que enerxía traedes a estas horas da mañá!, ¿acaso pensades que a espada vai a escapar?-.

 

 

Cargando editor
17/10/2011, 18:36
Gael "Penedo" MeicBrido

Penedo durmira coma tal. O novo día trouxo novas forzas e a marcha das mulleres, anciáns e nenos encheuno de ledicia, mentres ollaba as escenas de despedida a súa alma encollíase pensando que os homes e as mulleres ben sabían que poderían ser a última vez que se visen, ata os nenos tiñan cara tristeira. Sen embargo cando recolleron para marchar de alí animáronse sobre todo gracias os pais e nais. Cando partiron os últimos co druida, Penedo mirou cara onde se dirixían os refuxiados e musitou unha pregaria ao Drú: Drú sabedor coida os teus fillos e protéxeos que xa sufriron dabondo.
A arenga de Namta sacouno do seu estado de melancolía e escoitou as palabras do líder deses homes que os ían axudar a facer unha misión que o comezo se lle antollou imposible.

Cita:

....Vamos a polo feiticeiro. Vamos, en nome do Drú!!!

O bater das armas contra os escudos elevou o ánimo do xove aprendiz de druída que se supeto se atopou berrando con eles e co corazón batendo o ritmo dos golpes dos guerreiros.

Cargando editor
17/10/2011, 23:14
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

A Xan tocáralle a derradeira garda. Mentres os outros levantabanse e saían do catre el papaba as derradeiras xouvas que gardara no fondo do seu petate. Escoitaba as palabras de Namta sentando nunha pedra, coa lanza apoiada no hombreiro e papando sen parar. Sorríu e bateu cos pes no chan cando os Lusóns comezaron a bater nos escudos.

-Ven dito Lusón.- dixo, limpando as mans na capa -Vai sendo hora de esfolar uns cantos bechos.-

Cargando editor
18/10/2011, 13:40
Aldán Mactramar

Aldán meditara longo tempo e logo caeu durmido.

A violencia dos lusóns en parte arrepíalle, e confía en que sexa suficiente para acabar co tourishome.

A brutalidade dalgúns paisanos nunca deixa de sorprenderme...

Cargando editor
20/10/2011, 21:13
Namta

Tras asegurarvos de que mulleres,nenos e anciáns estaban a salvo, haberedes descansado e coa arenga de Namta no corpo, partides cara a garida do feiticeiro. Polo camiño estades tensos, vades en silencio case sepulcral, atentos a calquer mal que vos poida sair ó paso, pero non atopades máis ca ruinas, se cadra algún cadaver en estado de descomposición avanzado...vamos, un escenario dantesco, pero ao parecer, sen perigos aparentes.

Tras case 6 horas de camiñar, vedes ao lonxe unha especie de templo en ruinas (tipo partenón grego, pra que vos fagades unha idea). Namta da unha orde para deterse e divos:

-Ahí é, entramos o mesmo tempo, logo dividímonos, nos facemos ruido e vos coládevos. Cando vexamos que non podemos darmos máis cobertura farei soar o corno - dice levando a man o corno de caza que leva colgado-. Sorte, e que o Drú nos dé forzas.

Notas de juego

Tiradas de atención, rastrexar ou orientación. Cada un o que teña máis alto.

A maiores, o que teña estratexia, que tire tamén.

Recórdovos que vai por d6 (xa fai boa que non facemos unha tirada).

TOdo o de arriba, dificultade 4.

Cargando editor
20/10/2011, 21:26
Aldán Mactramar

Imos pois... -Digo, botando un pouco de bafo ao aire.

 

- Tiradas (1)

Motivo: rastrexare

Tirada: 2d6

Dificultad: 4+

Resultado: 3(+1)=4 (Exito)

Cargando editor
20/10/2011, 23:34
Gael "Penedo" MeicBrido

Penedo aínda pensa que van conseguir a espada pero a enerxía da arenga dou lugar a unha fría calma. Cando chegaron ó lugar e viron o templo, tentou de imaxinalo no seu esplendor e non dou feito. Non quería nin falar. Despois da longa camiñata e o longo silencio parecía un pecado proferir algún sonido, coma se os deuses estivesen a escoitar. En canto Namta liscou Penedo observa o seu redor na busca de calquer perigo, a tensión do viaxe non o deixa tranquilo.

- Imos ver que pasa, esta é a nosa oportunidade. - susurra brevemente

- Tiradas (1)

Motivo: rastrexar

Tirada: 2d6

Dificultad: 4+

Resultado: 2(+1)=3 (Fracaso)

Cargando editor
21/10/2011, 15:32
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

Collendo un pouco de lama escureceu a cara, preparándose pra a incursión.

- Tiradas (1)

Motivo: Atencion

Tirada: 2d6

Dificultad: 4+

Resultado: 4(+1)=5 (Exito)

Cargando editor
22/10/2011, 09:29
Zeltia MacLain

-A ver que atopamos.

- Tiradas (1)

Motivo: rastrexar

Tirada: 2d6

Dificultad: 4+

Resultado: 10(+1)=11 (Exito)

Cargando editor
23/10/2011, 07:58
Balgadrox "O Mouro"

Balgadrox asentiu como toda resposta ás palabras de Nautam mentres collía con firmeza o escudo e a lanza, disposto para o enfrontamento.

- Tiradas (1)

Motivo: Atención

Tirada: 2d6

Dificultad: 4+

Resultado: 8(+2)=10 (Exito)

Cargando editor
24/10/2011, 21:23
Contacontos

Os vosos amigos avanzan sixolosamente o máis rápido que pode, e dende que pasou un rato entrades vos.

O templó abofé que é moi amplo, de feito ainda podedes ver aos voso amigos ao lonxe, meténdose polo que parece unha especie de pasillo. Unha ollada xeral davos a entender que noutro tempo iste foi un templo adicado o Drú e os seus vasalos, pero diso fai moito tempo.

Donde antes houbo estatuas preciosas, agora hay grotescas pintadas en sangue por riba dos restos destas. Donde fai tempo puido ser que houbese unha especie de altar cerimonial, agora repousaban cabezas podres de Guéghels...unha profanación digna do Side.

Unha ollada xeral dabos esa sensación, un lugar de culto o Drú profanado con saña e cuberto parcialmente por cinza.

Cargando editor
24/10/2011, 21:28
Contacontos

Vedes no chan unhas siluetas en certos tramos de cinza, parecen ser pisadas. Desaparecen misteriosamente no medio e medio do amplo templo.

Cargando editor
24/10/2011, 21:29
Aldán Mactramar

Procedede con cautela- Digo, algho asqueado polas grotescas estatuas. - Debemos aproveitar o tempo que temos.

Cun xesto dubidativo comezo a camiñar, ata o centro da sala e engado:

Eiquí rematan as pisadas... Vexamos...- Coa mao tento limpar un poucho o chan, a ver que atopo.

Notas de juego

solucionado!

Cargando editor
24/10/2011, 21:33
Contacontos

Notas de juego

Fixádesvos que mais ou menos, no medio e medio do templo, pero algo hacia un lateral, hay unha escultura que ten o corpo do Drú e...unha cabeza de minotauro cuns enormes cornos. O corpo está totalmente cuberto de cinza, e a cabeza case, o que sería a cara está totalmente cuberta de cinza pero os cornos están impolutos, como se alguén se dedicase a limpalos ou os agarrasen de seguido sen dar tempo a que a cinza se acumule.

Cargando editor
24/10/2011, 21:40
Contacontos

Notas de juego

Ao apartar a cinza e palpar coa man, daste conta de que hay varias baldosas que parecen mais ben un conxunto, e sobresaen un pouco do resto, vamos, unha trampilla pero... non ves por onde carallo abrila!.

Cargando editor
25/10/2011, 01:11
Zeltia MacLain

-Certo, son unhas pisadas ben estrañas, non parecen conducir a ningures -digo, mentres sigo a Aldán na súa procura-. Tal vez haxa unha trampela ou algún pasadizo que poidamos descubrir.-Aldán xa pensara tal, e barreu o chan coa man.

-¿Atopaches algo? -pregúntolle.

Cargando editor
25/10/2011, 13:31
Aldán Mactramar

Haina, de certo, Maclain. Máis non atopo como abrila.- Digo, algo confuso- Buscade unha arandela da que tirar, senon probade a turrar por ela. 

Cargando editor
25/10/2011, 22:34
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

Avanzo cara o interior do templo tralos pasos dos outros. O rastro de maldade no interior non me era alleo, espectáculos como aquel dabanse todo ó largo das terras dos Lusons conquistadas baixo o puño do Sidhe.

Mentres Aldan e mais Zeltia acheganse ó altar mí chámame a atención a escultura co corpo de Drú e cabeza cornuda. Achégome a ela para inspecionala mais de cerca.