Partida Rol por web

A espada de MacMorna

Capítulo V: Polos cornos do Tourishome

Cargando editor
21/11/2011, 19:07
Gael "Penedo" MeicBrido

Penedo prepárase para liscar dalí en canto o tourishome aparece, non pode loitar dese xeito e prefire liscar de alí para poder transformarse. En canto mira os cornos da besta Penedo salta cara un lado para dar rodar polo chan e escapar mentras os seus compañeiros se preparan para atacar.

- Tiradas (1)

Motivo: safar

Tirada: 1d6

Resultado: 2

Notas de juego

1 dado en loita = 1 dado en defensa safar.

Cargando editor
21/11/2011, 19:19
Contacontos

O tourishome entra cargando ca cabeza gacha pra embestir cos seus cornos a Gael. Este intenta apartarse con pouco éxito, pois o Tourishome é enorme e bastante rápido.

Sen case darvos tempo a reaccionar, Gael é empitonado polo Tourishome, que o levanta cara arriba e o lanza uns cantos metros polo aire. Gael cae no chan e levanta coxeando, pegado a donde estades vos, pero uns 3 metros por debaixo.

- Tiradas (1)

Motivo: Dano da cornada

Tirada: 1d6

Resultado: 2(+6)=8

Notas de juego

Gael 8 puntos de dano, co cal ahora estás en 0 puntos de vida. Se chegas a -8 caes inconsciente e se chegas a -16 morres. Agora mesmo tes un furado nunha perna que verte sangue e un dor nas costas tremenda, pola caida.

Turnos:

Tourishome (xa actuou)
Balgadrox (tócache agora)
Xan
Aldán
Gael (gastou os seus dados de defensa)
Zeltia.

Cargando editor
22/11/2011, 20:34
Balgadrox "O Mouro"

Balgadrox, deixándose levar pola situación cargou coa lanza por diante contra o Tourisome, a sabendas de que a súa vida dependía de que conseguira afastar á besta do seu compañeiro. 

-¡Morre, malpocado cornudo!-berrou con rabia cando o tivo ao seu alcance, preocupándose mais de alcanzar á besta que de defenderse-.

- Tiradas (1)

Motivo: Ataque

Tirada: 4d6

Resultado: 14(+5)=19

Notas de juego

4 dados a ataque/1 a defensa.

Supoño que dou, pero non lembro como ia o dano.

Cargando editor
25/11/2011, 17:38
Contacontos

Balgadrox cargou cheo de rabia contra o tourishome, acertándolle coa lanza no medio e medio do peitto. A lanza cravouse en profundidade, sen chegar a traspasar ó Tourishome.

O xesto na cara de Balgádrox era de tremendo esforzo, e non podía ser pra menos, acababa de deter en seco a un becho que o superaba en altura e en forza. O tourishome parecía non poder andar, pois Balgadrox e a súa lanza yo impedían, máis non ía durar moito esta situación, pois o Tourishome seguía turrando e era evidente que Balgadrox non aguantaría moito máis.

- Tiradas (1)

Motivo: Dano de Balgadrox

Tirada: 1d6

Resultado: 6(+2)=8

Notas de juego

As vosas armas corpo a corpo son todas das chamadas "medianas" fan 1d6 +2 de dano sempre que impacten.

Os arcos, se son curtos fan 1d6, calquer outro tipo de arco 1d6+2. No caso dunha lanza que se pode empregar a distancia e corpo a corpo o dano e sempre 1d6+2.

Os que levades escudo Tedes protección +2 e o escudo resistencia 8.

Balgadrox, fixen a tirada de dano por ti (Boa tirada, por certo)

Puntos de vida do tourishome: 4/11. Pra que caia inconsciente polas feridas e o esforzo tedes que chegar a -11 e pra matalo a -22.

Seguinte Turno:

Tourishome (xa actuou, 6 ataque)
Balgadrox (xa actuou, 4 ataque 1 defensa)
Xan(tócache agora)
Aldán
Gael (gastou os seus dados de defensa)
Zeltia.

Cargando editor
26/11/2011, 17:32
Xan "Papaxoubas" Meic Morn
Sólo para el director
- Tiradas (3)

Motivo: Ataque

Tirada: 3d6

Resultado: 14(+4)=18

Motivo: Defensa

Tirada: 1d6

Resultado: 6(-1)=5

Motivo: Dano

Tirada: 1d6

Resultado: 3(+2)=5

Cargando editor
29/11/2011, 16:49
Contacontos

Xan vendo que un dos seus compañeiros esaba ferido e outro en serios apuros non pensou máis ca un instante. El era cazador do Sidhe e estaba acostumado a pelexar. Colleu un pouco de carreira e afianzando ben a sua lanza cravoulla no peito ao tourishome.

Por moito que aquel becho se revolvía, tiña dous homes frontes frente el, cada un cunha lanza atravesandolle o peito. Era cuestión de tempo que o malpocado caese...pero seguía facendo moita foraza, tanto que os dous guerreiros empezaron a esbarar sobre o chan.

Notas de juego

Vida do tourishome: -1/11, tendes que chegar a -11 pra deixalo fora de combate.

Seguinte Turno:

Tourishome (xa actuou, 6 ataque)
Balgadrox (xa actuou, 4 ataque 1 defensa)
Xan(Xa actuou 3 ataque 1 defensa.)
Aldán (tócache agora)
Gael (gastou os seus dados de defensa)
Zeltia.

Cargando editor
29/11/2011, 16:53
Contacontos

Estades ambos resistinto a forza que o Tourishome fai cando vos percatades dun detalle: O lóxico sería turrar en dirección oposta a vos, pra librar das lanzas, así o único que fai e cravarse máis as lanzas, coa consecuente ampliación das feridas. De feito, sabedes que os tourishomes, ainda que moi feros en combate, non son parvos, e saben loitar moi ben.

Estades pensando en todo esto, cando vos fixades nos ollos do animal. Parecen unha mezcla entre súplica e alegría.

Cargando editor
29/11/2011, 19:14
Aldán Mactramar

Notas de juego

¿Podo transformarme en oso? ¿canto había de tirar? Perdoa, xa non acordo vv'

Cargando editor
29/11/2011, 20:58
Contacontos

Notas de juego

Eu tampouco acordo a verdade. Ata mañá non estou na casa e teño o manual alí. Mírocho coméntocho. Da outra vez me parece que cho dera por automático por ter tempo, pero agora tería que revisar.

Un saudo!

Cargando editor
02/12/2011, 13:01
Xan "Papaxoubas" Meic Morn
Sólo para el director

Notas de juego

¿Editaches ti a miña mensaxe? Xuraría que tiña unha parte de narración e non so as tiradas

Cargando editor
02/12/2011, 16:17
Contacontos

Notas de juego

Eu non editei nada. A min a veces pásame, que lle dou a gardar mensaxe e bórraseme todo o texto e só qudna as tiradas. Debe ser algún bug. No obstante se queres narrar agora...non hay problema.

Cargando editor
02/12/2011, 23:55
Contacontos

Notas de juego

Aldán, non atopo ningunha dificultade nin tirada para mudar, así que che asigno eu unha regra de casa.

Tira un d6, dificultade 4. Se a superas mudas, se non, non mudas e perdes a acción.

Cargando editor
03/12/2011, 13:32
Balgadrox "O Mouro"

-Por todos os diaños, semella como se esta criatura estivera na procura da súa propia morte, máis ca da nosa. Non vou a ser eu o que deixe de compracerlle-Di Balgadrox mentres retorce a lanza nas entrañas da besta, esperando causarlle con elo un dano letal.

Cargando editor
03/12/2011, 13:49
Aldán Mactramar

Un berrido de esforzo sae do corpo de Aldán, e cun feixe de luz arcana aparécelle un fouciño e mais sendas patas e pelaxe por todo o corpo.

A súa forma adquire a dun oso de considerable tamaño, que abalánzase torpemente sobre o tourishome.

- Tiradas (1)

Motivo: mudar

Tirada: 1d6

Dificultad: 4+

Resultado: 5 (Exito)

Cargando editor
03/12/2011, 17:06
Xan "Papaxoubas" Meic Morn
Sólo para el director

Notas de juego

Xa supoñera que non o editaras, pero preguntaba de todas formas por se puxera algo que non debía. Como ti dis debeu de ser algún bug. O caso e que fixen a tirada e escribín e logo non me parei a ver se quedara ven. Para a próxima vez que faga tirada xa sei que teño que cerciorarme :)

Cargando editor
03/12/2011, 17:10
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

Quedei pampo un momento ó escoitar as palabras de Balgadrox. Logo crucei a mirada co tourishome, o "mouro" ten razón. Por un intre sentín lastima da pobre besta, a pesares da miña profesión non desfruto co sufrimento dos bechos.

-Esta ben, se quere morrer cumpramoslle o seu derradeiro desexo.-

Cargando editor
03/12/2011, 19:49
Gael "Penedo" MeicBrido

Gael retórcese de dor no chan pero aínda ten a espada na man.

- A espada teño a espada!!!! Podo invocar unha néboa para confundir ao Tourishome e que poidamos liscar, pensades que pode funcionar? se lles deixamos a besta solta van ter máis problemas para seguirnos.

Cargando editor
04/12/2011, 10:52
Zeltia MacLain

-Pode ser, convócaa! Non perdemos nada, e todo nos pode axudar..

Estaba xa perparada coa miña espada para embestir ó monstro. A idea de Gael era boa, mais necésitábamos fuxir nós primeiro, levando a Gael ferido, así que me dispuxen a atacar para gañar algo máis de tempo..

- Tiradas (2)

Motivo: ataque

Tirada: 1d6

Resultado: 5(+3)=8

Motivo: ataque

Tirada: 1d6

Resultado: 1(+3)=4

Notas de juego

tiro? por si acaso...
(é só a primeira tirada, repetina porque non vín o resultado de primeiras)

Cargando editor
06/12/2011, 12:46
Contacontos

Zeltia embate tamén contra o Tourishome, facendo un gran corte nunha das pernas do becho, facéndolle caer de xeonllos a este mismo. Está moi débil, pois xa case non fai forza contra as lanzas coma antes.

- Tiradas (1)

Motivo: Dano Zeltia

Tirada: 1d6

Resultado: 5(+2)=7

Notas de juego

Tourishome -8/11.

Recordade que en menos 11 cae inconsciente é en menos 22 morre.

Nova quenda de turnos. (Gale, podes botar un conxuro se queres xa que non gastache ningún dado de arcano)

Tourishome (non fai nada este turno)
Balgadrox (tócache)
Xan
Aldán
Gael
Zeltia.

Cargando editor
06/12/2011, 12:50
Contacontos

Ahora, co toruishome tan débil, pois apenas fai forza contra as lanzas, ata vos parece ver un sorriso na cara do becho.